Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os distintos trastornos que poden presentar as persoas en relación co seu desenvolvemento evolutivo.
• Detectar-diagnosticar as necesidades das persoas basándose en diferentes procedementos e instrumentos.
• Coñecer os principais modelos para deseñar e implementar a avaliación e intervención psicoeducativas nos distintos trastornos do desenvolvemento.
• Manexar estratexias de asesoramento dirixidas tanto aos profesores para facilitar a atención a diversidade como as familias e en concreto ao desenvolvemento e ás características das persoas con trastornos do desenvolvemento.
• Planificar, deseñar e implementar programas e intervencións no ámbito educativo e familiar.
BLOQUE I: MARCO TEÓRICO-CONCEPTUAL
Tema 1: Trastornos do Desenvolvemento. Aspectos conceptuais.
Tema 2: A intervención nos Trastornos do Desenvolvemento no ciclo vital
BLOQUE II: PRINCIPAIS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO.
Tema 3: Discapacidade intelectual.
Tema 4: Trastorno do Espectro do Autismo.
BLOQUE III: DISCAPACIDADES SENSORIAIS E MOTORAS
Tema 5: Os trastornos visuais: aspectos evolutivos e educativos.
Tema 6: Os trastornos auditivos: aspectos evolutivos e educativos.
Tema 7: Os trastornos motóricos: aspectos evolutivos e educativos.
Para cada un dos temas, colgarase na aula virtual Moodle lecturas complementarias consistentes en guías, artigos ou algún capítulo dos máis relevantes da bibliografía básica e complementaria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Artigas-Pallarés &Narbona (2011). Trastornos del neurodesarrollo. Viguera,
Ezpeleta, L. (2014). Psicopatología del desarrollo (1 ed.). ES: Ediciones Pirámide.
López -Justicia, M.D. & Polo-Sánchez, M.T. (2015). Trastornos del desarrollo infantil. Ediciones Pirámide
Marchesi, A., Coll, C., & Palacios, J. (2014). Desarrollo psicológico y educación.: 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Alianza Editorial
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
American Psychiatric Association (2013). Diagnostic and statistical manual of mental disorders (5ª ed.) DSM-5. American Psychiatric Publishing
Asociación Americana de Discapacidades Intelectuales y del Desarrollo (AAIDD) (2011). Discapacidad intelectual. Definición, clasificación y sistemas de apoyo. Alianza Editorial.
Barón-Cohen, S. (2010). Autismo y síndrome de Asperger. Alianza.
Buceta, M. J. (coord). (2011). Manual de Atención Temprana. Editorial Síntesis
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (2019). Protocolo para la atención educativa al alumnado con discapacidad auditiva. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
García, J.M., Pérez, J., & Berruezo, P.P. (2005). Discapacidad intelectual. Desarrollo, comunicación e intervención. CEPE. Latorre, A. & Bisetto, D. (2009). Trastornos del desarrollo motor. Pirámide.
López-Justicia, M.D. (2004). Aspectos evolutivos y educativos de la deficiencia visual. Netbiblo.
Pérez-Pereira, M. (2019). Dificultades sensoriales y desarrollo del lenguaje. En E. Aguilar-Mediabvialla y A. Igualada (eds), Dificultades del lenguaje en los trastornos del desarrollo (Vol. I: Pérdida sensorial y daño neurológico). UOC
Pérez-Pereira, M. & Conti-Ramsden, G. (2020). Language Development and Social Interaction in Blind Children. Psychology Press. Rivière, A. (2005). Autismo. Orientaciones para la intervención educativa. Trotta.
Verdugo, M.A. (Dir.) (2005). Personas con discapacidad. Perspectivas psicopedagógicas y rehabilitadoras. Pirámide
Verdugo, M.A. (Dir.) (2009). Discapacidad intelectual: adaptación social y problemas de comportamiento. Pirámide.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostren poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén alguns aspectos que
implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan mostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudiantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respeto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios del respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de síntese.
CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais.
CT4 - Capacidade de autocrítica.
CT5 - Capacidade de comunicación.
CT6 -Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE3 - Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade y anormalidade.
CE6 - Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía.
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saude, social, educativo.
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica.
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizaciones e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e
Comunitaria.
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os resultados obtidos.
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15 - Saber axustarse ás obligacións deontolóxicas da Psicoloxía.
A metodoloxía a empregar conxuga o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, potenciando o traballo autónomo do estudante. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizaxes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado no servicios na aula virtual.
As actividades que se realizarán nas clases interactivas irán dirixidas a profundizar en conceptos e procedementos concretos na intervención nos distintos Trastornos do Desenvolvemento. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudados da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados o alumnado nas correspondentes sesións de clase e na aula virtual. “En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
A cualificación global (100%) do estudante na materia procederá dos distintos traballos de curso que se enmarcan nun sistema de avaliación continua que constará:
-TAREFAS INDIVIDUAIS: Un 60% (6 puntos) da nota final provirá dos resultados de distintas tarefas de carácter individual:
-Probas de avaliación de contidos (40%, 4 puntos). Consistirá na realización de dúas probas tipo test presenciais durante o curso en horario de clases. Deberase aprobar ambas probas para superar esta parte da avaliación continua. Se non se supera algunha das probas implicará un suspenso na avaliación continua, polo que a nota que constará na acta da convocatoria ordinaria (xuño) será de suspenso coa cualificación correspondente á parte (avaliación de contidos ou tarefas grupais) na que teña máis puntuación.
-Presentación individual complementaria (20%, 2 puntos). Propoñerase a realización dunha tarefa individual que poderá consistir nunha presentación audiovisual, un informe escrito, unha presentación oral, un poster…sobre algún caso/trastorno da materia. Non será obrigatoria a realización desta tarefa para poder superar a materia.
-TAREFAS GRUPAIS: Un 40% (4 puntos) da nota final provirá dos resultados das distintas tarefas de carácter grupal que se farán nas clases interactivas. Estas tarefas poderán consistir en tarefas de procura bibliográfica, detección e análise de síntomas, realización de informes, propostas de intervención… A realización e entrega destas tarefas é OBRIGATORIA para superar a materia, debendo ter un mínimo de 2 puntos para que se poida sumar ao resto das puntuacións. Deberanse entregar todas as tarefas dentro dos prazos indicados. Entregalas dentro das 24horas posteriores ao prazo indicado suporá unha penalización do 25% da nota. Non se admitirá, e por tanto non se puntuarán, as tarefas cun atraso maior, o que implicará o suspenso nesta parte a materia. A puntuación total das tarefas grupais será corrixida, proporcionalmente, en función da avaliación que os compañeiros fagan de PARTICIPACIÓN no grupo. A ASISTENCIA será un requisito indispensable nesta parte da materia. No caso de que non se poida asistir, só se xustificarán as faltas debidamente acreditadas. As faltas de asistencia debidas a situacións dificilmente xustificables (nas que non conste o preciso documento acreditativo) penalizarán sobre a puntuación das tarefas grupais aumentando a súa penalización progresivamente e da seguinte forma: primeira falta -0,25 puntos, segunda falta -0,5 puntos, terceira falta -1 punto… cuarta falta -2 puntos, máis de 4 faltas sen xustificar suporá un 0 nas tarefas grupais. Por tanto, con 3 faltas sen xustificar será moi difícil superar esta parte da materia e 4 ou máis faltas suporá o suspenso nas tarefas grupais.
En caso de non superar as probas de avaliación de contidos e/ou tarefas grupais e/ou a suma das notas da avaliación continua non sexa suficiente para superar a materia (mínimo 5 puntos), a puntuación na convocatoria ordinaria será de suspenso coa puntuación obtida máis próxima a 5. O alumnado poderá presentarse a un exame final complementario á avaliación continua na convocatoria extraordinaria (Julio) no que poderá conseguir 6 puntos como máximo. Será necesario que se obteña un mínimo de 3 puntos sobre 6 para superar este exame. A esta puntuación poderase sumar a puntuación obtida nas tarefas grupais da avaliación continua. En caso de non superar a puntuación mínima nas tarefas grupais da avaliación continua, na 2ª oportunidade o alumnado deberá entregar na data que se determine para a realización do exame oficial, aquela tarefa ou tarefas que se determinen.
A cualificación de “Non presentado” darase a aqueles estudantes que non se presentasen ao exame nin realizaran ningunha das actividades propostas.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/ as alumnos/as poderán solicitar DISPENSA DE ASISTENCIA ou EXENCIÓN DE DOCENCIA. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado nos primeiros 15 días de curso para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia. As directrices poderán pactarse tendo en conta as particularidades das circunstancias de cada alumno ou alumna. Con todo, unha alternativa será:
- 60% (6 puntos) Exame tipo test presencial a realizar nas convocatorias oficiais ordinaria e/ou extraordinaria da materia. Deberase obter 3 puntos sobre 6 para poder sumar o resto das puntuacións.
- 40% (4 puntos) Traballos de curso: resultado das distintas tarefas individuais que, neste caso, entregaranse nas datas sinaladas. A entrega destas tarefas será OBRIGATORIA e deberá obter un mínimo de 2 puntos para superar a materia.
“En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptarse a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidad (ver Observacións).”
A materia ten en torno a 48 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas, actividades en grupo mediano en seminarios, titorías, actividades de avaliación formativa e exame. Estímase que o alumnado deberá dedicar 102 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo lectura de materiais, elaboración de informes e traballos, e horas de estudo
Recomendacións Previas: Será recomendable que o alumnado teña superado e estableza relacións cos coñecementos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento I e II, Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación, e Dificultades no Desenvolvemento e a Aprendizaxe.
Recomendacións para superar a materia: 1. Asistencia e implicación activa na dinámica de clase. 2. Interese polo estudo da disciplina en relación coa titulación. 3. Dominio básico da lingua inglesa. 4. Posuír certos rudimentos informáticos como o manexo dun procesador de textos e de Internet, así como outras ferramentas e programas informáticos. 5. Realización puntual dos traballos. 6. Seguimento continuado da materia. 7. Busca de claridade e organización dos coñecementos.
NOTA: Co comezo da materia, facilitarase ao alumnado a guía docente, onde se ampliará a información contida neste programa
“Plan de continxencia atendendo á situación sanitaria”
No caso de que a situación sanitaria requira adaptarnos aos Escenarios de traballo 2 ou 3, realizaranse os seguintes axustes neste programa:
a. Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
- A docencia expositiva realizarase totalmente de forma virtual. As clases presenciais de expositivas utilizaranse para debatir, reflexionar, resolver dúbidas e afianzar os contidos explicados de forma virtual.
- As distintas probas de avaliación de contidos realizaranse de forma presencial.
- As clases interactivas manteranse como se explicaron, podendo transformar ata o 50% a clase telemática (sincrona e/ou asíncrona) a través de MS Teams, mantendo os horarios programados.
- As titorías realizaranse de forma telemática, con cita previa.
b. Escenario 3. Peche das instalacións
- A docencia expositiva desenvolverase de forma virtual asíncrona a través de MS Teams.
- As distintas probas de avaliación de contidos realizaranse de forma telemática a través do campus virtual de Moodle.
- A docencia interactiva desenvolverase de forma virtual asíncrona e síncrona a través de MS Teams.
- As titorías realizaranse de forma telemática, con cita previa.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Outra información importante:
1. Posto que a USC é unha Universidade Presencial, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase, á marxe daqueles alumnos con dispensa de asistencia.
2. O alumnado con dispensa de asistencia deberá respectar as datas de entrega de traballos establecidas pola profesora, e é recomendable e necesario que manteñan un contacto coa mesma a través das titorías, aula virtual, correo, etc., para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma.
3. É obrigatorio a consulta por parte do alumnado do correo rai.
4. É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
5. Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo como instrumento de traballo seguindo as indicacións da docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
6. Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases, titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado.
7. Debe cumprirse a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Cristina Lojo Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813908
- Correo electrónico
- cristina.lojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Nieto Vieites
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo A | Castelán | Aula 8 |
10:15-11:30 | Grupo B | Castelán | Aula 9 |
Martes | |||
09:00-10:15 | Grupo B | Castelán | Aula 9 |
10:15-11:30 | Grupo A | Castelán | Aula 8 |
27.05.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 1 |
27.05.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 1 |
27.05.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 5 |
27.05.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 5 |
27.05.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 6 |
27.05.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 6 |
27.05.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 7 |
27.05.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 7 |
06.07.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 4 |
06.07.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 4 |
06.07.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 5 |
06.07.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 5 |
06.07.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 6 |
06.07.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 6 |