Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CONTEXTUALIZACIÓN
A materia Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos na Infancia e a Adolescencia está enfocada a adquirir coñecementos teóricos e aplicados básicos que permitan ao alumno adquirir unha serie de competencias para levar a cabo a avaliación e o tratamento dos problemas psicolóxicos máis frecuentes nos nenos e os adolescentes.
OBXECTIVOS
1. Adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas sobre a avaliación dos principais problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes.
2. Adquirir coñecementos, actitudes, habilidades, e destrezas sobre o tratamento cognitivo-conductual dos principais problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes.
Bloque I: Aspectos históricos-conceptuais
Tema 1. Evolución histórica e desenrolo da psicoloxía clínica infantil
Tema 2. Características da avaliación e do tratamento psicolóxico na infancia e na adolescencia
Bloque II: Avaliación e tratamento psicolóxico dos principais trastornos clínicos da infancia e da adolescencia
Tema 3. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos de ansiedade
Tema 4. Avaliación e tratamento psicolóxico na depresión
Tema 5. Avaliación e tratamento psicolóxico dos problemas de conduta
Tema 6. Avaliación e tratamento psicolóxico da hiperactividade
Tema 7. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos do sono
Tema 8. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos de conduta alimentaria
Tema 9. Avaliación e tratamento psicolóxico das condutas aditivas
Bibliografía básica
Caballo, V. y Simón, M. A. (2001/2004/2016). Manual de psicología clínica infantil y del adolescente: Trastornos generales. Madrid: Pirámide.
Vallejo, M. A. (1998). Manual de terapia de conducta (Vol II). Madrid: Dykinson.
Bibliografía complementaria
Bragado, C. (1999). Enuresis infantil. Un problema con solución. Madrid: Pirámide.
Buela-Casal G. y Sierra, J. (2001). Los trastornos del sueño: evaluación, tratamiento y prevención en la infancia y la adolescencia. Madrid: Pirámide.
Buendía, J. (2005). Psicopatología en niños y adolescentes: Desarrollos actuales. Madrid: Pirámide
*Comeche, Mª. I. y Vallejo, M. A. (2016, 3ª edic.). Manual de terapia de conducta en la infancia. Madrid: Dykinson.
Echeburúa, E. y Corral, P. (2009). Trastornos de ansiedad en la infancia y adolescencia. Madrid: Pirámide.
Fernández-Zúñiga, A. y De León, M. (2014). Habilidades del terapeuta de niños y adolescentes. Madrid: Pirámide.
*Fonseca Pedrero, E. (2021). Manual de tratamientos psicológicos: Infancia y adolescencia. Ed. Pirámide
García Vera, M.P. y Sanz, J. (2016). Tratamiento de los trastornos depresivos y de ansiedad en niños y adolescentes. Pirámide.
Gavino, A. (1998). Problemas de alimentación en el niño: Manual práctico para su prevención y tratamiento (2ª. ed.). Pirámide.
Herbert, M. (1987). Los problemas de los niños. Una guía práctica para prevenirlos o tratarlos. Barcelona: Planeta.
Larroy, C. y Puente, M.L. (1997). El niño desobediente. Estrategias para su control (3ª. ed). Madrid: Pirámide.
Macià, D. (2002). Problemas cotidianos de la conducta en la infancia. Madrid: Pirámide.
Macià, D. (2003). Un adolescente en mi vida. Madrid: Pirámide.
Méndez, F. X. (1998). El niño que no sonríe: estrategias para superar la tristeza y la depresión infantil. Pirámide.
Méndez, F. X. (1999). Miedos y temores en la infancia. Pirámide.
Méndez, F.X., Espada, J.P. e Orgilés, M. (Coord.) (2006). Terapia Psicológica con niños y adolescentes: Estudio de casos clínicos. Madrid: Pirámide
Méndez, F.X. y Macià, D. (1990). Modificación de conducta con niños y adolescentes. Libro de casos. Madrid: Pirámide.
Míguez, M.C. (2006). Emociones y sentimientos. Nova Galicia Edicións.
Moreno, I. (1998). Hiperactividad: prevención, evaluación y tratamiento (3ª. ed.). Pirámide.
*Moreno, I. (2002). Terapia de conducta en la infancia: guía de intervención. Pirámide.
Pérez, M., Fernández Hermida, J.R., Fernández, C. , Amigo, I. (2003). Guía de tratamientos psicológicos eficaces III. Infancia y adolescencia. Madrid: Pirámide.
Servera, M. (2002). Intervención en los trastornos del comportamiento infantil: una perspectiva conductual de sistemas. Pirámide.
Stallard, P. (2007). Pensar bien-sentirse bien. Manual práctico de terapia cognitivo-conductual para niños y adolescentes. Bilbao: Desclée de Brouwer.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN
• Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
• Coñecer as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
• Coñecer os procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
• Coñecer os métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propia da Psicoloxía.
• Coñecer os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo.
• Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
• Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
• Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitario.
• Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
• Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios e avaliar os seus resultados.
• Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
• Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
• Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Coñecemento (coñecer e comprender)
• Incorporar os modelos condutual e cognitivo-conductual á comprensión do comportamento dos nenos e os adolescentes.
• Incorporar algunhas das leis básicas que rexen o funcionamento dos distintos procesos psicolóxicos (aprendizaxe, motivación, emoción, etc.) ao tratamento psicolóxico en nenos e adolescentes.
• Incorporar o coñecemento sobre os procesos e etapas do desenvolvemento psicolóxico ata a adolescencia tardía, en canto á súa normalidade e anormalidade, ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
• Incorporar o coñecemento sobre as bases biolóxicas da conduta e das funcións psicolóxicas ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
• Incorporar os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
• Incorporar os métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propia da psicoloxía á análise da eficacia dos tratamentos psicolóxicos nos problemas psicolóxicos dos nenos e adolescentes.
• Coñecer e comprender as particularidades dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en nenos e adolescentes.
Habilidades e destrezas
• Identificar as necesidades e demandas dos nenos e adolescentes na esfera persoal, familiar, escolar, etc. e fixar os obxectivos terapéuticos relevantes para cada caso.
• Identificar as características do comportamento dos nenos e adolescentes mediante a entrevista e outros procedementos da avaliación psicolóxica (observación, cuestionarios, etc.).
• Desenvolver programas de prevención e promoción da saúde mental en nenos e adolescentes.
• Seleccionar e aplicar técnicas de diagnóstico, avaliación e tratamento psicolóxico a distintos problemas psicolóxicos dos nenos e adolescentes.
• Definir os obxectivos terapéuticos, seleccionar as técnicas idóneas en cada caso, planificar e estruturar o curso e desenvolvemento do tratamento, e avaliación dos resultados obtidos.
• Comunicar de forma apropiada ao neno/adolescente os resultados da súa avaliación, así como aos seus pais ou os seus titores legais.
• Ler comprensivamente e extraer información relevante de casos clínicos sobre distintos problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes, e comunicala por escrito aos clientes, aos seus pais e aos distintos profesionais (psiquiatra, mestre, etc.).
• Identificar aspectos éticos e deontolóxicos implicados na práctica terapéutica con nenos e adolescentes.
Sesións expositivas. A súa finalidade será a de introducir os contidos teóricos fundamentais dos temas do programa. En estas sesións facilitarase a bibliografía básica e complementaria para cada tema.
Sesiones interactivas. A súa finalidade é a de levar a cabo distintas actividades aplicadas relacionadas cos temas da materia. Realizarase análisis de casos clínicos ou de documentación audiovisual e outras actividades prácticas tales como informes, diseño e planificación do proceso de avaliación e intervención de casos, entrenamento de distintas habilidades a través de xogo de roles, e prácticas de entrevista e de entrenamiento en relaxación, entre outras, con un neno/adolescente.
A avaliación dos coñecementos en relación aos contidos da materia levarase a cabo cun exame tipo test de tres opcións de resposta por pregunta, das cales só unha é a verdadeira. A corrección do exame segue a fórmula [n.º de acertos - (n.º de erros/ 2)].
As prácticas (sesións interactivas e actividades prácticas) avaliaranse a través do traballo realizado nas mesmas (informes e/ou participación activa).
A cualificación final da materia será a suma das notas obtidas no exame ou proba final (70%) e da realización de todas as actividades prácticas que se considerarán avaliación continua formativa (30%).
No caso de non presentarse ó exame, a nota será de Non Presentado.
No caso de alumnado con dispensa de asistencia a clase a avaliación farase en base á nota que obteña no exame máis as actividades prácticas non presenciais que fixera.
Esta materia consta de 4,5 créditos, o que supón un total de 112,5 horas de traballo do alumno, que se distribúen do seguinte xeito:
Ademáis das 39,5 horas a actividades presenciais (docencia e avaliación), estímase en aproximadamente 73 horas o traballo non presencial: 48 horas para a lectura e estudo dos materiais e 25 horas para a preparación de actividades prácticas.
- Asistir regularmente ás actividades presenciais da materia
- Participar e implicarse activamente nas clases.
- Levar ao día a materia e realizar as actividades que se programen.
Horario de titorías (1º cuadrimestre): mércores de 12 a 14 horas e de 18 a 19 horas; venres de 11 a 12 horas e de 13 a 15 horas.
María Del Carmen Míguez Varela
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813740
- Correo electrónico
- mcarmen.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
11.01.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
11.01.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
11.01.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
10.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
10.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
10.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |