Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir os coñecementos da estrutura da célula eucariota e a súa organización en tecidos e órganos. Descrición dos tecidos, órganos, aparatos e sistemas dos animais domésticos.
Programa expositivo. Os contidos impartiranse en sesións expositivas de 50 min de duración de acordo co horario programado.
Citoloxía
1. Concepto da materia. Consideracións históricas. Teoría celular. Estrutura xeral da célula eucariota.
2. Membrana plasmática. Diferenciacións da membrana. Unións intercelulares.
3. Citoplasma. Compoñentes. Orgánulos citoplasmáticos. Sistema Membranoso: Retículo endoplásmico. Ribosomas. Complexo de Golgi.
4. Lisosomas. Peroxisomas. Centrosoma (centro celular). Mitocondrias.
5. Núcleo. Nucléolo. Envoltura nuclear. Ciclo celular.
6. Diferenciación Celular. Poboacións celulares. Morte celular.
Histoloxía
7. Tecidos animais. Tecido epitelial de revestimento. Tecido epitelial glandular.
8. Tecidos conectivos.
9. Tipos de tecidos conectivos. Tecido adiposo. Tecido cartilaxinoso.
10. Tecido óseo.
11. Sangue. Hematopoiese.
12. Tecido muscular. Fibra esquelética.
13. Tecido muscular cardíaco. Tecido muscular liso.
14. Tecido nervioso. Neurona. Fibra nerviosa. Sinapse. Neuroglia.
Organografía
15. Concepto de órgano, aparato e sistema. Tipos de órganos: parenquimatoso e tubular ou oco.
16. Sistema vascular sanguíneo. Estrutura xeral dos vasos sanguíneos. Arterias. Veas e capilares. Corazón: endocardio, miocardio e pericardio. Sistemas porta e anastomoses. Sistema vascular linfático.
17. Aparello dixestivo. Características xerais. Cavidade oral. Dentes. Lingua. Orofarinxe.
18. Esófago. Estómago: Xeneralidades. Porcións non glandulares de rumiantes. Estómago glandular: xeneralidades e estrutura.
19. Intestino. Xeneralidades. Intestino delgado. Intestino groso.
20. Glándulas salivares. Páncreas.
21. Fígado. Vesícula biliar.
22. Aparello respiratorio. Características xerais. Vías de condución aérea: Cavidade nasal. Senos nasais e paranasais. Bolsas guturais. Larinxe. Tráquea
23. Pulmón. Xeneralidades. Vías de condución: bronquios e bronquíolos. Porción respiratoria. Pleura.
24. Aparello excretor. Ril. Vías urinarias.
25. Aparello reprodutor do macho. Testículo. Túbulos seminíferos. Células intersticiais.
26. Epidídimo. Conduto deferente. Glándulas anexas.
27. Aparello reprodutor da femia. Ovario.
28. Oviduto. Útero. Vaxina
29. Sistema linfoide. Xeneralidades. Tipos de tecido linfoide. Timo. Medula ósea. Tecido linfoide asociado ás mucosas.
30. Linfonodos. Nódulos hemolinfáticos e hemales. Bazo.
31. Sistema endocrino. Hipófise. Glándula pineal.
32. Tiroide. Paratiroide. Adrenais. Sistema endocrino difuso.
33. Órganos nerviosos centrais. Terminacións nerviosas periféricas.
34. Órganos dos sentidos.
35. Pel. Glándulas cutáneas e formacións córneas.
Programa interactivo
Laboratorio 3D.216. Pabillón III 2ª pranta
Duración: duración de 2 horas
LB 1. Técnica histolóxica. Microscopio fotónico e electrónico
LB 2. Citoloxía I
LB 3. Citoloxía II
LB 4. Epitelios e glándulas
LB 5. Tecidos adiposo, cartilaxinoso e óseo
LB 6. Tecidos musculares
LB 7. Corazón, vasos. Tecido nervioso
LB 8. Dixestivo I: Canal alimentario
LB 9. Dixestivo II: Estómago de rumiantes. Glándulas anexas.
LB 10.Aparello respiratorio
LB 11.Aparello urinario
LB 12.Aparello xenital
LB 13.Sistema linforreticular
LB 14.Sistema endocrino
LB 15.Integumento común
LB 16.Sistema nervoso
LB 17.Repaso
LB 18.Exame (3 horas)
Bibliografía básica:
AUGHEY, E. (2001). Comparative veterinary histology: with clinical correlates. Ames: Iowa State University Press
BACHA, W. (2012). Colour Atlas of Veterinary Histology. 3rd Ed. Wiley-Blackwell
BANKS, W.J. (1993). Applied Veterinary Histology, 3rd Ed. Mosby-Year Book
DELLMAN, H.D. (1993). Textbook of Veterinary Histology 4 Sub Edition
FAWCETT, D.W. (1998). Textbook of Histology. Taylor & Francis
JUNQUEIRA, L.C., & CARNEIRO J. (2008). Histología Básica: Texto y Atlas. 6ª Ed. Masson
GARTNER, L.P. & HIAT, J.L. (2009). Colour Atlas of Histology. Wolters Kluwer Health/Lippincott William & Wilkins
KIERSZENBAUM, A. L (2007). Histology and cell biology: an introduction to pathology. Mosby Elsevier
ROSS, M. H., PAWLINA, W. (2016) Histología, texto y atlas. Correlación con biología molecular celular. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins. 7ª ed.
OVALLE, W.K., NAHIRNEY, P.C. (2021) Netter. Histología esencial. Con correlación histopatológica. 3ª ed. Elsevier
ROSS, M.H. & PAWLINA, W. (2018). Histology: A text and atlas: with correlated cell and molecular biology. Wolters Kluwer. 8th ed.
YOUNG, B., HEATH, J.W., STEVENS A., BURKITT H. G. (2005). Wheater's functional histology: a text and colour atlas, Vol. 1. Churchill Livingstone
Bibliografía complementaria:
Histology-World. http://www.histology-world.com/.
Molecular Expressions Microscopy Primer_ Introduction to Microscopy. http://micro.magnet.fsu.edu/primer/.
Nikon Microscopy. https://www.microscopyu.com/.
The Biology Project. http://www.biology.arizona.edu/.
Atlas histologico interactivo. http://www.ujaen.es/investiga/atlas/.
Atlas interactivo de histología http://www.unioviedo.es/morfologia/Atlas/es/download.htm.
Martindale’s "The Reference Desk". http://www.martindalecenter.com/Vet_8_Subject.html#Histo-C.
Histología. Facultad de Medicina. Universidad de Zaragoza.
http://wzar.unizar.es/acad/histologia/
Website of Histology. School of Medicine. Southern Illinois University.
http://www.siumed.edu/~dking2/index.htm
Histology Guide virtual histology laboratory. http://www.histologyguide.com/
Atlas de histología vegetal y animal: http://mmegias.webs.uvigo.es/inicio.html
A Biblioteca Universitaria conta co servizo EZproxy que garante o acceso a os recursos electrónicos a toda la comunidade universitaria.
Asímesmo, recomendase a BUSC EN LIÑA https://busconline.gal.
Tamén, a través do portal (http://sfx.bugalicia.org/san/az) poderanse realizar pesquisas de revistas científicase libros electrónicos (coas credenciais da USC).
Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a búsqueda a través de PubMed ou Google Scholar.
XERAIS DO TÍTULO
• GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02 Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06 Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
ESPECÍFICAS DISCIPLINARIAS
• CEDVUSC02 Estrutura e función dos animais sans.
ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (D1VUSC)
• D1VUSC03 Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (CEAVUSC)
• CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
TRANSVERSAIS (CTVUSC)
• CTVUSC02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
A presencialidade podería requerir da aplicación de medidadas hixiénico-sanitarias determinadas polas autoridades
• Clases expositivas con apoio TIC
• Traballo práctico autónomo en grupos de 20 alumnos e supervisado polo profesor
• Estudo independente de cada alumno
• Titorías
Os estudantes asistirán ás clases expositivas e poderán intervir nos debates que se susciten.
O traballo nas sesións interactivas realizarase en grupos reducidos de 20 estudantes no laboratorio 3D.216 po pavillón III, 2ª pranta superior. O profesor fará unha breve introdución do traballo que se vai realizar e, a continuación, cada estudante co seu microscopio estudará as preparacións histolóxicas representativas.
Durante o transcurso das sesións interactivas, os estudantes confeccionarán unha memoria con fotos, debuxos e esquemas propios que será avaliado polos profesores encargados da docencia.
A última sesión adicarase á realización dun exame práctico dos contidos vistos durante todas as sesións.
A entrada do laboratorio figuran as normas básicas de bioseguridade que o estudantado debe cumprir no recinto, calquera dúbida ao respecto será solucionada polo profesorado.
Para poder realizar o exame é necesario asistir regularmente as sesión expositivas e ao 100% das sesións prácticas
Exame final da materia para avaliar o dominio dos coñecemento teóricos..........................................................50%
Avaliación continua durante o desenvolvemento das prácticas complementado cun exame na última sesión...........30%
Memoria de prácticas e participación nas sesións teóricas e prácticas................................................................20%
Criterios de avaliación:
Avaliarase o grao de coñecemento dos contidos impartidos nas clases expositivas e prácticas.
- Os exames da parte expositiva poden incluír varias modalidades de preguntas: preguntas curtas, preguntas de resposta múltiple ou ben preguntas de verdadeiro/falso, onde se debe elixir a resposta correcta entre varios enunciados, ou preguntas referidas a esquemas ou figuras.
- A parte práctica consistirá na identificación, ben mediante o microscopio ou mediante diapositivas de distintos órganos e estruturas histolóxicas cas que se ten traballado nas sesións prácticas.
- Cuestionarios de comprensión dinámicos ao remate de cada grupo temático de prácticas (utilizando o Campus Virtual), para afianzar a aprendizaxe nas prácticas que acaban de realizar.
- O exame final é obrigatorio e complementario da avaliación continua.
- A nota final será o resultado da media dos tres aspectos anteriores, se ben, para poder realizar esta media, é necesario alcanzar como mínimo o 50% en cada unha das partes.
- Os alumnos repetidores que teñan superada a parte interactiva, manteráselles a cualificación.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”
Non procede a dispensa de asistencia a clases expositivas nin interactivas.
Traballo presencial na aula
Clases expositivas……………………..…..37 horas
Prácticas de laboratorio………………….37 horas
Titorías…………………………………..………...1 hora
Total horas de traballo presencial….75 horas
Traballo persoal do/a estudante
Estudio individual…………………………………………………….…...55.5 horas
Preparación de prácticas e elaboración da memoria… ...9.5 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc. ……………………………7 horas
Realización de exames…………………………....………………..….3 horas
Total horas de trabalo persoal do/a estudante…….......75 horas
TOTAL HORAS DO/A ESTUDIANTE……………….......…....150 HORAS
O alumno deberá asistir ás clases con actitude positiva e participar activamente.
Para o estudo posterior en profundidade desta materia, o estudante debe consultar libros de texto e atlas histolóxicos que lle axudarán a clarificar os conceptos e abstraccións impartidos na aula.
Nuria Vicenta Alemañ Posadas
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- nuria.alemany [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Matilde Lombardero Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- matilde.lombardero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Cifuentes Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- m.cifuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Bermudez Pose
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Teléfono
- 982822341
- Correo electrónico
- roberto.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mateo Vazquez Torres
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- mateovazquez.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martin Perez Diaz
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- martinperez.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Galego | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 3 |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
15.05.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
15.05.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
15.05.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.06.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |