Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Proporcionar aos e ás estudantes os coñecementos necesarios a un nivel básico para seren quen de analizar sistemas de iluminación, deseñar sistemas ergonómicos e avaliar o funcionamento das distintas solucións, tendo en conta os coñecementos actuais sobre as características do sistema visual, as fontes de luz e luminarias dispoñibeis e as tarefas a desenvolver, con especial atención ás boas prácticas iluminativas e aos erros a evitar a fin de contrarrestar os efectos negativos asociados a un mal uso da luz (contaminación lumínica).
A Luz e a Visión. Ergonomía visual. Contaminación lumínica. Fundamentos de fotometría. Fontes de luz. Luminarias. Estándares e normativa legal. Aplicacións: análise, deseño e avaliación crítica de proxectos de iluminación e solucións instaladas.
- Luminotecnia. Iluminación de interiores y exteriores, de Javier García Fernández e Oriol Boix Aragonès (ISBN: 84-600-9647-5)
- Optica Fisiológica: Psicofísica de la visión, de J. Artigas, P. Capilla, A. Felipe e J. Pujol. Interamericana Mc.Graw-Hill (1995).
- Illumination Fundamentals, de Alma E. F. Taylor, Lighting Research Center, Rensselaer (2000).
- El Libro Blanco de la Iluminación, CEI (2014).
- Estándares e normativas aplicabeis.
- Artigos específicos publicados en revistas de investigacion, profesionais e/ou de divulgación.
Ao superar esta materia o alumno ou alumna deberá ser quen de posuír as seguintes competencias, ademais das explicitadas para a mesma na Memoria Oficial do Grao en Óptica e Optometría e aqueloutras contempladas na normativa vixente que sexan de obrigada aplicación:
- Coñecer a resposta do sistema visual humano a diversas condicións de iluminación.
- Coñecer e aplicar criterios ergonómicos para o deseño de sistemas de iluminación.
- Coñecer as causas e consecuencias dun mal uso da luz (contaminación lumínica) e as medidas a tomar para evitalo.
- Coñecer e utilizar cualitativa e cuantitativamente as principais magnitudes fotométricas, as relacións entre elas e os sistemas de representación asociados ás mesmas.
- Coñecer as propiedades das principais fontes de luz actualmente dispoñibeis.
- Coñecer as características funcionais dos principais tipos de luminarias.
- Coñecer os principais estándares e normativas aplicabeis para a iluminación en diferentes entornos.
- Analizar, deseñar cualitativa e cuantitativamente e avaliar criticamente, especialmente dende o punto de vista da ergonomía visual, diferentes solucións de iluminación.
A metodoloxía docente seguirá as liñas previstas na Memoria da Titulación e a distribución de tempos indicada na Programación Docente Anual. Incluirá sesións expositivas e interactivas, tanto na aula como no laboratorio, podendo realizarse ademais traballos de revisión, afondamento en temas determinados e/ou de avaliación de sistemas de iluminación instalados dentro e fóra da facultade (p.ex. sistemas de alumeado público).
As e os estudantes que asistan de forma regular ás clases presenciais (asistencia mínima: 80% das horas lectivas) poderán -a xuizo da persoa encargada da docencia desta materia- seren avaliados mediante a elaboración dun traballo de curso asignado polo profesor ou profesora, que se presentará de forma oral e escrita non máis tarde da data oficial do exame de cada convocatoria. A cualificación de aprobado (ou superior) nese traballo exime da obriga de presentarse ao exame final. De non convocarse ese traballo, de non presentalo ou de non superalo, as e os estudantes terán dereito a seren avaliados mediante un exame final escrito -a realizar nas datas oficialmente aprobadas polo Centro- que poderá requirir entre outras cousas o desenvolvemento de temas, a resposta a cuestións teóricas ou prácticas e a resolución de problemas numéricos. Serán tamén avaliábeis os informes de prácticas experimentais/observacionais ou proxectos presentados polos estudantes por encargo do docente da materia. Na avaliación teranse en conta a asistencia e participación nas clases e o traballo persoal na realización das prácticas do curso. A realización e presentación das prácticas é obrigatoria. A superación da materia require aprobar separadamente o exame (ou traballo, de ser o caso) por unha banda e as prácticas pola outra.
A Memoria da Titulación establece os seguintes tempos orientativos de traballo persoal (non presencial na aula) do alumno:
Estudo autónomo individual ou en grupo 39 h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 16.5 h
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio 11 h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellante 3 h
Preparación de presentacións orais, debates ou semellante 5 h
-------------
Plano de continxencia derivado da covid-19
Nos distintos escenarios previsibles aplicaranse as normas vixentes en cada momento, incluíndo o "Acordo da Comisión de Asuntos Económicos, Administración, Servizos e Espazos (15/07/2020) da Facultade de Óptica e Optometría, en relación a metodoloxía docente para o próximo curso, tendo en conta as “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021”", ou disposicións que o substitúan.
Con carácter xeral, no escenario 3 a avaliación será continua, e a cualificación final estará baseada nun 20% na asistencia ás aulas até o momento no que a docencia presencial fose suspendida (ou nun traballo escrito substitutorio da mesma, a xuízo do profesor responsable) e no 80% restante ás tarefas encargadas polo profesor responsable da materia, que poderán incluír a entrega de traballos específicos e/ou de problemas resoltos, en proporción vaiable. No escenario 2, en función da evolución da situación e a xuizo do profesor responsable, poderán aplicarse de forma total ou parcial estes criterios.
Salvador Xurxo Bara Viñas
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813525
- Correo electrónico
- salva.bara [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
17.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
08.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |