Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemática Aplicada
Áreas: Astronomía e Astrofísica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O curso ten un carácter práctico pero sen esquecer os mínimos conceptos teóricos esixibles. Neste senso, no desenvolvemento de cada tema, as clases prácticas mesturaranse coas de teoría co obxecto de utilizar inmediatamente os coñecementos obtidos.
Paralelamente o alumnado participará nas distintas actividades de observación astronómica e de gabinete, a fin de familiarizarse cos métodos básicos empregados en Astronomía.
- A Terra: forma e movementos.
- A esfera celeste. Sistemas de coordenadas astronómicas.
- Leis de Kepler . Lei de Newton.
- Obxectos observables.
- Instrumentación astronómica.
- Iniciación á Astrofísica
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- ABAD, A.; DOCOBO, J. A. e ELIPE A.: “Curso de Astronomía”, Prensas Universitarias de Zaragoza, Ed.2017.
- ARRANZ, P.: “Guia de campo de las constelaciones” Equipo Sirius 2003.
- BAKULIN, P. I.; KONONOVICH,E. V. e MOROZ, V. I.: "Curso de Astronomía General", Editorial MIR, Moscova, 1985.
- GALADI, D. e GUTIERREZ, G.: “Astronomía general: teoría y práctica” Omega 2001.
- GRAY, R. O. and CORBALLY, CH. J. “Stellar spectral classification” Princeton University Press, 2009.
- LING, J. F.: "Coordenadas astronómicas. Medida do tempo". Unidade didáctica 5. Ed. Vicerreitoría de Estudantes ,Cultura e Formación Continua e Servizo de Publicacións da USC 2013.
- MARTINEZ, V. e outros “Astronomía Fundamental” Univ. Valencia 2005.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- DOCOBO, J. A. y ELIPE, A. “280 problemas resueltos” Ed. 1998.
- ORUS, J. J. e outros: "Astronomía esférica y mecánica celeste" . Pub. Universitat de Barcelona, 2007
- VORONTOSOV-VELIAMINOV, B.A. : “Problemas y ejercicios prácticos de Astronomía”. Moscú Mir. 1979
As competencias que o alumnado debe adquirir na materia Astronomía Básica, de acordo á memoria oficial de Grao en Óptica e Optometría, son:
Básicas e xerais
Todas: CB1 ,CB2, CB3 ,CB4.CB5 e CG1 (Memoria do Grao en Óptica e Optometría páxina 5)
Transversais
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e de planificación.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidade na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersoais.
CT14 - Que o/a alumno/a adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT16 - Que o/a estudante sexa capaz de realizar un aprendizaxe autónomo
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT22 - Que estean motivados pola calidade
Específicas
CE5 - Que o/a alumno/a sexa capaz de expresar opinións, informes e enquisas sempre que sexa necesario.
CE6 - Que o/a estudante poda avaliar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o bo desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o/a estudante poda ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a educación continuada.
Específicas da materia
- Realizar unha primeira toma de contacto cos aspectos básicos da Astronomía.
- Coñecer o instrumental óptico destinado á Astronomía.
- Capacitar o alumnado para a realización de diversas observacións astronómicas.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Clases expositivas (horas)
1. Introdución. A Terra: forma e dimensións, movementos. Coordenadas xeográficas (3)
2. A esfera celeste movemento diúrno e anual. Eclíptica. Unidades de distancia (3)
3. Coordenadas celestes. (2)
4. Leis de Kepler, lei da gravitación, tipos de órbitas.(3)
5. Obxectos observables do sistema solar. (4)
6. Estrelas y constelacións. A Vía Láctea. Cúmulos estelares, nebulosas e galaxias (2)
7. Instrumentación astronómica. Telescopios e prismáticos. Receptores electrónicos e dixitais (2)
8. Radiación electromagnética. Formula de Planck. Leis de Stefan-Boltzmann e de Wien. (3)
9. Magnitudes estelares. Lei de Weber-Fechner. Luminosidade. Tipos espectrais. (3)
Prácticas.
Haberá 4 prácticas obrigatorias a realizar nas instalacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, de xeito presencial e atendendo ás medidas aforo e de seguridade sanitarias establecidas por devandito centro e a USC.
2 Prácticas nocturnas:
- Observación telescópica de varios obxectos (2 horas lab.)
- Uso práctico de Planisferio e identificación de constelacións. (3 horas lab). Esta práctica adoitase facer nun lugar con ceo escuro.
2 Prácticas diúrnas:
- Montaxe dun telescopio portátil (2 horas lab.)
- Descrición e manexo del Planisferio (1 hora lab.)
A cualificación da materia non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua, dándolle a esta última un peso do 30%.
A avaliación continua valorarase segundo os seguintes criterios:
a) asistencia e participación activa nas clases expositivas e prácticas (máx. 2 puntos)
b) realización dun traballo proposto polo profesor (máx. 2 puntos)
c) outras achegas (máx. 1 punto)
Ademais, haberá 2 Controis parciais voluntarios e liberatorios, para cada un dos cales deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
Para aprobar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas da disciplina.
A cualificación da materia terá carácter de “non presentado” cando no estudante déanse todas as seguintes circunstancias: non asistir a máis do 75% das clases expositivas e a mais do 50% das prácticas sen causa debidamente xustificada, non realizar os controis, non presentar o traballo e non presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais:
Expositivas: 25
Titorías: 5
Prácticas: 8
Horas non presenciais:
26h de teoría (2h x 13 semanas).
10 h preparación de prácticas
10h preparación exame final
Elaboración dun traballo individual: 20h
Horas de avaliación: 5h
Total volume de traballo: 109 horas
A materia dispón dunha aula virtual (AV) no Campus Virtual da USC, onde o estudantado teña acceso directo o material esencial no seguimento da mesma e os recursos multimedia que permiten mellorar a visión espacial de conceptos explicados na aula, así como a posibilidade de poñerse en contacto cos profesores a través das ferramentas de comunicación (MS TEAMS, correo electrónico) para resolver dubidas puntuais
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptacións correspondentes á metodoloxía do ensino e sistema de avaliación previstas para:
Escenario 2
- A docencia expositiva será impartida presencial e telemáticamente en quendas alternas, con redución de grupos ao 50%, e de maneira síncrona. Está prevista a posibilidade de que unha parte do alumnado seguise as clases a tempo real a través de MS Teams, co cal reduciríase o aforo do espazo físico.
- As prácticas presenciales poderanse realizar con redución de grupos e segundo o aforo permitido . Algunhas prácticas poderanse substituír por outras de contido on-line
- O sistema de avaliación será presencial seguindo o esquema descrito no apartado "Sistema de avaliación"
- O exame da segunda oportunidade realizarase presencialmente e co mesmo formato descrito para o exame.
Escenario 3
- A docencia expositiva será de carácter telemático.
- As prácticas presenciais serán substituídas pola elaboración de traballos propostos polo profesor e algunha práctica de contido online como a citada para o escenario 2.
- O sistema de avaliación levarase a cabo por medios telemáticos (Teams, AV ou correo electrónico).
- O exame da segunda oportunidade realizarase por medios telemáticos.
Vakhtang Tamazian Arzakanyan
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Astronomía e Astrofísica
- Teléfono
- 881815029
- Correo electrónico
- vakhtang.tamazian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
12.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |