Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender os procesos educativos da infancia, tanto dentro da familia como nas institucións escolares.
- Coñecer conceptos teóricos e históricos relevantes na práctica profesional da educación infantil.
- Diferenciar entre distintos modos, modelos e sistemas de educación referidos ás escolas infantís dende perspectivas históricas e comparadas.
- Percibir as diferenzas, semellanzas e cambios nas reformas da educación infantil, establecendo comparacións entre as distintas solucións establecidas.
- Desenvolver a capacidade de análise e síntese no coñecemento da educación infantil.
- Adquirir a capacidade de desenvolver o pensamento crítico.
- Amosar perspicacia para a comprensión e comentario de textos pedagóxicos, imaxes e material de ensino e xogo.
- Desenvolver habilidades de elaboración de traballos escritos conforme a criterios académicos.
- Posuír apertura cara ao coñecemento e espírito de tolerancia.
- Desenvolver as disposicións que habilitan para ser un/unha bo/a profesional da educación, especialmente a capacidade de comunicación e relación coas persoas, sentido da responsabilidade e optimismo.
- Amosar espírito de iniciativa e pensamento autónomo que permita tomar decisións libres e sensatas como educadores/as.
1. A educación como fenómeno humano. Fundamentos, conceptos e procesos educativos. Teorías educativas e modos de educación.
2. Pensamento pedagóxico e educación de párvulos. De Comenio a Pestalozzi: sobre a necesidade dunha educación regulada dos/as nenos/as pequenos/as.
3. O nacemento das escolas de párvulos en Europa. A escola de New Lanark e o movemento lancasteriano. Os primeiros parvularios en España: Pablo Montesino e a escola de Virio.
4. O pensamento romántico e a educación da infancia. Análise do pensamento fröbeliano. Desenvolvemento do Kindergarten e difusión do fröbelianismo. Influxo de Fröbel en España. O desenvolvemento da educación infantil na segunda metade do século XIX.
5. O parvulario montessoriano: análise dos fundamentos básicos. O parvulario decrolyniano.
6. As contribucións da escola de Xenebra. Claparède e Piaget. O método Audemars e Lafendel. O influxo das ideas piagetianas.
7. Evolución da educación infantil en España durante o século XX. As leis educativas da democracia e a educación infantil.
8. A teoría construtivista na educación infantil. O coñecemento práctico no contexto dos parvularios. Análise do material escolar e do xogo infantil dende a perspectiva da aprendizaxe.
9. Análise comparativo dos sistemas de educación infantil na Unión Europea. Modelos escolares e non escolares. A educación infantil noutros continentes.
10. Tendencias actuais na educación de párvulos. O Instituto Pikler. As escolas infantís de Módena e Reggio Emilia. O modelo High/Scope. Preescolar na casa. A educación infantil no século XXI.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Del Pozo, M. (2004). Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación. Biblioteca Nueva.
Delgado, B. (1998). Historia de la infancia. Ariel.
González-Agàpito, J. (2003). La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa. Octaedro.
Sanchidrián, C., e Ruiz Berrio, J. (Coords.). (2010). Historia y perspectiva actual de la educación infantil. Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Abbagnano, N., e Visallberghi, A. (1992). Historia de la Pedagogía (9ª reimp.). Fondo de Cultura Económica.
Bowen, J. (1992). Historia de la educación occidental. El occidente moderno: Europa y el nuevo mundo. S. XVII-XX. (T.III). Herder.
Colmenar, C. (1991). Las escuelas de párvulos en España durante el siglo XIX: su desarrollo en la época de la Restauración. Historia de la Educación, 10, 89-105.
Colmenar, C. (1995). Génesis de la educación infantil en la sociedad occidental. Revista Complutense de Educación, 6, 15-29.
Gardner, H., Feldman, D. H., e Krechevsky, M. (2001). El Proyecto Spectrum (3 vols.). Morata.
Hoyuelos, A. (2006). Estética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi. Octaedro.
Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Losada.
San Román, S. (1998). Las primeras maestras. Ariel.
Taylor, A. (1986). Jardines de niños, jardines de Dios: kindergartens y guarderías en Alemania en el siglo XIX. Revista de Educación, 281, 125-154.
Zabalza, M. (1996). Calidad en la educación infantil. Narcea.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES:
https://intef.es/ (Páxina do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF). Unidade do Ministerio de Educación e Formación Profesional responsable da integración das TIC e a Formación do Profesorado nas etapas educativas non universitarias)
https://eacea.ec.europa.eu/national-policies/eurydice/national-descript… (Páxina de Eurydice -Rede Europea de Información sobre Educación-. Información sobre os sistemas educativos nacionais dos 37 países que participan no Programa Erasmus+)
http://www.ibe.unesco.org/es (Páxina da Oficina Internacional de Educación da UNESCO)
http://www.waece.org (Páxina da Asociación Mundial de Educadores Infantís. Especialmente recomendable pola gran información que proporciona, ademais de contar cunha bolsa de emprego)
http://www.montessori-ami.org/ (Páxina da Association Montessori Internacionale)
http://www.piaget.org/ (Páxina da Jean Piaget Society)
http://www.unige.ch/piaget/ (Arquivos de Jean Piaget na Universidade de Xenebra)
http://www.highscope.org/ (Páxina da High/Scope Educational Research Foundation)
http://www.robert-owen.com/ (Páxina con información sobre Robert Owen e New Lanark)
https://www.newlanark.org/ (Páxina oficial de New Lanark)
http://www.aulainfantil.com/ (Páxina especialmente pensada para pais/nais e educadores/as)
http://www.nova-escola-galega.org/ (Páxina da Asociación Nova Escola Galega, referente na renovación pedagóxica e galeguización lingüística e curricular do sistema educativo en Galicia)
http://antoniogandoyeducacion.blogspot.com/ (Páxina con información sobre Preescolar na Casa)
Inclúense aquí competencias oficialmente establecidas no plano de estudo asignadas a esta materia.
COMPETENCIAS XERAIS
G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos/as estudantes, á igualdade de xénero, á equidade, e ao respecto aos dereitos humanos.
G9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
COMPETENCIAS BÁSICAS MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior)
B2. Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E27. Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
E28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
E30. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros/as profesionais e axentes sociais.
E31. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
E32. Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
Por parte do profesorado (actividades presenciais):
- En gran grupo: expositivas, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material e debates.
- En grupo de traballo: actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas.
Por parte do alumnado:
- Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas.
- Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar.
Competencias relacionadas entre as actividades do profesorado e alumnado:
- En gran grupo: G3, G9. B2, B3, E27, E28, E30, E31, E32, T3, T4.
- En grupo de traballo: G3, B2, B3, E27, E28, E29, E30, T3, T4.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: B2, B3, E.29, E30, E32, T2, T3, T4.
Nas clases teóricas a profesora presentará os contidos de cada tema que estarán apoiados polo material que ela lles facilitará, que é de lectura obrigatoria. O uso da bibliografía deberá adecuarse a cada tema específico e os aspectos máis relevantes que proporcionan serán indicados pola docente.
O traballo das sesións prácticas céntrase no desenvolvemento da capacidade de comentar imaxes, textos pedagóxicos, saber buscar e organizar fontes de información, analizar e avaliar material escolar, xoguetes e calquera outra actividade que se especifique puntualmente. Nos comentarios de texto trabállanse máis especificamente as capacidades de análise, síntese e desenvolvemento do pensamento crítico.
Con carácter obrigatorio, os alumnos e alumnas deberán presentar un informe grupal que incida nun/nunha autor/a ou movemento pedagóxico que se desenvolven no programa conforme ás indicacións que dea o profesorado. A elaboración do informe e a metodoloxía que debe ser empregada serán explicados nas clases. Teranse en conta neste proceso metodolóxico os principios de actividade, socialización e participación para que o alumnado acade as competencias.
Estes estudos teñen carácter presencial. A asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e a participación activa do alumnado nas mesmas é un elemento valioso para a cualificación. En todo caso é de aplicación a normativa sobre a asistencia ás clases da USC do 25 de marzo de 2010 para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior que especifica que a asistencia a un mínimo do 80% das clases é obrigatoria. O alumnado que obteña a dispensa de asistencia ás clases teóricas ten a obriga de entregar todos os traballos no prazo establecido.
Para superar a materia, ademais da cualificación do traballo, será necesario amosar capacidade no comentario de texto pedagóxico, así como saber responder ás cuestións básicas traballadas nas clases na proba específica. A cualificación final estará composta polos seguintes factores:
- Informes ou recensións: 20%. As competencias que se avalían son: G3, E27, E31, E32, B2.
- Prácticas de seminario: 30%. As competencias que se avalían son: G3, E27, E28, E29, E30, B2, T3.
- Proba específica: 50%. As competencias que se avalían son: E27, E31, E32, B3.
Para obter unha cualificación positiva será necesario entregar os traballos no prazo establecido. Os traballos, informes e comentarios de texto deberán ser orixinais e realizados especificamente para esta materia, agás os traballos de carácter transversal ou interdisciplinario que se acorden entre as materias. A entrega dun traballo non orixinal suporá o suspenso automático. A nota dos traballos só será válida para o curso 2022-2023.
No caso do alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia, este deberá realizar unha titoría coa docente para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación persoal.
• En gran grupo: expositivas, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material e debates. 24 horas.
• En grupo de traballo: actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes. 24 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas. 3 horas.
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas. 35 horas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria. 45 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar. 19 horas.
No que respecta aos coñecementos previos, axuda a lectura de obras ou ensaios sobre a historia da infancia ou da familia, o coñecemento dos/as autores/as clásicos/as da educación infantil e a familiarización co material escolar das escolas infantís. Os alumnos e alumnas deben ter desenvolvida a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e saber buscar información por medios telemáticos.
É unha materia que debe estudarse a cotío, especialmente a través do comentario de texto dos autores/as de referencia e das relacións e diferenzas entre as distintas propostas e solucións das teorías e prácticas pedagóxicas na educación infantil. Os/As estudantes deben aproveitar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo desenvolvidas.
1. A data límite para a entrega dos informes ou recensións será o venres, 25 de novembro.
2. Responsabilidade medioambiental.
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3. Perspectiva de xénero.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
4. Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai. Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesorado (mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es (mariadocarmen[dot]cambeiro[at]usc[dot]es)) para a súa oportuna e adecuada consideración, mediante o correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
5. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6. Utilización do móbil na aula. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
8. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Maria Do Carmen Cambeiro Lourido
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Ferp - Pa) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (Pe - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
12.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19.06.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |