Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Inmunoloxía Veterinaria ten como obxectivo principal proporcionar ao alumno coñecementos sobre os principios básicos e aplicacións técnicas da resposta inmune.
En concreto abórdase o estudo da resistencia inespecífica (innata) e a inmunidade específica (adquirida) do hóspede fronte ás infeccións e o desenvolvemento de células tumorais, das alteracións asociadas ao sistema inmunitario (alerxia, autoinmunidade, inmunosupresión, reaccións transfusionais e rexeitamento de tecidos transplantados), así como as aplicacións da inmunoloxía (vacinas, seroterapia e métodos inmunolóxicos).
A. PROGRAMA TEÓRICO
TEMA 1. INTRODUCIÓN AO SISTEMA INMUNITARIO. Inmunidade innata (inespecífica) e adquirida (adaptativa, específica). Breve historia da Inmunoloxía Veterinaria (1 hora)
TEMA 2. ANTÍXENOS. Antixenicidade e inmunoxenicidade. Determinantes antixénicos e reaccións cruzadas. Haptenos. Principais antíxenos microbianos e celulares (1 hora)
TEMA 3. ANTICORPOS. Formas solubles dos receptores dos linfocitos B (BCR). Estrutura e funcións. Clases de inmunoglobulinas. Obtención de antisoros policlonais convencionais (1 hora)
TEMA 4. ANTICORPOS MONOCLONAIS. Concepto, aplicacións e forma de obtención. Inmunotoxinas (0,5 horas)
TEMA 5. DIAGNÓSTICO INMUNOLÓXICO. Técnicas serolóxicas empregadas na detección, cuantificación e caracterización de antíxenos e anticorpos. Reaccións de aglutinación, precipitación, fixación de complemento, neutralización, inmunofluorescencia e enzima-inmunoensaio (EIA ou ELISA) (1 horas)
TEMA 6. ÓRGANOS DO SISTEMA INMUNITARIO. Órganos linfoides primarios (timo, medula ósea, placas de Peyer, bolsa de Fabricio) e secundarios (bazo e ganglios linfáticos) (1 hora)
TEMA 7. CÉLULAS QUE INTERVEÑEN NA RESPOSTA INMUNITARIA. Células presentadoras de antíxenos (macrófagos presentadores e células dendríticas) e tipos de linfocitos B e T (1 hora)
TEMA 8. RECEPTOR ANTIXÉNICO DOS LINFOCITOS T (TCR). Estrutura e funcións (1 hora)
TEMA 9. XERACIÓN DE DIVERSIDADE. Variabilidade das inmunoglobulinas e do receptor antixénico das células T. Bases xenéticas (1 hora)
TEMA 10. COMPLEXO MAIOR DE HISTOCOMPATIBILIDADE (CMH). Estrutura e funcións das moléculas MHC da clase I, II e III (1 hora)
TEMA 11. COLABORACIÓN CELULAR NA RESPOSTA INMUNE HUMORAL. Interaccións entre linfocitos B e T colaboradores. Células plasmáticas produtoras de anticorpos e linfocitos de memoria. Resposta inmunitaria primaria e secundaria. Teoría da selección clonal (1 hora)
TEMA 12. RESPOSTA INMUNITARIA CELULAR. Respostas mediadas por linfocitos T citotóxicos, células NK e células K (1 hora)
TEMA 13. INMUNIDADE NO FETO E O NEONATO. Desenvolvemento do sistema inmunitario. Resposta inmunitaria nos neonatos. Transferencia pasiva de inmunidade da nai á cría. Desenvolvemento de resposta inmunitaria nos neonatos. Inmunidade pasiva no polo (1 hora)
TEMA 14. INMUNIDADE DAS SUPERFICIES CORPORAIS. Tecidos linfoides nas mucosas. Tubo dixestivo, glándula mamaria, vías uroxenitais, vías respiratorias e pel (0,5 horas)
TEMA 15. VACINAS. Inmunoterapia: inmunización pasiva e activa. Métodos de inmunización e produción de vacinas. Administración de vacinas e adxuvantes. Vacinas fronte a axentes infecciosos e fronte ao cáncer (1 hora)
TEMA 16. INMUNIDADE FRONTE A AXENTES INFECCIOSOS: virus, bacterias, fungos e parasitos (1 hora)
TEMA 17. INMUNOLOXÍA TUMORAL. O tumor como un tecido enxertado. Antíxenos tumorais. Respostas inmunitarias fronte aos tumores e mecanismos de evasión. Inmunodiagnóstico e inmunoterapia (0,5 horas)
TEMA 18. INMUNIDADE INNATA. Neutrófilos, macrófagos e inflamación. Fagocitos (polimorfonucleares e macrófagos), vasodilatación, aumento da permeabilidade vascular, migración de fagocitos e reparación tisular (1 hora)
TEMA 19. O SISTEMA DO COMPLEMENTO. Compoñentes. Activación pola vía clásica e alternativa (Properdina). Funcións e importancia (0,5 horas)
TEMA 20. INTERFERÓNS VÍRICOS. Concepto, clases e funcións (0,5 horas)
TEMA 21. REACCIÓNS DE HIPERSENSIBILIDADE. Tipo I: reaccións alérxicas, IgE e mastocitos. Tipo II. Reaccións transfusionais, enfermidade do neonato e hipersensibilidade de tipo II aos fármacos e nas enfermidades infecciosas. Tipo III: enfermidades por inmunocomplexos (artrite reumatoide e glomerulonefrite). Tipo IV: hipersensibilidade retardada por contacto, de tipo tuberculínico e granulomatosa. Transplante de órganos e rexeitamento de enxertos (1 hora)
TEMA 22. AUTOINMUNIDADE E ENFERMIDADES AUTOINMUNITARIAS. Principios xerais e tipos de enfermidades autoinmunitarias. Factores xenéticos, patoxénese e etioloxía (0,5 horas)
TEMA 23. INMUNOSUPRESIÓN E INMUNODEFICIENCIAS. Principios xerais (0,5 horas)
TEMA 24. EVOLUCIÓN DA INMUNIDADE. Inmunidade nos invertebrados e vertebrados (0,5 horas)
B. PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICA 1: Determinación do antíxeno O en cepas de E. coli mediante microaglutinación
PRÁCTICA 2: Proba de aglutinación pasiva con partículas de látex para a identificación de Staphylococcus aureus
PRÁCTICA 3: Proba de aglutinación del Rosa de Bengala para o diagnóstico da brucelose
PRÁCTICA 4: Determinación dos grupos sanguíneos por aglutinación directa con anticorpos monoclonais
PRÁCTICA 5: ELISA tipo sándwich de captura de antíxeno para odiagnóstico de Rotavirus e Coronavirus en feces de bovino
PRÁCTICA 6: Inmunocromatografía para a detección de antíxenos víricos
-INMUNOLOGÍA VETERINARIA. (2009) Ian R. Tizard. Editorial ELSEVIER
-MANUAL DE INMUNOLOGÍA VETERINARIA. (2008) Esperanza Gómez-Lucía, María del Mar Blanco, Ana Doménech. Editorial: Pearson Educación SA, Madrid
-MICROBIOLOGÍA. PARTE IX Respuesta inmunitaria y resistencia inespecífica del huésped. (2004). Prescott-Harley-Klein. Editorial: McGRAW-HILL INTERAMERICANA
-INTRODUCCIÓN A LA MICROBIOLOGÍA. (2007). Tortora-Funke-Case. Capítulos 16, 17 y 18: Inmunidad innata y adquirida. Aplicaciones prácticas de la Inmunología. Editorial Medica Panamericana.
-INMUNOLOGÍA VETERINARIA. (2010). José Ángel Gutiérrez Pabello. Manual Moderno.
1. COMPETENCIAS XENÉRICAS
o GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
o GVUSC02. Capacidade de análise e sínteses.
o GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
o GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
2. COMPETENCIAS DISCIPLINAIS
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3. COMPETENCIAS PROFESIONAIS
o D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
4. COMPETENCIAS ACADÉMICAS
o CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
o CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
o CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diferentes medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico.
o CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-Clases maxistrais con apoio TIC.
-Traballo práctico autónomo en grupo reducido e supervisado polo profesor.
-Seminarios.
-Titorías programadas.
-Titorías individuais.
Os contidos do Programa Teórico impartiranse en clases maxistrais de aproximadamente 50 minutos e o alumnos poderán intervir nos debates que se susciten. O material didáctico orientativo exposto nas clases poñerase a disposición dos alumnos con antelación a través do Campus Virtual.
De forma xeral, os contidos prácticos impartiranse no laboratorio de prácticas da Unidade de Microbioloxía do Pavillón I da Facultade de Veterinaria. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria para superar a asignatura.
Os seminarios están orientados a desenvolver temas complementarios ao programa teórico de especial interese ou actualidade.
Ademais das titorías programadas, o profesor estará a disposición dos alumnos no seu despacho en horario de titorías individuais (6 horas semanais). O obxectivo das titorías individuais é resolver os casos particulares do alumno relacionados coa materia.
A. AVALIACIÓN CONTINUA
A puntuación correspondente á Avaliación Continua supón o 20% da nota final que se asignará do seguinte xeito:
-Clases maxistrais: valoración da asistencia e participación (0,8 puntos).
-Os contidos prácticos supón o 10% da avaliación final. A través de cuestionarios de preguntas cortas, resposta múltiple o resolución de problemas, o profesor constatará a adquisición de coñecementos.
-Seminarios: valoración da asistencia e participación (0,1 puntos).
-Titorías programadas: valoración da asistencia e participación (0,1 puntos).
B. AVALIACIÓN ESCRITA
A proba escrita realizarase na data e hora acordadas en Xunta de Facultade, na aula reservada para o devandito propósito. O exame escrito incluirá preguntas tipo test, curtas e temas a desenvolver. A puntuación correspondente á Avaliación Escrita supón o 80% da nota final.
O cálculo da nota final será = Nota Avaliación Continua (2 puntos) + Nota Avaliación Escrita (8 puntos)
A nota para superar a materia será 5 en todos os casos.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases maxistrais: 20 horas
- Prácticas de laboratorio: 6 horas
- Seminarios: 2 horas
- Titorías en grupos reducidos: 2 horas
- Total horas de traballo presencial: 30
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo individual: 30 horas
- Elaboración memorias de prácticas: 2 horas
- Elaboración de traballos: 5 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 4 horas
- Asistencia a charlas o outras actividades recomendadas: 2 horas
- Realización de exames: 2 horas
- Total horas de traballo persoal do estudante: 45
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 75
O alumno debe de asistir ás clases teóricas, seminarios e titorías programadas para unha axeitada aprendizaxe da materia e para optar a unha avaliación positiva na Avaliación Continua.
É aconsellable o estudo periódico da materia e a asistencia ás titorías programadas para resolver as dúbidas que vaian xurdindo.
Dada a actual situación derivada da CRISE DO COVID-19, contémplanse escenarios docentes alterativos ao arriba indicado (100% presencialidade). De xeito xenérico:
Escenario 1.
Presencialidade.
Escenario 2.
-Docencia expositiva: os contidos teóricos impartiranse totalmente por Teams (modalidade síncrona).
-Docencia interactiva: prácticas de laboratorio e seminarios (presenciais).
Escenario 3.
-Docencia expositiva: impartirase totalmente por Teams (modalidade síncrona).
-Docencia interactiva: a través de Teams e Campus Virtual. O profesor empregará diferentes recursos didácticos (vídeos, bibliografía e tutoriais) para a explicación das prácticas. Os cuestionarios relacionados serán entregados a través do Campus virtual.
-Tutorías vía telemática (Teams) e Foro Campus Virtual.
Jorge Blanco Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- jorge.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Azucena Del Carmen Mora Gutierrez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- azucena.mora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Dafne Díaz Jiménez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- dafne.diaz [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luz Leston Cambeiro
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- luz.leston [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Auditorio |
04.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
04.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
04.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
25.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |