Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Adquirir un repertorio de coñecementos e información sobre os principais procesos implicados na xestión do comportamento organizacional.
* Adquirir unha progresiva toma de conciencia da importancia do factor humano na organización.
* Adquirir unha serie de coñecementos introdutorios sobre os métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de avaliación e de intervención nas organizacións.
* Adquirir hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación dos problemas sobre os que terá que intervir para contribuír á súa solución.
1. O conflito e a xestión do conflito.
1.1. O conflito organizacional: un marco de referencia.
1.2. O proceso de conflito e fases.
1.3. A xestión do conflito.
2. O poder nas organizacións
2.1. A conceptualización do proceso de poder.
2.2. Bases e fontes do poder.
2.3. A xerarquía e a dirección do poder
3. Socialización e cultura
3.1. Introdución: a incorporación nas organizacións.
3.2. Etapas do proceso de Socialización.
3.3. Aspectos que configuran a Cultura Organizacional.
3.4. Funcións e tipos de cultura nas organizacións.
4. A estrutura organizacional.
4.1. Conceptualización da estrutura. A estrutura formal.
4.2. As configuracións da estrutura.
4.3. O impacto da estrutura no comportamento individual e grupal.
5. O cambio organizacional.
5.1. O cambio organizacional: as forzas promotoras do cambio.
5.2. As fases do cambio e implicacións.
5.3. O fenómeno da resistencia.
5.4. Estratexias do cambio organizacional.
6. A saúde laboral.
6.1. O marco normativo: a Lei de Prevención de Riscos Laborais.
6.2. Condicións de traballo e factores psicosociais.
6.3. Xestión da prevención. Identificación das fontes do estrés laboral.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Montes, C. (2024). Desafíos contemporáneos en los entornos laborales. Pirámide. [SIGNATURA: PS15 159]
- Robbins, S.P. y Judge, T.A. (2017). Comportamiento Organizacional (17ª ed.). Pearson. [SIGNATURA: Q9 422 | Dispoñible en formato eBook]
- Robbins, S.P. y Judge, T.A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Pearson. [SIGNATURA: PE 1136 | Dispoñible en formato eBook]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Gil, F. y Alcover, C.M. (Coords.) (2014). Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Alianza editorial. [SIGNATURA: PS15 618 | Dispoñible en formato eBook]
- Gil-Monte, P. R. (2014). Manual de Psicosociología aplicada al trabajo y a la prevención de los riesgos laborales. Pirámide. [SIGNATURA: PS15 1043 | Dispoñible en formato eBook]
- Griffin, A. y Moorhead, G. (2010). Comportamiento Organizacional: Gestión de personas y organizaciones (9ª ed.). Cengage Learning. [SIGNATURA: PS15 1044 A]
- Luthans, F. (2008). Comportamiento Organizacional (11ª ed.). McGraw Hill. [SIGNATURA: PS15 999]
- Muchinsky, P.M . (2007). Psicología Aplicada al Trabajo. Thompson Learning. [SIGNATURA: Q10 49]
- Munduate. L. y Medina, F.J. (2013). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Pirámide. [SIGNATURA: PS14 2019 A | Dispoñible en formato eBook]
- Newstrom, J. (2015). Comportamiento humano en el trabajo (13ª Ed.). McGraw-Hill. [Dispoñible en formato eBook]
- Palací, F. J., Osca, A., Moriano, J. A. y Lisbona, A. (2016). Nuevas Perspectivas en Psicología de las Organizaciones (1ª Ed.). Sanz y Torres. [SIGNATURA: PS15 1065]
- Pereda Martín, S. (2008). Psicología del Trabajo: Teoría y práctica. Síntesis. [SIGNATURA: PS15 945]
- Spector, P. (2010). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. Manual Moderno. [SIGNATURA: PS15 41]
A súa vez, as/os estudantes terán a súa disposición, no Campus Virtual, diferentes seccións de apoio á docencia, nas que atoparán multitude de ferramentas e recursos.
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos
modelos teóricos da Psicoloxía
CE5 - Demostrar coñecementos e comprensión dos principios psicosociais que interveñen no comportamento dos
individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
CE6 - Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análises de datos propios
da Psicoloxía
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo.
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organización nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e das organización, grupal e comunitaria.
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
CE13 - Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15 - Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
A docencia da materia desenvolverase a través de diversos tipos de metodoloxías docentes:
1) Clases expositivas (a impartir en grupos de 75 estudantes aprox.), que están orientadas á capacitación das/dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluído no programa.
2) Clases interactivas (a impartir en grupos de 25 estudantes aprox.), que serán de dous tipos: (i) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empiricamente algúns dos procesos ou efectos explicados; e, (ii) as de carácter "instrumental", que teñen por obxecto dotar ás/aos estudantes (a un nivel elemental) das competencias de consultoría necesarias para aplicar en situacións reais as habilidades tratadas a nivel teórico.
3) Conferencias e palestras (para todas as/os matriculadas/os na materia), que buscan achegar ao estudantado á realidade da profesión.
4) Titorías personalizadas (en grupos reducidos).
Ademais, cada estudante terá a súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.
Os informes de prácticas e o informe de consultoría que as/os estudantes han de presentar ao longo do semestre, ademais de utilizarse como criterio de avaliación da aprendizaxe de contidos e destrezas instrumentais, permitirán obter información sobre a adquisición de habilidades de comunicación verbal (oral e escrita) e non verbal.
As actividades de avaliación continua, xunto coas titorías, permitirán a retroalimentación do progreso de cada estudante ao longo do semestre.
A avaliación final valorará o nivel de coñecementos adquirido respecto aos contidos do programa da materia.
A avaliación da adquisición de competencias e actitudes realizarase de forma continua, baseándose na participación e no rendemento do estudantado nas distintas tarefas programadas ao longo do semestre. De acordo co artigo 1 da Normativa de Asistencia ás Titulacións Oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, a asistencia considerarase un factor máis dentro do proceso de avaliación continua, especialmente no marco das dinámicas de grupo e das actividades interactivas. A participación activa do estudantado nas sesións presenciais contribuirá positivamente á cualificación global da materia, aínda que non se establecerá como un requisito obrigatorio para poder presentarse ao exame final. Porén, as faltas de asistencia non xustificadas suporán unha penalización de 0,20 puntos na cualificación final.
A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase de modo continuo, en función do desempeño das/dos estudantes nas tarefas programadas ao longo do semestre, tal e como estas queden reflectidas nos informes de prácticas e no informe de consultoría. A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición de coñecementos realizarase mediante un exame final.
A cualificación final de cada estudante na materia (máximo de 10.0) resultará do sumatorio das cualificacións obtidas no exame e nos informes de prácticas, de acordo coa seguinte táboa de valores:
* Informes de prácticas: entre 0.0 y 1.0 puntos.
* Informe de consultoría: entre 0.0 y 2.0 puntos.
* Exame final: entre 0.0 y 7.0.
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para estudantes repetidoras/es serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da convocatoria de xuño. No caso das/dos repetidoras/es, a puntuación obtida na avaliación continua gardarase durante outro curso académico máis.
As/os estudantes con dispensa da obriga de asistencia terán dereito á docencia e á titorización correspondente de forma non presencial, atendendo ás especificidades da materia. Para verificar a adquisición das competencias previstas, deberán acceder de forma periódica ao campus virtual e realizar as actividades de avaliación continua programadas, respectando o calendario de actividades proposto.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Do total de 112.5 horas de traballo previsto para que o estudante poida superar a materia, 42.5 horas destinaranse a actividades de tipo presencial, as restantes 70 horas dedicaranse a actividades non presenciais distribuídas de acordo co seguinte plan de traballo:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
* Clases expositivas: 28 horas.
* Clases interactivas: 10.5 horas.
* Titorías personalizadas: 1 hora.
* Exame final: 3 horas.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
* Lecturas previas ás clases interactivas e/ou expositivas: 15 horas.
* Elaboración de informes de prácticas: 15 horas.
* Preparación de exames: 40 horas.
A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; aportando tamén unha grande cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos organizacionais, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.
A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón no lo permita, adestrar habilidades básicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para poder intervir eficazmente no contexto organizacional.
Recoméndase non deixar para última hora a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das prácticas ou lecturas realizadas, co obxecto de poder entregalas dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas ao estudantado polas diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.
A/O estudante contará, en todo momento, co apoio e a titorización que necesite, por parte do profesorado da materia, para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fóra delas. Así pois, recoméndase que a/o estudante, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrece o horario de titorías:
*Carlos Montes Piñeiro (Despacho 91 - 2º piso, Módulo B): Luns, martes e venres, de 10 a 12h.
NOTA: Para un mellor aproveitamento da docencia impartida nesta materia, sería desexable que as/os estudantes que se matriculen na mesma cursaran, con anterioridade, as materias dos dous primeiros cursos do Grao; pero, en particular, aquelas relacionadas coa análise psicosocial do comportamento humano.
O idioma vehicular da materia será o castelán.
Cada estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial que se empregará como eixo vertebrador de todas as actividades a realizar na materia.
Mauro Lucio Rodriguez Casal
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813765
- Correo electrónico
- mauro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Montes Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- carlos.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carlos Dopico Casal
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813681
- Correo electrónico
- carlosdopico.casal [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 9 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
05.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
05.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
05.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
05.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
05.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
05.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
05.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
05.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
02.07.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
02.07.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
02.07.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
02.07.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
02.07.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |