Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que o alumno adquira un coñecemento adecuado sobre a organización anatómica dos mamíferos domésticos utilizando unha abordaxe sistemática, comparada e topográfica. Deberá aprender os fundamentos da anatomía animal orientada ás aplicacións clínicas, de produción e de hixiene e industrialización alimentaria.
Ao final do curso cada alumno (logros da aprendizaxe medibles e avaliables):
• Saberá diferenciar os aparellos e sistemas locomotor, tegumentario e nervioso, así como os órganos dos sentidos.
• Poderá transferir ao animal vivo os coñecementos anatómicos adquiridos, para identificar e localizar os constituíntes de cada un destes aparellos e sistemas.
• Será quen de manexar axeitadamente o instrumental cirúrxico básico -pinzas, tesoiras e bisturí- logo de realizar unha disección baseada no aparello locomotor.
PROGRAMA TEÓRICO: desenvólvese en 37 sesións expositivas de 50 minutos e unha titoría grupal ao comezo do curso.
TEMA 1.-Historia e concepto da Anatomía. Terminoloxía anatómica. Planos anatómicos. Rexións corporais.
TEMA 2.-APARELLO LOCOMOTOR: partes de que consta. Osteoloxía. Introdución e xeneralidades. Constitución e tipos de ósos. Detalles que se estudan nas superficies óseas.
TEMA 3.-Artroloxía. Introdución e xeneralidades. Clasificación das articulacións e características fundamentais de cada variedade (cinemática articular).
TEMA 4.-Esqueleto e partes de que consta. Columna vertebral. Vértebra tipo. Vértebras consideradas polos seus caracteres rexionais: cervicais, torácicas, lumbares, sacras e caudais.
TEMA 5.-Tórax. Costelas, cartilaxes costais e esterno. Caixa torácica. Articulacións da columna vertebral e do tórax.
TEMA 6.- Esqueleto da cabeza. Ósos do cranio e ósos da cara.
TEMA 7.-Cavidades craniana e nasal. Seos paranasais. Articulacións da cabeza.
TEMA 8.- Ósos do membro torácico. Articulacións do membro torácico.
TEMA 9.-Ósos do membro pelviano. Articulacións do membro pelviano.
TEMA 10.-Mioloxía. Introdución e xeneralidades. Constitución, formas e tipos de músculos. Órganos auxiliares do aparello locomotor activo: fascias musculares, bolsas e vainas sinoviais.
TEMA 11.-Músculos cutáneos. Músculos da cabeza: sistema facial; sistema auricular; sistema da mastigación; sistemas recto e oblicuo. Vasos e nervios.
TEMA 12.-Músculos do pescozo: sistema hioideo; sistema superficial e profundo. Vasos e nervios.
TEMA 13.-Músculos do dorso: sistema lateral ou superficial; sistema medial ou profundo. Músculos da cola. Vasos e nervios
TEMA 14.-Músculos do tórax: pectorais e da rexión costal. Diafragma. Músculos abdominais. Vasos e nervios.
TEMA 15.-Músculos do membro torácico. Cinto escapular e brazo. Antebrazo e man.
TEMA 16.-Músculos do membro pelviano. Cinto do membro pelviano. Coxa e perna. Pé.
TEMA 17.- Vasos e nervios destinados ao membro torácico e pelviano.
TEMA 18.-SISTEMA NERVIOSO. Introdución e xeneralidades. Constitución e organización do mesmo.
TEMA 19.-Sistema nervioso central. Medula espinal: configuración macroscópica externa e interna.
TEMA 20.-Nervios espinais. Vascularización da medula espinal.
TEMA 21.-Encéfalo. Mielencéfalo, metencéfalo e mesencéfalo. Cuarto ventrículo. Cerebelo.
TEMA 22. Nervios craniais.
TEMA 23. Sistema nervioso autónomo. Partes simpática e parasimpática.
TEMA 24.-Diencéfalo. Terceiro ventrículo.
TEMA 25.-Telencéfalo. Ventrículos laterais. Hemisferios cerebrais. Corpo estriado. Neopalio.
TEMA 26. Paleopalio e arquipalio. Rinencéfalo. Vascularización do encéfalo.
TEMA 27. Medios de protección do sistema nervioso central. Meninxes. Líquido cefalorraquídeo ou cerebroespinal.
TEMA 28.-ÓRGANOS DOS SENTIDOS. Introdución e xeneralidades. Receptores sensoriais.
TEMA 29.-Sentido da vista. Partes de que consta. Globo ocular: túnicas e contido.
TEMA 30.-Órganos accesorios do ollo. Músculos do ollo e fascias orbitarias. Pálpebras. Túnica conxuntiva. Aparello lacrimal.
TEMA 31.-Órgano vestíbulo-coclear. Partes de que consta. Oído externo. Oído medio. Tuba auditiva.
TEMA 32.-Oído interno. Labirintos óseo e membranoso.
TEMA 33.- Órgano do olfacto. Órgano vomeronasal. Órgano do gusto. Sentido do tacto.
TEMA 34.- SISTEMA TEGUMENTARIO ou tegumento común (cuberta protectora do corpo). Cute (pel): epiderme e derme, e tea subcutánea. Pelos. Glándulas cutáneas. Estudo da glándula mamaria; mama e ubre.
TEMA 35.-Formacións cornificadas da pel. Almofadas carpianas, tarsianas, metacarpianas, metatarsianas e dixitais. Cornos.
TEMA 36.- Formacións cornificadas da pel (continuación). Uña, pezuño e casco.
PROGRAMA PRÁCTICO: desenvólvese en 15 sesións interactivas distribuídas en 3 semanas; no horario do semestre figuran as datas e grupos convocados para cada franxa horaria. Todas as prácticas teñen lugar na sala de disección do pavillón 3, planta soto.
Sistema locomotor pasivo (15 horas). Osteoloxía e artroloxía. Estudo comparado dos ósos e as articulacións das rexións corporais especificadas, nos mamíferos domésticos: carnívoros e ungulados.
LB1. Vértebras, costelas e esterno (3 horas).
LB2. Cabeza (3 horas).
LB3. Extremidade torácica (3 horas).
LB4. Extremidade pelviana (3 horas).
LB5. Repaso e avaliación do traballo da 1ª semana (3 horas).
Estudo do sistema locomotor activo (22 horas) mediante disección dos músculos, vasos e nervios.
CL6 a CL9. Disección da extremidade torácica e pescozo dun carnívoro (2 horas x 4 sesións).
CL10. Repaso e avaliación do traballo da 2ª semana (3 horas).
CL11 a CL14. Disección da extremidade pelviana dun carnívoro (2 horas x 4 sesións).
CL15. Repaso e avaliación do traballo da 3ª semana (3 horas).
Moitos dos textos suxeridos teñen sucesivas edicións, sendo válida para consulta calquera delas. Pola contra, outros son libros clásicos dos que xa non hai reedicións, pero que non por iso perderon validez.
Polo que se refire á gran cantidade de atlas virtuais e de consulta en liña que calquera buscador de internet proporciona, tan só aconsellar un pouco de prudencia á hora de confiar en materiais que non conten cun respaldo recoñecido (sexa dunha editorial, universidade ou asociación científica). En xeral, e calquera que sexa a fonte consultada, hai que ser moi coidadosos á hora de empregar aquelas que tratan a anatomía humana, xa que non todos os aspectos son comúns coa anatomía animal. De ningún xeito poden servir as imaxes, agás as que fagan referencia á estrutura ou á histoloxía.
Básica:
BARONE, R. (1986). ANATOMIE COMPARÉE DES MAMMIFÈRES DOMESTIQUES. TOMO 1: OSTÉOLOGIE. (3ª ED.) VIGOT, PARIS.
BARONE, R. (1980). ANATOMIE COMPARÉE DES MAMMIFÈRES DOMESTIQUES. TOMO 2: ARTHROLOGIE ET MIOLOGIE. (2ª ED.) VIGOT, PARIS.
BUDRAS, K., W. FRICKE E I. SALAZAR (1989). ATLAS DE ANATOMÍA DEL PERRO. ED. INTERAMERICANA, MADRID.
DE LAHUNTA, A. AND E.N. GLASS (2008) VETERINARY ANATOMY AND CLINICAL NEUROLOGY. 3RD. ED. SAUNDERS, PHILADELPHIA.
DYCE, K.M., W.O. SACK AND C.J.G. WENSING. (2018). TEXTBOOK OF VETERINARY ANATOMY. 5th ED. ELSEVIER.
EVANS, H.E. Y G.C. CHRISTENSEN (1993). MILLER'S ANATOMY OF THE DOG. 3RD ED. SAUNDERS, PHILADELPHIA.
KÖNIG, H.E. & H.G. LIEBICH. (2004). ANATOMÍA DE LOS ANIMALES DOMÉSTICOS. TOMO 1. APARATO LOCOMOTOR. ED. MÉDICA PANAMERICANA
KÖNIG, H.E. & H.G. LIEBICH. (2004). ANATOMÍA DE LOS ANIMALES DOMÉSTICOS. TOMO 2. ÓRGANOS, SISTEMA CIRCULATORIO Y SISTEMA NERVIOSO. ED. MÉDICA PANAMERICANA
NICKEL, R., A. SCHUMMER & E. SEIFERLE (1986). THE ANATOMY OF THE DOMESTIC MAMMALS. VOL.1: THE LOCOMOTOR SYSTEM OF THE DOMESTIC MAMMALS. PAUL PAREY, BERLÍN.
NICKEL, R., A. SCHUMMER & E. SEIFERLE (1981). THE ANATOMY OF THE DOMESTIC MAMMALS. VOL.3: THE CIRCULATORY SYSTEM, THE SKIN AND THE CUTANEOUS ORGANS OF THE DOMESTIC MAMMALS. PAUL PAREY, BERLÍN.
NICKEL, R., A. SCHUMMER UND E. SEIFERLE (1992). LEHRBUCH DER ANATOMIE DER HAUSTIERE. BAND IV: NERVENSYSTEM. SINNESORGANE. ENDOKRINE DRÜSEN. 3ª ED .PAUL PAREY, BERLÍN.
NOMINA ANATOMICA VETERINARIA 5ª ED. (2005). W.A.V.A. ZÜRICH & ITHACA, N.Y.
POPESKO, P. (1998). ATLAS DE ANATOMÍA TOPOGRÁFICA DE LOS ANIMALES DOMÉSTICOS. 2ª EDICIÓN. TOMOS 1, 2 Y 3. ED. MASSON, BARCELONA.
SCHALLER, O. (EDITOR) (1992). ILLUSTRATED VETERINARY ANATOMICAL NOMENCLATURE. FERDINAND ENKE VERLAG, STUTTGART.
Complementaria:
BOYD, J.S. (2008) ATLAS EN COLOR DE ANATOMÍA CLÍNICA DEL PERRO Y EL GATO. 2ª EDICIÓN. ED. ELSEVIER MOSBY, BARCELONA.
CLAYTON, H.M., FLOOD, P.F., ROSENSTEIN, D.S. (2007) ANATOMÍA CLÍNICA DEL CABALLO. ED. ELSEVIER MOSBY, BARCELONA.
DONE, S.H., P.C. GOODY, S.A. EVANS & N.C. STICKLAND(2010) ATLAS EN COLOR DE ANATOMÍA VETERINARIA. EL PERRO Y EL GATO. ED. ELSEVIER MOSBY, BARCELONA.
GETTY, R. (SISSON & GROSSMAN) (1982). ANATOMÍA DE LOS ANIMALES DOMÉSTICOS. SALVAT, BARCELONA.
SALAZAR, I. (1994) ANATOMÍA PRÁCTICA DEL GANADO VACUNO. GRASS-IATROS EDICIONES. BARCELONA.
SCHEBITZ, H. & H. WILKENS (1986). ATLAS OF RADIOGRAPHIC ANATOMY OF THE DOG AND CAT. PAUL PAREY, BERLÍN.
Recursos electrónicos no apartado de Observacións
Competencias Xenéricas do grao en veterinaria:
GVUSC 01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC 02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC 05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC 06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias Específicas disciplinares:
CEDVUSC 02. Adquirir o coñecemento sobre a estrutura e función dos animais sans.
Competencias Específicas profesionais
D1VUSC01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais. (Para esta competencia a materia participa ao proporcionar o coñecemento esencial das rexións corporais, os termos de posición e a nomenclatura específica, así como a topografía de aparellos e sistemas nas cavidades corporais).
DIVUSC12. Realizar a inspección dos animais ante e post mortem e dos alimentos destinados ao consumo humán. (Para esta competencia a materia participa aportando os coñecementos necesarios en canto ao aspecto normal de órganos e vísceras).
Competencias Específicas académicas
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dun xeito crítico.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
Sesións expositivas na aula que se determine, co emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia e canle de comunicación directa co alumnado.
A disciplina ten asignadas 37 horas de sesións expositivas de 50 minutos de duración (ver calendario académico para a cronoloxía exacta), ás que se debe asistir de forma regular e que están repartidas da seguinte forma:
• 10 dedicadas ao estudo do aparello locomotor pasivo (ósos e articulacións),
• 7 nas que se tratarán os músculos por rexións (coa súa vascularización e inervación),
• 3 para a pel e as formacións derivadas,
• 17 para o sistema nervioso e os órganos dos sentidos.
Sesións Interactivas: 37 horas prácticas en 15 sesións na sala de disección, pavillón 3 planta soto, que son de asistencia obrigatoria para poder superar a materia en ambas oportunidades de exame, ordinaria e de recuperación.
Durante a primeira semana, en sesións de 3 horas, estúdase o aparello locomotor pasivo en grupos de 20 persoas baixo a supervisión dun profesor; as dúas semanas restantes empréganse para a disección dun cadáver de carnívoro, en sesións de 2,5 horas agás o último día de cada semana no que a duración é de 3 horas; os equipos de disección son de 7 ou 8 persoas, contando cun profesor para cada dous equipos.
Nos días previos a cada semana de prácticas haberá unha proba voluntaria de autoavaliación na aula virtual, relacionada cos contidos específicos que se van traballar durante a semana.
Durante as prácticas utilizaranse, como material esencial de apoio, as notas tomadas nas clases expositivas, así como as guías de prácticas e os contidos relativos aos temas tratados nas clases, dispoñibles na aula virtual da materia. Os atlas impresos ou en formato electrónico son moi aconsellables para axudar a resolver dúbidas concretas de modo que o estudante poda iniciarse no emprego de bibliografía especializada.
Ademais das medidas de hixiene que poideran ser establecidas polas autoridades, é necesario observar as NORMAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
• Para acceder á sala de prácticas e dadas as características do traballo que se vai desenvolver, é obrigatorio o uso de bata branca de laboratorio, luvas desbotables e botas de goma,.
• Para o traballo individual é imprescindible ter un material básico de disección composto por bisturí, pinzas e tesoiras
•. É moi recomendable usar lentes de seguridade e máscara hixiénica de protección facial.
• Asimismo, será de aplicación cualquier otra instrucción que el profesorado indique sobre normativa de seguridad y equipos de protección individual
Tanto no Campus Virtual como á entrada da sala de disección figuran as normas básicas de seguridade que o alumnado debe observar no recinto; calquera dúbida respecto diso será resolta polo profesorado presente en cada sesión práctica.
Titorías
No actual plan de estudos existen dous tipos de titoría: grupal e individual. A grupal, onde se explican as normas xerais que rexerán para a materia, é só unha e terá lugar para todos os alumnos na aula ao comezar o semestre. A segunda é o modelo tradicional, moi recomendable para aclarar cantas dúbidas e dificultades poidan xurdir durante o desenvolvemento da docencia. É necesario fixar unha data antes de acudir a esta titoría que terá lugar no despacho do profesor, ou si así se acorda, de xeito virtual a través da plataforma oficial MS Teams.
A materia divídese en dous bloques con distinto peso sendo NECESARIO OBTER UN MÍNIMO DE CINCO (5) PUNTOS SOBRE DEZ EN CADA UN DELES para que se podan sumar de cara á nota global.
• O traballo realizado nas prácticas, que será obxecto de avaliación continua por parte do profesor encargado de cada grupo, supón o 35% da nota global da materia. Terase en conta a implicación e a actitude de cada alumno, a destreza adquirida co traballo manual e os coñecementos que se demostran durante as sesións. O último día de cada semana de prácticas haberá unha proba de avaliación do traballo feito, que se fará dentro do horario da práctica.
As prácticas constitúen unha actividade OBRIGATORIA e, non realizalas ‒salvo causa de forza maior que terá que ser debidamente xustificada de manera documental‒, ten como consecuencia non poder superar a materia en calquera das oportunidades de exame.
A calificación obtida en prácticas, sempre que sexa igual ou superior a 5, gárdase de forma indefinida ata que a materia sexa superada (no mesmo curso ou sucesivos de ser o caso).Se a avaliación completa de prácticas non alcanza o mínimo de 5 puntos establecido, poderase recuperar no exame final, mediante unha parte complementaria baseada en imaxes nas que se identificarán ou recoñecerán os contidos traballados nas prácticas.
• O 65% restante corresponde á calificación obtida no exame final, en calquera das dúas oportunidades, cuxas datas oficiais están fixadas no calendario académico de cada ano. Neste exame, os contidos teóricos relativos ao aparello locomotor en conxunto (os que non foran avaliados en prácticas) e as formacións cutáneas supoñen o 30%, e os contidos relativos ao sistema nervioso e órganos dos sentidos suman o 35% restante. Ambas partes constitúen un bloque indivisible no exame final E NON SE PODEN SUPERAR DE FORMA INDEPENDIENTE. O exame constará dunha combinación de preguntas curtas, preguntas de tipo test con resposta única ou múltiple, enunciados para identificar como verdadeiros ou falsos, figuras para completar, listaxes de termos para relacionar segundo un determinado criterio, etc. Informarase ao comezo do exame se houbese respostas que descontan.
O exame final supón o 65% do total da materia (30% + 35%) e é complementario da avaliación continua que aporta o 35% restante.
Non procede a dispensa de asistencia a esta asignatura.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA... 75 Horas
------------------------------------------
- Sesións expositivas ......................... 37
- Sesións interactivas ........................ 37
- Titoría ............................................ 1
TRABALLO PERSONAL DO/A ESTUDANTE...75 Horas
------------------------------------------------
- Estudo individual ...................................... 55
- Elaboración de memorias de prácticas .......... 7
- Realización de exames ............. 4
- Outras tarefas propostas polo profesor .................... 9
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO/A ESTUDANTE : 150
A asistencia ás sesións expositivas (clase teórica) resulta moi aconsellable para entender e poder asimilar a materia.
A asistencia ás sesións interactivas (prácticas) é obrigatoria.
Resolver as dúbidas mediante as titorías é de gran valor para preparar os exames.
Entre moitas, algunhas plataformas de anatomía online
•IVALA Learn | 3D Veterinary Anatomy & Clinical Learning (rexistro GRATIS para estudantes): https://www.ivalalearn.com/
•IMAIOS (anatomía de diferentes especies): https://www.imaios.com/en/vet-Anatomy
•Vídeos de Anatomía da Universidade de Murcia: https://www.um.es/web/anatvet/docencia/recursos-docentes/videos-anatomia
•Veterinary Anatomy. Universidade de Minnesota http://vanat.cvm.umn.edu/
De forma xeral recoméndase o uso da bibliografía de acceso electrónico dispoñible na biblioteca da USC: "A BUSC EN LIÑA" https://busconline.gal . Ademais, é posible realizar búsquedas de revistas científicas e libros electrónicos xestionados por BUGalicia, utilizando as credenciais da USC, a través de Pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az ) e EZproxy (https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html.
Patricia Fernandez Troconiz Revuelta
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- patricia.troconiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Sanchez Quinteiro
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- pablo.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nuria Vicenta Alemañ Posadas
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- nuria.alemany [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Bermudez Pose
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Teléfono
- 982822341
- Correo electrónico
- roberto.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Manuela De Azevedo Gomes
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- anamanuelade.azevedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 3 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
09.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
09.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
09.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
12.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |