Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 15 Clínicos EEES: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.-Observar detidamente os distintos procesos farmacolóxicos e biolóxicos en xeral.
2.-Comprender e adquirir os conceptos de Farmacoterapia en relación coa formación como Veterinario.
3.-Integrar os coñecementos farmacolóxicos cos adquiridos no resto das materias do grao en Veterinaria.
4.-Coñecer as fontes principais de información, para poder orientarse na busca bibliográfica.
5.-Contrastar os datos obtidos para establecer e definir as correspondentes diferenzas co obxecto de desenvolver un espírito crítico.
6.-Asimilar os últimos avances en Farmacoloxía e Terapéutica.
7.-Desenvolver as aptitudes necesarias para manexar os instrumentos básicos empregados nas técnicas de farmacoterapia habituais.
8.-Traballar en equipo e colaborar nas tarefas dun grupo de estudo ou de investigación.
SESIÓNS EXPOSITIVIAS (TEÓRICAS)
TEMA I: Farmacocinética clínica. (2 horas)
TEMA II: Antibioterapia. (3 horas)
TEMA III: Farmacoterapia das viriasis. (0,5 horas)
TEMA IV: Farmacoterapia das micosis. (0,5 horas)
TEMA V: Farmacoterapia antiparasitaria. (2 horas)
TEMA VI: Farmacoterapia da dor. (1,5 horas)
TEMA VII: Farmacoterapia da inflamación. (1,5 horas)
TEMA VIII: Farmacoterapia do SNC. (2 horas)
TEMA IX: Farmacoterapia da función cardiovascular e renal. (4 horas)
TEMA X: Farmacoterapia das enfermidades endócrinas. (2 horas)
TEMA XI: Farmacoterapia e control da reprodución. (2 horas)
TEMA XII: Farmacoterapia da función dixestiva. (3 horas)
TEMA XIII: Farmacoterapia do aparato respiratorio. (2 horas)
TEMA XIV: Quimioterapia das enfermidades neoplásicas. (2 horas)
TEMA XV: Fármacos de uso externo. Antisépticos e desinfectantes. (2 horas)
SESIÓNS INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS DE ENCERADO
1.-Parámetros que cuantifican e definen o efecto dun fármaco. (1 hora)
2.- Pautas de administración dun fármaco. Residuos. (2 horas)
3.- Reaccións adversas e toxicidade de fármacos. (0,5 horas)
4.- Interaccións farmacocinéticas e farmacodinámicas. (0,5 horas)
5.- Farmacoterapia combinada da inflamación e dor. (1 hora)
6.-Trastornos de comportamento. (1 hora)
7.-Eutanasia. (1 hora)
8.-Farmacoterapia do choque circulatorio. Fluidoterapia. (1 hora)
9.-Inmunomodulación. (1 hora)
10.-Farmacoterapia asociada a casos clínicos. (6 horas)
SESIÓNS INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS CLÍNICAS:
1.-Cálculo da dose. (3 horas)
2.-Aspectos legais do uso de fármacos. (3 horas)
3.-Fases de desenvolvemento dun fármaco veterinario. Farmacovixiancia. (3 horas)
4.-Historia clínica. (3 horas)
5.-Famacoterapia en casos hospitalizados. (3 horas)
ADAMS, H.R. (2003) Farmacología y Terapéutica Veterinaria. Segunda edición. Ames, Iowa State University Press.
BISHOP, Y., Ed. (2004) The veterinary formulary. Handbook of medicines used in veterinary practice. London, British Veterinary Association.
BOOTHE, D.M. (2001) Small Animal Clinical Pharmacology and Therapeutics. Philadelphia, Saunders.
BOTANA, L.M.; LANDONI, F.; MARTÍN, T. (2002) Farmacología Veterinaria. Madrid, MacGraw Hill.
BRUNTON, L.L.; CHABNER, B. A.; KNOLLMAN B.C. (2012) Goodman & Gilman Las bases farmacológicas de la Terapéutica. XII Edición. McGraw-Hill Interamericana.
FLÓREZ, J.; ARMIJO, J.A.; MEDIAVILLA, A. (2014) Farmacología Humana. VI Edición. Barcelona, Masson.
KIRK, R.W.; BONAGURA, J.D. (2009) Terapéutica Veterinaria de Pequeños Animales. XIV Edición. Madrid, Interamericana McGraw-Hill.
LORENZO, P; MORENO, A., LIZASOAIN, I.; LEZA, J.C.; MORO, M.A., PORTOLÉS, A. (2008) Velázquez Farmacología Básica y Clínica. 18º Edición. Madrid. Médica Panamericana.
MADDISON, J.; PAGE, S.; CHURCH, D. (2008) Small Animal Clinical Pharmacology. Second Ed. New York, Saunders.
PAGE, C.P.; CURTIS, M.J.; SUTTER, M.C.; WALKER, M.J.A.; HOFFMAN, B.B., Ed. (2006) Integrated pharmacology. Third Edition. London, Mosby.
PAPICH, M.G. (2011) Handbook of Veterinary Drugs. New York, Saunders.
PLUMB, D. C. Plumb´s Veterinary Drug Handbook. (2015) VIII Edición. Wiley Blackwell.
REYNOLDS, J.E.F. (2009) Martindale. The Extra Pharmacopoeia. 36 Edition. London, Royal Pharmaceutical Society.
RIVIERE, J.E.; PAPICH, M.C. (2009) Veterinary Pharmacology and Therapeutics. 9th Edition. Ames, Iowa State University Press.
VELASCO, A.; SAN ROMÁN, L.; SERRANO, J.S.; MARTINEZ-SIERRA, R.; CADAVID, I. (2004) Farmacología Fundamental. Madrid, Interamericana. McGraw-Hill.
(2013-14) Guía de productos zoosanitarios. Veterindustria.
(2015) Catálogo de Especialidades Farmacéuticas. Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos.
Competencias xenéricas do grao en Veterinaria (GVUSC):
Adquirir:
GVUSC01.-Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02.-Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03.-Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC06.-Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias específicas disciplinares (CEDVUSC):
Saber:
CEDVUSC04.-Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC05.-Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC09.-Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
Competencias específicas profesionais (D1VUSC):
D1VUSC07.-Realizar os tratamentos medico-cirúrxicos básicos nos animais.
D1VUSC08.-Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
Competencias específicas académicas (CEAVUSC):
CEAVUSC01.-Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC02.-Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC04.-Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC05.-Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo á medicina baseada na evidencia.
Competencias transversais (CTVUSC):
CTVUSC01.-Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02.-Capacidade para obter a información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03.-Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04.-Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC05.-Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC06.-Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC07.-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza:
ESCENARIO 1: normalidade adaptada
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal docente, utilizando o encerado e medios audiovisuais, dos contidos da materia reflexados na guía docente anual, en combinación con tarefas na aula relacionadas coa explicación impartida. As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que se intercalarán co contido teórico do programa, e que poden ser impartidas polo persoal docente ou polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro. Tanto as clases maxistrais como as prácticas de encerado/seminarios realizaranse na aula en sesións de 50 minutos.
As prácticas clínicas servirán para complementar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades inherentes á práctica clínica. As clases prácticas impartiranse no laboratorio de prácticas do Departamento de Farmacoloxía no Servizo de Farmacia do Hospital Veterinario Rof Codina.
Ao longo do curso asignaranse tarefas ao estudante (estudo, traballos, lecturas) que serán orientadas polo persoal docente nas sesións de titoría. As entregas de tarefas ou cuestionarios asociados realizaranse na aula, en persoa, ou a través da aula virtual. Empregaranse as plataformas proporcionadas pola USC: aula virtual e Forms. Para as entregas en modo virtual establecerase un prazo de 1 a 2 semanas dependendo da dificultade do traballo. Non se valorarán as entregas fora de prazo.
ESCENARIO 2: distanciamento
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal docente, utilizando o encerado e medios audiovisuais, dos contidos da materia reflexados na guía docente anual, en combinación con tarefas relacionadas coa explicación impartida. As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que se intercalarán co contido teórico do programa, impartidas polo persoal académico. Tanto as clases maxistrais como as prácticas de encerado/seminarios realizaranse por vía telemática. Manterase o horario programado.
As prácticas clínicas servirán para complementar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades inherentes á práctica clínica. As clases prácticas impartiranse no laboratorio de prácticas do Departamento de Farmacoloxía e no Servizo de Farmacia do Hospital Veterinario Rof Codina. Reducirase o tamaño dos grupos ao 50% e a duración do traballo de cada práctica que se realiza na aula á metade, mantendo as mesmas franxas horarias aprobadas nos horarios. Asignarase ao alumno a finalización individual do traballo da práctica de forma telemática.
Ao longo do curso asignaranse tarefas ao estudante (estudo, traballos, lecturas) que serán orientadas polo persoal docente nas sesións de titoría (vía telemática). As entregas de tarefas ou cuestionarios asociados realizaranse utilizando as plataformas proporcionadas pola USC: aula virtual e Forms. Para as entregas en modo virtual fixarase un prazo de 1 a 2 semanas dependendo da dificultade do traballo. Non se valorarán as entregas fora de prazo.
As actividades por vía telemática ou virtual realizaranse utilizando as seguintes plataformas proporcionadas pola USC: aula virtual, Teams, Forms.
ESCENARIO 3: peche das instalacións
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal docente, utilizando medios audiovisuais, dos contidos da materia reflexados na guía docente anual, en combinación con tarefas relacionadas coa explicación impartida. As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que se intercalarán co contido teórico do programa, impartidas polo persoal académico.
As prácticas clínicas servirán para complementar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades inherentes á práctica clínica.
As clases maxistrais, as prácticas de encerado/seminarios e as clases prácticas impartiranse por vía telemática. Manteranse os horarios programados.
Ao longo do curso asignaranse tarefas ao estudante (estudo, traballos, lecturas) que serán orientadas polo persoal docente nas sesións de titoría (vía telemática). As entregas de tarefas ou cuestionarios asociados realizaranse utilizando as plataformas proporcionadas pola USC: aula virtual e Forms. Para as entregas en modo virtual establecerase un prazo de 1 a 2 semanas dependendo da dificultade do traballo. Non se valorarán as entregas fora de prazo.
As actividades por vía telemática ou virtual realizaranse utilizando as seguintes plataformas proporcionadas pola USC: aula virtual, Teams, Forms.
A aprendizaxe do alumno durante as prácticas avaliarase mediante a entrega dos resultados das actividades realizadas ao finalizar a práctica.
Realizarase unha avaliación continua da aprendizaxe durante as sesións expositivas e prácticas de encerado/seminario mediante cuestionarios e tarefas realizados polo alumno ao longo do curso.
Valoraranse tamén os coñecementos adquiridos na materia mediante un exame final.
Cualificación final:
1) 15% Prácticas (ata un 3% cada práctica)
2) 50% Avaliación continua (participación activa en clases, cuestionarios, tarefas).
3) 35% exame: exame tipo test e/ou pregunta curta no que se valorarán os coñecementos adquiridos na materia. Na cualificación dos exames aplicarase unha corrección para a probabilidade de acerto por azar.
Compre superar un mínimo en cada parte para aprobar a materia. Da cualificación final (sobre 10 puntos):
1) Polo menos 0,5 puntos deben provir de prácticas
2) Polo menos 2,5 puntos deben provir da avaliación continua
3) Polo menos 1,7 puntos deben provir do exame
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 1: O exame será presencial.
ESCENARIOS 2 e 3: O exame realizarase por vía telemática a través do campus virtual ou por calquera plataforma de comunicación proporcionada pola USC.
Traballo presencial na aula (clases maxistrais, prácticas de encerado, prácticas clínicas, titorías): 65 horas
Sesións expositivas teóricas: 30 horas
Sesións interactivas de prácticas clínicas non asistenciais: 15 horas
Sesións interactivas de prácticas encerado: 15 horas
Titorías: 5 horas
Traballo persoal do estudante (estudo individual, elaboración de traballos, revisión bibliográfica, resolución de problemas, exames…): 85 horas
Estudo individual: 48 horas
Elaboración de traballos: 10 horas
Revisión bibliográfica: 8 horas
Asistencia a charlas ou outras actividades: 3 horas
Resolución de casos/problemas: 12 horas
Presentacións orais: 2 horas
Realización de exames: 2 horas
Non procede a dispensa de asistencia a clase.
Plan de continxencia: A adaptación da metodoloxía da ensinanza e da avaliación aos escenarios 2 e 3 sigue o disposto na concreción das directrices da USC para o desenvolvemento da docencia presencial segura 2020-2021 para o Grao de Veterinaria aprobado en Xunta de Facultade o 3 de xullo de 2020.
Metodoloxía:
Escenario 2. As clases maxistrais e as prácticas de encerado/seminarios realizaranse de modo virtual. En relación coas clases prácticas, reduciranse o tamaño dos grupos ao 50% e a duración do traballo de cada práctica que se realiza na aula á metade, mantendo as mesmas franxas horarias aprobadas nos horarios. Asignarase ao alumno a finalización individual do traballo da práctica de forma telemática.
Escenario 3: As clases maxistrais, as prácticas de encerado/seminarios e as clases prácticas impartiranse por vía telemática ou virtual.
Sistema de avaliación:
Nos escenarios 2 e 3 o exame final realizarase por vía telemática. Non haberá modificacións na avaliación continua nin na avaliación das prácticas.
Luis Miguel Botana Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822233
- Correo electrónico
- luis.botana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Carmen Louzao Ojeda
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- mcarmen.louzao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Amparo Alfonso Rancaño
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- amparo.alfonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Vale Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822223
- Correo electrónico
- mdelcarmen.vale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Vilariño Del Río
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- natalia.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Andrea Boente Juncal
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- andrea.boente [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Aula Informática 3 |
10:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Aula Informática 3 |
Xoves | |||
10:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Aula Informática 3 |
10:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES04 | Castelán | Aula Informática 3 |
Venres | |||
10:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES05 | Castelán | Aula Informática 3 |
10:00-13:00 | Grupo /CLI_EEES06 | Castelán | Aula Informática 3 |
08.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
08.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
08.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
08.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |