Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Clínicos EEES: 20 Total: 132.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquirir a destreza nas probas instrumentais de evaluación das funcións visáis e de saúde ocular.
Saber realizar unha anamnese completa
Coñecer o funcionamento da retina como receptor de enerxía radiante.
Coñecer, aplicar e interpretar as probas instrumentais relacionadas cos problemas de saúde visual.
Coñecer as anomalías da refracción.
Desenvolver as habilidades destrezas para aplicar os procedimentos optométricos de refracción obxetiva y subxetiva.
Coñecer os posibles tratamientos das anomalías da refracción.
Coñecer a instrumentación necesaria para o exame optométrico
- Contidos teóricos:
Unidade temática I- Etioloxía e distribución dos estados refractivos
Tema 1.- Etioloxía e distribución dos estados refractivos. Compoñentes ópticos oculares
Unidade temática II- Exame optométrico
Tema 2.- Anamnese
Tema 3.- Agudeza visual
Probas preliminares
Tema 4.- Motilidade ocular intrínseca e extrínseca
Exame básico das estructuras oculares anterior e posterior
Tema 5.- Examen do globo ocular e anexos
Principios básicos e métodos de refracción obxetiva e subxetiva.
Equilibrio e refracción binocular
Tema 6.- Queratometría e topografía corneal
Tema 7.- Refracción Obxetiva: Retinoscopía
Tema 8.- Refracción subjetiva monocular de lonxe
Tema 9.- Refracción subjetiva binocular de lonxe
Tema 10.- Estudo da visión próxima
- Contidos prácticos:
Gabinete Optométrico e medida da Agudeza Visual
Medida da Distancia Interpupilar
Queratometría
Retinoscopía
Exame Subxectivo Monocular
Balance Binocular e Dominancia Ocular
Exploración básica externa e Interna do Ollo: lámpara de fenda e oftalmoscopía
- Bibliografía básica:
Manual de Optometría (2ª edición). R Martín Herranz, G Vecilla Antolínez. Panamericana, 2018.
Borish Clinical Refraction. 2º edition. W. J. Benjamin, I. M. Borish. The Professional Press Inc, 2006.
Procedementos Clínicos no Exame Visual/ Nancy B. Carlson, Daniel Kurtz, David A. Heath, Catherine Hines./ Ed: Génova 1992.
Atlas de Lámpada de Hendidura/ J. González-Cavada Benavides/Ed: Complutense. 2000.
Refracción : Teoría e Práctica/ Duke-Elder s/Ed: JIMS, 1985.
Optometría/ Edwards K, Llewellyn R./Ed: Masson-Salvat, 1993.
Optometría de Atención Primaria/ Grosvenor T. / Ed. Masson. 2004.
- Bibliografía complementaria:
Belmonte González N. Sobre Refracción Ocular. Doyma, 1989.
García Ge. Manual de Refracción. Masson-Salvat, 1992.
XERAIS
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT14 - Que o/a alumno/a adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o/a alumno/a manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o/a estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT21 - Que demostren iniciativa e espírito emprendedor.
CT22 - Que estean motivados/as pola calidade.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o/a alumno/a sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica e a Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica e a Optometría.
CE5 - Que o/a alumno/a sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o/a estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o/a estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CLASES EXPOSITIVAS
Escenario 1 (normalidade adaptada):
26 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
Escenario 2 (distanciamento, restricións parciais á presencialidade física):
O grupo de alumnos reducirase ao 50% e a docencia expositiva será presencial na aula e en remoto con quendas alternas dos alumnos. Os alumnos que non estean na aula poderán seguir de xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono) ou a plataforma Moodle do Campus virtual (mecanismo asíncrono) as explicacións da materia
Escenario 3 (peche das instalación...)
A docencia expositiva será impartida de xeito virtual cun mecanismos síncronos e asíncronos utilizando a plataforma Moodle do Campus virtual e Teams.
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
Escenario 1 (normalidade adaptada):
11 horas de docencia presencial (1 hora semanal)
Escenario 2 (distanciamento, restricións parciais á presencialidade física):
Os grupos de alumnos reduciranse ao 50% e a docencia interactiva de seminario será presencial na aula e en remoto con quendas alternas dos alumnos. Os alumnos que non estean na aula poderán seguir de xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono) ou a plataforma Moodle do Campus virtual (mecanismo asíncrono) as explicacións da materia
Escenario 3 (peche das instalación...)
A docencia expositiva será impartida de xeito virtual cun mecanismos síncronos e asíncronos utilizando a plataforma Moodle do Campus virtual e Teams.
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS:
Escenario 1 (normalidade adaptada):
O número de alumnos por grupo reducirase ao 50% e as clases interactivas de prácticas impartiranse simultaneando a docencia presencial coa virtual (contidos online) organizada en quendas, utilizando a plataforma Moodle e/ou Teams cun mecanismo síncrono e/ou asíncrono.
Para a súa realización os alumnos en grupos reducidos asisten durante 2 horas/sesión no gabinete. Ao ser o primeiro contacto co que posteriormente será o exercicio da profesión, necesítase tempo para que o alumno interiorice o manexo de cada instrumento e de cada proba. Antes de cada práctica entrégaselles unha guía do que deben realizar no día.
Escenario 2 (distanciamento, restricións parciais á presencialidade física):
O número de alumnos por grupo reducirase ao 50% e as clases interactivas de prácticas impartiranse simultaneando a docencia presencial coa virtual (contidos online) organizada en quendas, utilizando a plataforma Moodle e/ou Teams cun mecanismo síncrono e/ou asíncrono.
Para a súa realización os alumnos en grupos reducidos asisten durante 2 horas/sesión no gabinete. Ao ser o primeiro contacto co que posteriormente será o exercicio da profesión, necesítase tempo para que o alumno interiorice o manexo de cada instrumento e de cada proba. Antes de cada práctica entrégaselles unha guía do que deben realizar no día.
Escenario 3 (peche das instalación...)
Docencia virtual asíncrona e/ou síncrona utilizando a plataforma Moodle e /ou Teams.
TITORIAS
Nos tres escenarios realizaranse de forma telemática utilizando o chat da plataforma Moodle da aula virtual e/ou Teams.
Desde o incio do curso académico estará activada a aula virtual da materia
Escenario 1 (normalidade adaptada):
- Avaliación de Contidos teóricos e seminarios:
Avaliación continua combinada cun examen final.
A avaliación continua realizarase de xeito virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams, e representará un 30% da nota final (3 puntos).
O examen final terá lugar de modo presencial, dacordo ao calendario establecido por Xunta de Centro, e será mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e caso práctico ou problema que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará un 30% da nota final (3 puntos)
A puntuación obtida na avaliación de contidos teóricos (avaliación continua e exame) suporá o 60% da cualificación final (6 puntos). O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 3 para sumar coas cualificacións correspondentes os demais apartados.
- Avaliacion de contidos Prácticos.- A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua e exame de prácticas. É obrigatorio a realización de todas as prácticas.
A avaliación continua, que suporá un 10% da nota (1 punto), realizarase a través nas sesións presenciais e/ou en remoto utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams.
O exame de prácticas, que suporá un 20% (2 puntos) da nota, realizarse de modo presencial.
O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 1,5 puntos no total da avaliación práctica para sumar coas cualificacións correspondentes os demais apartados.
Escenario 2 (distanciamento, restricións parciais á presencialidade física):
- Avaliación de Contidos teóricos e seminarios:
Avaliación continua combinada cun exame final.
A avaliación continua realizarase de xeito virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams, e representará un 30% da nota final (3 puntos).
O exame final realizarase de forma telemática e síncrona empregando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams, dacordo ao calendario establecido por Xunta de Centro, e será mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e caso práctico ou problema que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará un 30% da nota final (3 puntos)
A puntuación obtida na avaliación de contidos teóricos e seminarios (avaliación continua e exame) suporá o 60% da cualificación final (6 puntos). O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 3 para sumar coas cualificacións correspondentes os demais apartados.
- Avaliacion de contidos Prácticos.- A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua e exame de prácticas.
A avaliación continua, que suporá un 10% da nota (1 punto), realizarase a través nas sesións presenciais e/ou en remoto utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams.
O exame de prácticas, que suporá un 20% (2 puntos) da nota, realizarse de modo presencial.
O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 1,5 puntos no total da avaliación práctica para sumar coas cualificacións correspondentes os demais apartados.
Escenario 3 (peche das instalación...)
Tanto a evaluación continua como o examen final de teoría e de contidos prácticos realizaránse de forma telemática síncrona utilizando as ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams.
Participación/actitude: Sumarán 1 punto á nota final.
Para que a puntuación por participación/actitude se incorpore á nota final, o alumno deberá ter, polo menos, a puntuación mínima requirida nas avaliacións de contidos teóricos e de prácticas.
A cualificación global na primeira convocatoria do curso será, sempre que se alcancen o mínimos establecidos para cada apartado, o resultante de sumar a obtida nas probas de teoría, de prácticas e de participación/asistencia/actitude.
A puntuación obtida en teoría supón un 60% (30% avaliación continua e 30% calificación do exame) da cualificación final, a avaliación de habilidades prácticas o 30% (10% avaliación continua e 20% exame) e participación/asistencia/actitude o 10%.
Na segunda convocatoria do curso académico, o alumno deberá examinarse da/s parte/s (teoría e/ou prácticas) que teña suspensas, conservándose a cualificación correspondente participación/asistencia/actitude obtida durante o curso.
- Traballo Persoal do Alumno:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 32 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 4 h.
Programación, experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 7 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 6 h.
Preparación de presentacións orais debates ou similar: 5.5 h.
Total horas de traballo persoal do alumno: 54.5 h.
Para poder superar a materia Optometría I é necesario que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados na materia Fundamentos de Optometría.
Nas clases prácticas os alumnos terán que vestir obligatoriamente bata branca. Non se permitirá pantalón curto nin roupa deportiva.
Non se permiten móbiles, gorros, viseras, panos. etc.
Material obrigatorio nas clases clínicas: Linterna de luz puntual, Reglilla de 20 cm e Bata branca.
María Jesús Giráldez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813526
- Correo electrónico
- mjesus.giraldez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Covadonga Vazquez Sanchez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- mariacovadonga.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Carlos Garcia Resua
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jacobo García Queiruga
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
24.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |