Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo das rutinas de traballo necesarias para o desenvolvemento, a produción, a postproducción e a distribución na realización de obras, programas ou pezas audiovisuais, destinadas á exhibición a través de calquera canle de difusión.
2. Análise da produción executiva e posta en valor dos axentes involucrados no proceso de produción audiovisual.
3. Aplicación e manexo de recursos específicos: operativos, gráficos e informáticos, destinados ao control e a xestión da produción.
4. Manexo de técnicas e estratexias para a explotación de produtos audiovisuais desde a óptica da produción.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución á producción audiovisual
1.1 Que é produción audiovisual?
1.2 Estrutura económica do sector audiovisual
1.3 Fases da produción audiovisual
1.5 Modelos de produción
1.6 Equipos humanos e material técnico nunha produción audiovisual
TEMA 2. Desenvolvemento
2.1 Da idea á realidade
2.2 O guión e a súa relación coa produción
2.3 O desglose
2.4 A presentación de proxectos (venda, subvencións, procura de financiación bancaria e coprodución)
TEMA 3. Preprodución
3.1 Elaboración do plan de traballo: calendario
3.2 O orzamento e a financiación
3.3 A preparación do rodaxe/gravación: decorados, localizacións, permisos, cásting
3.4 Contratación: equipos humanos (técnicos e artísticos), dereitos, servizos, seguros...
3.5 Necesidades técnicas (cámara/as, son...)
TEMA 4. Produción / Rodaxe-gravación
4.1 Os roles no equipo de produción na rodaxe-gravación
4.2 Estudo ou exteriores; directo ou diferido
4.3 Xestión do persoal técnico e humano durante o rodaxe: citacións, permisos...
4.4 Supervisión do plan de rodaxe e control do orzamento
TEMA 5. Posprodución e distribución
5.1 O traballo da produción durante a etapa de edición e posprodución de audio e vídeo (edición, posprodución, grafismos, subtitulado, masters, promos...)
5.2 O peche da produción
5.3 Os medios e canais de distribución: televisións, festivais, mercados, novos medios e soportes
5.4 Márketing e promoción
CONTIDOS PRÁCTICOS
Produción de pezas audiovisuais
1. Idea, decisións dramáticas previas e documentación (guión, dossier...)
2. Análise da viabilidade do proxecto
3. Preprodución (orzamento, financiación, desgloses, etc)
4. Produción (realización)
5. Posprodución (edición)
Esta materia prevé a realización de prácticas de campo en caso de que se obteña o financiamento necesario.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cancho, N. & García, M. A. (2022). Planificación de proyectos audiovisuales (2ª ed.). Altaria
Pardo, A. (2016). Producción ejecutiva de proyectos cinematográficos (3ª ed.). Eunsa
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Basin, K. (2024). The Business of Television. Routledge.
Blumenthal, H. J. (2006). This business of television. The standard guide to the television industry. Billboard Books
Fernández, F. & Barco, C. (2009). Producción cinematográfica. Del proyecto al producto. Editorial Díaz de Santos
Kellison, C., Morrow, D. & Morrow, K. (2020). Producing for TV and Emerging Media: A Real-World Approach for Producers (4ª ed.). Routledge.
Linares Palomar, R. (2021). Principios básicos de la producción audiovisual cinematográfica (5ª ed.). Ommpress Bookcrafts.
Marzal, J. & López, F. (coord) (2008). Teoría y técnica de la producción audiovisual. Tirant lo Blanch
Zettl, H. (2023). Manual de producción de televisión (10ª ed.). Cengage Learning.
CON.6 - Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.3 - Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e produción audiovisuais.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e pos-produción audiovisuais.
COM.6 - Exercitar a coordinación e xestión de equipos profesionais na co-creación de produtos audiovisuais.
- Clases maxistrais: sesións expositivas impartidas polo/a docente.
- Estudos de casos: análises e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos
de referencia no contexto da materia.
- Prácticas Laboratorio: sesións interactivas e grupais nunha contorna equipada con material técnico específico (estudo de radio, de televisión, de fotografía, salas de edición, estudio virtual, etc.).
- Prácticas de campo: actividades académicas realizadas fóra da Facultade e guiadas polo/a docente, como as visitas a empresas e institucións no contexto da materia.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
- Aprendizaxe-Servizo: aplicación dos contidos da materia na mellora ou resolución
de retos sociais.
- Asistencia a conferencias ou outros eventos: presenza en actos de carácter divulgativo nos que interveñen persoas expertas ou asistencia a espazos de divulgación especializada como exposicións.
Probas de coñecementos: 50%
Prácticas experimentais: 50%
• O sistema de avaliación establece que é imprescindible aprobar tanto o apartado teórico como o práctico para aprobar a materia.
• A asistencia ás prácticas experimentais é obrigatoria para aprobar a materia. A porcentaxe de asistencia presencial obrigatoria é do 90 %. Levarase un rexistro de asistencia. A xustificación da ausencia á clase rexeráse polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster de la USC.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia: Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas teóricas nin interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva laboratorio: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase que o alumno realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atopa en cada tema.
Os textos proporcionados na aula serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables. Tódolos procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que tamén poderán seren avaliados.
Usarase a Aula Virtual da materia como ferramenta habitual de traballo, acceso ao temario, estudo e avaliación, foros, etc.
Jose Soengas Perez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Raul Garcia Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- raul.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
03.07.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |