Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e comprensión dos sistemas rexistrais.
2. Utilización dos principais textos legais en vigor.
3. Análise e resolución de casos prácticos sobre a materia.
4. Desenvolvemento da capacidade crítica para estudar e valorar as normas legais.
T. 1. Publicidade xurídica e publicidade rexistral. Os Rexistros xurídicos e as súas clases. Os rexistros públicos substantivos no sistema xurídico español. Rexistros de persoas e rexistros de bens.
T. 2. O Rexistro Civil. Función e efectos. Organización. Tipos de rexistros. Procedemento rexistral. A publicidade do Rexistro Civil. Clases de asentos.
T. 3. Feitos e actos obxecto de inscrición. A inscrición de nacemento. Nacionalidade e veciñanza civil. O matrimonio no Rexistro Civil. A inscrición das defuncións. Especial referencia ao cambio de nome e á alteración dos apelidos no Rexistro Civil.
T. 4. O Rexistro da Propiedade: concepto e función. Sistemas rexistrais: o sistema rexistral español. A lexislación hipotecaria española. Rasgos fundamentais do sistema rexistral español: os denominados principios hipotecarios. Inscrición declarativa, constitutiva e obrigatoria. Inscrición e tradición.
T. 5. A organización dos Rexistros. Os libros do Rexistro. O Rexistrador da Propiedade e a Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública. A publicidade formal do Rexistro.
T. 6. A finca no Rexistro. A inmatriculación: concepto e procedementos. Modificacións na finca e rectificacións na súa descrición. A dobre inmatriculación.
T.7. Delimitación da materia inscribible: actos e dereitos que teñen acceso ao Rexistro. Títulos inscribibles. O titular rexistral.
T. 8. Clases de asentos. O asento de presentación. O asento de inscrición. As anotacións preventivas: especial estudo das de demanda e embargo. Outros asentos rexistrais: as notas marxinais. Cancelación e caducidade dos asentos rexistrais. Inexactitude e rectificación dos asentos.
T. 9. O procedemento rexistral e a súas fases. O principio de rogación. O principio de legalidade. A cualificación rexistral. A denegación da inscrición e recursos fronte a ela. A prioridade rexistral e o peche rexistral.
T. 10. O principio de tracto sucesivo. Falta de tracto sucesivo: causas e consecuencias no procedemento rexistral. Tracto abreviado. Modalidades do tracto. Reanudación do tracto sucesivo interrompido.
T. 11. O principio de lexitimación rexistral. A presunción de exactitude do Rexistro. As presuncións posesorias. A acción real rexistral. A chamada tercería rexistral.
T. 12. O principio de fe pública rexistral. Ámbito. Condicións da protección rexistral: o artigo 34 L.H. Supostos de suspensión da fe pública rexistral. Eficacia negativa da inscrición rexistral: o artigo 32 L.H.
T. 13. O Rexistro de bens mobles. Especial referencia á venda de bens mobles a prazos, a hipoteca mobiliaria e o peñor sen desprazamento. O Rexistro da Propiedade intelectual.
A bibliografía básica está composta polos principais manuais (sempre última edición) dispoñibles no mercado editorial español sobre Dereitos reais: DÍEZ-PICAZO e GULLÓN BALLESTEROS; ALBALADEJO; LACRUZ BERDEJO, Derecho inmobiliario registral.
Manuais especificos sobre inmobiliario rexistral: ÁLVAREZ CAPEROCHIPI, Derecho inmobiliario registral, Comares, Granada, GÓMEZ GÁLLIGO y DEL POZO CARRASCOSA, Lecciones de derecho hipotecario, Marcial Pons, Madrid.
En relación á nova Lei do Rexistro Civil de 2011, COBACHO GÓMEZ, J. A., e LECIÑENA IBARRA, A., (dirs.), Comentarios a la Ley del Registro Civil, Aranzadi, 2012.
Como bibliografía complementaria pode consultarse: DÍEZ PICAZO, Fundamentos del Derecho Civil patrimonial, t. III, Cívitas, Madrid, 1995; PEÑA BERNALDO DE QUIRÓS, Derechos reales. Derecho hipotecario, 2 tomos, Centro de Estudios registrales; CHICO ORTIZ, Estudios sobre Derecho Hipotecario, Marcial Pons, Madrid; ROCA SASTRE y ROCA-SASTRE MUNCUNILL, Derecho Hipotecario, Bosch, Barcelona; GARCÍA GARCÍA, J.M., Derecho Inmobiliario Registral, Madrid, Civitas e Código de legislación inmobiliaria, hipotecaria y del Registro Mercantil, Thomson-Civitas, 2009 y La finca registral y el Catastro: inmatriculación, obra nueva, reanudación del tracto y restantes procedimientos de la Ley 13/2015, de 24 de junio, Civitas-Thomson Reuters, 2016.
É responsabilidade do estudante facerse cos materiais necesarios para a preparación da materia dende o inicio do curso, sen perxuizo do acceso online que poida facilitarse a determinados materiais a través da BUSC.
1. Familiarizar aos alumnos cos principais sistemas rexistrais vixentes en España.
2. Identificación, delimitación e interpretación da normativa e da xurisprudencia españolas sobre a materia.
3. Valoración crítica da materia propia do Dereito inmobiliario rexistral.
4. Exposición de problemas e presentación de conclusións.
1. Clases teóricas. Nelas explicaránse os conceptos e as nocións fundamentais para comprender o funcionamento dos diferentes rexistros, que servirán despois para a resolución dos problemas formulados nas clases interactivas.
2. Formularanse cuestións co fin de identificar os problemas básicos da disciplina.
3. Será obxectivo primordial familiarizar aos estudantes coa terminoloxía propia do Dereito rexistral.
4. Fomentarase a participación activa dos alumnos na actividade docente.
5. Clases interactivas. As clases teóricas completaranse co estudo de casos nos que será necesario empregar para a súa resolución non só a lexislación en vigor, así como a xurisprudenza e doutrina.
6. Fomentarase o uso dos fondos bibliográficos e xurisprudenciais por medios tradicionais e informáticos. Utilizarase a aula virtual.
7. As titorías realizaranse presencialmente e vía Teams.
Para o caso de que se activen os escenarios 2 e 3, vid Observacións.
A nota final será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema (aplicable ás dúas oportunidades de convocatoria):
- Participación en actividades docentes: 30%
- Exame final escrito: 70%
Para superar a avaliación é necesario obter unha nota mínima de 3,5 sobre 7 no exame final.
Advírtese que, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades indicadas será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que cumprimente algunha delas en ningún caso será a de NON PRESENTADO.
Os alumnos aos que se lles recoñeza exención de docencia serán avaliados no exame final (100% da nota).
Para o caso de que se activen os escenarios 2 e 3, vid Observacións.
Traballo presencial do alumno
Clases expositivas (presentación e explicación dos temas): 18 horas
Clases interactivas (traballos con documentos: análise, síntese e discusión): 18 horas
Titorías: 2,25
Exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial do alumno: 40,25
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Procura, rexistro e preparación de material de apoio
(textos, imaxes, audio, etc): 12,25 horas
Total de horas de traballo persoal do alumno: 72,25
1. Ter superada a materia de Dereitos Reais.
2. Asistencia regular ás aulas.
3. Participación activa dos alumnos na clase.
4. Dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia).
5. Estudo regular da materia.
6. Uso das titorías.
Plan de continxencia:
Metodoloxía
Escenario 2
A docencia impartirase presencialmente, así como vía Teams (para os supostos de non presencialidade), de acordo cos mecanismos arbitrados polo centro.
Será necesario para o seguimento das clases acceder aos materiais que se facilitarán a través do Campus Virtual.
Escenario 3
A docencia impartirase de modo síncrono a través de Teams, respectándose os horarios de docencia establecidos, tanto expositiva como interactiva.
Será necesario para o seguimento das clases acceder aos materiais que se facilitarán a través do Campus Virtual.
Sistema de avaliación (para as dúas oportunidades da convocatoria)
Escenario 2
O sistema de avaliación corresponderase co seguinte:
- Actividades avaliables realizadas en sistema de avaliación continua, tanto individuais como en grupo, entregables a través do Campus Virtual, realizadas de xeito síncrono ou asíncrono: ata 3 puntos
- Proba final telemática (oral): ata 7 puntos
Para superar a avaliación é necesario obter unha nota mínima de 3,5 sobre 7 no exame final.
Escenario 3
O sistema de avaliación corresponderase co seguinte:
- Actividades avaliables realizadas en sistema de avaliación continua, tanto individuais como en grupo, entregables a través do Campus Virtual, realizadas de xeito síncrono ou asíncrono: ata 3 puntos
- Proba final telemática (oral): ata 7 puntos
Para superar a avaliación é necesario obter unha nota mínima de 3,5 sobre 7 no exame final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Marta Otero Crespo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814647
- Correo electrónico
- marta.otero.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 2 |
19.01.2022 10:00-13:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
08.07.2022 12:00-15:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |