Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Básica, Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.COGNITIVOS
Aproximar os alumnos ó coñecemento específico da psicoloxía de xénero, abordando os temas relacionados cos procesos evolutivos, cognitivos, de saúde, psicosociais e conductuais dende a devandita perspectiva.
Analizar os procesos relacionados coa construción da identidade de xénero dende a perspectiva ontoxénica.
Analizar as actitudes sexistas en relación coa violencia de xénero.
2. PROCEDEMENTAIS
Desenvolver nos alumnos a capacidade de analizar e identificar condutas sexistas e condutas estereotipadas ao longo do ciclo vital.
Familiarizar o alumno coas claves necesarias para a detección e intervención clínica e psicosocial en violencia de xénero.
3. ACTITUDINAIS
Fomentar no alumno a capacidade de análise crítica sobre as preferencias de xogos, compañía, deporte, afeccións, etc., tipificadas socialmente dende unha perspectiva de xénero.
Fomentar o respecto e a tolerancia pola pluralidade e diferenzas.
Procurar sensibilizar o alumno sobre o sexismo, machismo e violencia de xénero, entendida dende unha ampla perspectiva social e histórica.
CLASES EXPOSITIVAS
. TEMA 1. – Introdución.
- Identidade sexual e de Xénero.
- Roles, actitudes e estereotipos de xénero.
. TEMA 2. - Saúde e asimetrías de xénero:
- Saúde e xénero
- Modelos androxéntricos e xénero
. TEMA 3. Violencia de xénero:
- Tipos de violencia de xénero e as súas consecuencias.
- Principais modelos explicativos.
- Intervención psicolóxica con vítimas.
. TEMA 4. - Intervención co maltratador:
- Programas de intervención.
- Avaliación do risco.
. TEMA 5. - A vítima no sistema xudicial:
- Os principio de xustiza terapéutica.
- A pericia psicolóxica da vítima.
CLASES INTERACTIVAS
. Traballos tutorizados sobre distintos aspectos do programa
. 2ª Jornadas de Género
Bibliografía básica
Barberá, E., e Martínez, I. (Coords.) (2004). Psicología y género. Madrid: Prentice Hall.
Disponible en PDF en el Google académico.
Bibliografía complementaria
Andrés-Pueyo, A., y Echeburúa, E. (2010). Valoración del riesgo de violencia: Instrumentos disponibles e indicaciones de aplicación. Psicothema, 22(3), 403-409.
Alonso , C. (Coord.) (2013).Violencia de género y justicia. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Cientíifico de la Universidade de Santiago de Compostela.
Arce, R., y Fariña, F. (2007). Programa Galicia de reeducación para maltratadores de género. Anuario de Psicología Jurídica, 16, 41- 64.
Arce, R., y Fariña, F. (2006). Psicología del testimonio: Evaluación de la credibilidad y de la huella psíquica en el contexto penal. En Consejo General del Poder Judicial (Ed.), Psicología del testimonio y prueba pericial (pp. 39-103). Madrid: Consejo General del Poder Judicial.
Amezcua, J.A. y Pichardo , M.C. (2000). Diferencias de género en auto concepto en sujetos adolescentes. Anales de Psicología 16(2), 207-214.
Bosch, E., y Ferrer, V.A. (2002). La voz de las invisibles. Las víctimas de un mal amor que mata. Valencia: Cátedra.
Corsi, J. (1995). Violencia masculina en la pareja: Una aproximación al diagnóstico y a los modelos de intervención. Buenos Aires: Paidós.
Sastre, G., y Moreno, M. (2002). Resolución de conflictos y aprendizaje emocional: Una perspectiva de género. Barcelona: Gedisa.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao Código Deontológico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidad universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de síntese
CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais
CT4 - Capacidade de autocrítica
CT5 - Capacidade de comunicación
CT6 - Capacidade de deesarrollo e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión
ESPECÍFICAS
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicología.
CE3 - Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidad e anormalidad.
CE5 - Demostrar coñecementos e comprensión dos principios psicosociales que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicología ?clínico e da saúde, social, educativo
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e dá saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicología
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos
destinatarios, e evaluar os resultados obtidos
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma adecuada e precisa, os resultados da avaliación
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
CE15 - Saber axustarse ás obrigacións deontológicas da Psicología
CLASES EXPOSITIVAS
Nelas expoñeranse os contidos teóricos, indicando os apartados e os obxectivos que se deben alcanzar. Esta información servirá de guía no proceso de aprendizaxe do alumno, e deberá ser ampliada e cumprimentar a través da bibliografía recomendada.
CLASES INTERACTIVAS
Nelas, presentaranse os contidos básicos dos seminarios a traballar. Centraranse os obxectivos de cada un dos traballos que o alumno ha de planificar e realizar. Os devanditos traballos serán dirixidos e titorizados polos profesores para concretar as pautas de acción. Ditos traballos se expondrán públicamente nas "2ª Segundas Jornadas de Género"
Nas clases interactivas fomentarase o desenvolvemento de habilidades de traballo en grupo, realizaranse preguntas para suscitar debate e poñerase énfase na necesidade de recorrer á busca de información relacionada cos contidos tratados, co obxecto de chegar a unha resolución adecuada do tema formulando.
TRABALLO INDIVIDUAL DO ALUMNO
Todos os contidos que conforman a materia, sexan expositivos ou interactivos, van acompañados dunha serie de actividades de traballo individual do alumno cuxo obxectivo é afianzar e reforzar o seu proceso de aprendizaxe.
TITORÍAS
Son un apoio ao traballo individual e en grupo. Formúlanse co fin de resolver dúbidas puntuais relativas aos contidos teóricos e coa finalidade de ser condutoras dos traballos que se han de realizar nos diferentes seminarios. Estas titorías pódense ampliar ao longo de todo o cuadrimestre a través da materia virtual.
DOCENCIA VIRTUAL
A materia utilizará como ferramenta de apoio a plataforma virtual da Universidade de Santiago. Nela, pódense consultar permanentemente os materiais relacionados coa marcha da materia así como realizar titorías individualizadas.
“PLAN DE CONTINXENCIA”.
Dada a incerteza causada pola presente situación sanitaria, parte dos contidos poderían ser traballados de forma autónoma polos estudantes, quen serán debidamente e no seu momento informados a través do Campus Virtual da materia.
É posibel que parte dos contidos sexan impartidos mediante recursos telemáticos asíncronos (presentacións narradas, textos, cuestionarios de auto-avaliación,…) e inclusive que algunha parte destes contidos non sexa obxecto de avaliación. As ferramentas que se usarán, no caso de que o ensino telemático sexa necesario, estarán dispoñibles na aula virtual, empregando a plataforma Moodle. As/os estudantes tamén terán que familiarizarse có uso do Microsoft Teams, para ser quen de seguir o ensino en caso de que este non poida ser presencial.
O tipo de avaliación é continua, polo que se esixe asistencia ás clases, tanto interactivas coma expositivas.
Os contidos teóricos avaliaranse mediante un exame único. A cualificación obtida supoñerá o 60% da nota final.
Os contidos traballados nos seminarios avaliaranse de forma continuada nas clases interactivas. Avaliaranse a través das titorías onde se verá a evolución do traballo e por último a través da exposición final.
As cualificacións obtidas neste módulo interactivo supoñerán o 40% da nota final.
Para aprobar a materia é necesario superar ambos os dous módulos, (expositivo e interactivo).
Todo alumno que comece o proceso de avaliación (sexa a través dos seminarios ou a través do exame), obterá ao final do cuadrimestre unha cualificación.
“PLAN DE CONTINXENCIA” Dada a incerteza causada pola presente situación sanitaria, parte dos contidos poderían non ser obxecto de avaliación, cousa da que as/os estudantes serán debidamente informados e con suficiente antelación no Campus Virtual da materia. Deste xeito, dependendo das circunstancias sanitarias, os exames poderían ser telemáticos. No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, estarase ao disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para a consecución dos obxectivos marcados no programa da materia, o tempo de dedicación que consideramos necesario é de 114 horas que se distribuirían do seguinte xeito:
Para a teoría, 22 horas presenciais e 44 de lectura ou estudo individual, que supón un total de 66 horas teoría.
Para os seminarios 9 horas presenciais máis 36 de traballo, o que supón un total de 45 horas total seminario.
Para as titorías: 1 hora.
Avaliación final: 2 horas.
NOTA: En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan adaptarse ós escenarios de ensino telemático ou semi-presencial, circunstancias das que os/as alumnos/as serán puntualmente informados/as a través da aula virtual. Alí tamén se darán as recomendacións específicas.
- Compromiso co grupo de traballo.
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Realización puntual dos traballos titorizados.
- Cumprimento dos prazos.
- Seguimento continuado das actividades propostas.
A asistencia ás clases tanto expositivas coma interactivas é obrigatoria. As ausencias reiteradas e non xustificadas terán penalización.
Ao inicio do curso poñerase a disposición dos alumnos unha guía completa de estudo na que se recolle de forma exhaustiva todos os contidos que se van tratar na materia así como a distribución temporal detallada do desenvolvemento das diferentes actividades que están planificadas e a bibliografía. É imprescindible que o alumno consulte periodicamente a devandita guía.
“Plan de continxencia”
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderían ser traballados de xeito autónomo polas/os estudantes, o que sería debidamente informado a través do Campus Virtual da materia. A avaliación podería ser realizada empregando a plataforma virtual e o peso de cada temática podería variar en función de como se desenvolva o curso. Inclusive, parte destes contidos poderían non ser obxecto de avaliación.
No caso de ser necesario, as variacións en traballos e avaliacións poden-se especificar nas recomendacións para o estudo da materia.
Ramón Arce Fernández
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813853
- Correo electrónico
- ramon.arce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Mar Bernal Rivas
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813865
- Correo electrónico
- mariadelmar.bernal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:25 | I5 I6 | Castelán | Aula 10 |
10:35-12:00 | I7 I8 | Castelán | Aula 10 |
12:10-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
13:40-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
09:00-10:25 | I1 I2 | Castelán | Aula 10 |
10:35-12:00 | I3 I4 | Castelán | Aula 10 |
12:10-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
13:40-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
22.03.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
22.03.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
22.03.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
22.03.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.03.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
22.03.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
21.06.2021 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
21.06.2021 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.06.2021 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
21.06.2021 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
21.06.2021 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.06.2021 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |