Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Transmitir e fomentar o coñecemento no campo do Dereito civil, en especial no Dereito de contratos.
2. Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo en materia de Dereito de contratos, singularmente cos textos legais e as decisións xurisprudenciais.
3. Proporcionar ao estudante unha información e unha formación sobre o contido da materia que lle permitan resolver con corrección teórica e argumentación axeitada os problemas xurídicos reais.
4. Proporcionar ao estudante as habilidades necesarias para afrontar de forma axeitada os problemas da práctica xurídica real, tanto na elaboración das normas, coma na resolución de casos prácticos ou no consello profesional.
5. Conseguir un primeiro nivel na preparación de profesionais especializados no ámbito do Dereito de Contratos.
TEORÍA XERAL DO CONTRATO
Tema 1.- O contrato e o seu significado institucional. – A competencia para lexislar en materia de contratos. -A unificación europea do Dereito de contratos. - Principios básicos de Dereito de contratos: A liberdade contractual, boa fe e deber de cooperación.- O contrato e os dereitos fundamentais, en especial a prohibición de discriminación e a protección dos datos personais. - A protección dos consumidores e a súa repercusión no Dereito de contratos.- Clasificación dos contratos.
Tema 2.- - O consentimento contractual: a declaración de vontade e as suas formas. - Os vicios do consentemento.- A capacidade para contratar e as prohibicións de contratar. - O obxecto do contrato.- A causa do contrato- Forma e documentación del contrato.
Tema 3.- A formación do contrato: modalidades .- O contrato por negociación: os tratos preliminares e os deberes precontractuales. A responsabilidade precontractual- A oferta e a aceptación.-- Perfección del contrato: momento e lugar.- Outros procedementos de formación do contrato- Os acordos preparatorios: acordos de intencions, precontrato, contrato de opción.
Tema 4.- - As condicións xerais da contratación – Condiciones xerais e cláusulas abusivas.-.- Os controles das condicións xerais: inclusión, transparencia material e contido. -Efectos da non superación dos controles: non incorporación e consecuencias da declaración de abusividad . O contido do contrato: valor da publicidade e das declaracións precontractuais. - A interpretación e integración do contrato.
Tema 5.- A eficacia entre as partes do contrato: o principio de irrevogabilidade. – A alteración sobrevida das circunstancias.- O principio da relatividade do contrato e a eficacia respecto a terceiros.- A cesión do contrato.- O subcontrato.- A ineficacia do contrato e a súas diversas categorías.- Os contratos nulos: a conversión.- A anulabilidade e a confirmación do contrato anulable.- A rescisión do contrato.- A desistencia unilateral.- Os efectos restitutorios.
CONTRATOS EN ESPECIAL
Tema 6. -Contrato de compravenda: o seu valor institucional. – A obriga de transmitir a propiedade – Suxeitos e obxecto do contrato. – A venda de cousa allea. A doble venda.- Forma e perfección do contrato. - Obrigas do vendedor: a entrega da cousa vendida. - Tempo, forma, lugar, gastos e obxecto da entrega. - Conservación da cousa.- A entrega dunha cousa conforme, saneamento por evicción, saneamento por gravámenes e saneamento por vicios ocultos. -Garantías na venda de bens de consumo e na Convención de Viena.
Tema 7. - -Obrigas do comprador: pagar o prezo e recibir a cousa. – A facultade de suspender o pago.- As garantías do vendedor ante o risco de non recibir o prezo no Código civil. – A compravenda con pacto de reserva de dominio. – A compravenda con pacto de retro. - O contrato de leasing. -O contrato de permuta
Tema 8. - A doazón. – Concepto e natureza xurídica.- Capacidade das partes. -Obxecto e límites da doazón. -A forma: problemática das doazóns encubertas. -Perfección da doazón: a aceptación. -Clases de doazóns.
Tema 9. -Efectos da doazón: obrigacións do donante e donatario. -A revogación das doazóns: supervivencia o superveniencia de fillos, incumprimento de cargas e ingratitude. -Redución das doazóns inoficiosas. -As liberalidades de uso.
Tema 10. -O contrato de arrendamento. -O arrendamento de cousas no Código civil. -Os arrendamentos urbanos: a lexislación especial. -Ámbito de aplicación da LAU. -Arrendamentos de vivenda: duración, renda, dereitos e obrigacións das partes, suspensión, resolución e extinción do contrato. - Arrendamentos para uso distinto do de vivenda. -Disposicións comúns: fianza e formalización do arrendamento. - O acceso do arrendamento ao Rexistro da Propiedade.
Tema 11. -Os arrendamentos rústicos. A cuestión competencial. -Os arrendamentos rústicos na Lei 2/2006, de Dereito Civil de Galicia. -O arrendamentos rústicos no Código Civil e na Lei de Arrendamentos Rústicos 29/2003. -A parzaría: natureza e réxime xurídico.
Tema 12. -O contrato de servizos: concepto. -A superación da regulación do Código civil. -Contido do contrato: dereito e obrigacións das partes - A responsabilidade do prestador do servizo. -A duración e extinción do contrato. -Tipoloxía do contrato de servizos. O contrato de obra.
Tema 13. -Contrato de mandato. O contrato de préstamo. -Contrato de depósito. –O contrato de sociedade. –Os contratos aleatorios: a renda vitalicia e o contrato de alimentos.
É imprescindible para a preparación axeitada da materia que os estudantes estean en posesión dun Manual en calquera dos seus formatos, papel ou dixital, en algúns casos dispoñibles na BUSC; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, da Lei de Dereito Civil de Galicia e da lexislación complementaria, igualmente en calquer formato.
As profesoras poderán agregar lecturas recomendadas de traballos monográficos relacionados con un tema concreto publicados en libros ou en revistas especializadas que procurarán poñer a disposición dos estudantes.
Os e as estudantes poden utilizar calquera dos seguintes Manuais:
En papel
- Bercovitz Rodríguez Cano (coord.): Manual de Derecho civil. Contratos, Bercal.
- Díez-Picazo, L. y Gullón Ballesteros, A., Sistema de Derecho civil, vol. II, tomo 2, 11ª.ed., Tecnos Madrid, 2015.
- Lacruz Berdejo, J. L. y otros, Elementos de Derecho civil, Tomo II, vols. 1.º e 2.º, 5ª. ed., Dikynson, 2011 e 2013.
- Lete del Río, J. M./Lete Achirica, J., Derecho de obligaciones, vol. I, 2ª. ed. Thomson/Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2022.
- Martínez de Aguirre y Aldaz, De Pablo Contreras, Pérez Álvarez, Parra-Lucán, Derecho Civil II, vol. I, Teoría general de la obligación y el contrato, 5ª. ed., Edisofer, Madrdi, 2018.
- Martínez de Aguirre y Aldaz, De Pablo Contreras, Pérez Álvarez, Parra-Lucán, Derecho Civil II, vol. II, Contratos y responsabilidad civil 5ª. ed., Edisofer, Madrdi, 2020.
Na versión Online na BUSC
Derecho civil patrimonial II, 4ª ed., 2022 (López y López y otros)
Manual de Derecho civil patrionial, 3ª ed., 2019 (Lópex y López y otros)
Instituciones de Derecho Civil Contratos en Particular Cuasi Contratos Derecho de Daños, s P. Blasco Gascó - 2016 - 696 páginas - 1ª edición - Tirant Lo Blanch
Derecho Civil II Obligaciones y Contratos 4ª Edición 2019, Juan A TAMAYO CARMONA, Raquel Guillén Catalán, María Jesús Monfort Ferrero, Jesús ESTRUCH ESTRUCH, Pedro Chaparro Matamoros, M.ª Luisa ATIENZA NAVARRO, José Ramón De Verda y Beamonte, Mario CLEMENTE MEORO, Luz María Martínez Velencoso, María José REYES LÓPEZ, Salvador Carrión Olmos, Javier PLAZA PENADÉS, Mª Teresa Marín García de Leonardo, Adela SERRA RODRÍGUEZ - 2019 - 633 páginas - 4ª edición - Tirant lo Blanch –
Curso de Derecho Civil II Derecho de Obligaciones, Contratos y Responsabilidad por Hechos Ilícitos, Luis Moreno Quesada, Julia Ruiz-Rico Ruiz- Morón, José Miguel OSSORIO SERRANO, Juan Ossorio Morales, Ramón HERRERA CAMPOS, Bernardo MORENO QUESADA, José Manuel GONZÁLEZ PORRAS, José GONZÁLEZ GARCÍA, Francisco Javier Sánchez Calero 2021, 11ª edición - Tirant lo Blanch -
Os profesores recomendan como lecturas complementarias:
-Carrasco Perera, Ángel, Derecho de Contratos, Thomson/Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), ·3ª ed., 2021.
- Díez-Picazo, L., Fundamentos de Derecho civil y patrimonial, vol. 1, (Introducción. Teoría del contrato) y II (Teoría general de la obligación).
- Bercovitz Rodríguez Cano, R., Tratado de contratos, t .I, 3ª ed. Valencia, Tirant lo Blanch, 2020. (on line en BUSC)
- O alumno debe de alcanzar un nivel capaz de poñerlle en condicións de coñecer e familiarizarse cos principios xerais que informan o ordenamiento xurídico en materia contractual.
- Capacitarlle para illar unha norma ou un conxunto de normas aplicables a un determinado suposto de feito e para que manexe as técnicas interpretativas.
- Facerlle capaz de valorar os feitos sociais conforme á norma e contrastar esa valoración coa que deles adoita facer a jurisprudencia ou a doutrina.
- Para rematar, expoñer os problemas e resultados coa debida claridade e sencillez.
- Valorarase como destrezas complementarias a súa manexo das fontes tanto en formato tradicional, como no seu acceso en formato electrónico.
CX1: Capacidade de comprensión, análise e síntese
CX2: Capacidade de organización e planificación
CX5: Capacidade de obtención e xestión da información
CX6: Capacidade de resolución de problemas
CX7: Capacidade de decisión
CX8: Razoamento crítico
CX9: Compromiso ético e deontolóxico
CX10: Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CX12: Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
CX14: Aprendizaxe autónoma
CX15: Adaptación a novas situacións
CX16: Creatividade
CX17: Liderazgo
CX19: Iniciativa
CX20: Motivación pola calidade á excelencia profesional
CX21: Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CX22: Espíritu de superación
A docencia inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, dacordo co calendario
- Clases expositivas: Impartiranse ao grupo completo. A clase maxistral constitúe o instrumento básico no ensino das disciplinas xurídicas. Sen embargo, dado o sistema operante na actualidade, producirase de forma imprescindible unha separación do modelo tradicional (dogmático, informativo e meramente receptivo para o alumno) optando así por impartir clases máis dinámicas e activas, que incite ao estudante á reflexión e lévelle a buscar máis aló dos conceptos ou das ideas percibidas oralmente.
-As clases interactivas completarán as leccións sistemáticas, construídas polo profesor e expostas con claridade e sinxeleza, co exame de decisións xurisprudenciais ou de datos de orde sociolóxica, económico ou político que o docente considere de interese e que fomenten a participación do alumno. En devanditas clases interactivas utilizaranse esporadicamente outras técnicas de ensino. Entre esas técnicas destacamos como idóneas para a nosa disciplina, entre outras:
- A discusión colectiva (consiste nun intercambio de ideas e información sobre temas e cuestións concretas e conflitivas nas que o profesor actuará como mero moderador).
- A resolución de casos prácticos e os seminarios ou tratamento monográficos de problemas concretos.
- A lectura crítica dun texto xurídico específico
- Exposición dun tema previamente preparado por un grupo de estudantes, pero que non sexa obxecto de explicación pola profesora.
- En todo caso, o traballo en grupo resulta esencial.
A docencia será presencial. As titorías cos estudantes poderán ser presenciais ou virtuais; neste último caso, poderase utilizar tanto o correo electrónico como as posibilidades que dan a aula Virtual e a aplicación Teams.
Grupo A (Profas. Marta Madriñán Vázquez y Belén Trigo García):
Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe do alumnado a avaliación dá materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba escrita final. Para un total de 10 puntos dá cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito:
1.A avaliación continua suporá o 30% da cualificación final, e se baseará na asistencia e participación activa do estudante nas aulas expositivas (10%) e na participación e realización das actividades prácticas desenvoltas nas aulas interactivas (20%). Admitirase, sen penalización algunha, afalta de asistencia non xustificada que non supere o 10% da asistencia controlada.Valorarase a estrutura e corrección formal das prácticas entregadas, o manexo correcto da xurisprudencia e da doutrina e a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a.
De conformidade co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (Consello de Goberno 25/11/2024), o control de asistencia ás aulas realizarase a través de soportes de carácter duradeiro. En caso de falta xustificada a actividades ordinarias ou complementarias obxecto de avaliación, se programarán actividades ou datas alternativas
O réxime é idéntico para todo o alumnado, incluído o estudantado repetidor.
2.A proba final, na que se avaliará o coñecemento das institucións básicas estudadas ó longo do curso, representará o 70% da nota final. Consistirá na formulación de cuestións e o prantexamento dun caso práctico. O alumno/a deberá obter nesta proba una cualificación mínima de 3.5 puntos para superar a materia.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente ao exame final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser 5 ou superior. O alumno/a que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7). Non poderá aprobarse a materia cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0.
Esta forma de avaliación é única para a primeira e a segunda oportunidade. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicarase a ambas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
Réxime para o alumnado con exención de docencia: O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
Normativa de permanencia: Advírtase que, segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 5 de xuño de 2012 (artigo 5.2), "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
Grupo B (Profa. Marta Otero Crespo):
Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán avaliables dacordo cos seguintes criterios:
1º. Asistencia e participación activas nas clases, e realización das actividades propostas: cuestionarios, casos ou supostos presentados como resultado das clases: 30% da nota final.
2º. Exame presencial escrito: 70% da nota final.
A cualificación será o resultado da suma dos dous criterios (1º e 2º) sendo necesaria a obtención de 5 puntos para aprobar a materia.
Para sumar a cualificación obtida nas actividades interactivas será necesario obter unha puntuación mínima de 3,5 puntos no exame final. A asistencia valorarase como un factor máis na avaliación continua. Neste sentido, as actividades avaliables realizadas nas clases non son recuperables para aqueles estudantes que non asistan ás aulas, salvo que a falta sexa por causa xustificada nos termos previstos no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC. En ningún caso a falta de asistencia a clase impide o acceso á proba escrita (nestes casos a cualificación será unicamente a obtida nesta proba).
Esta é a forma de avaliación para as dúas convocatorias: ordinaria e extraordinaria. Para ese efecto, a cualificación do 1º criterio correspondente á avaliación continua ao longo do cuatrimestre (asistencia, participación e actividades) considerarase nas dúas convocatorias e non serán obxecto de recuperación. O alumno que suspenda a primeira oportunidade poderá recuperar a nota do exame escrito na segunda oportunidade.
As dúas actividades sinaladas teñen a consideración de avaliables aos efectos regulados na normativa de permanencia da USC, polo que a participación do alumno/a en calquera delas producirá os efectos legalmente previstos. Por tanto, e de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
No caso de concesión de exención de docencia, o alumno terá que realizar un exame final que representará o 100% da súa calificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Grupo C (Mª Paz García Rubio/ Margarita Herrero Oviedo/ Ignacio Varela Castro)
Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán avaliables dacordo cos seguintes criterios:
1º. Asistencia e participación activas nas clases, e realización das actividades propostas: cuestionarios, casos ou supostos presentados como resultado das clases: 30% da nota final.
2º. Exame presencial escrito: 70% da nota final.
O exame escrito valorarase cun máximo de 7 puntos sobre 10. Para superar a materia o exame ten que alcanzar unha cualificación mínima de 3,5 puntos.
Os 3 puntos restantes ata 10 outorgaranse por avaliación continua, derivada das clases teóricas, interactivas e doutras actividades complementarias.
Neste sentido, de conformidade co réxime xurídico establecido no Regulamento de Asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e master dá USC, a asistencia valorarase como un factor máis na avaliación continua, cun máximo de 1 punto, que recibirá quen asista polo menos ao 90% das clases de maneira activa ou xustifique adecuadamente, segundo a mesma normativa, a súa falta de asistencia.
Os criterios indicados aplicaranse igualmente ao estudantado repetidor.
Quen teña dispensa de asistencia a clase serán valorados integramente a través do exame final.
O total do volume de traballo ideal do alumno é de aproximadamente 150 horas (6 créditos x 25 horas = 150 horas). Para un óptimo aproveitamento este traballo ha de ser constante ao longo do semestre.
- É absolutamente recomendable que para matricularse desta materia o alumno superase as materias de Dereito civil correspondentes aos semestres anteriores.
- Recoméndase ao alumno que dende o comezo se faga con todos os materiais da disciplina, en especial os textos legais e un manual de consulta que actúe como referencia.
- É imprescindible a asistencia ás clases, tanto teóricas como interactivas, para aclarar conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaron e interiorizado.
- Intentarase que o tempo adicado ao estudo sexa o máis continuo e estandarizado posible. Debe facerse un seguimiento polo menos semanal do explicado nas clases e realizar as tarefas indicadas polo profesor con dedicación e continuidade.
- É recomendable preguntar nos horarios de tutorías ou, preferiblemente, nas clases, todas as dúbidas ou problemas de comprensión que se susciten en torno aos temas estudados. Non se recomenda a aprehensión de memoria de cuestións que previamente non se comprenderon de forma correcta.
- Recoméndase a utilización do Aula Virtual, onde se publicarán os materiais complementarios que o/a profesor/a considere de utilidade, así como información complementaria e actualizacións sobre cada un dos grupos da materia.
- O traballo en equipo, esencial para os alumnos, debe ser solidario e constructivo. Lémbrase que tamén é unha actividade avaliable.
Grupo B (Profa. Marta Otero Crespo) y Grupo C (Mª Paz García Rubio, Margarita Herrero Oviedo, Ignacio Varela Castro)
1. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse a través da aula virtual.
2. As comunicacións deberán practicarse desde as contas de correo institucionais da USC.
3. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
4. Con carácter xeral, as dúbidas deberán resolverse nos horarios de titorías. O correo electrónico non é unha ferramenta para a solución de dúbidas de fondo sobre a materia.
Maria Paz Garcia Rubio
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814648
- Correo electrónico
- mpaz.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Belén Trigo García
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814744
- Correo electrónico
- belen.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marta Otero Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814647
- Correo electrónico
- marta.otero.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Margarita Cristina Herrero Oviedo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814621
- Correo electrónico
- margarita.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Madriñan Vazquez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814741
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ignacio Varela Castro
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- i.varela [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
15:00-16:00 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Galego, Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
10:30-12:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
15:00-16:30 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Castelán, Galego | Aula 4 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
10:30-12:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
15:00-16:30 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Galego, Castelán | Aula 4 |
25.05.2026 10:00-12:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
25.05.2026 13:00-15:00 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
25.05.2026 16:00-18:00 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Aula 1 |