Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o estado actual da Educación. Aproximarse ao ensino como vehículo de transmisión cultural a través do que ensinan as escolas.
- Coñecer aos distintos tipos de “currícula” dende a formulación do modelo utilitarista clásico, até os novos modelos teóricos que teñen unha especial incidencia na Educación e mesmo capacidade para guiar a práctica do ensino.
- Motivarse cara á profesión docente na especialidade de Primaria, conquistando actitudes de apoio nos procesos didácticos de cambio.
- Conseguir o coñecemento do que é a acción de ensinar e aprender (docente e discente) e facer especial fincapé na práctica pedagóxica a través dos proxectos docentes.
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
- Concepto de currículo e teorías curriculares.
- Currículo oficial, función docente e tarefas curriculares do profesorado en Educación Primaria.
- Modelos curriculares, planificación e análise de compoñentes do currículo.
- Decisións curriculares: do currículo oficial aos deseños de aula.
- Procesos de elaboración de currículos.
- Estratexias e medios de ensino e aprendizaxe en Educación Primaria.
- Avaliación, investigación-acción e innovación curricular.
- Fases, estratexias e experiencias de innovación curricular.
1º/ Bases conceptuais:
Teoría do currículo. Que nos ensinan as escolas.
A Didáctica polo coñecemento dos paradigmas e modelos didácticos.
A comunicación didáctica dentro do proceso de ensino-aprendizaxe.
O currículo da Educación Primaria.
2º/ O proceso curricular:
Os conceptos: elementos e compoñentes.
A planificación: Selección e organización de contidos na Educación Primaria.
O proceso de ensinar. Ensinar a aprender a través de actitudes, valores.
A aula como espazo da contorna: unidade temática de aprendizaxe.
3º/ Avaliación do proceso:
O proceso educativo versus control formativo.
Concepto e diversas formas de avaliación. Democrática e iluminativa.
Avaliación do currículo de Primaria. Avaliación e control educativo.
4º/ Relacións escola e contorna:
Sociedade, reforma ou innovación.
Comunidade Educativa, a escola como produto ou factor da sociedade.
Básica
- Llorent, V.J. (Coord.) (2019). "Planificación e innovación en Educación Primaria: Fundamentos para la elaboración de programaciones y unidades didácticas". Madrid: Ediciones Pirámide. [Dispoñible en versión dixital]
Complementaria
- Cantón e Pino-Juste (Coords.) (2016). "Diseño y desarrollo del currículum". Madrid: Alianza Editorial. [Dispoñible en versión dixital]
- Sarceda, M.C. (2011). "Os contidos pedagóxicos na elaboración de unidades didácticas". Santiago de Compostela: Unidixital. Recuperado de https://cutt.ly/Kau36Lu
- Llorent, V.J. e Torres-Porras, J. (Eds) (2018). "Innovación docente en el Grado de Educación Primaria. Acercando la realidad escolar a las aulas universitarias". Barcelona: Octaedro. Recuperado de https://cutt.ly/Gau72lg
No desenvolvemento da materia achegarase bibliografía específica de cada un dos bloques nos que se estruturan os contidos.
BÁSICAS E XENERAIS
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
G2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes
G6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E6 - Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe
E16 - Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula
E17 - Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria
E19 - Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación
METODOLOXÍA:
A metodoloxía será activa e participativa, na que o alumnado é o protagonista da súa aprendizaxe e potenciarase a súa implicación, autonomía e responsabilidade. O alumnado asumirá un rol activo e as profesoras da materia actuarán de guías que acompañarán ao alumnado, descubríndolles posibilidades de aprendizaxe e ofrecéndolles retroalimentación continua.
Utilizaranse diferentes métodos u estratexias didácticas (aula invertida, ludificación, aprendizaxe cooperativa, etc.), en función das necesidades que poidan xurdir durante o desenvolvemento da materia, da diversidade do alumnado, dos diferentes agrupamentos, etc.
A distribución do horario semanal constará dunha sesión de 1´5 horas en grupo expositivo e 1´5 horas en grupo interactivo. Cada alumno/a terá 3 horas de titoría programada o longo do semestre en sesións de 1´5 horas.
Farase uso do Campus Virtual da USC, para comunicarse co alumnado, subir documentación, solicitar tarefas e entregalas, facilitar a colaboración, realizar seguimento das aprendizaxes, etc.
Desenvolveranse tanto traballos individuais como grupais, así como probas de autoavaliación ao rematar cada bloque temático. As profesoras da materia irán guiando o proceso a seguir en todo momento.
No caso de darse un Escenario 2 (distanciamento) ou Escenario 3 (peche das instalacións), o procedemento será o seguinte:
Escenario 2:
- Alternancia de clases virtuais e presenciais nas sesións expositivas e interactivas (síncronas), favorecendo a rotación dos grupos.
- Uso activo do Campus Virtual e de Microsoft Teams.
- Titorías individuais e grupais, tanto de forma presencial como virtual.
- Mantéñense a mesma tipoloxía de actividades, individual, grupais e autoavaliativas. As profesoras aportarán ao longo da materia información sobre as mesmas, programarán as entregas, e guiarán o proceso para o seu desenvolvemento e forma de entrega.
Escenario 3:
- Clases virtuais para as sesións expositivas e interactivas (síncronas e asíncronas).
- Uso activo do Campus Virtual e de Microsoft Teams
- Titorías individuais e grupais de forma virtual.
- Mantéñense a mesma tipoloxía de actividades, individual, grupais e autoavaliativas. As profesoras aportarán ao longo da materia información sobre as mesmas, programarán as entregas, e guiarán o proceso para o seu desenvolvemento e forma de entrega.
No documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” elaborado polo Comité para a Seguridade Sanitaria e aprobadas polo Consello de Goberno da USC, pódese obter máis información sobre os diferentes escenarios. Dispoñible en: https://www.usc.gal/gl/usc/covid19
O alumnado con exención de docencia (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio…) ou excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…), deberá informar da súa situación á docente na mesma semana na que solicite a exención, a fin de concretar o plan de traballo, o cal con independencia do escenario, estará formado por traballos individuais e probas de autoavaliación. Habilitarase un lugar específico no Campus Virtual no que poder acceder á documentación relativa a cada bloque da materia e onde tamén se incluirán as informacións correspondentes a cada entrega.
En canto ao alumnado repetidor, deberá poñerse en contacto coas profesoras da materia ao inicio do curso escolar, en función das entregas realizadas durante o curso 2019/2020 pode quedar exento da entrega dalgunhas delas, mais si deberá realizar as probas de autoavaliación. Ao igual que co alumnado con exención de docencia, habilitaráselle un lugar específico no Campus Virtual, mais recoméndaselle seguir as sesión de aula (sexan presenciais ou virtuais) e participar na materia como o fará o alumnado de primeira matrícula, aplicándose o indicado por cada escenario.
Todo o alumnado empregará o correo oficial da USC (@rai.usc.es) na súas comunicacións por correo electrónico coas profesoras así como para empregar as plataformas e medios da USC.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
Continúa en Observacións
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
A avaliación da materia será continua, de cara á avaliación final teranse en conta os seguintes elementos:
A) Asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase, expositivas e interactivas. Preceptivo para superar a materia.
B) Participación na aula cun peso do 10%
C) Probas de autoavaliación ao rematar cada bloque temático da materia 40%
D) Informes escritos e outras producións en grupo cun peso do 40%
E) Presentacións orais cun peso do 10%
Dando en total un peso máximo do 100%.
Para superar a materia, o alumno/a ten que ter aprobado o apartado C e D (obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada apartado), así como entregar as probas, actividades, informes e outras producións en prazo e forma, seguindo as especificacións das docentes.
Estes traballos a realizar polo alumnado, tanto de forma individual como grupal, deben ser orixinais.
No Escenario 2 e 3 mantense o mesmo sistema de avaliación. Valorarase a participación e achegas realizadas polo alumnado nas sesións síncronas, nos foros e noutros mecanismos de participación que habilitarán as profesoras. As probas de autoavaliación realizaranse a través do Moodle (Campus Virtual) e farase o seguimento dos traballos en grupo a través das titorías, do Campus Virtual e de Microsoft Teams.
O alumnado con exención de docencia se lle proporcionará un Plan de Traballo alternativo diferenciado do alumnado asistente. Se concretará ao comezo do curso escolar. Neste caso, as probas de autoavaliación terán un peso do 70% na avaliación final. O 30% restante corresponderase cos traballos individuais que se lle propoñan a este alumnado.
Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida no apartado probas de autoavaliación (5 sobre 10) e en informes escritos e outras producións (5 sobre 10).
O alumnado repetidor porase en contacto coas profesoras da materia ao inicio do curso escolar, para acordar a ponderación dos traballos en función das entregas realizadas durante o curso 2019/2020.
Todo o alumnado (asistente, repetidor, con dispensa ...) que non supere a materia na convocatoria ordinaria, debe presentarse a unha proba final na 2ª oportunidade (mes de xullo), independentemente do escenario. Non se manteñen as cualificacións do período ordinario.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Continúa en Observacións
ACTIVIDADES E HORAS PRESENCIAIS: 51 horas.
- Actividades en gran grupo (expositivas 24 horas):
o Actividade expositiva
o Discusión
o Presentación de plans de traballo
o Realización de probas e actividades específicas.
- Actividades en grupo mediano (interactivas 24 horas):
o Proxecto de traballo
o Estudio de casos
o Análise de documentos
o Debate
- Actividades en pequeno grupo (individuais, titoría 3 horas):
o Comentario de documentos
o Auto-avaliación
o Reflexións
ACTIVIDADES E HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 HORAS.
- Actividades de grupo expositivo (35 horas)
o Lectura e análise de documentos
o Estudo e preparación de probas específicas
o Prácticas independentes
- Actividades en grupo interactivo (45 horas)
o Lectura e análise de documentos
o Preparación das presentación
o Búsqueda de información complementaria
o Elaboración de materiais, traballo en subgrupo (proxecto)
o Estudo
- Actividades en grupo pequeno e individual (19 horas)
o Lectura de documentos
o Resolución de dúbidas
o Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150 Horas.
- É interesante que se traballe, fundamentalmente, coa bibliografía proposta.
- É recomendable posuír coñecementos no manexo do computador a nivel básico de usuario: sistema operativo, procesador de textos, navegación pola rede e uso do correo electrónico.
- A asistencia continuada ás sesións de clase, tanto teóricas como prácticas, así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, é imprescindible para un adecuado seguimento da materia e para poder superala na convocatoria ordinaria.
- O alumnado repetidor e con exención de clases respectará as datas de entregas dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto co profesorado.
- Considérase moi recomendable que os alumnos e alumnas posúan computador con conexión a internet no seu domicilio, xa que isto facilitará o acceso aos materiais en liña que se presentan, o uso do Campus Virtual, para a realización de diversas actividades, etc.
- Aconséllase un estudo comprensivo e non memorístico da materia. Mostrar, tanto nas intervencións na clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso co maxisterio.
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptacións metodolóxicas e sistema de avaliación:
Escenario 2 (distanciamento):
- Alternancia de clases virtuais e presenciais nas sesións expositivas e interactivas (síncronas), favorecendo a rotación dos grupos.
- Uso activo do Campus Virtual e de Microsoft Teams.
- Titorías individuais e grupais, tanto de forma presencial como virtual.
- Mantense a mesma tipoloxía de actividades, individual, grupais e autoavaliativas. As profesoras aportarán ao longo da materia información sobre as mesmas, programarán as entregas, e guiarán o proceso para o seu desenvolvemento e forma de entrega.
- Mantense nos tres escenarios o mesmo sistema de avaliación.
Escenario 3 (peche das instalacións):
- Clases virtuais para as sesións expositivas e interactivas (síncronas e asíncronas).
- Uso activo do Campus Virtual e de Microsoft Teams
- Titorías individuais e grupais de forma virtual.
- Mantense a mesma tipoloxía de actividades, individual, grupais e autoavaliativas. As profesoras aportarán ao longo da materia información sobre as mesmas, programarán as entregas, e guiarán o proceso para o seu desenvolvemento e forma de entrega.
- Mantense nos tres escenarios o mesmo sistema de avaliación.
No documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” elaborado polo Comité para a Seguridade Sanitaria e aprobadas polo Consello de Goberno da USC, pódese obter máis información sobre os diferentes escenarios. Dispoñible en: https://www.usc.gal/gl/usc/covid19
NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, mais só se terán en conta para estes efectos aqueles casos que fosen valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
No desenvolvemento das clases e na realización dos traballos da materia respectaranse os criterios de igualdade de xénero. Pódese obter información ao respecto en: https://www.usc.es/gl/servizos/oix/documentacion.html
Carmen Sarceda Gorgoso
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821034
- Correo electrónico
- carmen.sarceda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Silvia Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia