Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clínicos EEES: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos teóricos:
1. Dar a coñecer a terminoloxía básica que se utiliza na disciplina e na área de Produción Animal respecto as espécies pecuárias non remoentes.
2. Transmitirlle ao alumno a coordinación e a aplicación dos coñecementos fisiolóxicos e as necesidades dos animais a estudar e, xa que logo, as instalacións, condicións ambientais e manexo máis idóneos para que a cría e a explotación dos animais útiles para o home fagan posible a viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
Habilidades:
3. Ofrecer a infraestrutura informativa suficiente para que o futuro veterinario poida responder as demandas actuais dos gandeiros, encamiñadas a mellorar a calidade dos produtos pecuarios obtidos.
Actitudes:
4. Proporcionarlle ao alumno un concepto integrador das distintas disciplinas da Produción Animal, para potenciar a formación dunha mentalidade na que o coñecemento do medio rural e a súa protección guíen a súa conduta profesional.
5. Desenvolver unha actitude crítica e non dogmática da capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares.
Estudo dos principais subsectores de especies non rumiantes: razas e aptitudes; censos e producións; características xerais dos aloxamentos; material e útiles; manexo da alimentación e reprodución; hixiene das instalacións e benestar dos animais; analíse de índices produtivos e reprodutivos.
TEMA 1.- 5 sesións expositivas- Produción de porcino: censos e producións. OCM do sector porcino. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución. Crecemento e desenvolvemento do leitón. Manexo de femias reprodutoras como unidade básica de produción. Manexo do porco de ceba. Índices produtivos e rendementos á canal. O porco celta.
- 1 sesión práctica (granxa): Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; planificación xeral e organización do sistema produtivo.
- 1 sesión práctica (laboratorio/ordenador): análise técnica - económica dos parámetros produtivos e de calidade.
TEMA 2.- 3 sesións expositivas- Produción avícola: avicultura de posta. Censos e producións. Reprodución. Formación do ovo. Oviposición. Cría e recría de reprodutores. Base animal. Sistemas de explotación de galiñas poñedoras. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Manexo. Índices produtivos. Comercialización e calidade do ovo
- 1 sesión practica (laboratorio/ordenador): análise técnica - económica dos parámetros produtivos e de calidade.
TEMA 3.- 4 sesións expositivas- Produción avícola: avicultura de carne. Censos e producións. Base animal. Sistemas de explotación de polos de carne. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. A incubación e a incubabilidade. Manexo. Índices produtivos. Tipos comerciais. Calidade da canal e da carne
- 1 sesión práctica (granxa): Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; planificación xeral e organización do sistema produtivo.
TEMA 4.- 1 sesión expositiva- Produción avícola: producións avícolas alternativas: polos e ovos ecolóxicos. Avestruces. Cría e explotación de pavos, patos e gansos. Cría e produción de perdices, paspallás, pombas e pintadas
TEMA 5.- 3 sesións expositivas- Produción cunícola. Censos e producións. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución. Manexo. Ceba e rendementos cárnicos. Calidade da carne de coello
- 1 sesión práctica (granxa): Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos, planificación xeral e organización do sistema produtivo.
- 1 sesión práctica (laboratorio/ordenador): análise técnica - económica dos parámetros produtivos e de calidade.
TEMA 6.- 1 sesión expositiva- Produción equina. Estado actual e futuro do gando equino. Censos. Sistemas de explotación. Tipos, condicións ambientais e hixiene de aloxamentos. Reprodución. Manexo. O cabalo de traballo, o cabalo de carne e o cabalo de deporte. O gando asnal e mular
TEMA 7.- Outras especies de interés veterinario - 2 sesións expositivas- Produción piscícola e acuícola: cultivo de peixes, crustáceos e moluscos
Básica:
Caravaca, FP.- 2003.- Bases de la produción animal. SP. Universidad de Sevilla.
Squires, E.R.J. 2006. Endocrinología animal aplicada. Ed, Acribia, Zaragoza.
Complementaria:
Porcinos
Porci: monografía bimestral
Quiles, A., Hevia, ML.- 2004.- Produción porcina intensiva. Ed. Agrícola Española. Madrid.
Gadd, J. 2006. Soluciones en producción porcina. Ed. Servet. Zaragoza.
Gasa, Josep; López Vergé, Sergi. Iniciación a la producción y manejo del ganado porcino: breve manual de inmersión para estudiantes de veterinaria. UAB. Texto completo dispoñible vía PreLo.
Avicultura
Castelló, J.A.- 2010.- Produción de huevos. Real Escuela de Avicultura. Barcelona.
Castelló, J.A.- 2002.- Produción de carne de pollo. Real Escuela de Avicultura. Barcelona.
Abab, j. - 2003.- Reproducción e incubación en avicultura. Real Escuela de Avicultura. Barcelona.
Deeming, DC.- 2001.- El avestruz: biología, produción y sanidad. Ed. Acribia. Zaragoza.
FAO. Producción y produztos avícolas. http://www.fao.org/poultry-production-products/production/es/
Cunicultura
Bennet, B. - 2011. Guia de la cría de conejos. Ediciones Omega. Barcelona.
Zago, LG- 2004.- 1996.- El conejo: cría rentable. Ed. De Vechi Barcelona.
Crespo JC. 2006. Prácticas de cunicultura industrial. Junta de Castilla y León.
UCO. Producción de conejos de aptitud cárnica. http://www.uco.es/zootecniaygestion/img/pictorex/09_10_34_Cunicultura.p…
Equinos
Berner, E., Gallego, J.- 2000.- El caballo: cría y manejo. Mundi-Prensa. Madrid.
Acero, P – 2009- Planificación y manejo de la explotación equina. Junta de Castilla y León.
Acuicultura
González, F. - 2004- Acuicultura: Producción, comercio y trazabilidad. Ed. Netbiblo. A Coruña.
Brown, L.- 2000.- Acuicultura para veterinarios: produción y clínica de peces. Acribia. Zaragoza.
MAPA. Acuicultura. https://www.mapa.gob.es/es/pesca/temas/acuicultura/
Recoméndase o emprego dos recursos de internet tanto básicos coma complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia, se poderán realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a busca a través de PubMed ou Google Schoolar.
Ao finalizar o curso, o alumno debe:
- Ser capaz de identificar as necesidades dos animais nos distintos sistemas produtivos e as instalacións, condicións ambientais e de manexo máis axeitadas para a cría e explotación do gando de renda en condicións óptimas, tanto desde o punto de vista animal como no da viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
- Ter capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares para un melloramento do manexo e un incremento da calidade dos produtos pecuarios.
- Estar habituado á adquisición e á utilización crítica das fontes bibliográficas (libros, revistas especializadas, bancos de datos, enderezos de internet, etc.)
Competencias de acordo á Memoria do Grao en Veterinaria da USC
Xenéricas
(GVUSC)
GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02 Capacidade de análise e síntese
GVUSC03 Coñecementos xerais sobre a área de traballo
GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
Disciplinares
(CEDVUSC)
CEDVUSC03 Cría, mellora, manexo e benestar dos animais
CEDVUSC10 Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saude animal e humana
CEDVUSC11 Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as suas repercusións sobre o medio ambiente
CEDVUSC14 Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio
Profesionais
D1VUSC02 Recoller e remitir especimes co seu correspondente informe
D1VUSC09 Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reproductiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución dos problemas obstétricos
D1VUSC11 Valorar e interpretar os parámetros productivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización
D1VUSC15 Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas do ámbito veterinario nun contexto de sostenibilidade
D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias
Académicas
(CEAVUSC)
CEAVUSC01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a
CEAVUSC02 Manter un comportamento ético no exercicio das suas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade
CEAVUSC03 Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC04 Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a
CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
Transversais
(CTVUSC)
CTVUSC02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analiza-la dunha forma crítica
CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta
CTVUSC05 Habilidade no manexo das TICs
CTVUSC07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Escenario 1 (normalidade adaptada)*:
Programa teórico:
19 sesións expositivas presenciais de 50 minutos de duración cada unha. Desenrolase no segundo cuatrimestre segundo os horarios aprobados en Xunta de Facultade para cada curso académico. Os últimos 10 minutos de cada sesión adícanse a sintetizar o tema tratado, a fixar os conceptos expostos e a resolver as posibles dúbidas suscitadas, así como a comprobar de maneira sucinta con preguntas orais aleatorias, o grao de comprensión por parte dos alumnos do tema explicado.
De forma excepcional, esta docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
Programa práctico:
o Visita activa 1: 5h:20m. Visita explotación porcina
o Visita activa 2: 5h:20m. Visita explotación aviaria
o Visita activa 3: 5h:20m. Visita a granxa de coellos
En cada explotación visitada, o alumno poderá observar as características construtivas e dimensionado das instalacións; o control medio ambiental; a hixiene, limpeza e bioseguridad das instalacións; o manexo xeral dos animais levado a cabo polos operarios da explotación, incluído o manexo da alimentación; os programas sanitarios e de profilaxis, etc. En todas as explotacións, e especialmente as de porcino e as avícolas, dadas as medidas de bioseguridad das mesmas e en cumprimento das normativas de benestar animal vixentes, as visitas faranse baixo un estrito control e sen perturbar o hábitat do animal, procurando ocasionar a menor incidencia posible sobre o animal e a súa contorna.
En cada visita os alumnos deberán completar un guión previamente elaborado polos profesores responsables da materia, no que se analizará as características máis relevantes da explotación visitada, determinando os parámetros produtivos da mesma. Estes traballos prácticos permiten ao alumno un contacto directo coa explotación e a observación da situación real da mesma, analizando a súa problemática e iniciándolles nunha das posibles saídas profesionais da licenciatura como é o asesoramento técnico e económico das explotacións gandeiras. Así mesmo, a elaboración destes traballos desenvolverá no alumno a técnica de pensamento crítico e fomentará o traballo e a dinámica de grupos.
Prácticas presenciais de laboratorio/aula informática 1, 2 e 3:
Búsqueda e tratamento da información técnica de páxinas de interese relacionada coa materia. Análise técnica - económica dos parámetros produtivos e de calidade das explotacións nas especies incluidas na programación da materia. Ensinarase o alumno a calcular e interpretar os parámetros produtivos/económicos das distintas especies estudiadas (10 horas).
Os alumnos elaborarán memorias complementarias para cada práctica de laboratorio.
Titorías:
Adicaranse duas horas a titorías, fundamentalmente de carácter presencial ainda que poderán programarse titorias virtuais respetando as franxas horarias que figuran no horario 20-21
A presencialidade nas aulas, seminarios e granxas (incluíndo os traslados a estas granxas) para docencia expositiva e práctica combinarase coa aplicación de medidas de bioseguridade (hidroxel, obligatoreidade de mascarilla cando non sea posible garantir a distancia mínima de seguridade).
Toda a docencia levarase a cabo con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia.
*NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DE ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MODIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS.
Escenario 1 (normalidade adaptada):*
Asistencia regular ás sesións expositivas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame e necesario asistir o 100% das sesións prácticas incluíndo o traballo encomendado nas mesmas.
A avaliación final do alumno basearase nun examen presencial que inclúe a materia impartida en clases expositivas (60% da nota final).
Coma se mencionou, será obrigatoria a asistencia a todas as prácticas e a realización dos traballos realizados nestas sesións prácticas. As tarefas e probas relacionadas coas sesións prácticas (avaliación continua) suporán o 40% da nota final.
E necesario obtener un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada parte (expositivas e prácticas) para proceder a calcular a nota media final.
*NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DE ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MODIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS.
TRABALLO PRESENCIAL AULA
(10x Nº ECTS)
TRABALLO PERSONAL DO ESTUDIANTE (15x Nº ECTS)
Clases maxistrais 19 Estudo individual 42.5
Prácticas laboratorio/ordenador 10 Resolución de casos/problemas-Presentacións orais 4-6
Visitas activas 16 Elaboración de traballos 8
Tutorías en grupos reducidos ou individualizadas 2 Realización de exames 3
Total horas de traballo presencial 49 Total horas de traballo persoal do estudiante (15x Nº ECTS) 63.5
- Asistir ás clases con regularidade
- Intentar comprender e razoar a estrutura e o funcionamento dunha explotación gandeira e non só memorizar uns datos para repetir nun exame.
- Facer uso continuado e apropiado das titorías, non recorrendo a elas unicamente nos momentos previos ao exame.
- Ter disposición para recoller e procesar toda a información que van recibir nas súas visitas ás explotacións gandeiras, para o que se require unha gran capacidade de observación e grandes doses de curiosidade.
- Realizar os traballos encargados ao longo do curso.
PLAN DE CONTINXENCIAS NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3
-Metodoloxía da ensinanza:
Escenario 2 (distanciamento):
• Clases expositivas impartidas síncrona e telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma deseñada e aprobada para tal fin. As clases telemáticas complementaranse co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo presencial en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas de laboratorio/aula informática poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendaciones sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de distanciamento e se manteñan as mismas franxas horarias e actividades para cada grupo. No caso de reducción de presencialidade, esta será complementada con sesións telemáticas.
As visitas a granxa (en grupos reducidos en calquera dos escenarios) poderán manterse na programación ou ser substituidas en todo ou en parte por visitas virtuais e seminarios prácticos en función das recomendación sanitarias oficiais así coma as procendentes das propias granxas.
En todas as prácticas (incluindo os traslados as granxas), serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixienico-sanitarias en función das recomendacións sanitarias do momento (hidroxel, obligatoreidade de mascarilla cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade, etc.).
• Estudo independiente de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
Escenario 3 (peche de instalacións):
• Clases expositivas impartidas telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma deseñada e aprobada para tal fin. As clases telemáticas complementaranse co empreo sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia.
• Docencia práctica de forma virtual, mantendo os horarios programados e empregando como apoio a Aula Virtual da materia, así como Ms Teams e outras plataformas institucionais habilitadas. Neste caso as visitas a granxas serán substituídas por visitas virtuais e seminarios prácticos pero manteránse os contidos das prácticas de laboratorio/aula informática.
• Estudo independiente de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
- Sistema de avaliación
Escenario 2 (distanciamento):
- Asistencia regular ás sesións expositivas telemáticas síncronas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame e necesario asistir o 100% das sesións prácticas, incluíndo o traballo presencial e o realizado virtualmente a través das plataformas institucionales habilitadas.
- O exame final da materia expositiva (60% da nota final) realizarase de forma telemática síncrona, ainda que si a normativa sanitaria o permitise, esta proba poderá realizarse presencialmente, adoptando as medidas hixiénico-sanitarias pautadas.
- A avaliación continua da actividade práctica (40% da nota final) realizarase mediante a combinación de probas e tarefas presenciais e/ou telemáticas, tanto síncronas como asíncronas. E necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada parte (expositiva e prácticas) para proceder a calcular a nota media final. Como se mencionou, a asistencia ás sesiones prácticas e obligatoria.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Manteránse ou implementaranse aas medidas hixienico-sanitarias en función das recomendaciones sanitarias do momento (hidroxel, obligatoreidade de mascarilla cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade, etc.).
Escenario 3 (peche de instalacións):
- Asistencia regular ás sesións expositivas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas virtuais programadas. Para poder realizar o exame e necesario asistir o 100% das sesións prácticas, e completar todas as tarefas e probas virtuais a través das plataformas institucionais habilitadas.
- O exame final da materia expositiva (60% da nota final) realizarase de forma telemática síncrona.
- A avaliación continua da actividade práctica (40% da nota final) realizarase mediante probas e tarefas telemáticas, tanto síncronas como asíncronas. E necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada parte (expositiva e prácticas) para proceder a calcular a nota media final. Coma se mencionou, a asistencia ás sesións prácticas virtuais e obrigatoria.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ignacio Garcia Lara
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Teléfono
- 982822402
- Correo electrónico
- ignacio.garcia.lara [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Angel Luis Ceular Villace
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- angelluis.ceular [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alejandro Fernandez Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- alejandro.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Francisco Javier Dieguez Casalta
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ruth Rodríguez Bermúdez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ruth.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Espello |
28.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
28.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
28.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
23.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |