Créditos ECTS Créditos ECTS: 7.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 94.5 Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 38 Clase Interactiva: 37 Clínicos EEES: 6 Total: 187.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Obxectivos específicos:
- Estudio dos axentes naturais ou de síntese que poden producir intoxicación aguda ou crónica en animais.
- Identificación, mecanismo de acción, diagnóstico clínico ou experimental da toxicidade e tratamento.
- Resolución de casos clínicos.
- Coñecemento de residuos en productos alimenticios con posible risco para a saúde pública e os contaminantes ambientais: Avaliación toxicolóxica da exposición a tóxicos.
- Bases toxicolóxicas e legais para asegurar a inocuidade de fármacos e aditivos.
- Capacidade para poder discriminar científicamente sobre o balance beneficio/risco.
2.- Obxectivos complementarios:
- Descubran a importancia da disciplina no Grao de Veterinaria e no seu futuro profesional.
- Adquiran un vocabulario e terminoloxía toxicolóxica específica.
- Ter inquedanza por temas de interese xeral e/ou social en relación á toxicoloxía (ex.: catástrofes ecolóxicas, repercusións na saúde humana).
- Utilicen de forma crítica as fontes bibliográficas.
En definitiva, a adquisición por parte do alumno dunha cultura toxicolóxica.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS EXPOSITIVAS:
A) Toxicoloxía Xeral. (13 horas)
1.- Introducción: desenvolvemento e evolución da Toxicoloxía. Conceptos. Clasificación das intoxicacións. (2 horas)
2.- Avaliación toxicolóxica. (2 horas)
3.- Toxicocinética: absorción, distribución, biotransformación e eliminación de tóxicos. Reacciones de biotransformación. (2 horas)
4.- Toxicodinamia: mecanismos de acción do tóxico. (1 hora)
5.- Carcinoxénese, mutaxénese e teratoxénese. (3 horas)
6.- Atención clínica en intoxicacións de animais I: Procedementos e Diagnóstico clínico. (2 horas)
7.- Atención clínica en intoxicacións de animais II: Terapéutica antitóxica e Servicios de Toxicoloxía. (1 hora)
B) Toxicoloxía Especial. (25 horas)
8.- Intoxicación por urea e nitróxeno non proteico (NNP). (1 hora)
9.- Intoxicación por sodio: cloruro sódico e privación de auga. (1 hora)
10.- Praguicidas: concepto e clasificación. Importancia do seu uso. Mecanismos de acción dos praguicidas. (3 horas)
11.- Intoxicación por Insecticidas Organoclorados. (1 hora)
12.- Intoxicación por Insecticidas Organofosforados e Carbamatos. Insecticidas de orixe vexetal: nicotina e piretroides. (2 horas)
13.- Intoxicación por Herbicidas: clasificación. Herbicidas inorgánicos e orgánicos de síntese. (1 hora)
14.- Intoxicación por Fungicidas: clasificación. Derivados dinitro, ditiocarbamatos, hexaclorobenceno e outros. (1 hora)
15.- Intoxicación por Rodenticidas: clasificación. Derivados da urea (ANTU). Fluoroacetato sódico. Estricnina. Rodenticidas anticoagulantes. (3 horas)
16.- Intoxicación por fungos macroscópicos (cogomelos) hepatotóxicos: detección de Amatoxinas. (1 hora)
17.- Micotoxinas: concepto e clasificación. Intoxicación por micotoxinas. (1 hora)
18.- Micotoxinas do xénero Aspergillus: Aflatoxinas e Ocratoxinas. (1 hora)
19.- Micotoxinas do xénero Penicillium. Micotoxinas do xénero Fusarium. (1 hora)
20.- Ecotoxicoloxía: conceptos. Ciclos ecolóxicos dos contaminantes ambientais. Parámetros de inocuidade. Concepto de tolerancia cero. (1 hora)
21.- Toxicoloxía de metais pesados: Plomo e outros. (1 hora)
22.- Reaccións adversas a medicamentos. Interaccións medicamentosas. Toxicidade de analxésicos. Toxicidade de antibióticos. Toxicidade de antihelmínticos. (2 horas)
23.- Intoxicación por plantas cardiotóxicas. Intoxicación por plantas que afectan ó sistema hemático.(1 hora)
24.- Intoxicación por plantas nefrotóxicas. Intoxicación por oxalatos. (1 hora)
25.- Intoxicación por plantas que afectan ó sistema nervioso e/ou musculoesquelético. Latirismo. (1 hora)
26.- Intoxicación por plantas hepatotóxicas e fotosensibilizantes. Intoxicación por plantas que afectan ó sistema dixestivo.
(1 hora)
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS PRÁCTICAS
1.- Avaliación toxicolóxica experimental: animalario e determinación da DL50 en ensaios de toxicidade aguda. (Toxicología OR) (4 horas).
2.- Avaliación de acordo coa Normativa vixente da perigosidade de Productos químicos. (Toxicología LB1) (4 horas).
3.- Análise Toxicolóxica Cualitativa. Análise cualitativa non dirixida e Análise cualitativa dirixida de herbicidas bipiridílicos. (Toxicología LB2) (4 horas)
4.- Práctica Clínica non asistencial I: Marcha analítica xeral da investigación toxicolóxica, toma e remisión de mostras, recursos instrumentais; Servizo de Atención e Información Toxicolóxica Veterinaria SATVe). (Toxicología C1) (4 horas)
5.- Práctica Clínica non asistencial II: Diagnóstico de intoxicación por Paracetamol en pequenos animais. Análise cuantitativa mediante espectrofotometría visible. (Toxicología C2) (4 horas)
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS DE ENCERADO (Toxicología PE) (17 horas)
- Resolución de casos clínicos.
- Exposición de traballos monográficos polos estudantes.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
BUCK, W.B. OSWEILER, G.D.; VAN GELDER, G.A. Toxicología Veterinaria Clínica y Diagnóstica. Ed. Acribia, Zaragoza, 1981
HUMPHREYS, D.J. Veterinary Toxicology. Ed. Baillière Tindall. 3ª ed., London, 1988
JURADO COUTO, R. Toxicología Veterinaria. Ed. Salvat. 2ª ed., Madrid, 1989
KLAASSEN, C.D.; WATKINS, J.B. Casarett y Doull. Fundamentos de Toxicología. Edición en español revisada por M. López-Rivadulla. Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid. 2005.
LOOMIS, T.A. Fundamentos de Toxicología. Ed. Acribia. Zaragoza, 1982
MELGAR RIOL, M.J., NÓVOA VALIÑAS, M.C., GARCÍA FERNÁNDEZ, M.A., PÉREZ LÓPEZ, M., Atención clínica en intoxicaciones de animales, Ed. USC, editora manuais, Santiago de Compostela, 2012.
NOGUÉ, S. Toxicología Clínica. Bases para el Diagnóstico y el Tratamiento de las Intoxicaciones en Servicio de Urgencias. Ed. Multimédica Ediciones Veterinarias. 2019.
REPETTO, M. Toxicología fundamental. Ed. Científico-Médica. 4ª ed. Barcelona, 2009
RODER, J. Manual de Toxicología Veterinaria. Ed. Multimédica S.A., Barcelona, 2002. http://www.rednacionaldeveterinarias.com.uy/articulos/farmacologia%E2%8…
https://silo.tips/download/toxicologia-veterinaria.
https://www.researchgate.net/publication/297217743_Principios_de_Toxico…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ABOU-DONIA, M. Mammalian toxicology. John Wiley and Sons, Ltd. New Delhi, 2015.
ANDERSON, D.; CONNING, D.M. Experimental Toxicology: The Basic Issues. 2nd Edition. Royal Society of Chemistry. Cambridge, 1993
ARIËNS, E.J.; LEHMAN, P.A.; SIMONIS, A.M. Introducción a la Toxicología General. Ed. Diana. México, 1968
CABRERA FORNEIRO, J. Los antídotos y otros productos antitóxicos. Ed. Ela, Madrid, 1994
CAMEÁN, A; REPETTO, M. Toxicología Alimentaria. Ed. Díaz de Santos. Madrid. 2006.
CAPÓ MARTÍ, M. Principois de Ecotoxicología: Diagnóstico, Tratamiento y Gestión del Medio ambiente. McGraw-Hill Profesional. Madrid, 2002
DUFFUS, J. H. Toxicología Ambiental. Ed. Omega, Barcelona, 1983
FAN, A.M.; CHANG, L.W. Toxicology and risk assessment. Principles, methods, and applications. Ed. Marcel Dekker, Inc., Nueva York, 1996
GFELLER, R.W.; MESSONNIER, S.P. Hanbook of Small Animal Toxicology. Ed. Mosby, Baltimore, 1998
GUITART, R. Tóxicos, los enemigos d la vida. Edicions UAB. Barcelona, 2014
GUPTA, R. Veterinary Toxicology: Basic and clinical principles. 2nd. Elsevier-Academic Press. Amsterdam, 2012.
HODGSON, E. A Textbook of Modern Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, New York, 2004
HODGSON, E.; SMART, R.C. Introduction to Biochemical Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, New York, 2001
KLAASSEN, C.D. CASARETT & DOULL'S TOXICOLOGY: THE Basic Science of Poisons. Ed. McGraw-Hill. 9ª ed. New York, 2019.
KLAASSEN, C & WATKINS, J. Casarett & Doull's Essentials of Toxicology. Ed. McGraw-Hill. 4ª ed. New York, 2021.
LORGUE, G.; LECHENET, J.; RIVIÈRE, A. Clinical Veterinary Toxicology. Ed.. Blackwell Science, London. 1996
MARRUECOS, L.; NOGUÉ, S.; NOLLA, J. Toxicología clínica. Ed. Springer-Verlag Ibérica, Barcelona, 1993
NIESINK, R.J.M; DE VRIES, J.; HOLLINGER, M.A. Toxicology: Principles and Applications. CRC Press, Boca Raton, 1996
PETERSON, M.E.; TALCOTT, P.A. Small Animal Toxicology. Ed. Saunders Company, Londres. 2001
PLA, A., HERNÁNDEZ, A., GIL, F. Manual de Toxicología. Ed. Avicam, 2ª edición. 2019.
REPETTO, M. Toxicología Avanzada. Ed. Díaz de Santos. Madrid, 1995.
STAHR, H.M. Analytical Methods in Toxicology. John Wiley & Sons, Inc. New York, 1991
THOMPSON, M. Diagnóstico Diferencial Clínico en Pequeños Animales. Ed. Multimédica Ediciones Veterinarias. 2019.
VALLEDOR DE LOZOYA, A. Envenenamientos por animales. Ed. Díaz de Santos, Madrid, 1994
VILLANÚA FUNGAIRIÑO, L. Toxicología: Toxicología General y Análisis Toxicológico. Universidad Complutense. 2ª ed. Madrid, 1982.
VILLAR D. y ORTIZ JJ. Plantas Tóxicas de interés veterinario. Edt. Elsevier-Masson. Barcelona, 2006.
WEXLER P. Toxicology in Antiquity (History of Toxicology and Environmental Health). Ed. Academic Press. New York, 2018.
- Competencias xerais do Título en Veterinaria:
*GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
*GVUSC02. Capacidade de análise e síntesis.
*GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o eido de traballo.
*GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
*GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
*GVUSC06. Capacidade de traballar de xeito autónomo e en equipo.
*GVUSC010. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
- Competencias específicas disciplinares (saber):
*CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estructura e función do organismo animal.
*CEDVUSC08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermedades animais, individuais e colectivas, e a súas medidas de prevención, con especial énfasis nas zoonosis e nas enfermedades de declaración obrigatoria.
*CEDVUSC09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
*CEDVUSC016. Coñocer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
- Competencias Específicas Profesionais (saber facer):
*D1VUSC02. Recoller e remitir mostras co seu correspondente informe.
*D1VUSC03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
- Competencias Específicas Académicas (querer facer):
*CEAVUSC02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
*CEAVUSC04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
*CEAVUSC08- Ser consciente de la necesidad de mantener actualizados los conocimientos, habilidades y actitudes de las competencias profesionales mediante un proceso de formación permanente.
- Competencias transversais:
*CTVUSC01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
*CTVUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico.
*CTVUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. *CTVUSC04. Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, coherente e conciso.
*CTVUSC05. Habilidade no manexo das TICs.
*CTVUSC06. Emprego de información en lingua extranxeira.
*CTVUSC07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A docencia será presencial no curso 2022-23.
TOTAL HORAS DO ALUMNO 187,5: 78 horas traballo presencial e 109,5 horas traballo persoal do alumno.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA: 78 h.
Distribución temporal presencial:
- 38 horas de Clases Expositivas.
- 8 horas de Clases Interactivas de Laboratorio (Toxicología LB)
- 4 horas de Clases Interactivas de Computador (Toxicología OR)
- 8 horas de Clases Prácticas clínicas non asistenciais (Toxicología C)
- 17 horas de Clases Interactivas de Prácticas de encerado (Toxicología PE)
- 3 horas de Titorías en grupos (Toxicología T).
- Traballo complementario de Ensinanza virtual: Plataforma no Campus virtual USC.
Nas clases expositivas utilizaranse medios audiovisuais xunto coas explicacións orais do profesor. Esporádicamente o profesor poderá interrelacionarse cos alumnos realizando preguntas para a súa contestación inmediata, e periódicamente (mensual) pediranse por escrito as respostas a todos os alumnos.
*Práctica interactiva con computador (Toxicología OR):
Título: Avaliación toxicolóxica experimental: determinación da DL50 en ensaios de toxicidade auga. (4 h).
Actividades que se realizan na aula de informática adxudicada. Consta de 3 partes.
1ª Os alumnos visitarán o Animalario de experimentación animal de manera virtual.
2ª Na aula de informática (capacidade para 20 alumnos) explicarase o Protocolo da práctica, iniciado un estudo bibliográfico acerca dun ensaio de toxicidade aguda proposto e baseado na determinación da DL50 dunha substancia. Segundo este protocolo, aplicaranse os datos de 20 doses administradas dunha substancia e do número de animais mortos resultantes. Procederase á resolución do problema de forma individualizada, empregando un ordenador e mediante a aplicación do programa Excel: cálculos e representacións gráficas conducentes á determinación do valor da DL50.
3ª Exercicios propostos para resolver in situ de forma individualizada.
*Prácticas interactivas de Laboratorio (Toxicología LB):
Toxicología LB1. Normativa estatal e europea sobre o manexo e uso de substancias químicas perigosas. (4 h).
As actividades realízanse no laboratorio de Toxicoloxía:
Clasificación das substancias segundo a súa perigosidade, tendo en conta a lexislación vixente. Aplicacións destes conceptos no Laboratorio (etiquetas, pictogramas de perigo, frases H e frases P, fichas dos datos de seguridade, FDS).
Toxicología LB2. Análise Toxicológica Cualitativa. Análise cualitativa non dirixida e Análise cualitativa dirixida de herbicidas bipiridílicos (4 h).
As actividades realízanse no laboratorio de Toxicoloxía:
-Análise cualitativa non dirixida: esta parte da práctica baséase na realización inicial dunha extracción xenérica da mostra (ouriños), para compostos de carácter acedo, básico e neutro. Posteriormente, os tóxicos illados identifícanse mediante cromatografía en capa fina, facendo uso de reveladores específicos para completar a identificación.
-Análise cualitativa dirixida: Realízase un test colorimétrico cualitativo útil para a detección de herbicidas bipiridílicos en mostras biolóxicas. Aínda que na práctica adóitase aplicar sobre mostras de ouriños, tamén é posible utilizalo noutras mostras biolóxicas. Todo iso coméntase e discute, así como a utilidade tanto diagnóstica como pronóstica do test empregado.
Estas prácticas, ademais da parte laboratorial de carácter instrumental, compleméntanse habitualmente con exercicios encamiñados a reforzar os cálculos para preparar adecuadamente distintas disolucións necesarias para realizar a análise. Refórzase, de forma transversal en todas as prácticas, a adquisición de hábitos de traballo seguros no laboratorio. Así mesmo, as prácticas relaciónanse con situacións reais nas cales os coñecementos adquiridos son aplicativos. Para iso propóñense procuras na bibliografía científica de distintos casos de intoxicación.
*Prácticas clínicas non asistenciais (Toxicología C):
Toxicología C1.- Título: Marcha analítica xeral da investigación toxicolóxica, toma e remisión de mostras, recursos instrumentais; Servizo de Atención e Información Toxicolóxica Veterinaria (SATVe). (4h).
As actividades que se realizan: No aula-Seminario de Toxicoloxía, e consta de 2 partes diferenciadas.
1ª Preséntanse os Protocolos necesarios para axudar a un bo diagnóstico toxicolóxico na súa parte analítica. Toma de mostras: tipo (biolóxicas, auga de bebida, alimento, e outro tipo de materiais), material axeitado que debe de utilizarse, cadea de custodia, conservación en frío, formas de envío ao laboratorio, etc. Metodoloxía analítica aplicada: mostras orgánicas, inorgánicas, gases, etc. Interpretación de resultados polo clínico. Identificación de tóxicos. Proposta de resolución individualizada e/ou grupo de casos prácticos: diagnóstico e tratamento, para iso o alumno manexará unha Táboas elaboradas no departamento.
2ª Presentación aos alumnos dunha base de datos desenvolvida polo noso departamento para o seu uso por un Servizo de Atención Toxicolóxica Veterinaria. A través da navegación polas súas distintas partes, o alumno vai descubrindo as súas utilidades e aplicacións no ámbito clínico. Básicamente dispón de dúas partes, que están conectadas entre si. Por unha banda, trátase dunha base de datos de información, contidos ou coñecementos toxicolóxicos clínicos veterinarios. Por outra, dispón dun ficheiro de casos. Cando se crea unha ficha con ocasión dun caso que se consulta ao SATVe, dende ésta pódese recorrer á información recollida na primeira parte, o que pode resultar de grande axuda.
Toxicología C2.- Título: Diagnóstico de intoxicación por Paracetamol en pequenos animais. Análise cuantitativa mediante espectrofotometría visible. (4 h).
As actividades desenvolveranse na aula-Seminario de Toxicoloxía e no Laboratorio, e consta de 2 partes:
1ª Preséntanse varios casos clínicos de intoxicación por paracetamol en gatos e cans. En base aos signos clínicos e/ou necrolóxicos descritos, e facendo uso da información fornecida nas clases expositivas, discútese cos alumnos os principais achados atopados nas intoxicacións causadas por este fármaco, así como o seu mecanismo de acción.
Comentaranse as posibles técnicas instrumentais para levar a cabo a análise cualitativa que nos permita confirmación da intoxicación, así como a análise cuantitativa.
2ª Mediante a análise de laboratorio, confirmarase a sospeita diagnóstica dun posible caso de intoxicación por paracetamol. Para iso, os alumnos realizarán a análise cuantitativa de paracetamol mediante espectrofotometría visible. Posteriormente, realizarase a interpretación dos resultados en función da concentración obtida na mostra problema.
- Para SUPERAR a materia, no sistema de avaliación continuada, é obrigatoria a asistencia e participación activa en:
* Asistencia participativa mediante controis nas Clases expositivas como "avaliación continua" para obter unha puntuación máxima do 10% da cualificación.
* Clases Interactivas de Laboratorio e Clínicas non asistenciais (Prácticas), incluíndo a presentación dunha Memoria de Prácticas en tempo e forma (10 %). Non se admite dispensa. Así mesmo, ao finalizar todas as prácticas realizarase un control de todas elas (10%).
* Exame final teórico tipo test e/ou conceptual (60 %)
NON SUPERARÁN a materia os alumnos que non se presenten ao Exame Final ou obteñan neste unha cualificación inferior a 3 puntos.
Tampouco se aprobará a materia en caso de non superar ás Prácticas, o que require como mínimo a asistencia a todas as Clases Interactivas e a entrega no prazo previsto da Memoria de Prácticas. A superación das prácticas será para sempre.
- Valorarase a participación e asistencia ás Titorías en grupos (2 primeiras) e a elaboración-presentación dun Traballo Monográfico (10%), así como a asistencia as Prácticas de Encerado (PE). Ao final realizarase un control sobre os resumos.
- Soamente os estudantes que non realizasen ningunha actividade avaliable, figurarán en ACTAS: Non presentado (NP).
* CALIFICACIÓN FINAL: CLASES EXPOSITIVAS (10 %) + PRÁCTICAS (20 %) + TRABALLO MONOGRÁFICO (10 %) + EXAME FINAL (60 %)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións" (Artigo 16).
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudio individual: 66 h
- Elaboración de memorias de prácticas: 8 h
- Elaboración de traballos: 20 h
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 6 h
- Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 2 h
- Resolución de casos/problemas: 2 h
- Presentacións orais: 3 h
- Realización de exámenes: 2,5 h
Total horas de traballo persoal do alumno: 109,5 h
- Asistencia a clases teóricas expositivas
- Consulta da Bibliografía básica
- Completar as clases expositivas e interactivas con Bibliografía complementaria
- Contar coa axuda de tutorías individuais para resolver cuestións
- Estudio personalizado ó día
- Estudio, atención e retención de conceptos, ideas,... e evitar datos superfluos (secundarios). Secundar advertencias do profesor en clase
- Conectar e consultar coa materia a través da Plataforma USC-virtual.
Horario de Tutorías individuais:
As horas de tutoría das profesoras figuran oficialmente no taboleiro do Departamento (Pavillón 2).
Profesoras Horario
M Julia Melgar Riol *Coordinadora: Martes, xoves e venres: 11-13 h
M. Ángeles García Fernández: Luns, mércores e xoves: 11-13 h
Ana de Castro Ríos: luns e xoves: 10-13 h
DEREITOS DE AUTOR E INTIMIDADE EN RELACIÓN COA DOCENCIA (documentos e gravacións):
Copyright. Todos os dereitos son de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Só se permite o seu uso persoal no ámbito educativo, tanto na aula como en redes pechadas a disposición do alumnado.
Non se permite a súa reprodución, copia, fotografía, gravación nin difusión a terceiros sen consentimento do seu titular.
O seu incumprimento implicará a denuncia por vulneración dos dereitos de propiedade intelectual e da normativa da USC.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES DOCENTES: http://www.usc.gal/gal/centro/facultade-veterinaria/calendarios.
Maria Angeles Garcia Fernandez
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- mangeles.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Julia Melgar Riol
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- mj.melgar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana De Castro Rios
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- ana.decastro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
10.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
10.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
10.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
05.07.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |