Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O alumno debe acadar o dominio suficiente das técnicas e habilidades que lle permitan:
+ montar, adaptar e reparar os modelos básicos de gafas existentes.
+ determinar a idoneidade e validez dunha gafa xa montada para un usuario concreto
+ detectar a orixe dos problemas e dificultades de adaptación dos usuarios.
+ ofrecer solucións ou alternativas para superar estes problemas.
TEORÍA
1. Clasificación e partes das monturas.
2. Sistemas de medidas das monturas. Medidas faciais e parámetros das monturas.
3. Centrado de lentes monofocais (prescricións sen e con efectos prismáticos) e multifocais.
4. Normas de tolerancia das lentes oftálmicas.
5. Materiais e fabricación de monturas. A pel e as monturas
6. Selección e adaptación de monturas
SEMINARIOS
O mercado das lentes oftálmicas. Uso de tarifas e pedido telemático.
Exercicios e problemas de centrado de lentes.
Notacións das lentes oftálmicas.
PRÁCTICAS
As prácticas da materia constan de 10 sesións de taller, de tres horas cada unha, das que a derradeira será unha proba de montaxe.
As prácticas estudan os procesos de montaxe dos distintos tipos de lentes nas monturas de uso máis común, a adaptación destas ao usuario e o mantemento das lentes montadas.
+ Benito Galindo A. e Villegas Ruiz E.A., Montaje y aplicaciones de lentes oftálmicas, ed. Universidad de Murcia (2001).
+ J. Salvadó, M. Fransoy (Ed.), Tecnología Óptica. Lentes oftálmicas, diseño y adaptación. ed. UPC, Barcelona (1997)
+ Obstfeld H., Spectacle frames and their dispensing, Ed. Saunders, Londres (1997).
+ Brooks C. W. e Borish I.M., System for ophthalmic dispensing, Butterworth Heinemann, 2a edición, Boston (1996).
+ Brooks,C.W., Essentials of ophthalmic lens finishing, ed. Butterworth-Heinemann, St. Louis 2003.
+ Tunnacliffe, A.H., Essentials of dispensing, 2a edición, ed. ABDO, London (1998)
+ Jalie M., Ophthalmic lenses & dispensing, ed. Butterworth Heinemann, 2a edición, Edinbourgh, (2003).
+ Rodríguez Martínez J.I., Adaptación de monturas, ed. USC (2015)
+ Manual de lentes progresivas. INDO. Hospitalet de Llobregat (1999)
+ Fannin, T. E. e Grosvenor, T.P. Óptica clínica. 2ª ed. Barcelona: Omega, (2007)
+ Normas UNE-EN ISO 7998=2007, 8624=2011, 8980-1, 8980-2, 13666=2000, 14889=2009-1
Material bibliográfico: no momento de aprobar este programa docente, considerando un posible escenario 2 ou 3, está a solicitarse a adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por este motivo, o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico se pode atopar en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles, así como outros recursos como páxinas web, blogs, etc.
Perseguimos a consecución das seguintes
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se basea en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional, e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT14 - Que o estudante adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o estudante manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT18 - Que sexan creativos.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o estudante sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o estudante sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
ESCENARIOS 1 E 2
Na aula impartiranse unha hora semanal de docencia expositiva en grupo grande e outra hora semanal de seminario durante un cuadrimestre.
Os seminarios dedícanse á resolución de exercicios ou discusión de problemas que poidan xurdir tanto nas explicacións da aula como nas sesións prácticas do taller
Nas sesións de prácticas, o profesor realizará unha demostración do traballo que debe facer o alumno. A continuación, os alumnos desenvolverán a práctica baixo a supervisión do profesor. O resultado final debe ser autoavaliado polo alumno antes de serlle presentado ao profesor. Este fará unha última avaliación diante do alumno, sinalando, principalmente, o modo de corrixir os erros, problemas ou defectos detectados.
Usaremos o Campus Virtual como repositorio de documentación e canle de comunicación entre estudantes e profesores
ESCENARIO 3
Sesións síncronas usando o Microsoft Teams ou o chat do campus virtual, complementado con tarefas do Campus Virtual.
Idiomas de traballo na aula: Galego
ESCENARIOS 1 E 2
Avaliaranse, por unha banda, os créditos teóricos e de seminarios e, por outra, os prácticos. A cualificación global será a media aritmética das notas de teoría e de prácticas. Esta nota media debe ser de 5 sobre 10 ou superior para aprobar a materia. É condición necesaria para superar a materia ter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes.
Para a avaliación da parte teórica farase un exame final escrito.
Para a avaliación da parte práctica é obrigatoria a asistencia a un mínimo de 8 sesións (excepto aqueles estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia).
O alumno debe saber usar correctamente o focómetro.
Teranse en conta:
+ Unha proba de montaxe.
+ O rendemento cotián do alumno.
Non poderán presentarse á segunda oportunidade aqueles alumnos que, durante o período normal de clases, non teña asistido a este mínimo de 8 sesións prácticas (excepto aqueles estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia).
Considéranse como NON PRESENTADOS aqueles alumnos que non se presenten nin á parte teórica (exame final) nin á práctica (proba final).
ESCENARIO 3
Avaliación continua (40%) e proba final (60%) mediante tarefas do CV
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais
+ Na aula: 22
+ No obradoiro: 30
+ Titorías: 6
Horas non presenciais:
+ Estudio autónomo individual ou en grupo: 28
+ Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 8
+ Programación/experimentación ou outros traballos de laboratorio: 8
+ Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 6
+ Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 4,5
Total: 112,5 horas
- Repaso dos coñecementos xa adquiridos en Óptica Oftálmica I e II.
- Estudar, ou, como mínimo, ter lida, a teoría correspondente a cada apartado antes da sesión práctica.
- Facer uso das titorías para consultar e esclarecer dúbidas.
- Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
- Participación activa nas aulas e sesións prácticas do taller.
PLAN DE CONTINXENCIA
No caso de entrar no escenario 2, non haberá cambios respecto ao escenario 1.
No caso de entrar no escenario 3;
+ a metodoloxía da ensinanza consistirá na realización de sesións síncronas usando o Microsoft Teams ou o chat do Campus Virtual, complementado con tarefas do Campus Virtual.
+ a avaliación consistirá nunha avaliación continua (40%) e unha proba final (60%) mediante tarefas do CV
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Material bibliográfico: no momento de aprobar este programa docente, considerando un posible escenario 2 ou 3, está a solicitarse a adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por este motivo, o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico se pode atopar en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles, así como outros recursos como páxinas web, blogs, etc.
Maria Dolores Mouriz Cereijo
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813519
- Correo electrónico
- mariadolores.mouriz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Ignacio Rodriguez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813500
- Correo electrónico
- nacho.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Concepcion Nistal Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 3 |
23.05.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
23.05.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
12.07.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |