Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coa docencia da materia de Deseños de Investigación en Psicoloxía pretendese conseguir os seguintes obxectivos:
• Coñecer a terminoloxía básica propia das distintas modalidades de investigación en Psicoloxía.
• Adquirir os coñecementos básicos sobre os diferentes métodos e deseños de investigación en Psicoloxía.
• Introducir ao estudantado na filosofía de investigación, de xeito que aprenda a planificar e estruturar traballos de investigación, elixindo o método, o deseño e as técnicas máis axeitadas.
• Ler e analizar de forma crítica informes ou comunicacións científicas.
Bloque I. O proceso de investigación en Psicoloxía
Tema 1. Métodos e deseños de investigación científica en psicoloxía
Bloque II. Metodoloxía experimental
Tema 2. O experimento. Fases. O control da varianza
Tema 3. Deseños intergrupos. Características, Tipos e Técnicas de análise de datos. Elaboración do informe de investigación
Tema 4. Deseños intragrupo. Características, Tipos e Técnicas de análise de datos. Elaboración do informe de investigación
Bloque III. Investigación cuasiexperimental
Tema 5. Concepto. Deseños cuasiexperimentais. Deseños de replicación intrasuxeito
Bloque IV. Metodoloxía selectiva
Tema 6. Concepto. Características e deseños selectivos. Técnicas de mostraxe
Tema 7. Técnicas de recollida de datos
Bloque V. Metodoloxía observacional
Tema 8. Concepto e características. Codificación e rexistro
En las sesiones interactivas se abordarán, de manera práctica, los contenidos trabajados en las sesiones expositivas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BONO, R. e ARNAU, J. (2014). Diseños de caso único en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Ed. Síntesis.
FERRACES, M.J., GODÁS, A. e GARCÍA, J. (2019). Cómo realizar un estudio científico en Ciencias Sociales, de la Educación y de la Salud. Madrid: Dykinson.
GAMBARA, H. (2016). Métodos de Investigación en Psicología y Educación: libro de prácticas. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España.
LEÓN, O. G. e MONTERO, I. (2020). Métodos de Investigación en Psicología y Educación. Las tradiciones cuantitativa y cualitativa. 4ª edición revisada. Madrid: McGraw-Hill España.
QUINTANILLA, L., GARCÍA-GALLEGO, C., RODRÍGUEZ, R., FONTES, S. e SARRIÁ, E. (2020). Fundamentos de investigación en Psicología. Madrid: U.N.E.D.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ANGUERA, M.T., ARNAU, J., ATO, M., MARTÍNEZ, M.T., PASCUAL, J. e VALLEJO, G. (1995). Métodos de investigación en Psicología. Madrid: Ed. Síntesis.
BARLOW, D.H. e HERSEN, M. (1988). Diseños experimentales de caso único. Barcelona: Martínez Roca.
CEA D'ANCONA, M.A. (2010). Métodos de encuesta. Teoría y práctica, errores y mejora. Madrid: Editorial Síntesis.
CEA D’ANCONA, M.A. (2012). Fundamentos y aplicaciones en metodología cuantitativa. Madrid: Editorial Síntesis
FERRACES, M.J. y ANDRADE, E.M. (2015). Diseño de experimentos y análisis de varianza. Esquema para las Ciencias de la Salud. Santiago: Andavira Editora
FISHER, R.A. (1925). Statistical methods for research workers. Londres: Oliver and Boyd.
KIRK R.E. (1982). Experimental design. Procedures for the behavioral sciences (2ª ed.). Belmont, CA: Brooks/Cole.
MARTÍNEZ, R. e MORENO, R. (2014). Cómo plantear y responder preguntas de manera científica. Madrid: Editorial Síntesis.
ROJAS, A.J., FERNÁNDEZ, J.S. e PÉREZ, C. (1998). Investigar mediante encuestas. Fundamentos teóricos y aspectos prácticos. Madrid: Ed. Síntesis.
WINER, B.J., BROWN, D.R. e MICHELS, K.M. (1991). Statistical principles in experimental design (3ª ed.). New York, NY: McGraw-Hill.
Competencias Básicas e Xerais da titulación ás que contribúe a materia:
CX1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais da titulación ás que contribúe a materia:
CT1 - Capacidade de síntese.
CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais.
CT4 - Capacidade de autocrítica.
CT5 - Capacidade de comunicación.
CT6 - Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE6 - Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía.
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-.
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e de saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitario.
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os resultados obtidos.
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15 - Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Nas SESIÓNS EXPOSITIVAS exporanse (abordaranse, explicaranse) os diferentes temas dos que consta o programa (temas 1 a 8), distribuídas ao longo do segundo semestre en dúas sesións semanais, cunha duración de 1h 10m.
SESIÓNS INTERACTIVAS cuxa finalidade será complementar os contidos das clases expositivas mediante aplicacións ou supostos prácticos. Nestas sesións a metodoloxía será activa e participativa, e tratarase de fomentar unha aprendizaxe significativa por parte do estudantado. Ademais, irase proporcionando avaliación formativa e retroinformación in situ, modelando, apoiando e guiando ao estudantado na resolución dos supostos prácticos. Desenvolveranse nun laboratorio da Facultade con dotación informática, no que se traballará co paquete estatístico SPSS. Estas sesións terán unha duración de 1:30h horas.
Para o seguimento das clases expositivas e interactivas os/as estudantes disporán de material de apoio elaborado polas profesoras e outros documentos que serán facilitados, coa suficiente antelación, na aula virtual da materia. Asemade, poderán consultar a bibliografía básica de acceso libre ou ben con formato electrónico, dispoñible a través dos servizos da biblioteca da Facultade.
As actividades de traballo autónomo inclúen:
a) Lectura de materiais, tanto básicos como complementarios.
b) Resolución de exercicios e casos prácticos.
c) Horas de estudo individual para a axeitada adquisición de competencias.
d) Rastrexo e busca de información en internet.
Ao rematar o curso farase un exame final, na data sinalada na convocatoria oficial. O devandito exame constará de dúas partes: a primeira delas será unha proba obxectiva onde se avaliarán os contidos teóricos, mentres que na segunda parte avaliaranse os contidos prácticos da materia. Para superar a materia será imprescindible aprobar a parte teórica, así como a parte práctica (de xeito independente).
Os/as estudantes que teñan concedida a exención de docencia ou dispensa de asistencia terán o mesmo sistema de avaliación que os restantes estudantes, nas datas oficialmente sinaladas.
De acordo coa Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC, a realización fraudulenta do exame final implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a.
A materia consta de 6 créditos (ECTS), o que se corresponde cun total estimado de 150 horas de traballo do/da estudante, repartidas do seguinte modo:
- Asistencia a actividades presenciais y/o virtuais (docencia, avaliación): 53 horas.
- Traballo non presencial: 97 h. Este deberá distribuírse en preparación previa para o seguimento das clases, lecturas, resolución de exercicios e estudo de materiais.
A ASISTENCIA A CLASES EXPOSITIVAS E INTERACTIVAS resulta fundamental para a comprensión dos contidos traballados na materia e para poder alcanzar os obxectivos da asignatura, se ben non terá valoración na avaliación.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/DA ESTUDANTE. Ademais da asistencia ás actividades formativas indicadas anteriormente, o/a estudante deberá dedicar un tempo á lectura de materias complementarios, á realización de exercicios prácticos, e ao estudo dos contidos que se vaian desenvolvendo ao longo do curso. É preciso que o estudantado domine os contidos teóricos necesarios para o adecuado desenvolvemento e aproveitamento das sesións interactivas.
TITORÍAS: as profesoras da materia están dispoñibles en titorías (a través dos medios, lugares e horas que se indicarán ao comezo do curso) para atender dúbidas e cuestións respecto do desenvolvemento da asignatura e os seus contidos.
Coñecemento das técnicas básicas de análise de datos e a súa execución no paquete SPSS.
Participación activa na aula.
É fundamental levar a materia ao día e revisar o contido que posteriormente será abordado en clase.
Uso da titoría para clarificar as posibles dúbidas.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que se poidan derivar dun emprego non adecuado do mesmo.
Maria Teresa Braña Tobio
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813770
- Correo electrónico
- teresa.brana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Gómez Salgado
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813929
- Correo electrónico
- patricia.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 2 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
09:00-10:15 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 1 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 2 |
18.05.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
18.05.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
18.05.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
18.05.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
18.05.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
18.05.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
18.05.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |
18.05.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
26.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
26.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
26.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
26.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |