Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clínicos EEES: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.-Observar detidamente os distintos procesos farmacolóxicos e biolóxicos en xeral.
2.-Comprender e adquirir os conceptos básicos de Farmacoloxía en relación coa formación como Veterinario.
3.-Integrar os coñecementos farmacolóxicos cos adquiridos no resto das materias do grao en Veterinaria.
4.-Coñecer as fontes principais de información, para poder orientarse na busca bibliográfica.
5.-Contrastar os datos obtidos para establecer e definir as correspondentes diferenzas co obxecto de desenvolver un espírito crítico.
6.-Asimilar os últimos avances en Farmacoloxía.
7.-Desenvolver as aptitudes necesarias para manexar os instrumentos básicos empregados nas técnicas farmacolóxicas habituais.
8.-Traballar en equipo e colaborar nas tarefas dun grupo de estudo ou de investigación.
SESIÓNS EXPOSITIVAS (TEÓRICAS)
TEMA I.-Farmacoloxía, concepto e divisións. (0.5 horas)
TEMA II.-Farmacocinética. (4 horas)
TEMA III.-Farmacodinamia. (4 horas)
TEMA IV.-Fármacos de acción inespecífica (1 hora)
TEMA V.-Fármacos que actúan sobre receptores adrenérxicos. (1 hora)
TEMA VI.-Fármacos que actúan sobre receptores colinérxicos. (1 hora)
TEMA VII.-Fármacos que actúan sobre os receptores de GABA e glutamato. (1 hora)
TEMA VIII.-Fármacos que actúan en receptores de péptidos I: opioides (1 hora)
TEMA IX.-Fármacos que actúan en receptores de péptidos II. (1 hora)
TEMA X.-Fármacos que modulan a función enzimática. (1 hora)
TEMA XI.-Fármacos que actúan sobre receptores de histamina. (0,5 horas)
TEMA XII.-Fármacos que actúan sobre receptores dopaminérxicos. (1 hora)
TEMA XIII.-Fármacos que actúan sobre receptores serotoninérxicos. (1 hora)
TEMA XIV.-Fármacos que actúan sobre canais iónicos (Na+, K+ y Ca2+). (2 horas)
TEMA XV.-Fármacos que modulan a función de transportadores. (1 hora)
TEMA XVI.-Fármacos que actúan sobre receptores intracelulares. (1 hora)
TEMA XVII.-Antibióticos inhibidores da síntese da parede bacteriana. (2 horas)
TEMA XVIII.-Antibióticos inhibidores da síntese de proteínas. (2 horas)
TEMA XIX.-Antibióticos inhibidores do metabolismo intermediario e inhibidores da síntese de ácidos nucleicos. (1 horas)
TEMA XX.-Fármacos antimicóticos e antivíricos. (0.5 horas)
TEMA XXI.-Fármacos antiparasitarios internos. (1 hora)
TEMA XXII.-Fármacos antiparasitarios externos. (1 hora)
TEMA XXIII.-Fármacos antineoplásicos. (0.5 horas)
SESIÓNS INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS DE ENCERADO
1.-Introdución ao programa da materia, normas xerais. (0.5 horas)
2.-Parámetros farmacocinéticos. (2 horas)
3.-Farmacoloxía ganglionar. (1 hora)
4.-Farmacoloxía da unión neuromuscular. (1 hora)
5.-Farmacoloxía da canle de Cl-. (1 hora)
6.-Implicacións farmacolóxicas dos péptidos. (1 hora)
7.-Enzimas con función farmacolóxica. (0,5 horas)
8.-Farmacoloxía dos receptores de lipidos (0,5 horas)
9.-Modulación farmacolóxica das aminas. (0,5 horas)
10.-Farmacoloxía dos intercambiadores. (2 horas)
11.-Farmacoloxía dos receptores citosólicos (2 horas)
12.-Farmacoloxía dermatolóxica. (0.5 horas)
13.-Fármacos endectocidas. (2 horas)
14.-Inmunomodulación. Farmacoxenómica. (0.5 horas)
SESIÓNS INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO E CLÍNICAS
1.-Formas farmacéuticas (2,5 horas)
2.-Farmacocinética. (3 horas)
3.-Estudo do efecto antiespumante dos derivados da silicona. (0,5 horas)
4.-Fármacos mucolíticos. (0,5 horas)
5.-Curvas dose-resposta (2 horas)
6.-Transmisión neuromuscular (1 hora)
7.-Manexo de fontes de información sobre medicamentos (2,5 horas)
8.-Resposta cardiovascular (3 horas)
ADAMS, H.R. (2003) Farmacología y Terapéutica Veterinaria. Segunda edición. Ames, Iowa State University Press.
BISHOP, Y., Ed. (2004) The veterinary formulary. Handbook of medicines used in veterinary practice. London, British Veterinary Association.
BOOTHE, D.M. (2011) Small Animal Clinical Pharmacology and Therapeutics. 2nd Edition. Philadelphia, Saunders.
BOTANA, L.M. (2016) Farmacología Veterinaria. Fundamentos y aplicaciones terapéuticas. 2016. Editorial Panamericana S.A.
BRUNTON, L.L.; HILAL-DANDAN, R.; KNOLLMAN B.C. (2019) Goodman & Gilman Las bases farmacológicas de la Terapéutica. 13ª Edición. McGraw-Hill Interamericana.
FLÓREZ, J.; ARMIJO, J.A.; MEDIAVILLA, A. (2014) Farmacología Humana. VI Edición. Barcelona, Masson.
KIRK and BONAGURA´S Current Veterinary Therapy (2020). XVI Ed. Elsevier.
LORENZO, P; MORENO, A., LIZASOAIN, I.; LEZA, J.C.; MORO, M.A., PORTOLÉS, A. (2009) Velázquez Farmacología Básica y Clínica. 18º Edición. Madrid. Panamericana.
VELÁZQUEZ (2012). Manual de Farmacología Básica y Clínica. Panamericana.
VELÁZQUEZ. Farmacología Básica y Clínica (19ª Edición). Panamericana.
MADDISON, J.; PAGE, S.; CHURCH, D. (2008) Small Animal Clinical Pharmacology. Second Ed. New York, Saunders.
PAGE, C.P.; CURTIS, M.J.; SUTTER, M.C.; WALKER, M.J.A.; HOFFMAN, B.B., Ed. (2006) Integrated pharmacology. Third Edition. London, Mosby.
PAPICH, M.G. (2016) Handbook of Veterinary Drugs. 4th Edition. New York, Saunders.
PLUMB, D. C. Plumb´s Veterinary Drug Handbook. (2018) 9th Edición. Wiley Blackwell.
BUCKINGHAM, R., (2020) Martindale: The Complete Drug Reference. 40th Edition. Pharmaceutical Press.
RIVIERE, J.E.; PAPICH, M.C. (2017) Veterinary Pharmacology and Therapeutics. 10th Edition. Wiley Blackwell.
(2019-20) Guía de productos zoosanitarios. Veterindustria.
(2020) Catálogo de Medicamentos. Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos.
Competencias xenéricas do grao en Veterinaria (GVUSC):
Adquirir:
GVUSC01.-Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02.-Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03.-Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC06.-Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias específicas disciplinares (CEDVUSC):
Saber:
CEDVUSC04.-Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC05.-Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC09.-Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
Competencias específicas profesionais (D1VUSC):
D1VUSC07.-Realizar os tratamentos medico-cirúrxicos básicos nos animais.
D1VUSC08.-Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
Competencias específicas académicas (CEAVUSC):
CEAVUSC01.-Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC02.-Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC04.-Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC05.-Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo á medicina baseada na evidencia.
Competencias transversais (CTVUSC):
CTVUSC01.-Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02.-Capacidade para obter a información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03.-Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04.-Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC05.-Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC06.-Utilización da información en lingua estranxeira.
CTVUSC07.-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESCENARIO 1: Normalidade adaptada
As clases expositivas (teóricas) consistirán na explicación, por parte do persoal docente, utilizando o encerado e medios audiovisuais, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual. As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que se intercalarán co contido teórico do programa, e que poden ser impartidas polo persoal docente ou polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro. Tanto as clases expositivas como as prácticas de encerado/seminarios realizaranse na aula en sesións de 50 minutos.
As prácticas de laboratorio (unha práctica de 4 horas e dúas prácticas de 3 horas) servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencia prácticas. As prácticas clínicas (dúas prácticas de 2,5 horas) teñen como obxectivo a adquisición polo alumno das habilidades inherentes á práctica clínica. As clases prácticas impartiranse no laboratorio de prácticas do Departamento de Farmacoloxía e no Servizo de Farmacia do Hospital Veterinario Rof Codina.
As tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal docente nas sesións de titoría programadas. O alumno poderá entregar traballos/tarefas ao longo do curso en prazos asignados.
ESCENARIO 2: Distanciamento
As clases expositivas consistirán na explicación, por parte do persoal docente, utilizando medios audiovisuais, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual. As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que se intercalarán co contido teórico do programa, impartidas polo persoal académico. Tanto as clases expositivas como as prácticas de encerado/seminarios impartiranse de modo telemático mantendo os horarios aprobados.
As prácticas de laboratorio (unha práctica de 4 horas e dúas prácticas de 3 horas) servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o alumno adquira habilidades e experiencia prácticas. As prácticas clínicas (dúas prácticas de 2,5 horas) teñen como obxectivo a adquisición polo alumno das habilidades inherentes á práctica clínica. As clases prácticas impartiranse no laboratorio de prácticas do Departamento de Farmacoloxía e no Servizo de Farmacia do Hospital Veterinario Rof Codina. Redúcese a presencialidade e o tamaño dos grupos ao 50% mantendo as franxas horarias aprobadas. O outro 50% da actividade práctica que queda pendente para cada alumno completarase con actividade telemática e traballo persoal.
As tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría virtual programadas. O alumno poderá entregar traballos/tarefas ao longo do curso en prazos asignados.
ESCENARIO 3: Peche de instalacións
As clases expositivas consistirán na explicación, por parte do persoal docente, utilizando medios audiovisuais, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual. As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que se intercalarán co contido teórico do programa, impartidas polo persoal académico.
As prácticas de laboratorio e as prácticas clínicas serven para ilustrar os contidos teóricos. Tanto as clases expositivas, como as prácticas de encerado/seminarios, e as clases prácticas impartiranse de forma virtual nos horarios programados.
As tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría virtual programadas. O alumno poderá entregar traballos/tarefas ao longo do curso en prazos asignados.
As actividades telemáticas ou virtuais nos tres escenarios realizaranse utilizando plataformas recomendadas pola USC (campus virtual, Teams...) de forma síncrona e/ou asíncrona.
Na avaliación da materia terase en conta todo o traballo realizado polo alumno ao longo do curso e valoraranse os coñecementos adquiridos mediante un exame final.
Calificación final:
15% Prácticas (ata un 3% cada práctica) avaliado mediante traballos que o alumno entrega ao finalizar a práctica.
25% Avaliación continua na que se terá en conta a participación activa en clases e a realización de varios traballos/tarefas persoais. O alumno poderá entregar estes traballos no prazo asignado e poden ser obxecto de defensa oral.
60% exame tipo test e/ou pregunta curta e/ou tema, no que se valorarán os coñecementos adquiridos na materia. Na calificación dos exames tipo test e/ou pregunta curta aplicarase un factor de corrección para eliminar os acertos nas respostas que se contesten ao azar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións de la USC.
ESCENARIO 1: O exame pode ser presencial ou por vía telemática a través do campus virtual ou por outra plataforma de comunicación proporcionada pola USC.
ESCENARIO 2: O exame pode ser presencial (se o permiten as normas sanitarias) ou por vía telemática a través do campus virtual ou por outra plataforma de comunicación proporcionada pola USC.
ESCENARIO 3: O exame realizarase por vía telemática a través do campus virtual ou por outra plataforma de comunicación proporcionada pola USC.
É necesario superar un mínimo en cada parte para superar a materia. Da nota final (sobre 10 puntos):
Polo menos 3 puntos deben provir do exame
Polo menos 0.6 puntos de prácticas
Traballo presencial (clases maxistrales, prácticas, seminarios, tutorías): 63 horas:
o Sesions expositivas teóricas: 30 horas
o Sesions interactivas de prácticas laboratorio: 10 horas
o Sesions interactivas de prácticas clínicas no asistenciais: 5 horas
o Sesions interactivas de prácticas encerado: 15 horas
o Tutorías: 3 horas
Traballo personal do estudiante (estudo individual, elaboración de traballos, revisión bibliográfica, resolución de problemas, exámenes), 87 horas:
o Estudo individual: 67 horas
o Resolución de casos/problemas, elaboración e presentación de traballos: 15 horas
o Revisión bibliográfica: 3 horas
o Realización de exámenes: 2 horas
Non procede a dispénsa de asistencia a clase.
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto: A adaptación da metodoloxía do ensino e da avaliación aos escenarios 2 e 3 segue o disposto na concreción das directrices da USC para o desenvolvemento da docencia presencial segura 2020-2021 para o grao de Veterinaria aprobado en Xunta de Facultade o 3 de xullo de 2020.
Metodoloxía do ensino:
-Escenario 2: A docencia expositiva, seminarios/prácticas de pizarra e titorías impartirase de modo virtual mantendo os horarios aprobados na Facultade de Veterinaria para o curso 202-2021. Nas clases prácticas reducirase a presencialidade e o tamaño dos grupos ao 50% mantendo as franxas horarias aprobadas. O outro 50% da actividade práctica que queda pendente para cada alumno completarase con actividade telemática e traballo persoal.
-Escenario 3: A docencia expositiva, seminarios/prácticas de pizarra, titorías e clases prácticas impartirase de forma virtual mantendo os horarios aprobados na Facultade de Veterinaria para o curso 2020-2021.
Sistema de avaliación:
-Escenario 2: Avaliación: exame (60% da calificación) presencial se o permiten as normas sanitarias ou telemático. Non hai modificacións na avaliación das clases prácticas (15% da calificación) nin na avaliación continua (25% da calificación).
-Escenario 3: Avaliación: exame (60% da calificación) telemático. Non hai modificacións na avaliación das clases prácticas (15% da calificación) nin na avaliación continua (25% da calificación).
Luis Miguel Botana Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822233
- Correo electrónico
- luis.botana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Carmen Louzao Ojeda
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- mcarmen.louzao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Amparo Alfonso Rancaño
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- amparo.alfonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Vale Gonzalez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822223
- Correo electrónico
- mdelcarmen.vale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Vilariño Del Río
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- natalia.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Celia Costas Sánchez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- celia.costas.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Espello |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Espello |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Espello |
19.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
21.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |