Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.Coñecer e comprender os fundamentos teóricos da disciplina e dominar a terminoloxía especifica da psicopatoloxía.
2. Saber describir e explorar a conduta anormal.
3. Ser capaz de identificar e diferenciar os diferentes trastornos psicolóxicos ao longo do ciclo vital.
4. Proporcionar as bases teóricas que fundamentan os diferentes trastornos e presentar as liñas de investigación actual sobre os temas tratados.
PROGRAMA TEÓRICO
I. Introdución á psicopatoloxía: bases conceptuais da anormalidade
1. Definición. Criterios acerca da conduta anormal. Modelos explicativos.
2. Sistemas de clasificación. Cuestións conceptuais. Desenvolvemento dos sistemas de clasificación. DSM e CIE.
II. Psicopatoloxía do adulto
3.Trastornos depresivos.Trastornos bipolares. Clasificación. Características clínicas e criterios diagnósticos. Avaliación e diagnóstico diferencial. Epidemioloxía. Teorías psicolóxicas explicativas.
4. Esquizofrenia e outros trastornos psicóticos. Clasificación. Características clínicas e criterios diagnósticos. Avaliación e diagnóstico diferencial. Epidemioloxía.
5. Trastornos relacionados con necesidades básicas: conduta alimentaria, sono e sexo. Clasificación. Características clínicas e criterios diagnósticos. Diagnóstico diferencial. Epidemioloxía.
II. Psicopatoloxía da nenez e adolescencia
6. Cuestións conceptuais e históricas relativas ao diagnóstico de problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes. Desenvolvemento psicolóxico normal e problemático.. O proceso diagnóstico en psicopatoloxía infanto-xuvenil.
7. Alteracións emocionais e conductuales en nenos e adolescentes. Aspectos descritivos, etiolóxicos e clínicos.
8. Outras alteracións psicolóxicas con incidencia na infancia. Aspectos descritivos, clínicos e etiolóxicos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS.
1.- Lectura de artigos e/ou capítulos que se relacionen co tema exposto nas clases expositivas.
2.- Coñecemento teórico e práctico da organización e características dos sistemas de clasificación actuais.
3.- Análise de casos clínicos que ilustren os contidos das clases expositivas, destacando a identificación e clasificación de síntomas, xustificación diagnóstica e diagnóstico diferencial.
Bibliografía Básica
Psicopatología adultos:
-Asociación Americana de Psiquiatría (2014). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales, DSM-5 (5ª ed.). Washington: APA.
-Belloch, A., Sandín, B. y Ramos, F. (Eds.) (2009), Manual de psicopatología. Volumen II. Edición revisada. McGraw-HiIl.
-Caballo, V., Salazar, I.C. y Carrobles, J.A. (2014). Manual de psicopatología y trastornos psicológicos. Madrid: Pirámide; 2ª edición. Edición versión digital (Kindle).
-Talarn, A. y Jarne, A. (2015). Manual de psicopatología clínica. Barcelona: Herder. 1ª edición versión digital (Epub)
Infanto-juvenil:
-López-Soler, C y Romero, A. (2014). TDAH y trastornos del comportamiento en la infancia y la adolescencia. Pirámide. Colección: Psicología; 1ª edición. Formato: Digital, PDF.
Bibliografía Complementaria
-Artigas-Pallarés, J y Narbona,J (Eds)(2011). Trastornos del neurodesarrollo. Barcelona:Viguera
-American Psychiatric Association (APA) (2002). DSM-IV-TR. Breviario. Criterios diagnósticos. Barcelona: Masson.
-Baron-Cohen,S. (2010). Autismo y Síndrome de Asperger. Madrid: Alianza
-Butcher, J.N., Mineka, S., Caballo, V.E. Salazar, I.C. e Carrobles, J.A. (Dirs.) (2011). Manual de psicopatología y trastornos psicológicos. Madrid: Pirámide.Hooley, J.M. (2007). Psicología Clínica. Madrid: Pearson.
-Caballo, V.E. e Simon, M.A. (2002). Manual de psicologia Clinica Infantil y del adolescente. Trastornos especificos. Madrid: Pirámide
-Cervilla, J.A. e García, C. (2000). Fundamentos biológicos en psicopatología. Barcelona: Masson. Organización Mundial de la Salud (1992). CIE-10. Trastornos mentales y del comportamiento. Madrid: Meditor.
-Hales, R.E. e Yudofsky, S.C. (2005). Tratado de psiquiatría clínica (4ª ed.). Barcelona: Masson.
-Lorenzo Pontevedra, M.C. (2015). Trastorno bipolar. Madrid: Síntesis
-Mendez Carrillo, F.X. (2003). El niño Miedoso. Madrid: Ediciones Pirámide
-Mendez Carrillo, F.X., Orgiles, M. y Espada, J. (2008). ansiedad por separación. Psicopatología, evaluación y tratamiento. Madrid: Pirámide.
-Rodríguez-Testal, J.F. (Coord.) (2017). Material audiovisual para la enseñanza práctica en psicopatología clínica (2ª ed.). Madrid: EOS.
-Vallejo, J. (Ed.) (2011). Introducción a la psicopatología y psiquiatría (7ª ed.). Barcelona: Elsevier/Masson.
Competencias específicas da titulación:
1. Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
2. Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios dos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica.
3. Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
4. Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
1. Ser capaz de describir e analizar os síntomas fundamentais dos distintos trastornos mentais.
2. Ser capaz de identificar os diferentes trastornos mentais segundo as clasificacións propostas dende o ámbito científico.
3. Ser capaz de formular hipóteses diagnósticas en función da clínica presente.
4. Ser capaz de realizar diagnósticos diferenciais.
5. Coñecer a psicopatoloxía dende o marco de desenvolvemento evolutivo centrada nos trastornos de inicio na infancia e adolescencia.
6. Ser capaz de relacionar a teoría e evidencia empírica para cada un dos trastornos mentais.
7. Realizar e interpretar un informe clínico tomando como base os sistemas de clasificación e diagnóstico.
7. Coñecer e cumprir a normativa ética propia da profesión e da investigación psicolóxica.
1.-Clases Expositivas:
As clases expositivas teñen como cometido organizar e introducir os contidos máis relevantes dos diferentes temas do programa.
2.- Clases Interactivas:
As clases interactivas estructuranse en torno á descripción, análise e discusión de casos clínicos que ilustren algunhas das alteracions presentadas na clase. Estas actividades prácticas desenvólvense en pequenos grupos ou perante traballo individual.
Como recurso principal de apoio á docencia presencial, utilizarase a aula virtual da materia no Campus Virtual da USC.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios para adaptarse a escenarios de docencia telemática ou semipresencial (ver Observacións).
Na avaliación da aprendizaxe terase en conta tanto a valoración dos coñecemento adquiridos en relación aos contidos teóricos e prácticos do programa, como a valoración das tarefas e actividades propostas ao largo do curso.
O cómputo de avaliación distribuirase do modo seguinte: O exame teórico (proba de tipo test) supoñerá o 50%; o exame práctico (comentario razoado dun caso clínico) o 20%; e o 30% restante corresponderá á avaliación continua formativa dos informes e actividades interactivas propostas.
Para aprobar a materia é necesario superar o exame teórico e o exame práctico.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou semipresencial (ver Observacións).
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
* Clases Expositivas: 25 horas
* Clases interactivas: 13.5 horas
* Avaliación: 2 horas
Total horas presenciais: 40.5
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
* Leituras previas as clases interactivas e/ou expositivas: 17 horas
* Elaboración de informes de prácticas: 17 horas
* Preparación do examen: 40 horas.
Total horas non presenciais: 74
Asistir a clase con regularidade.
Participación activa na aula.
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou semipresencial (ver Observacións)
'PLAN DE CONTINXENCIA'
Metodoloxía da ensinanza:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual.
No caso de que certos contidos teóricos non poidan tratarse en clases expositivas presenciais, serán impartidos a través de Microsoft Teams de xeito sincrónico, ou ben a través da aula virtual de xeito asincrónico (p. ex., presentacións guiadas, textos e/ou cuestionarios de autoavaliación). En canto á docencia interactiva que deba impartirse en remoto, as actividades a realizar proporanse a través da aula virtual e serán organizadas en función dunha programación de entregas e seguimiento coa oportuna retroalimentación.
Sistema de avaliación:
Dependendo das circunstancias sanitarias, o exame teórico-práctico poderá ter lugar de xeito telemático. Neste caso, ante a realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
O sistema de avaliación adaptarase, de ser o caso, aos escenarios de docencia semipresencial ou telemática: O exame teórico (proba de tipo test) suporá o 40%; o exame práctico (comentario razoado dun caso clínico) o 20%; e o 40% restante corresponderá á avaliación continua.
Recomendacións para o estudio:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, recomendáse levar ao día os contidos da materia e facer seguimiento continuado da actividade que se rexistre na aula virtual, pois certos contidos e tarefas que serán obxecto de avaliación poden ser propostos para traballarse por medios telemáticos.
Carmen Senra Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813767
- Correo electrónico
- carmen.senra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Paula Villar Torres
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813920
- Correo electrónico
- paula.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mariana Aimé Castro Isdahl-Troye
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- mariana.castro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Maria Barroso Hurtado
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- maria.barroso.hurtado [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Daniel Suárez Castro
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813786
- Correo electrónico
- danielsuarez.castro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-09:50 | Grupo B (M-Z) | Castelán | Aula 9 |
10:00-10:50 | Grupo A (A-L) | Castelán | Aula 8 |
Venres | |||
10:00-10:50 | Grupo A (A-L) | Castelán | Aula 8 |
11:00-11:50 | Grupo B (M-Z) | Castelán | Aula 9 |
19.01.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 1 |
19.01.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 1 |
19.01.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 5 |
19.01.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 5 |
19.01.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 6 |
19.01.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 6 |
19.01.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 7 |
19.01.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 7 |
29.06.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 4 |
29.06.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 4 |
29.06.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 5 |
29.06.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 5 |
29.06.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 6 |
29.06.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 6 |