Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Que o alumno entenda o concepto de Psicobioloxía e coñeza a metodoxía e as técnicas que emprega esta disciplina para comprender a conduta humana.
- Que o alumno adquira coñecementos teóricos e prácticos sobre as bases biolóxicas (xenéticas, evolutivas, sociobiolóxicas, neurofuncionais e neuroanatómicas) da conduta humana.
- Que o alumno comece a desenvolver unha actitude científica á hora de enfrontarse á comprensión da conduta humana.
- Que o alumno desenvolva unha actitude equilibrada e racional sobre o papel que a bioloxía humana desempeña na conduta.
CONTIDOS DAS SESIÓNS DE TEORÍA
Tema 1. Concepto, obxecto, método e técnicas en Psicobioloxía.
Concepto e obxecto da Psicobioloxía. Disciplinas da Psicobioloxía. Métodos e técnicas de traballo en Psicobioloxía. Técnicas empregadas en animais e/ou preparacións. Técnicas empregadas en humanos.
Tema 2. Bases xenéticas da conduta.
Xenes e herdanza. Modelo polixénico. Xenética da conduta. Xenética cuantitativa da conduta.
Tema 3. Bases evolutivas da conduta.
Concepto de Evolución. Evolución dos homínidos. Etoloxía. Sociobioloxía.
Tema 4. Células nerviosas e gliales, sinais nerviosas e comunicación interneural.
Neuronas e glia. Os potenciais neuronais: potencial de repouso e potencial de acción. Sinapsis e potenciais postsinápticos. Neurotransmisores e neuromoduladores.
Tema 5. Organización anatómica e funcional do sistema nervioso (SN).
Desenvolvemento filoxenético do SN. Desenvolvemento ontoxenético do SN. Principais divisións anatómico-funcionais do SN. Eixos e planos de referencia do SNC.
Tema 6. Meninxes e vascularización.
Envolturas do SN. Sistema ventricular. Irrigación sanguínea. Barreiras encefálicas.
Tema 7. Hemisferios cerebrais ou telencéfalo.
Descrición xeral. Córtex: estructuras laminar e columnar do córtex, fibras do córtex e áreas corticais. Núcleos ou ganglios basais. Sistema límbico.
Tema 8. Diencéfalo: Tálamo. Hipotálamo. Sistema neuroendocrino.
Tema 9. Talo ou tronco encefálico e cerebelo.
Organización lonxitudinal do tronco encefálico. Formación reticular. Circuitos locais troncoencefálicos. Cerebelo.
Tema 10. A médula espiñal
Substancia gris. Substancia branca.
Tema 11. O sistema nervioso periférico.
Descrición xeral. Nervios craneais. Nervios espiñais. SN autónomo: SN simpático e SN parasimpático
A profesora Mónica Lindín impartirá os temas 1-4 e a profesora Montserrat Zurrón os temas 5-11.
CONTIDOS DAS SESIÓNS DE PRÁCTICAS
Práctica 1. Concepto de Psicobioloxía.
Procedemento: lectura individual de texto divulgativo e discusión por grupos sobre preguntas relacionadas co texto.
Práctica 2. Xenética.
Procedemento: realización e resolución de problemas de xenética
Práctica 3. Evolución humana e Etoloxía.
Procedemento: lectura de textos e discusión por grupos sobre preguntas relacionadas co texto.
Práctica 4. Neurona.
Procedemento: traballo coa maqueta dunha neurona e con preparacións microscópicas de tecido neural.
Práctica 5. Neurofisioloxía I.
Procedemento: traballo con programa de ordenador sobre simulación de funcionamento neural.
Práctica 6. Neurofisioloxía II.
Procedemento: realización e resolución de cuestións sobre fisioloxía neural.
Práctica 7. Neuroanatomía I: observación anatómica do sistema nervioso e términos de orientación.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 8. Neuroanatomía II: estructura externa do encéfalo.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 9. Neuroanatomía III: estructura interna do encéfalo en sección saxital.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 10. Neuroanatomía IV: estructura interna do encéfalo en seccións horizontais e coronais I.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 11. Neuroanatomía V: estructura interna do encéfalo en seccións horizontais e coronais II.
Procedemento: traballo con maquetas e con programa de ordenador.
Práctica 12. Neuroanatomía VI: estructura externa e interna do encéfalo en preparacións de tecido encefálico humano.
Procedemento: traballo con preparacións de tecido encefálico humano.
Os catro profesores da materia colaboraran na impartición das clases prácticas (interactivas)
Básica:
Abril Alonso, A., Ambrosio Flores, E., Blas Calleja, M.R., Caminero Gómez, A. A., García Lecumberri, C., Pablo González, J.M. e Sandoval Valdemoro, E. (2005) Fundamentos biológicos de la conducta (vols. I y II), 2ª edición. Madrid: Sanz y Torres.
Abril Alonso, A., Ambrosio Flores, E., Blas Calleja, M.R., Caminero Gómez, A. A., García Lecumberri, C. e Pablo González, J.M. (2009) Fundamentos de Psicobiología. Madrid: Sanz y Torres.
Carlson, N.R. e Birkett, M.A. (2018). Fisiología de la conducta. 12ª edición. Madrid: Pearson Educación.
Crossman, A.R. e Neary, D. (2020). Neuroanatomía: texto y atlas en color. 6ª edición. Barcelona: Masson.
Complementaria:
Abril, A., Ambrosio, E., Blas, M.R., Caminero, A., Claro, F., Ortiz-Caro, J., Pablo, J.M. e Sandoval, E. (1999). Cuestiones resueltas de fundamentos biológicos de la conducta I. (2ª Ed.; 3ª reimp.). Madrid: Sanz y Torres.
Bear, M.F., Connors, B.W. e Paradiso, M.A. (2016). Neurociencia: la exploración del cerebro (4ª Ed.). Barcelona: Wolters-Kluwer.
Curtis, H., Barnes, N.S., Schnek, A. e Massarini, A. (2016). Invitación a la Biología (7ª Ed.). Madrid: Panamericana.
Felten, D.L. e Shetty, A.N. (2010). Netter, Atlas de Neurociencia. Barcelona: Elsevier.
Felten, D.l. y Maida, M.S. (2019). Netter. Cuaderno de neurociencia para colorear. Barcelona: Elsevier
Friedrich, P. e Jens, W. (2012). Sobotta. Atlas de anatomía humana. Vol III: Cabeza, cuello y neuroanatomía. Madrid: Elsevier.
Haines, D.E. (2007). Principios de neurociencia. 2ª Edición. Madrid: Elsevier
Kalat, J.W. (2004). Psicología Biológica. Madrid: Thomson
Maier, R. (2001). Comportamiento animal. Madrid: McGraw-Hill.
Mora, F. (2008). El reloj de la sabiduría. Tiempos y espacios en el cerebro humano. Madrid: Alianza Editorial.
Mora, F. e Sanguinetti, A.M. (2004). Diccionario de neurociencia. Madrid: Alianza Editorial.
Nolte, J. e Angevine, J.B. (2009). El encéfalo humano en fotografías y esquemas. Madrid: Elsevier Mosby.
Peláez del Hierro, F., Gil Burman, C. e Sánchez Rodríguez, S. (2002). Introducción a la Etología: el estudio comparado del comportamiento animal. Madrid: Biblioteca Nueva.
Plomin, R., DeFries, J.C., McClearn, G.E. e McGuffin, P. (2002). Genética de la conducta. Madrid: Arial.
Purves, D. Augustine, G.J., Fizpatrick, D., Hall, W.C., LaMantia, A.S, McNamara J.O. e Williams, S.M. (2007). Neurociencia. Buenos Aires: Panamericana.
Schünke, M., Schulte, E., Schumacher, U, Voll, M. e Wesker, K. (2007). Prometeus: texto y atlas de anatomía. Tomo III: Cabeza y neuroanatomía. Madrid: Panamericana.
Recursos TIC para a aprendizaxe de neuroanatomía:
- APPs:
3D Brain
Brain Tutor 3D
Cerebro Seccionado 3D
iSurf BrainView
- Software que se pode descargar gratuitamente:
Albany Medical College Virtual Brain Model.
Dispoñible en: https://www.amc.edu/academic/software/license_and_software_download.cfm
- Das competencias específicas da titulación, nesta materia abórdanse as seguintes:
Relacionadas con coñecementos:
Coñecer e comprender as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
Coñecer e comprender os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
Relacionadas con habilidades e destrezas:
Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
- Competencias específicas da materia:
Coñecer e comprender o concepto de Psicobioloxía, así como a metodoloxía e as técnicas que emprega esta disciplina para comprender a conduta humana.
Coñecer e comprender as bases biolóxicas da conduta humana e dos procesos psicolóxicos.
- Competencias transversais:
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade de xestión da información.
Capacidade de resolución de problemas.
Razoamento crítico.
Capacidade para traballar de forma autónoma, así como en equipo colaborando eficazmente con outras persoas.
Capacidade para asumir responsabilidades.
Saber obter información de forma efectiva a partir de libros e revistas, así como a partir doutra documentación.
Clases teóricas: exposición maxistral dos temas con apoio dos medios técnicos dos que se dispón na aula (ordenador e cañón), e entrega previa aos alumnos do material gráfico exposto na clase para facilitarlles o seguimento da mesma. Dito material estará a disposición dos alumnos na fotocopiadora da facultade e na páxina da materia no campus virtual da USC.
Nas clases prácticas empregaranse as seguintes metodoloxías docentes:
- Traballo en grupos reducidos, empregando material adecuado aos distintos contidos da materia (microscopios, programas de ordenador, maquetas da neurona, do encéfalo e da médula, seccións de tecido nervioso humano).
- Traballo individual de elaboración de informes a partir de lecturas ou videos, seguindo o esquema aportado polo profesor, que recolla o grado de comprensión, integración de coñecementos e análise crítica do alumno; con debate e discusión posterior en grupo.
- Realización de exercicios e cuestións, tanto de forma individual como en grupo, e corrección dos mesmos na clase.
Titorías a grupos reducidos de alumnos/as: dirixidas polas profesoras co obxectivo de que os alumnos e alumnas adquiran unha maior comprensión dos coñecementos, resolvendo as súas dúbidas e dificultades. As datas destas titorías figuran no calendario de clases prácticas, disponible na fotocopiadora da facultade a principios de curso e na páxina da materia no campus virtual da USC.
Titorías individuais: para resolver dúbidas e problemas individuais relacionados coa materia. O horario das titorías de cada profesor/a figura na guía docente (disponible na fotocopiadora a principios de curso), na porta do seu despacho e na páxina web da facultade.
Os contidos desta materia pódense consultar no campus virtual de USC. Recoméndase aos alumnos a utilización deste servizo proporcionado pola USC e polos profesores da materia.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Avaliación continua:
- Realizarase un seguimento do aproveitamento que o/a alumno/a realiza sobre a docencia recibida. Con ese obxectivo, realizaranse tres avaliacións formativas ao longo do cuadrimestre que suporán un 30% da nota (10% cada unha). A primeira avaliación formativa realizarase ao finalizar o tema 3 de teoría, a segunda avaliación formativa realizarase ao finalizar o tema 6, e a terceira avaliación formativa ao rematar o tema 9. Estas avaliacións formativas non liberan materia para o exame final.
Avaliación final:
Realizarase un exame final en data oficial, que suporá un 70% da nota.
Nas actas da materia, considérase a un alumno como "Non presentado" só cando na avaliación final e nos tres avaliacións formativas figure como non presentado.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Clases expositivas: 35 h.
Clases prácticas: 15 h.
Avaliación formativa: 1h.
Titorías dirixidas a grupos reducidos: 1h.
Exame final: 2h.
Horas de estudio do alumno: 80 h. (estimadas).
Elaboración de informes e exercicios por parte do alumno: 20 h. (estimadas)
Que o alumno estudie de forma continuada a materia conforme se desenvolvan os temas.
Que faga uso das titorías para resolver a súas dúbidas.
Que empregue a bibliografía recomendada.
Plan de Continxencia:
A metodoloxía e o sistema de avaliación poderán sufrir cambios que permitan adaptar ambos procedementos a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade. En concreto:
Metodoloxía da ensinanza
Poderá ter lugar a substitución dalgunha (ou toda) a docencia presencial por docencia telemática, na que se poderá combinar:
Docencia síncrona (mediante Microsoft Teams) e asíncrona empregando a aula virtual.
A supervisión das actividades dirixidas a través da aula virtual.
A entrega de material escrito, na aula virtual, para o seu estudo autónomo.
Sistema de avaliación
No caso de que por razóns sanitarias non se poideran realizar algunha das avaliacións de xeito presencial realizarase telemáticamente a través da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na: “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Montserrat Zurrón Ocio
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813707
- Correo electrónico
- montserrat.zurron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Lindin Novo
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813910
- Correo electrónico
- monica.lindin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Galdo Alvarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813701
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Samuel Suarez Suarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813915
- Correo electrónico
- samuel.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:25 | I5 | Galego, Castelán | Aula 9-F |
12:35-14:00 | I6 | Castelán, Galego | Aula 9-F |
Martes | |||
11:00-12:25 | I2 | Galego, Castelán | Aula 9-F |
12:35-14:00 | I8 | Galego, Castelán | Aula 9-F |
Mércores | |||
11:00-12:25 | I7 | Galego, Castelán | Aula 9-F |
12:35-14:00 | I1 | Galego, Castelán | Aula 9-F |
16:00-17:10 | Grupo A (A-J) | Castelán | Aula 2 |
17:20-18:30 | Grupo B (L-Z) | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
11:00-12:25 | I4 | Galego, Castelán | Aula 9-F |
12:35-14:00 | I3 | Castelán, Galego | Aula 9-F |
Venres | |||
10:00-11:25 | I9 | Galego, Castelán | Aula 9-F |
16:00-17:10 | Grupo B (L-Z) | Castelán | Aula 7 |
17:20-18:30 | Grupo A (A-J) | Castelán | Aula 2 |
13.01.2021 09:30-12:00 | Grupo B (L-Z) | Aula 1 |
13.01.2021 09:30-12:00 | Grupo A (A-J) | Aula 1 |
13.01.2021 09:30-12:00 | Grupo B (L-Z) | Aula 5 |
13.01.2021 09:30-12:00 | Grupo A (A-J) | Aula 5 |
13.01.2021 09:30-12:00 | Grupo A (A-J) | Aula 6 |
13.01.2021 09:30-12:00 | Grupo B (L-Z) | Aula 6 |
13.01.2021 09:30-12:00 | Grupo B (L-Z) | Aula 7 |
13.01.2021 09:30-12:00 | Grupo A (A-J) | Aula 7 |
25.06.2021 09:30-12:00 | Grupo A (A-J) | Aula 1 |
25.06.2021 09:30-12:00 | Grupo B (L-Z) | Aula 1 |
25.06.2021 09:30-12:00 | Grupo B (L-Z) | Aula 3 |
25.06.2021 09:30-12:00 | Grupo A (A-J) | Aula 3 |
25.06.2021 09:30-12:00 | Grupo A (A-J) | Aula 2 |
25.06.2021 09:30-12:00 | Grupo B (L-Z) | Aula 2 |