Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Presentar algunhas das variables, estruturas e procesos que están a incidir no comportamento das persoas.
2. Poñer de manifesto a relevancia do contexto na explicación do comportamento.
3. Explicar algunha das estruturas e procesos cognitivos que están a incidir na percepción da realidade e no comportamento social.
4. Mostrar o carácter distintivo do nivel de análise psicosocial para analizar o comportamento humano.
Contidos Teóricos:
1. Introdución: a ciencia da persoa e a sociedade.
2. Percepción de persoas e explicación das súas accións.
3. Cognición social.
4. O Self.
5. Natureza das actitudes.
6. Cambio de actitudes.
Contido para as sesións interactivas:
1. Importancia da situación para a análise da conduta humana.
2. Explicando o comportamento (atribución causal).
3. Consecuencias das actitudes negativas.
4. Medida das actitudes.
5. Comunicación e persuasión.
6. Aplicando a psicoloxía social á vida diaria.
Manual Básico:
Sabucedo, J.M. y Morales, J. F. (2015). Psicología Social. Madrid: Editorial Médica Panamericana (Disponible en su versión electrónica en https://www.medicapanamericana.com/mx/libro/psicologia-social-sabucedo-…)
Outras referencias para utilizar:
International Journal of Social Psychology. https://www.tandfonline.com/toc/rrps20/current
Journal of Personality and Social Psychology. https://www.apa.org/pubs/journals/psp/
Outros manuais:
Gaviria, E., López, M. y Cuadrado, I. (2019). "Fundamentos de psicología social. Madrid: Sanz y Torres.
Morales, J.F. (2007). Psicología Social. Madrid: McGraw Hill.
Moya, M., y Rodríguez-Bailón, R. (2011). Fundamentos de Psicología Social. Madrid: Pirámide.
Hogg, M. y Vaughan, G.M. (2010). Psicología Social. Madrid: Editorial Médica Panamericana
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
- Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- Coñecer as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
- Coñecer os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
- Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
- Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
- Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
- Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
- Que o alumnado coñeza e comprenda a influencia da interacción e dos elementos contextuais no comportamento.
- Que o alumnado comprenda o carácter distintivo do nivel de análise psicosocial para analizar o comportamento humano.
- Que o alumnado coñeza e comprenda o funcionamento dos procesos psicosociais básicos e a súa incidencia no comportamento.
- Fomentar a adquisición de valores de respecto e igualdade, desde o estudo dos estereotipos e a discriminación.
Combinaranse as seguintes metodoloxías:
Sesións expositivas. Nelas farase fincapé nos contidos relevantes para cada tema teórico, co apoio de tecnoloxías existentes na aula.
Sesións interactivas. Estas actividades salientarán o traballo en grupo para fomentar tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas. Nestas sesións comprobaranse as destrezas na aplicación de conceptos relevantes para a disciplina, así como a capacidade de análise e reflexión crítica.
Tamén haberá a posibilidade de seguir as sesións interactivas mediante a realización dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo. Neste caso, o alumnado deberá poñer en práctica os contidos teóricos nunha situación real colaborando cunha organización do terceiro sector.
Tanto as sesións expositivas como interactivas farán uso de distinto material (audiovisual e escrito) para profundar nas habilidades de achegamento ao material psicosocial publicado e resaltar a importancia do contexto na configuración do comportamento humano. Segundo o caso, darase información sobre respostas e réplicas de experimentos clásicos de psicoloxía social, seguidos de comentarios e resultados actuais relevantes sobre esas temáticas, e de casos da vida cotiá onde estas se manifestan.
Parte teórica:
Faranse avaliacións periódicas (tipo test), así como diversas probas na aula para comprobar coñecementos por cada tema impartido, así como un exame final, en data aprobada por Xunta de Facultade. Para aprobar a materia é requisito aprobar esta parte da avaliación. A nota nesta parte supoñerá o 60% da cualificación final do/a estudante.
Parte interactiva:
Requírese unha asistencia mínima a 5 das sesións interactivas programadas. A súa avaliación, que suporá un 40% da cualificación final, farase en función da asistencia ás sesións e ao traballo desenvolvido nas mesmas. Requiren tanto traballo individual como grupal.
En caso de dispensa de asistencia a clase: a parte teórica pódese preparar atendendo aos materiais e tarefas que se incluirán no campus virtual e ao manual recollido na bibliografía básica, tendo que realizar o exame final en data aprobada pola xunta de facultade. A parte interactiva consistirá nun informe práctico relacionado cos contidos da materia que estará dispoñible no campus virtual.
O/a estudante debe dedicar un total de 150 horas, das cales 51 serán presenciais e 99 serán de traballo máis personalizado.
Horario de titorías do profesorado desta materia:
Cristina Gómez Román:
Lunes, mércores e xoves de 8h a 10h
Mauro Rodríguez Casal:
Luns, mércores e xoves de 10.00h a 12.00h
Mauro Lucio Rodriguez Casal
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813765
- Correo electrónico
- mauro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Gómez Roman
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813796
- Correo electrónico
- cristina.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo B | Galego | Aula 1 |
10:15-11:30 | Grupo A | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:15 | Grupo B | Galego | Aula 1 |
10:15-11:30 | Grupo A | Galego | Aula 2 |
02.06.2023 09:30-12:00 | Grupo B | Aula 1 |
02.06.2023 09:30-12:00 | Grupo A | Aula 1 |
02.06.2023 09:30-12:00 | Grupo B | Aula 2 |
02.06.2023 09:30-12:00 | Grupo A | Aula 2 |
02.06.2023 09:30-12:00 | Grupo A | Aula 3 |
02.06.2023 09:30-12:00 | Grupo B | Aula 3 |
02.06.2023 09:30-12:00 | Grupo B | Aula 7 |
02.06.2023 09:30-12:00 | Grupo A | Aula 7 |
05.07.2023 09:30-12:00 | Grupo A | Aula 1 |
05.07.2023 09:30-12:00 | Grupo B | Aula 1 |
05.07.2023 09:30-12:00 | Grupo B | Aula 2 |
05.07.2023 09:30-12:00 | Grupo A | Aula 2 |
05.07.2023 09:30-12:00 | Grupo A | Aula 3 |
05.07.2023 09:30-12:00 | Grupo B | Aula 3 |