Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal da materia de "Organización e Xestión da Aula" é dotar ao alumnado dos coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para poder observar, intervir e reflexionar sobre os contextos e os procesos de ensinanza-aprendizaxe cunha actitude ética e de respecto á infancia, tendo en conta as súas necesidades.
Supón unha continuación da materia de Didáctica e Profesión Docente, impartida no curso pasado, estando tamén fortemente vinculada ás materias de Deseño e Desenvolvemento Durricular, Proxectos e Innovación na Aula e Prácticum I que se imparten no mesmo semestre. Por este motivo, parte dos obxectivos son comúns a ditas materias posto que contribúen á adquisición de competencias comúns.
Tendo en conta o anterior, propóñense os seguintes obxectivos específicos:
OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER
- Coñecer os eixos e principios básicos que orientan a intervención educativa na etapa infantil.
- Identificar os elementos que constitúen o ambiente de aprendizaxe para o deseño e a organización deste nos centros de Educación Infantil.
- Comprender a importancia do ambiente como espazo de vida e desenvolvemento e como espazo de aprendizaxe.
- Coñecer diferentes modelos actuais de Educación Infantil e analizar as súas implicacións na organización e xestión de aula.
- Coñecer as peculiaridades do período de adaptación e as estratexias de intervención para favorecer a continuidade educativa entre ciclos e etapas.
- Recoñecer o valor educativo dos momentos da vida cotiá e as súas implicacións para o desenvolvemento da saúde física e emocional dos nenos e das nenas.
OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER FACER
- Analizar o ambiente de aprendizaxe de distintas aulas identificando o modelo educativo que subxace a dita organización.
- Elaborar distintos planos dunha aula recollendo todos os elementos relevantes da súa organización estrutural e funcional.
- Deseñar ambientes de aprendizaxe ou propostas de mellora para aulas de 0-3 e 3-6 atendendo a criterios de calidade e tendo en conta os diferentes modelos didácticos.
- Aprender a observar e documentar distintos ambientes de aprendizaxe tendo en conta a súa dimensión física, funcional, temporal e relacional e empregando os instrumentos apropiados en cada caso.
- Deseñar estratexias de intervención educativa e propostas didácticas para os distintos niveis de Educación Infantil tendo en consideración os principios básicos que orientan a intervención educativa nesta etapa.
OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER SER
- Estimular o respecto á pluralidade de perspectivas
- Favorecer a actitude interrogadora e a apertura a distintos puntos de vista e interpretacións.
- Analizar e valorar cales son as actitudes éticas necesarias para o traballo con nenos e nenas pequenos.
- Valorar a importancia da observación e a escoita do alumnado como punto de partida para a planificación de estratexias de intervención.
Os contidos da materia organízanse en 5 bloques temáticos:
1. Eixes e principios básicos da intervención educativa na etapa 0-6.
2. Principais modelos de Educación Infantil e as súas implicacións na organización do espazo:
2.1. As rutinas na escola infantil e o valor da vida cotiá. A actividade autónoma dos nenos.
2.2. Os proxectos na Educación Infantil
2.3. Os obradoiros na Educación Infantil.
3. O ambiente de aprendizaxe como espazo de desenvolvemento en EI: claves para o seu deseño e organización no ciclo 0-3 e 3-6.
3.1. Dimensión física (espazo e materiais).
3.2. Dimensión funcional (organización da actividade; rutinas e actividades de xogo e aprendizaxe; os recunchos e obradoiros).
3.3. Dimensión temporal (organización do tempo nos ciclos 0-3 e 3-6; o período de adaptación e a continuidade entre ciclos e etapas).
3.4. Dimensión relacional (procesos de interacción na aula; traballo colaborativo; modalidades de agrupamento e relación; criterios de organización e agrupamento do alumnado).
4. Organización do ambiente e atención á diversidade.
5. Ambientes escolares e extraescolares: a relación co entorno. O entorno como ambiente de aprendizaxe.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Antón, M. (Coord.). (2007). Planificar la etapa 0-6. Graó.
Iglesias, M. L. (2008). La organización de los espacios en Educación Infantil. En M. A. Zabalza (Ed.), Calidad en la Educación Infantil (pp. xx–xx). Narcea. (Se coñeces as páxinas exactas, pódense incluír)
Iglesias, M. L. (2008). Observación y evaluación del ambiente de aprendizaje en Educación Infantil: Dimensiones y variables a considerar. Revista Iberoamericana de Educación, 47, 49–70. https://rieoei.org/historico/documentos/rie47a03.pdf
López, S. (2018). Esencia: Diseño de espacios educativos. Aprendizaje y creatividad. Ediciones Khaf.
Prakash, N. (2016). Diseño de espacios educativos: Rediseñar las escuelas para centrar el aprendizaje en el alumno. SM.
Sainz de Vicuña, P. (2010). Educar en el aula de 2 años: Una propuesta metodológica. Graó.
Sainz de Vicuña, P., & Requena, M. D. (2012). Didáctica de la Educación Infantil. Editex.
Silvente González, J. (2016). Diseñar espacios educativos: Calidad, estética y amabilidad en el diseño. Ver, pensar, sentir.
Trueba Marcano, B. (2015). Espacios en armonía. Octaedro.
Zabalza, M. A. (Ed.). (2008). Calidad en la Educación Infantil. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bassedas, E., Huguet, T., & Solé, I. (2010). Aprender y enseñar en Educación Infantil. Graó.
Bonás, M., et al. (2007). Entramados: La experiencia de una comunidad de aprendizaje. Graó.
Bondioli, A., & Nigito, G. (2011). Tiempos, espacios y grupos: El análisis y la evaluación de la organización en la escuela infantil. Graó.
Borghi, Q. (2008). Los talleres en Educación Infantil. Graó.
Borghi, Q. (2010). Educar en el 0-3: La práctica reflexiva en los nidi d’infanzia. Graó.
Cabanellas, I., & Eslava, C. (2005). Territorios de la infancia: Diálogos entre arquitectura y pedagogía. Graó.
Falk, J. (2008). Lóczy, educación infantil. Octaedro.
Fores, A., & Subias, E. (Eds.). (2017). Pedagogías emergentes: 14 preguntas para el debate. Graó.
Goldschmied, E., & Jackson, S. (2000). La educación infantil de 0 a 3 años. Morata.
Hohmann, M., & Weikart, D. (1997). Educar a criança. Fundação Calouste Gulbenkian.
Hoyuelos, A., & Riera, M. A. (2015). Complejidad y relaciones en Educación Infantil. Octaedro.
Ibáñez, C. (2008). El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula. La Muralla.
Laguía, M. J., & Vidal, C. (2008). Rincones de actividad en el aula Infantil (0-6 años). Graó.
L’Ecuyer, C. (2017). Educar en el asombro (21.ª ed.). Plataforma Editorial.
L’Ecuyer, C. (2018). Educar en la realidad (6.ª ed.). Plataforma Editorial.
Lucas, B., & Claxton, G. (2014). Nuevas inteligencias, nuevos aprendizajes. Narcea.
Majem, T., & Ódena, P. (2007). Descubrir jugando. Octaedro-Rosa Sensat.
Torre Domenech, J. (2009). Elogio de la educación lenta. Graó.
REVISTAS:
Graphic 26, FormaAULA DE INFANTIL: https:/ /www.grao.com/es/aula-infantil
CUADERNOS DE PEDAGOGÍA: http://www.cuadernosdepedagogia.com/content/Inicio.aspx
INFANCIA: https:/ /www.rosasensat.org/revistes/in-fan-cia/
RELADEI: https:/ /revistas.usc.gal/index.php/reladei
COMPETENCIAS XERAIS
X2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
X3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto aos dereitos humanos.
X4. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e tratar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
X7. Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e as derivacións éticas e legais do seu uso nos procesos de observación.
X11. Reflexionar sobre as prácticas de aula a partir da observación sistemática e da análise dos datos. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
E19. Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E20. Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no entorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ó progreso harmónico e integral dos estudantes.
E21. Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
E22. Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
T4. Competencia informacional
Para cumprir cos obxectivos propostos, a metodoloxía céntrase en enfoques activos na aula, que facilitan a participación do alumnado e a colaboración entre eles. Isto permite unha aprendizaxe significativa e promove un entorno de traballo igualitario, onde cada estudante é protagonista da súa propia aprendizaxe de maneira activa e participativa.
As distintas actividades formativas dividiranse entre un horario presencial obrigatorio, que inclúe clases expositivas e interactivas, e un horario non presencial que implica o traballo autónomo do alumnado.
ACTIVIDADES FORMATIVAS PRESENCIAIS:
As sesións expositivas en gran grupo consistirán en clases explicativas dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos contidos, clarificar os conceptos máis significativos e proporcionar unha visión global dos distintos bloques temáticos. Estas sesións sentarán as bases teóricas necesarias para outros traballos posteriores, tanto teóricos como prácticos. Utilizaranse recursos didácticos de apoio para facilitar o seguimento e a comprensión do contido por parte do alumnado (presentacións multimedia, material audiovisual, recursos en liña, etc.).
As sesións interactivas, en grupo mediano, serán de dous tipos:
• Sesións de seminario que implican a posta en común, análise e valoración de actividades formativas levadas a cabo polo alumnado de maneira autónoma fóra da aula (análise de proxectos, deseño dun pequeno proxecto, deseño dun proxecto de documentación, etc.). Para estas sesións é imprescindible que o alumnado traia as tarefas asignadas xa realizadas.
• Sesións de laboratorio (carácter obrigatorio para todo o alumnado de avaliación continua). Estas sesións desenvolveranse conxuntamente coa materia de "Proxectos e Innovación na Aula (G3131202)" no Laboratorio de Educación Infantil, cunha duración de 3 horas distribuídas do seguinte xeito: presentación da actividade por parte da docente, intervención sobre as propostas didácticas presentadas, recollida e limpeza dos materiais e espazos, e finalmente, posta en común e avaliación do traballo realizado durante asesión.
As sesións en pequeno grupo/individual estarán destinadas a resolver problemas, conflitos e dúbidas que poidan xurdir en relación coa elaboración dos distintos traballos e prácticas. Estas sesións enfocaranse especialmente na supervisión dos traballos en grupo. As titorías ordinarias dedicaranse principalmente a atender as necesidades individuais de cada estudante.
ACTIVIDADES FORMATIVAS NON PRESENCIAIS (TRABALLO AUTÓNOMO):
O traballo autónomo que debe realizar o alumnado fóra da aula concretarase en:
• Preparación de actividades de aprendizaxe que se especificarán para cada tema ou sesión práctica (lectura ou análise de documentos, visionado de vídeos, etc.). Estas actividades serán presentadas e comentadas en clase, polo que é importante a participación activa do alumnado.
• Elaboración do caderno de prácticas. Ao finalizar as sesións interactivas, deberase subir a un documento dixital compartido coa profesora o traballo realizado en relación coa práctica. A actualización do caderno de prácticas será semanal ou quincenal, dependendo das prácticas.
• Traballo interdisciplinar. Trátase dun traballo autónomo para realizar fóra da aula, no que se relacionan contidos das materias de Proxectos e Innovaciónna Aula (G3131202) e Organización e Xestión da Aula (G3131203). Na primeira semana de clase daranse indicacións máis precisas sobre o seu contido e condicións de realización.
*Agrupamento do alumnado:
Ademais dos agrupamentos académicos habituais (atendendo ás sesións de aula), as actividades de aprendizaxe así como o traballo nas clases interactivas (seminario e laboratorio), realizaranse en pequenos grupos compostos por un máximo de 4-5 persoas, que serán conformados polo alumnado ao comezo do curso e notificados á docente na primeira semana de clase. Os estudantes que informen despois desta data serán asignados pola profesora a grupos que poidan estar incompletos.
O proceso de avaliación da materia estrutúrase en catro elementos avaliativos, seguindo un proceso de avaliación continua.
O alumnado que non siga a avaliación continua ou que perda o dereito á avaliación continua, soamente poderá presentarse ao exame final (40%), polo que a puntuación máxima que pode obter este alumnado é de máximo 4 puntos sobre 10.
1. ELEMENTOS DA AVALIACIÓN
Teranse en consideración os seguintes instrumentos de avaliación:
a) Participación na aula: 10% (ata 1 punto)
b) Informes escritos e outras producións (cartafol grupal): 40% (ata 4 puntos)
c) Exame final: 40% (ata 4 puntos)
d) Presentacións orais: 10% (ata 1 punto)
A continuación, detállase máis polo miúdo as características e condicións de cada un destes instrumentos.
a) Participación na aula: 10% (ata 1 punto)
Carácter: Obrigatorio (para todo o alumnado que segue a avaliación continua).
Peso na cualificación: 10%
Puntuación máxima: 1 punto
Instrumentos principais de rexistro:
• As listaxes de asistencia
• A observación directa da docente nas sesións presenciais, especialmente nas sesións interactivas no Laboratorio.
• O seguimento das actividades prácticas que se realicen nas sesións interactivas a través do caderno de prácticas.
Criterios de avaliación:
• Intervención regular nas sesións de clase.
• Achegas pertinentes nas intervencións orais realizadas.
• Preparación previa das actividades/tarefas encomendadas.
• Contribución efectiva ás tarefas grupais.
Controlarase a asistencia nas actividades formativas da materia, sobre todo, nas sesións interactivas debido ao seguimento específico que se formula en relación coa participación do alumnado. Tamén se avaliará este apartado a través do seguimento das actividades prácticas que se realicen nas sesións interactivas a través do caderno de prácticas
O alumnado que teña máis dun 10% de faltas de asistencia non xustificadas adecuadamente non será cualificado neste apartado, obtendo 0 puntos.
Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo do 90% das actividades formativas, o estudantado debe implicarse nas tarefas presenciais.
Por cada falta de asistencia non xustificada adecuadamente (sempre que non se supere o 10%) restarase neste apartado de “participación na aula” 0,1 puntos.
b) Informes escritos e outras producións (cartafol grupal): 40% (ata 4 puntos)
Carácter: Obrigatorio (para todo o alumnado que segue a avaliación continua).
Peso na cualificación: 40%
Puntuación máxima e mínima esixible para superar a materia: máximo 4 puntos e mínimo 2 puntos.
Realización: individual ou en grupo
Contido:
O cartafol inclúe:
1. O CADERNO DE PRÁCTICAS: no que se recollen todas as actividades de carácter práctico, tanto as que se desenvolvan nas sesións interactivas (de aula ou de Laboratorio) como no tempo de traballo persoal fora da aula. As prácticas de Laboratorio son comúns ás materias de Organización e Xestión da Aula (G3131203) e Proxectos e Innovación na Aula (G3131202).
2. TRABALLO INTERDISCIPLINAR: Trátase dun traballo autónomo para realizar fóra da aula no que se relacionan contidos das materias de Organización e Xestión da Aula (G3131203) e Proxectos e Innovación na Aula (G3131202). Na primeira semana de clase daranse indicacións máis precisas sobre o seu contido e condicións de realización.
Tal e como se reflexa no contido do programa, unha parte das actividades realízanse en coordinación coa materia de "Proxectos e Innovación na Aula (G3131202)". Isto significa que as actividades deseñadas inclúen a xestión de contidos e a adquisición de habilidades correspondentes a ambas materias. Só se consideran algunhas prácticas de aula específicas de cada materia. Polo tanto, o CARTAFOL de actividades valorarase xunto coa materia de "Proxectos e Innovación na Aula (G3131202) e só se valorarán as actividades específicas por separado.
O cartafol deberá ser entregado a través da plataforma do campus virtual da USC. A data de entrega indicarase no momento da súa presentación.
Criterios de avaliación:
• Axuste ás directrices de forma e contido. Entregaranse as orientacións específicas na primeira semana de clase.
• Cumprimento dos prazos de entrega establecidos para as distintas tarefas e para o seguimento do cartafol grupal.
• Claridade expositiva e coherencia na redacción dos contidos tratados.
• Manexo dunha linguaxe de calidade e unha expresión lingüística sen erros ortográficos e de sintaxe.
• Rigor académico e científico na presentación dos contidos (citas bibliográficas e referencias bibliográficas empregadas debidamente citadas).
• Cumprimento dos aspectos formais que se indiquen en relación á elaboración de cada actividade.
Os criterios de avaliación presentaranse no enunciado de cada práctica e do proxecto interdisciplinar e utilizaranse como base para a súa cualificación.
c) Exame final: 40% (ata 4 puntos)
Na data oficial establecida no calendario de exames realizarase o exame final sobre o contido teórico da materia baseado nos materiais de lectura obrigatoria establecidos para cada tema e que se facilitarán aos estudantes a través da plataforma virtual.
Carácter: Obrigatorio para todo o alumnado.
Peso na cualificación: 40%
Puntuación máxima e mínima esixible para superar a materia: máximo 4 puntos e mínimo 2 puntos.
Realización: individual
Tipo de proba: Este exame inclúe 20 preguntas de diferentes tipos (elección múltiple, completar, relacionar, etc.) e 1 pregunta de desenvolvemento.
Contido: serán obxecto de exame tanto as lecturas obrigatorias dos bloques temáticos como os contidos teóricos relacionados coas prácticas de laboratorio.
d) Presentacións orais: 10% (ata 1 punto)
Carácter: Obrigatorio (para todo o alumnado que segue a avaliación continua).
Peso na cualificación: 10%
Puntuación máxima e mínima esixible para superar a materia: máximo 1 punto e mínimo 0,5 puntos.
Realización: : En grupo. Participarán todos os membros do grupo na orde que determine a docente. Sobre o as condicións de realización das exposicións orais daranse indicacións máis precisas na primeira semana de clase.
Contido da exposición: O contido da exposición oral será o Proxecto interdisciplinar.
Instrumento de avaliación: rúbrica elaborada pola docente de ambas materias: Organización e Xestión da Aula (G3131203) e Proxectos e Innovación na Aula (G3131202). Avaliarase tanto o contido e a súa presentación como a calidade da exposición oral.
Criterios de avaliación:
• Expresión oral fluída
• Adecuado manexo de contidos da materia que demostre unha clara comprensión dos mesmos.
• Explicación clara e comprensible dos contidos
• Orixinalidade e creatividade na presentación
• Uso correcto da linguaxe empregada
• Uso axeitado e calidade dos recursos empregados na exposición (gráficos, táboas, imaxes, mapas visuais ou mapas conceptuais, etc.)
• Citación adecuada das fontes empregadas
• Calidade, relevancia e coherencia do contido
2. NORMATIVA E CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN
Con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
2.1. Cualificación mínima: establécese unha puntuación mínima de 5 puntos para obter a cualificación de aprobado na materia. No caso do alumnado que segue a avaliación continua, esta puntuación debe obterse a partir da puntuación mínima concretada nas epígrafes B (Informes escritos e outras producións), C (Exame final) e D (Presentacións orais). Sumarase a maiores a puntuación obtida no apartado A (Participación na aula); No caso do alumnado que NON segue a avaliación continua, esta puntuación debe obterse a partir da puntuación concretada na epígrafe C (Exame final). Como o exame final pondera un 40% sobre a nota final da mat eria, a puntuación máxima que podería obter este alumnado é de 4 puntos. Ao ser 5 puntos a puntuación mínima esixible para aprobar a materia, o alumnado que non segue a avaliación continua, non poderá superar esta materia.
2.2. Para superar e acadar unha valoración positiva na materia, será preciso realizar e entregar no prazo que se determine todos as prácticas, traballos e actividades de avaliación requiridas e superar cada unha delas. Se non se entregan todas as actividades e traballos obrigatorios solicitados, restarase no apartado B (Informes escritos e outras producións) a cualificación que corresponda á práctica ou prácticas non entregadas.
2.3. Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Non se admitirá ningún tipo de plaxio ou autoplaxio, independentemente da extensión que este acade no conxunto do traballo. O traballo debe estar elaborado en todos os apartados cunha redacción persoal e as referencias empregadas deben estar debidamente citadas. A entrega dun traballo copiado ou no que se detecte un uso deshonesto de ferramentas de IA suporá o suspenso automático na materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC. Cando o traballo se realice en grupo, a cualificación será extensible a todos os membros do grupo.
2.4. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada. Nesta materia unha parte das actividades do Cartafol serán avaliadas conxuntamente nas materias “Organización e Xestión da Aula (G3131203)” e “Proxectos e Innovación na Aula (G3131202)”.
2.5. Os traballos que se entreguen á docente para a súa valoración deben cumprir co rigor científico esixido para un traballo académico:
a) Estrutura: a non ser que se indique o contrario, todo traballo debe constar de portada, índice, introdución, corpo do traballo debidamente numerado e organizado, conclusións ou reflexións finais, referencias bibliográficas e, de ser o caso, anexos.
b) Calidade lingüística: ortografía e sintaxe. Os traballos que presenten faltas de ortografía serán penalizados con 1 punto.
c) Citación adecuada das fontes bibliográficas. Realización adecuada das citas bibliográficas directas e indirectas que se empreguen no corpo do texto. As citas mal recollidas serán penalizadas. Aqueles traballos que recollan frases textuais ou ideas orixinais sen citar a fonte bibliográfica serán descualificados, podendo ser causa de suspenso da materia.
d) Referencias bibliográficas segundo a normativa APA (7ª edición). As referencias bibliográficas mal citadas poderán ser penalizadas.
2.6. Asistencia: forma parte da avaliación continua do alumnado (artigo 1.2.a. do “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”, establecendo un control da mesma nas actividades formativas recollidas neste Programa, sobre todo, nas sesións interactivas dada a metodoloxía formulada nesta materia. Para poder realizar as probas de avaliación continua é preciso cumprir coas indicacións sobre asistencia establecidas. O alumando poderá xustificar a falta de asistencia por razóns de índole persoal ou familiar, pola realización de deberes inescusables de carácter social debidamente acreditados ou por causas de forza maior.
A acreditación da existencia de causa xustificada para a non asistencia a clase deberá realizarse ante a docente no prazo máximo de cinco días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia. As faltas de asistencia debidamente xustificadas non se terán en conta na avaliación pero no caso de que esta implique a non realización dunha actividade práctica, o alumno/a deberá recuperala realizando a actividade complementaria que determine a docente.
Soamente se xustificarán as faltas motivadas por alguna das razóns establecidas no artigo 3.2. do “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da universidade de Santiago de Compostela” Por tanto, tendo en conta que a asistencia á clase posúe unha incidencia directa na avaliación continua do alumnado, debemos ter en conta as diferentes situacións:
a) Asistencia a un 90% ou máis das actividades formativas da materia:
Para obter unha valoración positiva pola asistencia á clase é preciso asistir como mínimo ao 90% das actividades formativas da materia, sobre todo aquelas que se establezan como relevantes e/ou obrigatorias por parte do profesorado, ademais de implicarse activamente nas actividades que se soliciten. Cando un/unha alumno/a falte a unha sesión interactiva na que se presente unha práctica ou actividade e non sexa por unha causa xustificada seralle descontada a parte proporcional de dita práctica na avaliación do caderno de prácticas. Se a ausencia se debe a unha causa xustificada e o alumnado ou alumnado o considera, pode falar coa persoa coordinadora da materia para establecer a tarefa ou actividade complementaria a realizar para compensar esta falta.
b) Alumnado que asiste a menos do 90% das actividades formativas da materia:
O alumnado que teña un 10% ou máis de faltas de asistencia sen xustificar axeitadamente, perderá o dereito á avaliación continua, polo que soamente poderá presentarse ao exame final. Como o exame final pondera un 40% sobre a nota final da materia, a puntuación máxima que podería obter este alumnado é de 4 puntos. Ao ser 5 puntos a puntuación mínima esixible para aprobar a materia, o alumnado que non segue a avaliación continua, non poderá superar esta materia.
O alumnado cun 10% ou máis de faltas de asistencia xustificadas, deberá poñerse en contacto coa docente encargada do grupo interactivo ao que pertence para estudar as posibles opcións de recuperación das sesións ás que faltou por unha causa xustificada.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Aqueles alumnos e/ou alumnas que soliciten a dispensa e esta lle sexa concedida (atendendo ás causas de concesión indicadas na Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), deberán informar á docente desta situación no prazo máximo dunha semana dende a concesión. Deberá solicitar tamén unha titoría individualizada cas docentes encargadas da materia para deseñar e establecer un plan de traballo individualizado dada a súa situación de dispensa. Este plan de traballo individualizado establecerase atendendo a cada caso particular e tratando de chegar a un consenso ou acordo co o alumno/a con dispensa.
ALUMNADO DO CURSO PONTE E ALUMNOS/AS QUE SÓ CURSEN ESTA MATERIA (e non cursen a materia de “Proxectos e Innovación na Aula (G3131202)”).
Este alumnado deberá poñerse en contacto coa docente nos primeiros 15 días do curso para deseñar o seu plan de traballo. Neste caso a avaliación tamén será continua e aplicaranse os mesmos criterios que para o resto do alumnado, pero realizarase unha adaptación dos contidos dos traballos de xeito que se recollan só os contidos referidos á materia que cursan.
RECUPERACIÓN DA MATERIA
a) O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade (período ordinario) terá unha segunda oportunidade de avaliación. Os alumnos e as alumnas que se atopen nesta situación poderán acudir á titoría unha vez feitas públicas as cualificacións para concretar o plan de traballo a realizar para a recuperación da materia na segunda oportunidade. Neste senso, hai que sinalar que a modalidade de avaliación na segunda oportunidade será a mesma: avaliación continua. Así mesmo, o sistema e os criterios de avaliación tamén serán os mesmos na segunda oportunidade. Polo tanto, o alumnado terá nesta segunda oportunidade a posibilidad e de realizar, modificar, reelaborar, etc. as actividades e traballos previos cos que non acadaron a cualificación mínima de 5 puntos na primeira oportunidade de avaliación.
b) Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores (alumnado repetidor). O estudantado que se atope nesta situación deberá solicitar unha titoría dentro das dúas primeiras semanas de clase a fin de concretar coa docente o plan de traballo específico que se realizará. A estes efectos, e debido ao cambio de docentes nesta materia, nesta adaptación non poderán gardarse elementos que formen parte da avaliación continua do curso anterior. A partir do curso académico 2025-2026, se un alumno ou alumna que segue a avaliación continua, suspende algún dos elementos que configuran esta avaliación, gardaráselle a cualificación da parte supera durante un curso académico máis.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 horas de traballo do alumno ou alumna. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
- Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
- Actividades interactivas: 24 h
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
- Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas
Total de horas de traballo estimadas para superar a asignatura: 150 horas
1. Ter cursado previamente as seguintes materias de 1º curso: Didáctica e Profesión docente, Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil e Observación e análise: suxeitos e procesos educativos.
2. Asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
3. É necesario posuír ordenador e conexión a Internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
4. Desenvolver un estudo comprensivo (non memorístico) da materia.
5. Realización dun traballo continuado todas as semanas: é difícil poñerse ao día se non se van realizando as actividades de xeito continuado. Ademais, a materia está formulada de forma que a realización dunhas actividades precisa ter realizadas as anteriores.
6. Preparación das practicas de laboratorio (FUNDAMENTAL!!): a través da lectura da documentación que se entrega para cada práctica e a realización das actividades previas de carácter autónomo que se establezan.
7. Amosar, tanto nas intervencións en clase coma nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia. Vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
8. Uso das titorías presenciais sempre e cando exista algunha dúbida ou cuestión pertinente. As titorías levaranse a cabo principalmente de forma presencial aínda que se poderán programar titorías por vía telemática nos horarios establecidos mediante o correo institucional (@rai.usc.es). As titorias programadas implican a asistencia obrigatoria, ben sexa presencial ou telemática.
1. OBSERVACIÓNS DE CARÁCTER XERAL
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 90% das sesións de clase establecidas.
O estudantado que non poida asistir á clase de forma continuada deberá contar cunha dispensa de asistencia, nos termos que establece o “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”. Quen se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen no apartado relativo ao sistema de avaliación da materia.
2. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento normalizado da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC (http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/), e informar do seu caso á docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de poder acordar o plan de traballo e as adaptacións e apoios oportunos para un adecuado seguimento da materia.
3. RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
Os traballos que se realicen para a materia terán en conta as seguintes indicacións:
- Sempre que sexa posible, os traballos entregaranse na plataforma do campus virtual.
- No suposto caso de ter que imprimir algún traballo:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
4. PERSPECTIVA DE XÉNERO
Atendendo ás recomendacións normativas e criterios institucionais sobre igualdade de xénero, é preciso facer uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Para máis información ao respecto, pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar…
5. UTILIZACIÓN DO SMARTPHONE NA AULA
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo profesorado da materia. O alumnado será o responsable das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado deste dispositivo.
De maneira xeral, durante as clases expositivas está prohibido o seu uso, debendo estar gardado ao longo da sesión de clase.
Eva María Barreira Cerqueiras
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821017
- Correo electrónico
- evamaria.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Monica Arto Blanco
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821001
- Correo electrónico
- monica.arto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Olaya Santamaria Queiruga
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821020
- Correo electrónico
- olaya.queiruga.santamaria [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 30 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Laboratorio de Educación Infantil |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 30 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Laboratorio de Educación Infantil |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 30 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Laboratorio de Educación Infantil |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
18.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |