Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Reflexionar sobre a educación musical na aula de infantil.
2. Coñecer as principais propostas pedagóxicas de educación musical.
3. Deseñar e por en práctica propostas de intervención educativa que fomenten a percepción e a expresión na aula de infantil.
Os contidos que se traballan nesta materia son os seguintes:
Bloque I – A expresión e a percepción musical na idade infantil
•Principais propostas de educación musical.
•O canto e as cancións na educación infantil.
•Os recursos musicais para a etapa infantil.
Bloque II – Proxectos relacionados coa música para a aula de infantil
•Concepto, tipos e estrutura.
•Deseño, implementación e avaliación de proxectos.
Bloque III – Desenvolvemento das habilidades propias da práctica musical
• Educación da voz e do oído
• Educación rítmica-melódica-harmónica-estrutural
• Lecto-escritura musical
• Práctica musical
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arias, A., Arias, D., Nazava, A., & Rial, D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia. http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf
Díaz, M. y Giráldez, A. (coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical.Graó.
Majó, F. & Baqueró, M. (2014). 8 ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios. Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Akoschky, J. (1988). Cotidiáfonos. Instrumentos sonoros realizados con objetos cotidiános. Ricordi.
Botella Nicolás, A.M. & Ramos Ramos, P. (2020). El aprendizaje basado en proyectos en el aula de música: una revisión sistemática. Per musi, 40, 1-15.
Gillanders, C. & Candisano Mera, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y Educación, 8, 62-72.
Gillanders, C. & Casal de la Fuente, L. (2020). Enhancing mathematical thinking in early childhood through music. Pedagogies: An international Journal, 15(1), 60-79.
Gillanders, C., Tojeiro Pérez, L., y Candisano Mera, J.A. (2022). Música y desarrollo sostenible: tejiendo redes en el aula. Peter Lang.
Hemsy de Gainza, V. (1964). La iniciación musical del niño. Ricordi.
Pascual Mejía, P. (2006). Didáctica de la música para educación infantil. Editorial Pearson.
Patton, A. (2012). Work that matters. The teacher’s guide to project-based learning. Paul Hamlyn Foundation.
Rico Verea, M. (1996). Vente vindo, ven cantando. Cancioneiro Escolar Galego. Edicións Fontel.
San Andrés, C. (2002). Jugar, cantar y contar. Teleno Ediciones.
Schafer, M.R. (1994). Hacia una educación sonora. Pedagogías Musicales Abiertas.
XERAIS
CX2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
CX5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
CX11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
BASICAS
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE54 - Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
CE55 - Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
CE56 - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade
TRANSVERSAIS
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
As clases expositivas consistirán na presentación do marco teórico da materia. Nestas sesións os estudantes presentarán os seus traballos sobre as lecturas do curso que estarán a súa disposición na aula virtual.
Durante o cuadrimestre levarase a cabo, polo menos, 1 proxecto. A participación nos proxectos é obrigatoria e pode implicar a súa realización fora do horario lectivo.
Cando os presupostos do centro así o permitan, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS.
Utilizarase a aula virtual da USC como canle de traballo obrigatorio e complementario á docencia.
A) PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
- Participación na aula: 10% da nota final*
- Proba específica: 50% da nota final. Esta proba teórico-práctica permitirá demostrar o dominio dos contidos teóricos traballados.
- Informe escrito e outras producións: 40% da nota final
Para superar a materia é necesaria a participación nos proxectos propostos durante o curso.
B) SEGUNDA OPORTUNIDADE ORDINARIA (MESMO CURSO ACADÉMICO)
O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria ordinaria, terá que realizar novamente a proba específica e presentar tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou adaptación.
C) ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA E DISPENSA
A normativa da USC non contempla a opción de dispensa de asistencia nesta asignatura por tratarse dunha materia con grupos interactivos de laboratorio (CLIL). Con respecto á exención de docencia, esta concederase só para as sesión expositivas (CLE), tendo que realizar os mesmos traballos e/ou probas que o alumnado que asiste a clase coas adaptacións pertinentes.
ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado que asiste regularmente, non conservando ningunha cualificación obtida de convocatorias anteriores e tendo as mesmas obrigas no referente á asistencia.
*Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno
con data do 25 de novembro de 2024. Esta materia segue o sistema de avaliación B), o que significa que a asistencia "se ponderará na cualificación final ou parcial, nunha porcentaxe previamente establecida".
Total horas traballo presencial na aula: 38,5 h
Total horas traballo persoal do alumno/a : 74 h
Total: 112,5h
- Asistencia ás sesións de clase.
- Compromiso e responsabilidade no traballo.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas titorías.
- Ser responsable e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado e grupos de traballo.
- Utilizar os recursos da propia Facultade (biblioteca, aulas) para o estudo e para a ampliación dos propios coñecementos.
- Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1e… aphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Remigio Moreira Arincon
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- remigio.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carme Lopez Fernandez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- carmelopez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 5º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 + Dobre Grao 5º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
21.01.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
17.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |