Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 80 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 28 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos específicos da materia son os seguintes:
1. Recoñecer as enfermedades relacionadas coa nutrición, dermatoloxía, alteracións do sistema endócrino, enfermidades do aparato urinario, alteracións sanguíneas e trastornos nerviosos nas diferentes especies, realizar o examen clínico e a historia clínica.
2. Coñecer a etiopatoxenia das enfermedades relacionando clínicamente a información obtida do animal enfermo e recoñecer os síntomas que padece o animal.
3. Establecer as posibles diagnoses diferenciais e seleccionar aquelas técnicas de diagnose que permitan concretar a diagnose e incluso determinar con exactitude a etioloxía.
4. Coñecer as diferentes modalidades terapéuticas.
5. Coñecer as medidas profilácticas que se deben establecer, non só co propio animal senón na colectividade.
6. Emitir unha prognose da enfermidade, tendo en conta a rendibilidade, funcionalidade ou vida do animal.
7. Desenvolver á actividade clínica cunha actitude científica e ética.
8. Relacionar e aplicar os coñecementos doutras materias.
9. Coñecer e usar de forma crítica a fontes bibliográficas.
Contidos
CONTIDOS TEORICOS (36 horas):....................................................................
BLOQUE I: PATOLOXÍA DA NUTRICIÓN (9 horas)
-Xeneralidades da patoloxía da nutrición. Obesidade
- Hipoglicemia. Hipoglicemias neonatais. Hipoglicemia dos leitóns.
- Alteracións do metabolismo enerxético. Cetose bovina. Síndrome da vaca gorda. Toxemia da xestación ovina.
- Alteracións do metabolismo do calcio. Hipocalcemia en vacún. Hipocalcemia noutras especies.
- Alteracións do metabolismo do magnesio. Tetania hipomagnesémica.
- Alteracións do metabolismo do fósforo. Hemoglobinuria puerperal.
- Enfermidades causadas por deficiencias en oligoelementos. Deficiencia de cobalto. Deficiencia de ferro. Deficiencia de cinc. Deficiencia de cobre. Deficiencia de selenio.
BLOQUE II: PATOLOXÍA MÉDICA DA PEL (5 horas)
- Prurito
- Aproximación o paciente con alopecia.
- Dermatopatías autoinmunes.
- Enfermidades nodulares da pel e texido subcutáneo.
- Enfermidades do oído.
BLOQUE III: PATOLOXÍA MÉDICA DO SISTEMA ENDÓCRINO (5 horas)
- Afeccións da glándula tiroide. Hipotiroidismo. Hipertiroidismo.
- Afeccións da glándula adrenal. Hipoadrenocorticismo. Hiperadrenocorticismo.
- Afeccións do páncreas endócrino. Diabete mellitus. Insulinoma.
- Outras afeccións endócrinas menos comúns: afeccións da glándula paratiroide e afeccións da glándula pituitaria.
BLOQUE IV: PATOLOXÍA MÉDICA DO APARATO URINARIO (7 horas)
- Enfermidade renal aguda.
- Enfermidade renal crónica.
- Estudo clínico das glomerulopatías. Aproximación ao paciente con proteinuria.
- Afeccións do tracto urinario (infeccións, litiase, enfermidade das vías urinarias baixas felina). Aproximación ao paciente con estranguria/disuria/polaquiuria e hematuria.
- Incompetencia uretral. Aproximación ao paciente con incontinencia urinaria.
BLOQUE V: PATOLOXÍA MÉDICA DO SANGUE (5 horas)
- Estudo clínico das anemias: anemias rexenerativas e non rexenerativas.
- Alteracións da hemostase.
-Linfoma no can e no gato
- Esplenomegalia
BLOQUE VI: NEUROLOXÍA (4 horas)
- Abordaxe e manexo do paciente con epilepsia.
- Abordaxe do paciente con paresia/parálise: mielopatías e
patoloxías da columna. Enfermidades do sistema nervioso periférico.
- Abordaxe do paciente con ataxia: síndrome vestibular.
PRACTICAS DE ENCERADO (5 Horas):
-PE 1: Nutrición. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
-PE 2: Nefroloxía. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
-PE 3: Neuroloxía. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
-PE 4: Endocrinoloxía. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
-PE 5: Hematoloxía. Aproximación o paciente por porblemas. Razoamento clínico. Casos clínicos.
TITORÍA:
-Normas da materia. Prácticas. Exame.
CONTIDOS PRACTICOS (28 horas):
As actividades realizadas polos estudantes durante as prácticas son as seguintes:
- Obtención de datos da historia clínica e exame físico.
- Introducción destes datos no historial informático de cada paciente.
- Identificación dos principais problemas do paciente e elaborar unha lista de problemas e analizar (verificar que existe o problema, localizar a súa orixe, localizar o seu mecanismo fisiopatolóxico, especificar a que enfermidade concreta se atribúe) aqueles máis representativos que poidan servir de base para establecer un diagnostico diferencial.
- Identificación da aqueles problemas que requiran atención terapéutica inmediata e o seu diagnostico específico deba ser postergado.
- Selección das probas complementarias para a confirmación ou descarte das sospeitas tendo en conta criterios como a frecuencia de presentación dos procesos, elección de probas menos invasoras, que acheguen máis información e que sexan asumibles economicamente polos propietarios.
- Toma de mostras.
- Interpretación dos resultados obtidos das diferentes probas complementarias utilizadas en cada paciente.
- Establecer un plan terapéutico (tratamento de soporte, específico, sintomático ou paliativo) axeitado a cada situación clínica.
- Establecemento dunha avaliación axeitada de custos beneficios no caso dos animais de renda.
- Establecemento dun plan de seguimento axeitado a cada proceso, seguimento e notas de progresión, cada problema detectado debe ser reavaliado seguindo o Método (Subxectivo Obxectivo Análise Plan) SOAP.
- Manexo de animais hospitalizados.
- Sesiones clínicas: abordar de forma metódica e colaborativa un problema ou situación clínica, seguindo os principios da medicina basada naa evidencia.
- Sesión de diagnóstico diferencial: desenvolver e presentar un proceso diagnóstico diferencial razoado sobre un suposto clínico asignado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Bonagura JD, Twedt DC. (2014). Kirk's Current Veterinary Therapy XV. Philadelphia, Saunders Elsevier.
• Cockcroft, Peter D. (2015). Bovine Medicine. 3 ed. Willey.
(https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9781118948538) (Access by BUGalicia - Uni Santiago Compostela).
• Ettinger, S.J., Feldman, E.C. (2007). Tratado de Medicina Interna Veterinaria. 2 vol. 6 ed. Elsevier España. (castellano)
• Ettinger, S.J., Feldman, E.C., Cote, E. (2017). Textbook of veterinary internal medicine Expert Consult. 8th ed. Elsevier.
• Fidalgo, L.E., Rejas, J., Ruiz de Gopegui, R., Ramos, J.J. (2003). Patología Médica Veterinaria. Universidades de León, Santiago de Compostela y Zaragoza, España.
• Nelson R.W., Couto C.G. (2010). Medicina interna de pequeños animales. Ed. Elsevier. Mosby. Barcelona. (castellano)
• Nelson R.W., Couto C.G. (2014). Small Animal Internal Medicine. 5th ed. Ed Mosby- Elsevier.
• Radostits, O.M., Gay, C.C., Blood, D.C., Hinchcliff, K.W. (2002). Medicina Veterinaria. Tratado de las enfermedades del ganado bovino, ovino, porcino, caprino y equino. Mc Graw-Hill Interamericana, 9ª ed., Madrid. (castellano)
• Constable PD, Hinchcliff KW, Done HD, Gruenberg W. (2017). Veterinary Medicine. A textbook of the diseases of cattle, horses, sheep, pigs and goats - two-volume set. 11th Edition. Elsevier.
• Rand Jacquie (2006). Problem-based Feline Medicine. Elsevier.
• Smith BP, Van Metre D, Pusterla N (2019). Large animal internal medicine. 6th ed. Mosby, Elsevier.
• Smith, B.P. (2010). Medicina interna grandes animales. Elsevier. Madrid (castellano)
• Tilley LP, Smith FWK (2010). Blackwell's Five-Minute Veterinary Consult: Canine and Feline PDA. 4th ed. Wiley-Blackwell.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Dermatología
• Scott, D.W., Miller, W.H., Griffin, C.E. (2001) Muller and Kirk’s small animal dermatology. 6th ed. WB Saunders Co.,
• Medleau , L y Hnilica KA. (2007). Dermatología de pequeños Animales. Ed. Elsevier Saudners. 2ª edicion.
Neurología
• Morales, C. Montoliu, P. (2012). Neurología canina y felina. Multimédica Ediciones Veterinarias.
Nefrología
• Bartges, J. Polzin, D. (2011). Nephrology and Urology of Small Animals. Wiley-Blackwell.
• Chew, D.J. DiBartola, S.P. Schenck, P. (2011). Nefrología y urología canina y felina. Multimédica Ediciones Veterinarias.
Endocrinología
• Feldman, E.C., Nelson, R.W. (2015) Canine and feline endocrinology and reproduction. 4rd ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
• Pérez-Alienza MD, Arenas C, Melián, C (2018). Manual de endocrinología de pequeños animales. Multimédica. 2ª ed.
Hematología
• Feldman, B.F., Zinkl, J.C., Jain, N.C. (2000) Schalm’s veterinary hematology. 5th ed. Lippincott Williams & Wilkins,
RECURSOS DE INTERNET
• https://eclinpath.com
• http://www.vin.com (usar correo institucional da USC para solicitar alta. Gratuito para estudiantes).
• http://www. ivis. org (requiere darse de alta, gratuito).
• http://www.vetlearn.com (requiere darse de alta, gratuito).
• http://todaysveterinarypractice.epubxp.com/read/account_titles/157238 (Today's Veterinary Practice Journal)
• http://argos.portalveterinaria.com/seccion/104/Argos-online-gratis/ (revista argos)
• https://www.drmarkepeterson.com/ (Dr. Mark E. Peterson)
Biblioteca da USC en liña https://busconline.gal.
Pórtico http://sfx.bugalicia.org/san/az
EZproxy (https://ezbusc )
xestionados pola BUGalicia, acceso a libros e revistas electrónicas (con credenciais USC).
Competencias Xerais
. GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
. GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
. GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber).
. CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
. CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
. CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias Específicas profesionais (saber facer, competencias a día 1, day-one skills)
. D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
. D1VUSC 02. Recoller e remitir especimes co seu correspondente informe.
. D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
. D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
. D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
. D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
. D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
. D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas (querer facer)
. CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a Veterinario/a.
. CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
. CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do /a Veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
. CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional, incluíndo a medicina baseada na evidencia.
Competencias transversais
. CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada)
O traballo presencial en Clínica Médica Veterinaria I desenvólvese en 36 horas de clases expositivas, 5 horas de prácticas de encerado, 28 horas de prácticas clínicas e 1 hora de titoría.
As clases EXPOSITIVAS comprenden unha parte importante das horas presenciais do alumno, con 36 horas na aula. Estas horas repartiranse ao longo de todo o semestre segundo figura no calendario oficial do centro.
A PRACTICAS DE ENCERADO abranguen 5 horas repartidas ao longo de todo o semestre segundo figura no calendario oficial do centro. Nestas prácticas desenvolveranse de forma interactiva conceptos aplicativos asociados coa materia impartida e a introdución dos casos clínicos que se empregarán durante o desenvolvemento das clases teóricas.
As sesións expositivas realizaránse con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia. A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
Os alumnos recibirán 28 horas PRÁCTICAS que se impartirán en 5 sesións da seguinte forma: práctica 1 -ClinMed I (P1)- pequenos animais (2 días), práctica grandes animais -ClinMed I (G)- (1 día), práctica 2 pequenos animais -ClinMed I (P2)- (2 días). Impartiránse no HVU Rof Codina en horario de 10.00-14.00 horas, tendo en conta que as prácticas de grandes animais, que se realizan na clínica ambulatoria, poden ter un horario lixeiramente mais extenso por mor dos desprazamentos. 5 sesións clínicas -ClinMed I S- en horario de 9 a 10. 1 sesión de diagnóstico diferencial -ClinMed I E (exposición DD)- en horario de 9 a 11.
Impartirase 1 horas de TITORÍA -ClinMed I T-. A titoria terá lugar o primeiro día do semestre e nela explicarase a organización docente da materia (normas, prácticas, examen, etc.).
A maiores, ao longo do curso propoñeranse unha serie de actividades baseadas na resolución de diferentes situacións clínicas e de busca de información, etc. (traballo non presencial). O Campus virtual será de grande apoio para a realización e xestión de todos estes traballos adicionais por parte do estudante.
A través do Campus virtual poñerase a disposición dos alumnos o material de apoio para o seguimento das clases expositivas, prácticas de encerado y clases prácticas, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, enlaces web, etc.
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIA DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada)
A avaliación da materia realizarase sobre a base dun sistema de avaliación continua (30%) e un exame final de contidos teórico prácticos (70% da cualificación final).
AVALIACIÓN CONTINUA (30% da cualificación final): ao longo da actividade docente regulada (clases teóricas e prácticas de encerado) realizaranse controis do progreso e esforzo do alumno na materia a través do Campus Virtual. Tamén se valorará o interese mostrado e a destreza adquirida nas prácticas. A puntuación da avaliación continua será o 40% da cualificación final.
A avaliación continua dos alumnos será válida por un ano lectivo, sempre que a calificación sexa superior a un 7.5/10. Tras este período, o estudante debe facela de novo. Os estudantes que teñan nota da avaliación continua do curso anterior superior a 7.5 poden facela de novo para mellorar a súa puntuación. Considerarase, para efectos de calificación final a mellor puntuación obtida.
O EXAME FINAL (70% da cualificación global) consta da avaliación de contidos teóricos e prácticos. Para superar a materia o alumno terá que aprobar a parte teórica e a parte práctica da materia independentemente unha doutra.
Avaliación de CONTIDOS TEÓRICOS. (50% da nota final). Esta proba constará dun 90% de preguntas tipo test e 10% preguntas de resposta curta. As preguntas tipo test son de resposta única. As preguntas ben contestadas sumarán 1 punto, as mal contestadas restarán 0.50 puntos e as non contestadas non computan. As preguntas de resposta curta serán de razoamento e suman un punto cando estean correctamente contestadas, no caso contrario sumarán cero puntos non restando ningún. O exame divídese por bloques que deben ser superados de forma independente. Será necesario contestar correctamente o 50% das preguntas de cada bloque temático que compón o exame.
Avaliación de CONTIDOS PRÁCTICOS (20% da nota final):
-Exame escrito de supostos prácticos: a avaliación do aproveitamento dos contidos prácticos valorarase mediante un exame escrito de supostos prácticos (70% da avaliación de contidos prácticos) que se levara a cabo na mesma data do exame teórico. O igual que no caso da docencia teórica, para superar dita proba será necesario acadar una nota mínima de 5/10.
-Avaliación continua derivada das probas asociadas as sesións clínicas e a sesión de diagnóstico diferencia e tratamamento (30% da nota da avaliación de contidos prácticos).
A asistencia a prácticas coa conseguinte avaliación continua derivada das probas asociadas as sesións clínicas e a sesión de diagnóstico diferencial, unha vez realizadas consideraranse vixentes ata que o alumno supere a materia. Non así no caso do exame de supostos prácticos no que a sua nota se manterá solo vixente ata a segunda convocatoria do mesmo curso académico.
CUALIFICACION GLOBAL
Para superar a materia será necesario aprobar o examen final (ambos teórico e práctico). A cualificación obtida no exame final de contidos teóricos e prácticos suporá o 70% da nota total do estudante, o 30% restante obtense das cualificacións da avaliación continuada.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Horas presenciais:
- Clases maxistrais 36 h.
- Prácticas de encerado 5 h.
- Practicas clínicas 28 h.
- Titorias 1 h.
......................TOTAL 70 h
Traballo persoal:
- Estudo individual 54
- Elaboración de memorias de prácticas: 2
- Resolución de casos/ problemas: 20
- Realización de exames 4 h
......................TOTAL 80 h.
- Asistencia a clase.
- Participación activa tanto en aulas teóricas como prácticas.
- Participación activa nas practicas de encerado.
- Asistencia á titoria programada
- Estudo continuado.
- Aproveitamento das horas de titorías cos diferentes profesores.
PLAN DE CONTINXENCIAS NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3
ESCENARIO 2 (distanciamiento)
METODOLOXÍA DA ENSINANZA:
• Clases maxistrais impartiranse sincrona e telemáticamente mediante a plataforma que a institución teña aprobada para tal fin. Estas sesións contarán co Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e se manteñan as mismas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiosanitarias en función da recomendación das autoridades no momento (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia de seguridade ou outras).
• Estudo independente de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
• Asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas –tanto o traballo presencial como o realizado de forma telemática a través das plataformas habilitadas–.
• A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais e telemáticas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática ou, se as circunstancias o permitiran, de forma presencial.
O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ESCENARIO 3 (peche de instalacións)
METODOLOXÍA DA ENSINANZA:
• Todas as actividades docentes realizaranse de forma sincrona e telemática mediante as plataformas habilitadas para tal fin, complementadas co uso do Campus Virtual e respectando os horarios establecidos no calendario académico 2020-21.
• Mantense o requisito de asistencia regular para as sesións teóricas telemáticas, e obrigatoria para as actividades prácticas virtuais programadas.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
• Asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas.
• A avaliación continua da actividade realizarase mediante probas telemáticas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática.
O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Germán Santamarina Pernas
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- german.santamarina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Ines Miranda Castañon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- marta.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Luisa Suarez Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822622
- Correo electrónico
- maruska.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Eusebio Fidalgo Alvarez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- luis.fidalgo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucas Rigueira Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- lucas.rigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luciano Espino Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822623
- Correo electrónico
- luciano.espino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Inmaculada Orjales Galdo
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822611
- Correo electrónico
- inma.orjales [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Galego | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Castelán | Aula virtual |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
16.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
20.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |