Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Química Física, Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Física Aplicada, Química Física, Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento básico da morfoloxía, bionomía e sistemática de animais e plantas de interese veterinario. Coñecemento dos procesos químicos básicos, así como das bases físicas dos procesos biolóxicos e as súas aplicacións nas ciencias veterinarias.
CcFf. ZOOLOXÍA
Clases expositivas:
1. - Conceptos xerais.
Morfoloxía, bionomía e sistemática dos animais de interese veterinario. Filoxenia, sistemática e concepto de especie. Reino Animalia. Modelos de organización. Tipos de simetría e cavidades corporais. (CcFf- Zooloxía. Expositiva: 3:30 h).
2. – Diversidade animal. Estudo dos taxons máis relevantes.
Deseño corporal e funcións básicas de Esponxas, Cnidarios ( medusas, anemones e corais), Platihelmintos ( planarias, doias e tenias), Nematodos, Anélidos (miñocas de terra, sambesuga e poliquetos), Artrópodos (crustáceos, arácnidos e insectos), Moluscos (caracois, bivalvos e cefalópodos), Cordados (peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos). (CcFf-Zooloxía. Expositiva: 4:30 h).
Clases interactivas:
Clase de Titoría: Introdución á práctica 1 e normas do laboratorio (CcFf- Zooloxía T1: 30 min).
Prácticas de laboratorio (LB):
1. - Observación de Protozoos e animais de charcas de auga doce. (CcFf- Zooloxía LB1: 1:30 h).
2. - Disección do Mexillón (Mytilus galloprovincialis). (CcFf- Zooloxía LB2: 1:30 h).
3. - Disección da Miñoca de terra (Eisenia andrei). (CcFf- Zooloxía LB3: 1:30 h).
4. - Disección da Cigala (Nephrops norvegicus). (CcFf- Zooloxía LB4: 1:30 h).
5. - Disección da Abella do mel (Apis mellifera). (CcFf- Zooloxía LB5: 1:30 h).
6. - Disección da Troita arcoiris (Oncorhynchus mykiss). (CcFf- Zooloxía LB6: 1:30 h).
As prácticas de laboratorio ( LB) de CcFf- Zooloxía realizaranse no laboratorio de prácticas do Departamento de Zooloxía (Pavillón 3, 1º piso baixo). Facultade de Veterinaria.
CcFf. BOTÁNICA
Clases expositivas:
1. Conceptos xerais.
Principais grupos de organismos. Dominios e Reinos: Protistas, Fungos e Plantas. Características xerais e clasificación. (CcFf-Botánica. Expositiva: 3 h).
2. Diversidade das plantas.
Morfoloxía externa e bioloxía reprodutiva das plantas: Plantas sen sementes. Plantas con sementes: Gimnospermas e Angiospermas, características xerais e clasificación, estudo dos taxons de interese veterinario. (CcFf-Botánica. Expositiva: 3 h).
Clases interactivas:
Clase de Titoría (T): Introdución á práctica 1: Normas de Laboratorio. Realización do Traballo da parte de Botánica: Temas e normas: organización do contido, avaliación (CcFf-Botánica T1: 30 min).
Prácticas de laboratorio (LB):
1. Plantas: Estudo da morfoloxía externa. Organización e estruturas reprodutoras (CcFf-Botánica LB1: 2 h).
2. Plantas. Anxiospermas Dicotiledóneas (Fabáceas e Asteráceas) (CcFf-Botánica LB2: 2 h).
3. Plantas. Anxiospermas Monocotiledóneas (Poáceas) (CcFf-Botánica LB3: 2 h).
As prácticas de laboratorio (LB) de CcFf-Botánica realizaranse nos laboratorios de prácticas de Botánica (Pavillón 4, planta 2ª (4D 214, local 77) e 3ª inferior, (4D 311, local 113)). Facultade de Veterinaria.
CcFf. QUÍMICA
Clases expositivas:
Tema 1. Estrutura das moléculas orgánicas e forzas intermoleculares.
Electronegatividade. Conceptos básicos sobre a ligazón química. Ligazón covalente. Xeometría molecular. Hibridación de orbitais atómicos. Polaridade de ligazóns e de moléculas. Clases de compostos orgánicos segundo os grupos funcionais. Forzas intermoleculares. (CcFf-Química. Expositiva: 2.5 h).
Tema 2. Equilibrio acedo-base e redox.
Acedos e bases. Pares conxugados acedo-base. Equilibrio de autoionizazón e produto iónico da auga. Constante de acidez e basicidade. Fortaleza dos acedos e das bases. Concepto de pH. Cálculo do pH de disolucións de acedos e bases. Grao de disociación. Propiedades acedo-base dos sales. Efecto do ión común en reaccións acedo-base. Disolucións reguladoras de pH. Oxidantes e reductores. Potenciales de electrodo. (CcFf-Química. Expositiva: 3.5 h).
Clases interactivas:
Prácticas de encerado (PE): Clases prácticas dedicadas á resolución de exercicios e problemas (CcFf-Química PE1: Tema 1, 1 h; Tema 2, 2 h)
Clase de Titoría (T): Dedicarase á aclaración de dúbidas relacionadas cos boletíns de problemas. (CcFf-Química T1: 30 min).
Prácticas de Laboratorio (dúas sesións de prácticas, 6 h en total): Nas Prácticas desenvolveranse actividades prácticas, experimentais e de control orientadas á aplicación, consolidación e avaliación da aprendizaxe dos contidos explicados e traballados no programa teórico.
Programa de Prácticas (LB):
Práctica 1. Operacións de laboratorio: Pesada e balanzas. Material volumétrico. Preparación de disolucións. Medida do pH. Indicadores e papel indicador. (CcFf-Química LB1: 3 h).
Práctica 2. Preparación de disolucións reguladoras. Comprobación da súa capacidade de regulación do pH (CcFf-Química LB2: 3 h).
As prácticas de laboratorio (LB) de CcFf-Química impártense nos laboratorios da Facultade de Ciencias. (O número do laboratorio está por determinar).
CcFf. FÍSICA
Clases expositivas:
Nocións de Biomecánica. (CcFf-Física Expositiva: 2 h)
Bases físicas do funcionamento do sistema circulatorio nos mamíferos. (CcFf-Física Expositiva: 2 h)
Nocións de Biocalorimetría. Metabolismo animal. (CcFf-Física Expositiva: 2 h)
Clases interactivas:
Clase de Titoría (T): Dedicarase a consolidar coñecementos sobre os conceptos analizados nas clases expositivas, en base ás preguntas que expoña o alumnado. (CcFf-Física T1: 30 min).
Seminario (S): Utilizarase para analizar casos prácticos complementarios aos expostos durante as clases expositivas. (CcFf-Física S1: 1 h).
Prácticas de laboratorio (LB): Cada grupo terá unha sesión introdutoria de 1 hora de duración. Despois deberán realizar un mínimo de tres prácticas das seis organizadas de que dispoñerán:
Práctica 1.- Centro de gravidade dun animal. Distribución de carga en patas dianteiras e traseiras (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 2.- Métodos de determinación de densidades (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 3.- Uso de manómetros e efecto Venturi (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 4.- Viscosidade dun alimento líquido e control de calidade (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 5.- Calorimetría, calor específica de líquidos e sólidos (CcFf-Física LB: 2 h).
Práctica 6.- Circuítos de corrente continua. Manexo do polímetro (CcFf-Física LB: 2 h).
(dependendo da dispoñibilidade de material, poden realizarse cambios nestes contidos).
As prácticas de laboratorio (LB) de CcFf-Física realizaranse no Laboratorio de prácticas de Física Aplicada da Facultade de Ciencias.
CcFf- ZOOLOGÍA
Básica:
- HICKMAN C.P., ROBERTS, L.S. & HICKMAN, F.M. Principios integrales de Zoología. Interamericana, Madrid, 18ª ed., 924 pp., 2021.
Complementaria:
- BARNES, R.D. Zoología de los Invertebrados. Interamericana, 4ª ed., México, 1157 pp. 1996.
- DE LA FUENTE, J.A. Zoología de Artrópodos. Interamericana McGraw Hill, México, 805 pp., 1994.
- McGAVIN, G.C. Entomología esencial. Ariel, Barcelona, 350 pp., 2002.
- SOLOMON, E.P., BERG, L.R., MARTIN, D.W. & VILLEE, C. Biología de Villée. Interamericana McGraw Hill, 8ª ed., México, 1193 pp., 2008.
- TELLERÍA, J.L., Zoología evolutiva de los Vertebrados. Síntesis, Madrid, 1988.
- YOUNG, J.Z., La vida de los Vertebrados. Omega, Barcelona, 660 pp. 1985.
CcFf- BOTÁNICA
- CURTIS, H., BARNES, N. S. Biología. 7ª ed. Ed. Panamericana. Buenos Aires. 1010 pp. 2008.
- DÍAZ VIZCAÍNO, E.A. 2011. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas. Unidade Didáctica 4. Universidade de Santiago de Compostela. Disponible en:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/dinamizacion/des…
- IZCO, J., BARRENO, E., BRUGUÉS, M., COSTA, M., DEVESA, J.A., FERNÁNDEZ, F., GALLARDO, T., LLIMONA, X., PRADA, C., TALAVERA, S., VALDÉS, B. Botánica. McGraw Hill Interamericana, Madrid, 781 pp. 2004.
- NABORS, M. W. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid. 712 pp. 2006.
- PURVES, W.K., SADAVA, D., ORIANS, G.H., HELLER, C. H. Vida. La ciencia de la Biología, 6ª ed. Panamericana. Buenos Aires. 1133 pp. 2005.
- RAVEN, P.H., EVERT, R.F. & EICHCHORN, E.E. Biología de las plantas, 2 tomos. Reverté, Barcelona, 1991.
- SOLOMON, E.P., BERG, L.R., MARTIN, D.W. & VILLEE, C. Biología. Interamericana McGraw Hill, 8ª ed., México, 1193 pp., 2008.
- STRASBURGER, E. e col. Tratado de Botánica. 9ª ed. Omega. Barcelona. 2004.
Prácticas:
-AIRA, M.J, VÁZQUEZ, R.A., IZCO, J. (Eds.). Manual de prácticas de Botánica. Laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e intercambio científico. Universidade de Santiago de Compostela, 385p. 2014.
- AIZPURU, I., ASEGINOLAZA, C., URIBE-ECHEBERRÍA, P.M., URRUTIA, P. , ZORRAKIN, I. Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y territorios limítrofes. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco. Vitoria, 830p. 1999.
CcFf- QUÍMICA
Básica:
- R. Chang, K. A. Goldsby, “Química”, 11a Ed., México, McGraw-Hill, 2013.
Complementaria:
- R. H. Petrucci, W. S. Harwood, G. F. Herring, “Química General”, Madrid, Pearson Educación, 2007
CcFf- FÍSICA
Básica:
- CROMER, A.H. Física para las Ciencias de la Vida. Ed. Reverté, 2007.
- ORTUÑO ORTÍN, M. Física para Biología, Medicina, Veterinaria y Farmacia. Ed. Crítica, 1996
- KANE, J.W.; STERNHEIM, M.M. Física. Ed Reverté, 2007.
Complementaria:
- GIANCOLI, D.C. Física. Principios y Aplicaciones. Ed Prentice Hall Mexico, 2007.- HEWITT, P.H. Física Conceptual. Pearson. Addison Wesley, 2004.
- McDONALD, S.C.G.; BURNS, D.M. Física para las Ciencias de la Vida y de la Salud. Fondo Educativo Iberoamericano, 1989.
- STROTHER, G.K. Física Aplicada a las Ciencias de la Salud. Ed McGraw-Hill, 1981.
XERAIS PARA A MATERIA
Competencias xerais:
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias específicas disciplinares (saber):
• CEDVUSC 01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación.
• CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans.
• CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
Competencias específicas profesionais (saber facer):
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
Competencias específicas académicas (querer facer):
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
• CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como
información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
• CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As clases impartiranse de maneira presencial e nelas explicaranse os contidos establecidos no programa da materia con axuda do encerado e os medios audiovisuais que se consideren oportunos.
As prácticas de laboratorio servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencia práctica.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos alumnos do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-alumno.
Non haberá dispensa de asistencia.
A materia divídese en catro disciplinas (Física, Química, Botánica e Zooloxía), cada unha dos cales presenta contidos teóricos e prácticos. A nota final da materia será a media das obtidas nas catro disciplinas, sempre que en cada unha delas obtéñase como mínimo un 4, sobre un máximo de 10 puntos. En caso contrario, a nota final será inferior a un 4.
A avaliación de cada disciplina farase a partir dos seguintes elementos:
- Un exame final presencial que consistirá nunha proba escrita con cuestións teóricas (en Zooloxía e en Botánica) e teórico-prácticas (en Física e en Química). Ese exame supoñerá na nota un máximo de 6 puntos sobre 10.
- Avaliación continua, que se desagrega como segue:
Á asistencia e aproveitamento das Prácticas de Laboratorio (de realización obrigatoria) corresponderalle un máximo de 1.5 puntos sobre 10.
Os restantes 2.5 puntos sobre 10 corresponderán á asistencia a clase, participación e aproveitamento das actividades lectivas, e á avaliación dos seguintes traballos e cuestionarios:
- CcFf-Zooloxía: seis cuestionarios, a realizar na aula Virtual, sobre os contidos das prácticas. O prazo para a súa realización iniciarase tras a finalización de cada práctica e a súa duración será de 15 min cada un.
- CcFf- Botánica: Presentación dun traballo (10%). A realizar nos primeiros 30-45 días do curso. Presentación dun Informe-cuestionario (9%). Elabórase e entrega en cada sesión práctica. Cuestionario sobre teoría, preparatorio do exame (6%). A realizar na primeira quincena de decembro.
- CcFf-Química: dous cuestionarios telemáticos, un correspondente a cada tema desta materia, a realizar na aula Virtual da materia. Estes cuestionarios terán unha duración de entre 45 e 60 minutos, e aplicaranse aproximadamente dúas semanas despois de terminar de impartir a materia (teoría, exercicios e problemas) correspondente a CcFf-Química.
- CcFf- Física: ao finalizar as clases, deberán presentar un “traballo de clase”, que consistirá na resolución completa dos casos prácticos que se expuxeron nas clases expositivas. Poderá complementarse a avaliación continua con algún cuestionario en liña, antes do exame.
A nota de cada disciplina = Nota exame final sobre 10 · 0.6 + Nota prácticas sobre 10 · 0.15 + Nota do resto da avaliación continua sobre 10 · 0.25.
Para que se aplique esa fórmula será necesaria unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos no exame final e na nota de prácticas das catro disciplinas. En caso contrario, a cualificación da disciplina afectada será = 0.6 · nota exame final sobre 10. Se este valor fose igual ou superior a 4, a cualificación da disciplina sería 3.9.
Aos alumnos repetidores preservaráselles a cualificación das disciplinas aprobadas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tratase dunha materia de 6 créditos, polo que o traballo máximo do alumno non lle debe ocupar mais de 150 horas totais.
Traballo presencial na aula:
- Clase Expositiva: 26 h.
- Prácticas de laboratorio (LB): 28 h
- Prácticas de encerado (PE): 3h
- Seminario (S): 1 h
- Titorías de grupo (T): 2 h
Total traballo presencial= 60 horas
Traballo persoal do estudante:
- Estudo individual: 42 h.
- Elaboración de memoria das prácticas: 2h.
- Elaboración de traballos e cuestionarios: 12 h
- Revisión bibliográfica: 6 h.
- Asistencias a charlas e outras actividades recomendadas: 3 h.
- Resolución de problemas: 12,5 h.
- Presentacións orais 2 h
- Realización de exames: 10,5 h
Total horas traballo persoal do estudante= 90 h
Total horas: 150 h
Recoméndase revisar e actualizar os coñecementos de Bioloxía, Matemáticas, Física e Química adquiridos nos estudios de E.S.O. e Bacharelato.
Maria Celia Besteiro Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 982822309
- Correo electrónico
- celia.besteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Aida Jover Ramos
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- aida.jover [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eugenio Anselmo Rodriguez Nuñez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- eugenio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Elvira Antonia Diaz Vizcaino
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- elvira.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Angel Meijide Del Rio
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824083
- Correo electrónico
- francisco.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Adolfo Manuel Outeiro Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- adolfo.outeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Paz Ondina Navarret
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Antonio Carrazana Garcia
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824132
- Correo electrónico
- jorge.carrazana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Catarina Varela Dopico
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- catarina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral en Formación
Ángel Vidal Vidal
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán, Galego | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego, Castelán | Aula 3 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego, Castelán | Laboratorio Física Aplicada - Facultade de Ciencias |
09.12.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
09.12.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
09.12.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
04.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |