Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Demostrar coñecementos básicos de xeometría e análise matemático.
Recoñecer o ollo como sistema óptico.
Coñecer o proceso de formación de imaxe e as propiedades dos sistemas ópticos.
Coñecer os modelos básicos de visión.
Coñecer e manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
Escenarios 2 e 3: Sen cambios
Tema 0.- Fundamentos matemáticos para Optica Xeométrica
Fundamentos de Xeometría
Fundamentos de análise matemática
Tema1.- Fundamentos da Optica Xeométrica
Propagación da luz. Concepto de raio
Velocidade da luz. Definición de índice de refracción. Clasificación dos medios materiais
Espectro electromagnético
Dispersión cromática. Número de Abbe.
Lonxitude de camiño óptico. Principio de Fermat.
Leis e postulados da Optica Xeométrica. Ley de Snell.
Límite de validez da Optica Xeométrica.
Tema 2.- Elementos ópticos con superficies planas
Reflexión e refracción en superficies planas.
Sistema estigmático/non estigmático
Aproximación paraxial
Reflexión total
Dioptrio plano: lámina planoparalela
Prismas. Desviación de raio. Dispersión cromática. Refractometría
Prismas delgados (oftálmicos)
Combinacións de prismas
Tema 3.- Elementos ópticos con superficies esféricas
Definicións: Sistema óptico, eixo óptico, obxecto e imaxe.
Sistema óptico perfecto. Condición de estigmatismo.
Convenio de signos
A esfera como superficie óptica
Optica paraxial. Invariante de Abbe.
Ecuación de correspondencia. Focos, distancias focais, planos focais.
Trazado de raios
Invariante de Lagrange-Helmholtz. Aumentos.
Espellos esféricos
Tema 4.- Lentes delgadas
Lente o dioptrio. Definición
Lente delgada. Relacións de conxugación
Focos e focais
Trazado gráfico de raios
Aumentos.
Tema 5.- Sistemas ópticos I: Teoría Xeral
Elementos cardinais dos sistemas ópticos
Focos e planos focais.
Puntos e planos principais. Convenio de signos
Puntos e planos nodais
Trazado de raios con planos principais
Relacións de conxugación. Ecuacións de Newton e Gauss
Aumentos
Conxugado en infinito
Tema 6.- Sistemas ópticos II: Asociación de sistemas. Sistema equivalente (SE)
Combinación de dous sistemas: Sistema equivalente
Planos principais e distancias focais.
Potencia do SE: Ecuación de Gullstrand
Sistemas afocais
Lentes grosas
Focais en relación ós vértices: Potencias de vértice anterior e posterior
Centro óptico dunha lente grosa
Lente de contacto
Lentes delgadas
Tema 7.- O sistema óptico do ollo
Elementos compoñentes do sistema visual
Emetropía e ametropías
Modelos de ollo
Superficies tóricas e lentes cilíndricas
Células fotorreceptoras da retina
Dualidad retineana
Sensibilidade espectral do sistema visual
Tema 8.- Sistemas ópticos reais
Limitación de raios
Diafragma de apertura. Pupilas de entrada e saida
Raio principal. Raio marxinal
Diafragma de campo. Lucarnas de entrada e saida
Campos de iluminación. Viñetaxe.
Aberracions ópticas: Aberración cromática e aberracions monocromáticas de tercer orden
Escenarios 2 e 3: Sen cambios
Programa de prácticas de aboratorio:
- Refractometría
- Determinación do espesor de láminas planoparalelas
- Determinación de focais de lentes delgadas
- Sistemas de lentes
Escenarios 1 e 2:
Según o “Acordo da Comisión de Asuntos Económicos, Administración, Servizos e Espazos (15/07/2020), en relación a metodoloxía docente para o próximo curso, tendo en conta as “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021”, na Facultade de Optica e Optometría:
Na docencia de prácticas debe aplicarse unha redución de grupos ao 50% completando a docencia mediante contido online.
Esta decisión supone na práctica a reducción do programa ás dúas últimas experiencias con lentes delgadas, no mellor dos casos.
Escenario 3:
O alumnado recibirá instrucións a través da Aula Virtual da materia, para a realización de experiencias prácticas sinxelas, con materiais dos que poida dispor nos seus domicilios. Deberán enviar un informe escrito das experiencias realizadas, en formato pdf, que será avaliado polas profesoras. A cualificación obtida neste informe será a que se lle asigne no apartado de avaliación “Prácticas”.
[Atchison]: Atchison, David A.: Optics of the human eye. Butterworth Heinemann, Oxford, 2000
[Casas]: J. Casas: Optica. Librería Pons. Zaragoza, 1994
[Escofet]: J. Escofet Soteras, M. S. Millán y García Varela, E. Pérez Cabré, F. Cobo Ruiz: Optica Geométrica. Ejercicios de trazado gráfico de rayos. Ariel Editorial S.A., 2005
[Felipe]: A. Felipe Marcet, C. Albarrán Diego: Manual de Óptica Geométrica: Teoría y Cuestiones. Universitat de Valencia, 1998.
[Fincham]: W.H.A. Fincham, M.H. Freeman: Optics. Butterwords. London, 1990
[Freeman ]: M. H. Freeman: Optic. Butterwords. London, 1990.
[Hecht]: E. Hecht: Óptica. Addison Wesley Iberoamericana, S.A., 2000.
[Hernández99]: C.Hernández, B.Domenech, C.Vazquez, C.Illueca: Óptica Geométrica: Teoria y Cuestiones. U.de Alicante, 1999
[Hernández90]: C. Hernández, C. Illueca, I. Pascual, A. Fimia: Problemas de Optica Geométrica. Universidad de Alicante, 1990
[Jenkins]: F. A. Jenkins and H. E. White: Fundamentals of Optics. McGraw-Hill. New York, 1976
[López]: M. López Rodríguez, J. L. Díaz Díaz, J. M. Jiménez Moreno: Problemas de Física. Volumen V. Optica. Librería Internacional de Romo S. L.. Madrid, 1980.
[Mateos]: F. Mateos, L. Carretero, A. Fimia, R.M. Fuentes, I. Pascual: Curso de introducción a la Óptica Geométrica. Universidad de Alicante, 1996.
[Mejías96]: P, Mejías Arias, R. Martínez Herrero: 100 problemas de Optica. Alianza Editorial S.A., 1996
[Mejías99]: P, Mejías Arias, R. Martínez Herrero: Optica Geométrica. Edit. Síntesis S. A., 1999
[Millán 97]: M.S. Millán García-Varela, J. Escofet Soteras, M. Lupón Bas: Óptica Geométrica: Problemas. Ediciones UPC, Barcelona, 1997.
[Millán 04]: M.S. Millán, J. Escofet, E. Pérez: Óptica Geométrica. Ariel Ciencia, 2004
[Pascual]: Pascual Villalobos, Hernández Poveda, Fimia Gil, Mateos Alvarez: Prácticas de Optica Geométrica y Radiométrica. Universidad de Alicante, 1988
[Pedrotti]: F. L. Pedrotti and L. S. Pedrotti: Introduction to Optics. Prentice-Hall Inc. New Jersey, 1987.
[Rodríguez]: J. Rodríguez: Fundamentos de Optica Geométrica. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Oviedo, 1997
[Sánchez del Río]: C. Sánchez del Río: Análisis de Errores. Eudema Universidad. Madrid, 1989.
[Schwartz]: Schwartz, Steven H.: Geometrical and visual optics : a clinical introduction.
McGraw Hill Education, 2013.
[Williamson]: S.J. Williamson, H.Z. Cummings: Light and Color in nature and art. John Willey&Sons. New York, 1983
Material bibliográfico electrónico:
No momento de aprobar esta programación docente, ante a perspectiva dun posible escenario 2 ou 3, estase solicitando la adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por elo, o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando estean dispoñibles os fondos, así como outros recursos como páxinas webs, blogs etc.
5.5.1.5.1-Básicas e xenerais.
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
5.5.1.5.2-Transversais
CT1 -Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar un apendizaje autónomo.
5.5.1.5.3-Específicas
CE4-Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica- Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica- Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o estudante saiba situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
Escenarios 1, 2 e 3: Sen cambios na definición de competencias vinculadas a esta materia. Sen embargo, na medida na que a situación sanitaria impida a docencia presencial, veranse irremediablemente prexudicadas as competencias relacionadas coas destrezas experimentais ou o traballo en equipo (CT2, CT7, CT9, CE4, CE6, CE9,...)
Fomentar a participación activa dos alumnos
Os estudantes disporán a través do Campus Virtual de material como apuntes, presentacións, boletíns de problemas propostos, e bibliografía específica por cada tema.
O boletín de problemas de cada tema ou unidade temática será comentado na aula, nas sesión de seminarios.
A metodoloxía das prácticas, as tarefas a realizar e o sistema de avaliación serán explicados polo profesor de prácticas.
A Aula Virtual empregarase coma ferramenta de comunicación, de intercambio de documentos e información, e de avaliación, de ser necesario.
Escenarios 2 (Docencia presencial e telemática en quendas alternas, con redución de grupos ao 50%) e Escenario 3 (Docencia telemática)
a) Durante o período de suspensión da actividade presencial (parcial ou total), as sesións expositivas serán impartidas telemáticamente de xeito preferente, usando o campus virtual, Teams ou recursos organizados pola USC, seguindo o calendario de actividades que se lles enviará semanalmente. Priorizaremos reservar o tempo de docencia presencial para levar a cabo as sesións interactivas de seminarios.
b) Se a limitación de aforo establecido polas autoridades sanitarias non permitise que todo o alumnado asista ás clases interactivas presenciais, estas se retransmitirán en streaming, de ser posible cos medios dispoñibles. O alumnado asistirá por quendas ás clases presenciais. O número de alumnos por turno estará condicionado ás normas en vigor en cada momento.
c) Dende o inicio do curso abriremos un foro de titoría aberta para cada tema ou unidade, para organizar as consultas e facilitar o aceso aos temas debatidos por parte de todo o alumnado, con independencia do horario de aceso .
d) Todas as consultas, dúbidas, titorías e actividades, presenciais ou telemáticas, serán programadas vía Aula Virtual, procurando sempre maximizar a posibilidade de aceso remoto aos contidos con independencia do horario de conexión.
e) As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, según o escenario, e sempre con cita previa.
f) Se priorizará a presencialidade nas probas de avaliación. Se debido a unha inevitable rotación do alumnado, ditas probas consumiran un número inasumible de horas, a docencia correspondente se impartiría telemáticamente.
g) En caso de escenario 3: A docencia será telemática e as clases se desenvolverán de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases deba realizarse de forma asíncrona, o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
h) Se respectará o horario habitual da materia para as actividades on-line que se programen e para a atención titorial nos foros nas sesións interactivas.
AVALIACION XERAL:
==============
É obrigatoria a realización das practicas de laboratorio para poder ser avaliado/a.
Para aprobar a matéria é imprescindíbel obter nas partes teórica e prática, como mínimo unha cualificación de 4 sobre 10. E unha nota global de como mínimo 5 sobre 10.
A nota obtida no exame final escrito será o 70% do total. O profesor pode establecer un sistema de avaliación continua da teoría, mediante exames parciais durante o curso, que computarán co mesmo porcentaxe do 70% á cualificación final.
A cualificación do traballo de prácticas de laboratorio (mediante defensa oral ou informe escrito) será un 20% do total.
A nota obtida na avaliación continua, por medio de controles escritos, traballos e/ou participación na aula, contribuirá ó 10% do total.
A cualificación será non presentado cando o alumno non se presente a nengunha das probas de avaliación.
Organizaranse actividades de avaliación continua dende as primeiras semanas de curso, para maximizar no posible a avaliación de carácter presencial.
AVALIACIÓN CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS SESIÖNS EXPOSITIVAS
=====================================================
Neste caso, non se aplicarán as opcións de avaliación continua:
Para aprobar a matéria é imprescindíbel obter nas partes teórica e prática, como mínimo unha cualificación de 4 sobre 10. E unha nota global de como mínimo 5 sobre 10.
A nota obtida no exame final escrito será o 75% do total. A cualificación do traballo de prácticas de laboratorio (mediante defensa oral ou informe escrito) será un 25% do total.
Todos os escenarios: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenarios 2 e 3
a) As actividades de avaliación que non se poidan realizar de forma presencial, se non poden ser aprazadas, se realizarán de forma telemática a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Este caso esixe a adopción dunha serie de medidas que requerirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentras non se dispoña dun software de avaliación adecuado. O alumnado pode ser convocado a unha entrevista para comentar o explicar unha parte ou o total da proba.
b) Contémplase a posibilidade de adoptar medidas extraordinarias de cambios nas porcentaxes das actividades de avaliación, en caso de limitacións esenciais impostas polas circunstancias sanitarias, previo acordo co alumnado, e respectando as instruccións da USC para o momento.
Total horas traballo presencial na aula: 46 horas
Total horas traballo persoal do alumno: 99 horas
Escenarios 1, 2 : Sen cambios
Escenario 3: A parte proporcional correspondente do tempo presencial entenderase como tempo en sesións síncronas.
Organizar o traballo semanal.
Consultar as dúbidas nas clases ou nas titorías según vaian aparecendo. Non esperar ao final do cuatrimestre.
Idioma do curso: Galego, Castelán, Inglés
Plan de contixencia
1) Obxectivos: Sen cambios
2) Contidos: Sen cambios. Durante o período de suspensión parcial ou total de actividade presencial, os estudantes seguirán recibindo os temas e boletíns de problemas correspondentes á docencia expositiva e interactiva de seminarios a través do campus virtual.
Programa de prácticas:
Escenarios 1 e 2: Reducción de experiencias a realizar, debido á aplicación da reducción de grupos ao 50% en quendas alternas, aplicada na Facultade como norma xeral.
Escenario 3: O alumnado recibirá instrucións a través da Aula Virtual da materia, para a realización de experiencias prácticas sinxelas, con materiais dos que poida dispor nos seus domicilios. Deberán enviar un informe escrito das experiencias realizadas, en formato pdf, que será avaliado polas profesoras. A cualificación obtida neste informe será a que se lle asigne no apartado de avaliación “Prácticas”.
3) Bibliografía básice e complementaria: Sen cambios
Material bibliográfico electrónico: No momento de aprobar esta programación docente, ante a perspectiva dun posible escenario 2 ou 3, estase solicitando la adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por elo, o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando estean dispoñibles os fondos, así como outros recursos como páxinas webs, blogs etc.
4) Competencias: Escenarios 1, 2 e 3: Sen cambios na definición de competencias vinculadas a esta materia. Sen embargo, na medida na que a situación sanitaria impida a docencia presencial, veranse irremediablemente prexudicadas as competencias relacionadas coas destrezas experimentais ou o traballo en equipo (CT2, CT7, CT9, CE4, CE6, CE9,...)
5) Metodoloxía docente: Escenario 1, sen cambios.
Escenario 2 (Docencia presencial e telemática en quendas alternas, con redución de grupos ao 50%) e Escenario 3 (Docencia telemática):
a) Durante o período de suspensión da actividade presencial (parcial ou total), as sesións expositivas serán impartidas telemáticamente de xeito preferente, usando o campus virtual, Teams ou recursos organizados pola USC, seguindo o calendario de actividades que se lles enviará semanalmente. Priorizaremos reservar o tempo de docencia presencial para levar a cabo as sesións interactivas de seminarios.
b) Se a limitación de aforo establecido polas autoridades sanitarias non permitise que todo o alumnado asista ás clases interactivas presenciais, estas se retransmitirán en streaming, de ser posible cos medios dispoñibles. O alumnado asistirá por quendas ás clases presenciais. O número de alumnos por turno estará condicionado ás normas en vigor en cada momento.
c) Dende o inicio do curso abriremos un foro de titoría aberta para cada tema ou unidade, para organizar as consultas e facilitar o aceso aos temas debatidos por parte de todo o alumnado, con independencia do horario de aceso .
d) Todas as consultas, dúbidas, titorías e actividades, presenciais ou telemáticas, serán programadas vía Aula Virtual, procurando sempre maximizar a posibilidade de aceso remoto aos contidos con independencia do horario de conexión.
e) As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, según o escenario, e sempre con cita previa.
f) Se priorizará a presencialidade nas probas de avaliación. Se debido a unha inevitable rotación do alumnado, ditas probas consumiran un número inasumible de horas, a docencia correspondente se impartiría telemáticamente.
g) En caso de escenario 3: A docencia será telemática e as clases se desenvolverán de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases deba realizarse de forma asíncrona, o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
h) Se respectará o horario habitual da materia para as actividades on-line que se programen e para a atención titorial nos foros nas sesións interactivas.
6) Sistema de avaliación da aprendizaxe:
En principio sen cambios, salvo:
a) Engadido: Se organizarán actividades de avaliación continua dende as primeiras semanas de curso, para maximizar no posible a avaliación de carácter presencial.
b) Incorporouse como referencia explícita para todos os escenarios: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
c) Escenarios 2 e 3:
As actividades de avaliación que non se poidan realizar de forma presencial, se non poden ser aprazadas, se realizarán de forma telemática a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Este caso esixe a adopción dunha serie de medidas que requerirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentras non se dispoña dun software de avaliación adecuado. O alumnado pode ser convocado a unha entrevista para comentar o explicar unha parte ou o total da proba.
d) Contémplase a posibilidade de adoptar medidas extraordinarias de cambios nas porcentaxes das actividades de avaliación, en caso de limitacións esenciais impostas polas circunstancias sanitarias, previo acordo co alumnado.
7) Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala: No Escenario 3: A parte proporcional correspondente do tempo presencial entenderase como tempo en sesións síncronas.
Rosa María González Fernández
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813518
- Correo electrónico
- rosa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Dolores Mouriz Cereijo
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813519
- Correo electrónico
- mariadolores.mouriz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
03.06.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
03.06.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
09.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
09.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |