Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Todos os escenarios
Coñecer os principios, descripción e características dos instrumentos ópticos fundamentais e dos instrumentos utilizados na práctica optométrica e oftalmolóxica.
Comprender o fundamento óptico dalgunhas técnicas utilizadas en optometría.
Programa teórico:
Todos os escenarios.
-Instrumentos ópticos fundamentais.
Introdución ao estudo de Instrumentos Ópticos.
Lupas.
Microscopios.
Sistemas Telescópicos.
-Axudas ópticas a baixa visión.
-Instrumentos optométricos e oftálmicos.
Retinoscopios.
Queratómetros.
Optómetros e Refractómetros.
Instrumentos Auxiliares.
Programa práctico:
Escenario 1 e 2
-Montaxe e estudo en laboratorio dalgúns instrumentos ópticos e optométricos.
Escenario 3
-O alumnado recibirá instrucións para a realización de experiencias prácticas sinxelas no seu domicilio.
Bibliografía específica:
Matinez Corral, M. et al.: "Instrumentos ópticos y optométricos. Teoría y prácticas", Ed. Univ. Valencia. Valencia (1998).
Begunov, B.N. et al.: "Optical instrumentation". Theory and design, Ed. MIR, Moscow.
Arasa Martí, J.: "Instrumentos ópticos y optométricos: problemas", Ed. UPC, Barcelona (1995).
Antó Roca, J. et al.: "Óptica instrumental", Ed. UPC, Terrasa (1996).
Bennett and Rabbetts,"Clinical Visual Optics",Ed. Butterworth - Heinemann, London (1995).
Smith, G. and Atchison, D. A.,"The eye and visual optical instruments", Ed. Cambridge University Press, Cambridge (1997).
Henson D. B.: "Optometric Instrumentation", Butterworths, London (1983)
Bibliografía xeral:
Casas, J.: "Óptica", Librería Pons (1997).
Freeman, M.H.: "Optics", Butterworths, London. 10th Edition (1990)
Jenkins, F.A. and White, H. E.: "Fundamentals of optics", Mac Graw Hill, New York (1976).
Material bibliográfico electrónico:
No momento de aprobar esta programación docente, ante a perspectiva dun posible escenario 2 ou 3, está a solicitarse a adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por iso, o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico pode atopase en formato electrónico na biblioteca da USC cando estean dispoñibles os fondos, así como outros recursos como páxinas webs, blogues etc.
Todos os escenarios
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersoais.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar críticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica- Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica- Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o estudante saiba situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
Escenario 1
Clases teóricas e de seminarios presenciais , para desenvolver de forma lóxica e consistente o programa docente da materia, mostrando a súa relación con outras materias da titulación e procurando fomentar a participación activa dos alumnos.
A aula Virtual empregarase como ferramenta de comunicación, intercambio de documentos e información.
Nas clases interactivas de laboratorio os grupos redúcense ao 50%.
As titorías poden ser presenciais ou telemáticas con cita previa.
Escenario 2
Clases teóricas e de seminarios presencial e telemática en quendas alternas con redución dos grupos ao 50%
A aula Virtual empregarase como ferramenta de comunicación, intercambio de documentos e información.
Nas clases interactivas de laboratorio os grupos redúcense ao 50%.
As titorías poden ser presenciais ou telemáticas con cita previa.
Escenario 3
A docencia será totalmente telemática. As clases serán síncronas e respectarán o horario oficial.
As titorías serán telemáticas con cita previa.
CUALIFICACIÓN FINAL: a cualificación final corresponderase nun 80% coa cualificación da/s proba/s teóricas e nun 20% á cualificación das prácticas de laboratorio, unha vez superadas ambas as partes de forma independente.
AVALIACIÓN TEÓRICA: A avaliación da parte teórica pode facerse de dous modos:
-Avaliación Continua: Os alumnos que asistan regularmente ás clases presenciais (asistencia mínima acreditada mediante firma do 80%) poderán ser avaliados mediante exames parciais. Para aprobar a parte teórica con esta modalidade é imprescindible obter en cada un dos exames parciais unha nota mínima de 4 sobre 10, e unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10. En caso contrario a avaliación continua considérase suspensa.
A cualificación de aprobado ou superior na avaliación continua exime da obrigación de presentarse ao exame final.
-Exame Final: Os alumnos que non superasen a avaliación continua, os que teñen dispensa de asistencia, e os que voluntariamente opten por esta modalidade de avaliación, teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final escrito nas datas aprobadas oficialmente polo centro.
AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS: A cualificación da parte práctica basearase no informe de prácticas que o alumno debe elaborar e presentar (por escrito e/ou en defensa oral) e na súa participación activa no laboratorio (avaliación continua).
De non superar a materia na oportunidade ordinaria de febreiro, conservarase a nota das prácticas para a oportunidade de xullo e no seu caso para a convocatoria extraordinaria correspondente a ese curso académico.
Na oportunidade de xullo e na convocatoria extraordinaria, o alumno con prácticas suspensas deberá, segundo indicación do profesor/a, ou ben refacer o informe de prácticas ou ben realizar un exame práctico que terá lugar o mesmo día que o exame teórico.
Escenarios 2 e 3
As actividades de avaliación que non se poidan realizar de forma presencial, se non poden ser aprazadas, realizaranse de forma telemática a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación adecuado. O alumnado pode ser convocado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas traballo presencial: 38
Horas traballo persoal: 74,5
1) FUNDAMENTAL: Repaso dos coñecimentos xa adquiridos en Óptica Xeométrica.
2) Estudar, ou como mínimo ter lida a teoria, antes dos seminarios de problemas correspondentes a cada tema.
3) Facer uso das tutorias para consultar e esclarecer dúvidas.
4) Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
1) Obxectivos: Sen cambios nos tres escenarios
2) Contidos: Sen cambios nos tres escenarios
3) Material bibliográfico: No momento de aprobar esta programación docente, #ante a perspectiva dun posible escenario
2 ou 3, está a solicitarse a adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por iso, o profesorado da materia
especificará no Campus Virtual que material bibliográfico pode atopase en formato electrónico na biblioteca da
USC cando estean dispoñibles os fondos, así como outros recursos como páxinas webs, blogues etc.
4) Competencias: Sen cambios nos tres escenarios
5) Metodoloxía do ensino:
a. Escenario 1: os grupos de prácticas redúcense ao 50%.
As titorías poden ser presenciais ou telemáticas con cita previa
b. Escenario 2: Clases teóricas e de seminarios presencial e telemática en quendas alternas con redución dos grupos ao
50%.
Nas clases interactivas de laboratorio os grupos redúcense ao 50%.
As titorías poden ser presenciais ou telemáticas con cita previa.
c. Escenario 3: A docencia será totalmente telemática. As clases serán síncronas e respectarán o horario oficial.
As titorías serán telemáticas con cita previa.
6) Sistema de avaliación: Escenarios 2 e 3
As actividades de avaliación que non se poidan realizar de forma presencial, se non poden ser aprazadas, realizaranse de
forma telemática a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción
dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non
se dispoña dun software de avaliación adecuado. O alumnado pode ser convocado a unha entrevista para comentar ou
explicar unha parte ou o total da proba. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación
o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Rosa María González Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813518
- Correo electrónico
- rosa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 4 |
12.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
12.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |