Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é proporcionar ao alumno os coñecementos relativos ás modernas técnicas de dirección e xestión financeira, baixo unha perspectiva empresarial e dun modo integrador, situando a área financeira no contexto global da xestión empresarial, e tratando ao mesmo tempo de contrastar a investigación científica coa realidade da práctica empresarial. Dentro do ámbito das decisións financeiras esta materia céntrase basicamente nas decisións de investimento. Ao concluír con aproveitamento a materia os alumnos saberán:
• Coñecer os distintos tipos de decisións que conforman a actividade financeira da empresa, así como as súas interrelacións.
• Interpretar a empresa como un conxunto de relacións contractuais e entender como estas afecta as decisións financeiras.
• Estimar correctamente os fluxos de caixa dun proxecto de investimento e aplicar correctamente os métodos de avaliación e selección de proxectos de investimento e as súas interaccións.
• Identificar as variables estratéxicas das decisións de investimento e realizar unha análise do risco asumido.
• Estimar a rendibilidade e o resigo dos investimentos financeiros.
• Analizar as particularidades das finanzas operativas referidas á xestión do circulante da empresa.
• Utilizar programas de folla de cálculo para resolver problemas financeiros.
O obxectivo financeiro da empresa. As decisións financeiras e o valor da empresa. Evolución histórica das finanzas. Principios básicos da xestión financeira. Valoración de activos financeiros. O concepto de investimento: tipoloxía. O proceso de análise de viabilidade dun proxecto de investimento. A dimensión financeira do investimento. Estimación dos fluxos de caixa: fluxo de caixa do proxecto, do accionista e incremental. Modelos clásicos de avaliación e selección de investimentos. Investimentos en bens de equipo. Restricións de capital. Incerteza e flexibilidade na análise de proxectos. Risco e rendibilidade dos investimentos financeiros. Administración de efectivo e valores negociables. Administración do crédito.
Tema 1. Introdución ás finanzas
Tema 2. Valoración de activos financeiros
Tema 3. O Valor Actual Neto e outros criterios de investimento
Tema 4. A determinación dos fluxos de caixa dun investimento
Tema 5. Aplicacións prácticas do VAN
Tema 6. A análise do risco na avaliación de proxectos
Tema 7. Introdución á relación entre rendibilidade e risco
Tema 8. Finanzas operativas: xestión do activo e pasivo circulante
BÁSICA:
BREALEY, MYERS y MARCUS (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas, 5ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España. Libro básico para los contenidos teóricos de la materia.
BREALEY, MYERS y ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
PINDADO, J. (Coord.) (2011): Dirección Financiera, Paraninfo, Madrid
ROSS, WESTERFIELD, JAFFE, JORDAN (2018): Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
SESIÓNS INTERACTIVAS:
RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2018): Dirección Financiera Aplicada: Inversiones, 4ª ed. Editorial Andavira.
Nota: Edicións máis recentes, en inglés, dos seguintes textos:
BREALEY, MYERS y MARCUS (2017): Fundamentals of Corporate Finance, 9ª edición, Mc-Graw Hill.
BREALEY, MYERS y ALLEN (2020): Principles of Corporate Finance, 13ª edición, Mc-Graw Hill.
ROSS, WESTERFIELD, JAFFE, JORDAN (2018): Corporate Finance, 12ª edición, Mc-Graw Hill.
COMPLEMENTARIA:
EMERY, D.R. y FINNERTY, J.D. (2001): Administración Financiera Corporativa, Pearson Educación.
KEOWN, A.J. y otros (1999): Introducción a las finanzas, Prentice Hall.
RODRÍGUEZ, A. (2013): Modelos de Análisis y Valoración de Proyectos, Ed. Andavira
Nota: Edicións máis recentes, en inglés, dos seguintes textos:
BREALEY, MYERS y MARCUS (2017): Fundamentals of Corporate Finance, 9ª edición, Mc-Graw Hill.
ROSS, WESTERFIELD, JAFFE, JORDAN (2018): Corporate Finance, 12ª edición, Mc-Graw Hill.
Básicas e Xenerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo
CG6 - Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
Transversais
CT1 - -Análise e síntese
CT2 - -Organización e planificación
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisións.
CT8 - -Razoamento crítico
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
CT13 - -Sentido ético
CT21 - -Xestión de proxectos
Específicas
B4 - Selección de proxectos de investimento, modelos de carteira, estrutura de financiamento en canto a medios e políticas, custo do capital e combinación risco-rendibilidade
D2 - Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización e desempeñar con soltura calquera labor de xestión nela encomendada
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo
Sesións expositivas
As sesións dedicadas a clases expositivas (24 horas) teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe. Nas mesmas explicaranse os conceptos básicos de cada tema así como as implicacións para a toma de decisións financeiras.
Para facilitar o seguimento das sesións úsanse proxeccións de diapositivas cos contidos fundamentais desenvolvidos en cada clase.
As clases expositivas levan a cabo con sesións de 1 hora e 45 minutos.
Sesións interactivas
As sesións interactivas (24 horas) están encamiñadas a resolver casos nos que o alumno se ten que enfrontar á toma de decisións financeiras. Trátase de poñer en práctica e en valor os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas tratando de mostrar as diferentes alternativas ás que habitualmente ha de enfrontarse un decisor ante calquera problema financeiro, e mostrando como abordar a súa resolución da forma máis adecuada. Nas clases, e seguindo as instrucións e explicacións do profesor, os alumnos construirán os modelos financeiros en folla de cálculo necesarios para cada caso a partir de diferentes plantillas postas á súa disposición. Tamén se pon a disposición dos alumnos os diferentes casos adecuadamente resoltos. Este sistema de traballo permite reforzar as cuestións teóricas dos diferentes temas, previamente abordados nas sesións expositivas, necesarias para levar a cabo a resolución de cada caso, así como incidir na aplicabilidade dos devanditos coñecementos teóricos e a destreza do alumno na súa resolución.
As clases interactivas levan a cabo en sesións de 1 hora e 45 minutos semanais. Ademais impártese unha hora adicional ao comezo do cuadrimestre na cal se explica aos alumnos o propósito das sesións interactivas, como abordalas e mellorar o seu aproveitamento.
Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso na que se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondiente, tanto para as sesións expositivas como interactivas. Cabe añadir, que dado o enfoque da materia e de aplicación a expresión de que “aprendese facendo”.
O sistema de avaliación consta de dous elementos.
a) Duas probas teórico-prácticas (TP), que suporán o 70% da nota final (TP1: 20%, TP2: 50%), para un total de 7 puntos. Requerirase neste apartado un mínimo de 3,5 puntos (50% sobre 7) para poder superar a materia.
b) Duas probas a resolver en folla de cálculo (HC) que suporán o 30% da nota final (HC1: 10%, HC2: 20%), para un total de 3 puntos.
Coas seguintes características e condicións xerais:
TP1 (20%): proba teórico práctica a realizar ao longo do curso (evaluación continua) ou ben a data oficial de exame da materia, tanto en primeira como segunda oportunidade.
TP2 (50%): proba teórico práctica a realizar a data oficial de exame da materia, tanto en primeira como segunda oportunidade.
HC1 (10%): proba en folla de cálculo a realizar ao longo do curso (evaluación continua) ou ben na data de final de curso na que se realice a HC2. O resultado de dita proba terase en conta tanto na primeira como na segunda oportunidade.
HC2 (20%): proba en folla de cálculo a realizar ao final de curso. O resultado de dita proba terase en conta tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Avaliación continua: as probas TP1 e HC1 configuran a avaliación continua da materia. O alumnado cunha asistencia regular a clase (mais do 80% das sesións de clase) terán unha opción adicional para realizar ditas probas (ao longo do curso e na data oficial de examen, no caso da TP1, e ao longo do curso e xunto coa HC2 no caso da HC1). Esta porcentaxe deberá cumplirse no momento de realizar as probas e manterse o rematar o periodo lectivo para ter dereito a esta opción adicional.
O sistema de avaliación será o mesmo para todos o alumnado que curse a materia, sexan de primeira ou ulterior matrícula (incluido o alumnado con dispensa de asistencia a clase, que realizarán as probas TP na data oficial de exame e as probas HC o día fixado para a realización de HC2).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
En canto a avaliación de competencias:
a) nas probas teórico prácticas poderán avaliarse:
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG6, CT1, CT2, CT6, CT7, CT8, CT13, B4, D2, D11
b) nas probas con folla de cálculo poderán avaliarse:
CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CG6, CT2, CT5, CT6, CT7, CT9, CT21, B4, D2
Horas de docencia presencial (48)
Como xa foi indicado as horas presenciais en clase son 48 (24 expositivas e 24 interactivas)
Traballo individualizado do alumno (102)
O alumno debería dedicar de forma individual o seguinte número de horas para un adecuado aproveitamento da materia:
Lectura da bibliografía básica recomendada: 35 horas
Resolución autónoma dos casos prácticos desenvolvidos nas sesións interactivas: 25 horas
Titorías individuais: 2 horas
Preparación de probas: 37
Realización de probas (fora de horario de clase): 3
Total: 150 horas, 6 créditos ECTS
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases presenciais e utilización das titorías. Resulta importante ir fixando os coñecementos a medida que se vaian impartindo debido ao carácter continuo da materia e á estreita relación entre os distintos temas. Desta forma obterase un maior rendemento e proveito dos contidos teóricos e prácticos.
Para un mellor aproveitamento da materia é oportuno ter coñecementos de análises e cálculo financeiro e de contabilidade financeira, que se imparten en materias de primeiro e segundo curso no grao de ADE. Ademais, tamén é necesario ter un coñecemento suficiente do uso de programas de folla de cálculo en tanto que todas as sesións interactivas da materia desenvólvense a través da realización de modelos financeiros en folla de cálculo. Dada a importancia que o uso da folla de cálculo ten no desenvolvemento da materia elaborouse unha monografía, Fundamentos de Excel para Finanzas, que se pon a disposición dos alumnos a través do campus virtual.
Jacobo Feas Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824466
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
25.05.2023 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
25.05.2023 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
03.07.2023 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
03.07.2023 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |