Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir un coñecemento do desenvolvemento prenatal normal das principais especies animais de interese veterinario e das alteracións que conducen ao nacemento de individuos con malformacións conxénitas.
Tema 1. Introdución e Xeneralidades. Etapas e procesos do desenvolvemento. Gametoxénese.
Tema 2. A ovulación. Clases de ovos. Espermatozoide. Fertilización.
Tema 3. Segmentación, morulación, blastulación e gastrulación.
Tema 4. Anexos embrionarios en aves e mamíferos.
Tema 5. Nidación ou implantación. Placentación.
Tema 6. Contribución das follas embrionarias á formación de órganos. Organoxénese.
Tema 7. Desenvolvemento do sistema locomotor.
Tema 8. Desenvolvemento do aparello gastropulmonar.
Tema 9. Desenvolvemento do aparello uroxenital.
Tema 10. Desenvolvemento do sistema circulatorio.
Tema 11. Desenvolvemento do corazón.
Tema 12. Desenvolvemento do sistema nervioso.
Tema 13. Desenvolvemento do ollo e oído.
Tema 14. Desenvolvemento da cabeza e pescozo.
Tema 15. Desenvolvemento das membranas serosas
Tema 16. Desenvolvemento do sistema tegumentario.
Tema 17. Malformacións conxénitas.
Tema 18. Manipulación embrionaria.
PROGRAMA PRÁCTICO: Desenvólvese en 4 sesións interactivas de 3 horas de duración, distribuídas en 4 semanas; no horario do semestre aparecen as datas e grupos convocados en cada franxa horaria. Todas as prácticas teñen lugar na sala de disección do pavillón 3, planta soto.
LB1. Revisión dos xenitais femininos e masculinos, con especial atención ás gónadas. Estudo dos gametos femininos e masculinos. Estudo da placenta e dos anexos fetais.
LB2. Disección de fetos e neonatos de diferentes idades e especies. Malformacións conxénitas máis frecuentes.
LB3. Seguimento do desenvolvemento dos sistemas corporais en seccións de embrións de diferentes idades: identificación dos seus compoñentes, con especial atención á súa evolución..
LB4. Exposición e defensa dos pósteres realizados como resultado da tarefa práctica proposta; as instrucións para ela detallaranse no apartado dedicado a tal fin no campus virtual da materia
Bibliografía básica
GARCÍA MONTERDE J. Y F. GIL CANO. 2013. Embriología veterinaria. Un enfoque dinámico del desarrollo animal. Intermédica, Buenos Aires.
HYTTEL P, SINOWATZ F and VEJLSTED M. 2010. Essentials of Domestic Animal Embryology. Saunders Elsevier, China.
McGEADY TA, QUINN PJ, FITZPATRICK ES, RYAN MT. 2017. Veterinary Embryology. 2ª edición. Blackwell Publishing, Oxford
NODEN DM, de LAHUNTA A. 1990. Embriología de los animales domésticos. Acribia, Zaragoza.
SADLER, T. W., Langman Embriología médica con orientación clínica, 8ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2000.
http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/emb…
Páxina da Universidade de Córdoba con sinxelas explicacións e vídeos sobre o desenvolvemento embrionario de animais domésticos
Bibliografía complementaria
BALINSKY BI. 1983. Introducción a la embriología. Omega, Barcelona.
BOYDEN EA. 1933. Laboratory atlas of the 13mm pig embryo. The Wistar Institute Press, Philadelphia.
CARLSON BM. 1990. Embriología Básica de Patten. Interamericana, México.
CARLSON BM. 2001. Embriología humana y biología del desarrollo. Harcourt, Madrid.
GILBERT SF. 7ª edición.2005. Biología del desarrollo. Panamericana, Madrid.
KAUFMAN MH. 1998. The atlas of the mouse development. Academic Press, London. MATHEWS WW. 2nd edition. 1976. Atlas of Descriptive Embryology. McMillan, N.York.
LARSEN WJ. 2003. Embriología humana, Elsevier, Madrid.
MATHEWS WW. 2nd edition. 1976. Atlas of Descriptive Embryology. McMillan, N.York.
MICHEL G, SCHWARZE E. 1970. Compendio de anatomía veterinaria. Tomo VI. Embriología. Acribia, Zaragoza.
MOORE KL, PERSAUD TVN. 2000. Embriología básica. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
SCHOENWOLF G, WATTERSON RL. 6th Edition. 1989. Laboratory studies of chick, pig and frog embryos. Guide and atlas of vertebrate embryology. Macmillan Publishing Company, New York.
SCHWARTZ V. 1977. Embriología animal comparada. Omega, Barcelona.
TUCHMANN-DUPLESSIS, H. e G.D.HAEGEL, Embriología, vol. 1, 2, 3, ed. Toray-Masson, Barcelona, 1969-70.
WINTENBERGER-TORRES S, SEVELLEC C. 1987. Atlas du developpement embryonnaire precoce chez les ovins. INRA, Paris.
Emouse atlas https://www.emouseatlas.org/emap/ema/modelsummary/modelsummary.html
Bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Ademais, a través do pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https: // ezbusc), xestionados por BUGalicia, será posible buscar revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais de USC).
Acceso gratuíto a libros electrónicos dende a plataforma McGraw-Hill Access Medicine como usuario da BUSC https://accessmedicina.mhmedical.com/
Entre outras, algunas plataformas online
• IVALA Learn | 3D Veterinary Anatomy & Clinical Learning (registro GRATIS para estudiantes): https://www.ivalalearn.com/
• Vídeos de Anatomía del aparato reproductor y Embriología de la Universidad de Murcia: https://www.um.es/web/anatvet/docencia/asignaturas/curso-anatomia-embri…
• • Developmental Anatomy. Universidad de Minnesota Veterinary Anatomy Website Home Page http://vanat.cvm.umn.edu/WebSitesEmbryo.html
Xenéricas do grao en veterinaria.
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma ou en equipo
Competencias específicas disciplinarias:
CDEVUSC02. Adquirir coñecementos sobre a estrutura e función dos animais sans
Competencias específicas profesionais
D1VUSC 03. Executar técnicas básicas de análise e interpretación dos resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
Competencias específicas académicas:
CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das habilidades profesionais mediante un proceso de aprendizaxe ao longo da vida.
Competencias transversais:
CTVUSC02. Capacidade de obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala de forma crítica.
CTVUSC03. Capacidade de desenvolver e presentar un texto organizado e comprensible.
Sesións expositivas na aula por determinar, con utilización sistemática do Campus Virtual como soporte docente e canle de comunicación directa co alumnado.
A disciplina ten asignadas 24 horas de sesións expositivas de 50 minutos de duración (ver calendario académico para a cronoloxía exacta), ás que se debe asistir regularmente.
Sesións Interactivas: 12 horas prácticas distribuídas en 4 sesións de 3 horas de duración; as datas e grupos convocados en cada franxa horaria figuran na programación do semestre. Todas as prácticas teñen lugar na sala de disección do pavillón 3, planta soto. Nestas sesións prácticas, cada grupo de 20 alumnos está a cargo dun profesor.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria para poder realizar o exame final da materia e superala. Durante as prácticas, os apuntes tomados nas clases expositivas utilizaranse como material de apoio imprescindible, así como os contidos dispoñibles na aula virtual da materia. Os atlas impresos ou electrónicos son moi recomendables para axudar a resolver dúbidas concretas.
O contido das prácticas será motivo de elaboración dunha tarefa relacionada con algún dos aspectos tratados, e cuxa descrición se detallará no apartado correspondente do campus virtual da materia. O resultado deste traballo ‒realizado en equipos dun máximo de 3 persoas‒ será presentado na última sesión práctica e formará parte da avaliación continua que ten un peso do 40% na nota final.
Ademais das medidas de hixiene que puidesen establecer as autoridades, é necesario observar as NORMAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
• Para acceder á sala de prácticas e dadas as características do traballo que se vai desenvolver, é obrigatorio o uso de bata branca de laboratorio, luvas desbotables e botas de goma,.
• Para o traballo individual é imprescindible ter un material básico de disección composto por bisturí, pinzas e tesoiras
• É moi recomendable usar lentes de seguridade e máscara hixiénica de protección facial.
• Asimismo, será de aplicación cualquier otra instrucción que el profesorado indique sobre normativa de seguridad y equipos de protección individual
Tanto no Campus Virtual como á entrada da sala de disección figuran as normas básicas de seguridade que o alumnado debe observar no recinto; calquera dúbida respecto diso será resolta polo profesorado presente en cada sesión práctica.
Titorías
No actual plan de estudos existen dous tipos de titoría: grupal e individual. A grupal, onde se explican as normas xerais que rexerán para a materia, é só unha e terá lugar para todos os alumnos na aula ao comezar o semestre. A segunda é o modelo tradicional, moi recomendable para aclarar cantas dúbidas e dificultades poidan xurdir durante o desenvolvemento da docencia. É necesario fixar unha data antes de acudir a esta titoría que terá lugar no despacho do profesor, ou si así se acorda, de xeito virtual a través da plataforma oficial MS Teams.
Asistencia regular ás sesións expositivas e asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
A cualificación obtida na avaliación continua das sesións interactivas ‒incluída a tarefa‒ constituirá o 40% da nota final. Terase en conta a implicación e actitude de cada alumno, a destreza adquirida co traballo manual e os coñecementos demostrados durante as sesións. Na última sesión práctica deberá defenderse a tarefa realizada.
As prácticas son unha actividade OBRIGATORIA e, non realizalas -salvo causas de forza maior que deberán xustificarse documentalmente- implica non poder presentarse ao exame final en ningunha das oportunidades e, en consecuencia, non superar a materia.
A cualificación obtida nas prácticas, sempre que sexa igual ou superior a 5, gárdase indefinidamente ata a superación da materia.
A cualificación obtida no exame final ‒en calquera das súas dúas oportunidades‒, cuxas datas oficiais se fixan no calendario académico de cada ano, representa o 60% da nota global. Para aprobar nesta proba será necesario un mínimo de 50% de respostas correctas.
O exame constará dunha combinación de preguntas curtas, preguntas tipo test con resposta única ou múltiple, afirmacións para identificar como verdadeiras ou falsas, imaxes para completar, listas de termos para relacionar segundo un determinado criterio, etc. Informarase ao comezo do exame se hai respostas desa desconto.
O exame final é complementario da avaliación continua.
Non procede a dispensa de asistencia a esta asignatura.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases maxistrais..............................24
Prácticas de laboratorio......................12
Titorías en grupos reducidos.................1.5
Total horas de traballo presencial........37.5
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDIANTE Horas
Estudo individual................................................27,5
Elaboración de memorias de prácticas.....................4
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc......................4
Realización de exames.........................................2
Total horas de traballo persoal do/a estudante......37.5
TOTAL HORAS DO/A ESTUDIANTE.......................75
Asistir ás sesións expositivas e interactivas. Consulta do material referido na bibliografía básica e aplicada, recomendando encarecidamente o acceso ás páxinas web indicadas
Non procede a dispensa de asistencia a esta asignatura
Patricia Fernandez Troconiz Revuelta
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- patricia.troconiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nuria Vicenta Alemañ Posadas
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- nuria.alemany [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Manuela De Azevedo Gomes
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- anamanuelade.azevedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
24.01.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.01.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
24.01.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |