Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
XERAIS:
1) Potenciar unha aprendizaxe significativa e funcional dos principais conceptos, principios, teorías e procedementos que configuran o corpo teórico da Psicoloxía da Personalidade.
2) Incidir na vertente aplicada dos desenvolvementos teóricos e metodolóxicos da Psicoloxía da Personalidade; trátase de superar o mero exercicio académico de presentar o status quo da disciplina para —sen renunciar a el— penetrar de cheo nas súas implicacións clínicas.
ESPECÍFICOS:
1) Afondar no qué, cómo e para qué da Psicoloxía da Personalidade; máis especificamente, esbozaranse as distintas “facianas” da disciplina, desenvolverase o concepto, presentaranse as distintas unidades de análise (¿que coñecemos cando coñecemos a unha persoa?).
2) Presentar as coordenadas, teóricas e empíricas, nas que se asenta a predición e explicación da conduta; máis concretamente, despois dun percorrido polos desenvolvementos históricos da Psicoloxía da Personalidade, desenvolveranse exhaustivamente os principais enfoques teóricos e dimensións empíricas que constitúen os piares de análise da personalidade e diferenzas individuais.
3) Potenciar a orientación cara á aplicación, redescubrindo vellos temas que volven interesar e avanzando no xurdimento de novas tendencias encamiñadas a dar resposta aos problemas reais sentidos e vividos pola sociedade. A emoción, o estrés, a conduta desviada e a saúde constituirán, a este respecto, os argumentos dunha disciplina orientada, cada vez máis, cara á aplicación.
PROGRAMA DE TEORÍA
Bloque I . Sobre o qué, o cómo e o para qué da Psicoloxía da Personalidade
Tema 1. Esbozando as distintas facianas da Psicoloxía da Personalidade: unha introdución necesaria
Tema 2. A personalidade: un paseo histórico e conceptual
Bloque II. Un obxectivo común: a explicación e predición da conduta.
Tema 3. ¿Que coñecemos cando coñecemos a unha persoa?: o tema das unidades de análise na Psicoloxía da Personalidade
Tema 4. Os "ter": algunhas propostas paradigmáticas do primeiro nivel
Tema 5. Mirando cara ao futuro: os proxectos persoais
Tema 6. O pasado reconstruído, o presente percibido e o futuro anticipado: a historia de vida
Bloque III. A orientación cara á aplicación: redescubrimento de vellos temas e xurdimento de novas tendencias
Tema 7. Personalidade, emocións, e saúde: o interese do aplicado
Tema 8. Estrés e personalidade: unha cuestión contemporánea.
Tema 9. O protagonismo do persoal noutras problemáticas psicosociais: delincuencia, drogas e adicción a compra.
A modo de epílogo:
¿onde estamos e cara a onde imos?
PROGRAMA DE PRÁCTICAS E SEMINARIOS
SEMINARIO. O trazo como unidade básica da personalidade
PRÁCTICA 1. Acordo na realización de xuízos acerca da personalidade
PRÁCTICA 2. Análise de proxectos persoais
PRÁCTICA 3. A historia de vida
PRÁCTICA 4. O estudo do “self”
PRÁCTICA 5. Motivación de logro
PRÁCTICA 6. Estratexias de afrontamento ao estrés
PRÁCTICA 1. Relacións persoais
SEMINARIO. Optimismo e saúde
SEMINARIO. Variables personais e un exemplo de problemática psicosocial
BIBLIOGRAFIA
TEORÍA
* AVIA, M.D. y SANCHEZ BERNARDOS, M.L. (1995). Personalidad: aspectos cognitivos y sociales. Madrid: Pirámide.
* BERMUDEZ, J., PEREZ, A.M. y SANJUAN, P. (2003). Psicología de la Personalidad (Tomos I y II) Madrid: UNED
* CARVER, Ch. y SCHEIER, M.F. (1997). Teorías de la Personalidad. Méjico: Prentice Hall.
* LARSEN, R.J. y BUSS, D.M. (2005). Psicología de la Personalidad. México: MGraw-Hill.
* FEIST, J. FEIST, G.J. (2007). Teorías de la personalidad. Madrid: McGraw-Hill
* FIERRO, A. (1996). Manual de Psicología de la Personalidad. Barcelona: Paidós.
* MORENO, B. (2007). Psicología de la Personalidad. Procesos. Madrid: Thomson.
* PELECHANO, V. (Coord.) (1996). Psicología de la personalidad I. Teorías. Barcelona: Ariel
* PELECHANO, V. (2000). Psicología sistemática de la personalidad. Barcelona: Ariel.
* PERVIN, L.A. (1998). La ciencia de la personalidad. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
* PERVIN, L.A. y JOHN, O.P. (1999). Personalidad: Teoría e investigación. México: Manual Moderno.
PRÁCTICAS
OTERO LÓPEZ, J.M. y cols. (2002): Psicología de la Personalidad. Manual de Prácticas. Barcelona: Ariel.
LECTURAS COMPLEMENTARIAS
* AVIA, M.D. y VAZQUEZ, C. (1998). Optimismo inteligente. Madrid: Alianza.
* OTERO-LÓPEZ, J.M. (2000). Carta de un Personólogo. En M.D. Avia, Cartas a un joven psicólogo. Madrid: Alianza Editorial.
* OTERO-LÓPEZ, J.M. y cols. (1997). Lecturas de Psicología de la Personalidad. Santiago de Compostela.
* SANZ, J. (2000). Carta de un Psicólogo de la Personalidad. En M.D. Avia, Cartas a un joven psicólogo. Madrid: Alianza Editorial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
*AVIA, M.D. (2000). Cartas a un joven psicólogo. Madrid: Alianza Editorial.
*BRODY, N. y EHRLICHMAN, H. (2000). Psicología de la Personalidad. Madrid: Prentice-Hall.
*CLONINGER, S.C. (2003). Teorías de la Personalidad. Madrid: Prentice-Hall.
* LIEBERT, R. M. y SPIEGLER, M.D. (2000). Personalidad. Madrid: Thompson.
* MIRON, L. y OTERO-LOPEZ, J.M. (2005). Jóvenes delincuentes. Barcelona: Ariel.
* OTERO-LOPEZ, J.M. (1997). Droga y Delincuencia. Un acercamiento a la realidad. Madrid: Pirámide.
*OTERO-LOPEZ, J.M. y cols. (2000). Psicología de la personalidad. Guía Didáctica. Santiago de Compostela. Tórculo.
* OTERO-LOPEZ, J.M. y VILLARDEFRANCOS, E. (2009). Adicción a la compra, Materialismo y Satisfacción con la vida. Relatos, vidas, compras. Granada: GEU.
* OTERO-LOPEZ, J.M. y cols. (2012). Estrés laboral y burnout en profesores de enseñanza secundaria. Madrid: Díaz de Santos.
* PELECHANO, V. (1993). Personalidad: un enfoque histórico-conceptual. Valencia: Promolibro.
* SCHULTZ, D.P. y SCHULTZ, S.E. (2003). Teorías de la personalidad. Madrid: Thomson
* TOUS, J.M. (1996). Psicología de la Personalidad. Diferencias individuales: biológicas y cognitivas en el procesamiento de la información. Barcelona: EUB.
COÑECER E COMPRENDER...
1. As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
2. As leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos
5. Os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións
RELACIONADAS CON LAS HABILIDADES Y DESTREZAS (saber facer)
8. Identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica
10. Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
11. Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
14. Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
15. Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
COMPETENCIAS DA MATERIA
- Habilidade no manexo da terminoloxía psicolóxica en xeral e da disciplina en particular.
- Ser capaz de desenvolver unha actitude reflexiva ante as principais controversias que salpican a disciplina.
- Potenciar o coñecemento crítico das principais unidades e desenvolvementos teóricos que conforman a disciplina.
- Ser capaz de desenvolver unha visión global e integradora dos vellos temas e as novas tendencias.
- Saber relacionar os contidos teóricos coa dimensión práctica-aplicada.
- Ser capaz de axuizar de forma coherente o pasado, o presente e as tendencias de futuro da disciplina.
As clases teóricas versan sobre o contido do temario e consisten na exposición de temas e comentarios de textos. O método máis frecuentemente utilizado é o de “clase maxistral”; aínda que, na medida do posible, realízanse tamén “grupos de discusión”, co que se potencia a participación activa do alumno. Ademais dos temas teóricos, o alumno deberá realizar unha serie de lecturas sobre aspectos importantes dalgúns temas (fixaranse ao comezo do curso).
As clases prácticas consistirán no desenvolvemento das distintas unidades, sempre baixo a estrita supervisión do profesor. Estas prácticas están en perfecta simbiose cos contidos desenvolvidos na teoría e dan adecuada cobertura aos distintos temas e tópicos da disciplina. Levaranse a cabo asimesmo seminarios que posibiliten afondar nalgunhas cuestións de interese da disciplina.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
* Avaliación da materia
• Avaliarase tanto a teoría coma as restantes actividades (prácticas, seminarios, lecturas, traballos complementarios)
* Avaliación da teoría:
• Avaliarase no exame final na data que fixe o Decanato.
* Avaliación das prácticas, seminarios e outros traballos.
• Tanto a asistencia como a realización das prácticas son obrigatorias (condición necesaria para aprobar a materia).
Avaliarase, asimesmo, a participación nos seminarios e realización doutros traballos.
* Cálculo de Notas:
• A cualificación obtida nos exames teóricos equivale ao 60% da nota, mentres que o 40% restante outórgaselle ás restantes actividades (o alumno deberá aprobar ambas as partes independentemente —é dicir, o alumno, para aprobar, deberá alcanzar polo menos un 3 na teoría e un 2 nas outras actividades–).
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que o permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións)
.
*Implicación activa na dinámica da clase
* Seguemento continuado de clases e outras actividades
* Manexar, a nivel usuario, bases de datos relevantes en Psicoloxía
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia poden sufrir cambios que as permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións)
Plan de continxencia
No caso de que a situación sanitaria esixa a activación do Escenario 2, e o consecuente distanciamento, a docencia semipresencial irá acompañada dun maior traballo autónomo do alumno. A metodoloxía de ensino contemplará a posibilidade de que parte dos contidos sexan impartidos con recursos telemáticos asíncronos (presentacións narradas, vídeos didácticos, textos de lectura, cuestionarios de autoavaliación). Cubrir o Manual de Practicas, a análise de textos e a participación en foros serán actividades obxecto de avaliación, supoñendo un 60% da nota (o 40% restante corresponde ao exame). Para a docencia telemática utilizaranse os recursos dispoñibles da aula Virtual. Programaranse entregas e exercicios de autoavaliación para o adecuado desenvolvemento das actividades non presenciais. En canto ao exame, apuntar que, dependendo das circunstancias sanitarias, este poderá ter lugar de maneira telemática; a este respecto, parece oportuno sinalar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicado o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No Escenario 3 (docencia en remoto), e co propósito de mitigar o posible impacto negativo que esta situación de excepcionalidade poida ter na aprendizaxe do alumno, os profesores utilizarán, con carácter asíncrono, os múltiples recursos dispoñibles na aula Virtual (presentacións narradas, vídeos didácticos, temas para debater, foros de participación/reflexión). En definitiva, o alumno será guiado, avaliado e motivado a partir da realización de múltiples actividades (cubrir o Manual de Prácticas, lecturas e comentarios de textos, participación en foros de debate, realización de actividades de autoavaliación, reflexións acerca de distintas temáticas do programa) que, previa programación paso-a-paso das entregas, serán cualificadas. A avaliación continua supoñerá, neste escenario, o 100% da cualificación.
Jose Manuel Otero Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813882
- Correo electrónico
- josemanuel.otero.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Cristina Castro Bolaño
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813888
- Correo electrónico
- mariacristina.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Estrella Romero Triñanes
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813921
- Correo electrónico
- estrella.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Beatriz Domínguez Álvarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- beatrizdominguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:10 | GRUPO B (L-Z) | Castelán | Aula 7 |
17:20-18:30 | GRUPO A (A-J) | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
16:00-17:10 | GRUPO A (A-J) | Castelán | Aula 2 |
17:20-18:30 | GRUPO B (L-Z) | Castelán | Aula 7 |
04.06.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 1 |
04.06.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 1 |
04.06.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 3 |
04.06.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 3 |
04.06.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 7 |
04.06.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 7 |
04.06.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 2 |
04.06.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 2 |
01.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 1 |
01.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 1 |
01.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 3 |
01.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 3 |
01.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 2 |
01.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 2 |