Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. OBXECTIVOS PROPIOS DA MATERIA
Este curso proporciona ao estudante os instrumentos de análises e a metodoloxía básica para o razoamento económico. A materia está dividida en 4 seccións, utilizaremos esta clasificación para especificar os diferentes obxectivos:
1. INCERTEZA E INFORMACIÓN ASIMÉTRICA
A introdución do risco permítenos explicar a existencia de seguros, a clasificación de individuos segundo a súa actitude fronte ao risco será útil para explicar distintos modos de actuar nun mesmo contexto. O problema de elección óptima de carteira pode exporse como unha elección óptima entre risco e rendemento dun individuo con aversión ao risco que é consciente da relación que estas dúas variables teñen no mercado (restrición).
A existencia de asimetrías na información pode crear fallos de mercado, como a selección adversa e o risco moral. Debemos coñecer en que consisten estes problemas e por que xorden. É importante detectar os mercados susceptibles de verse afectados por estes fallos de mercado e as medidas que se poden tomar para tentar eliminalos ou diminuílos. Inclúese neste apartado unha breve introdución á economía do comportamento na que se contempla a posibilidade de que as persoas actúen de forma non sempre racional, afectadas por diferentes prexuízos cognitivos.
2. ESTRUTURAS DE MERCADO
Nesta parte o obxectivo é comprender os distintos contextos nos que o empresario toma decisións: competencia perfecta, monopolio, competencia monopolística e oligopolio.
Estudarase o proceso de toma das decisións dunha empresa en diversos ámbitos económicos. A interdependencia na toma de decisións e a incerteza sobre o valor dalgunhas variables caracterizan frecuentemente a toma de decisións empresariais. A Teoría de Xogos e a modelización da incerteza estudada incorpóranse aos modelos explicativos do comportamento das empresas en diferentes estruturas de mercado.
Cando a resposta óptima dun axente económico depende de, e inflúe en, as accións e reaccións dos seus rivais ou competidores, a Teoría de Xogos permite analizar con maior facilidade a idoneidade das decisións nese contexto complexo.
2. OBXECTIVOS XERAIS
O estudante, ao terminar este curso, debe dominar os temas que contén o mesmo a diferentes niveis:
- Debe comprender o obxectivo de cada tema, e as relacións fundamentais entre distintas variables económicas a nivel conceptual.
- Debe ser capaz de utilizar a expresión matemática deste razoamento económicoespecificando o modo en que se expresan as relacións entre as variables (o modelo), e a técnica utilizada para a resolución do problema (a maximización ou optimización).
- Debe ser capaz de utilizar a análise gráfica para complementar as visións anteriores.
Debe ser capaz de combinar as tres aproximacións mencionadas para explicar por escrito, de maneira coherente e ordenada, cada un dos temas que se estudaron.
Debe ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos ao estudo de diferentes casos prácticos.
3. OBXECTIVOS RELACIONADOS CON VALORES
A análise microeconómico efectuado nesta materia debe permitir ao alumno identificar que persegue cada axente económico individual (cal é a variable que tenta maximizar) e en que contexto tenta lograr o seu obxectivo (as restricións ás que se enfronta e as relacións cos outros axentes económicos).
Tras a comprensión do proceso que guía a toma de decisións individuais, o alumno debe poder analizar a posibilidade de compatibilizar os intereses individuais e o modo de resolver os conflitos entre eles. Debe poder discutir, con argumentos económicos na súa man, sobre temas como e a eficiencia, equidade e xuízos de valor. A posibilidade de discriminar entre distintas situacións a nivel global, en función de que estas sexan máis ou menos desexables socialmente, xeralmente implica a introdución dunha serie de valores que deben ser explicitamente recoñecidos; tras o estudo desta materia debe ser máis sinxelo sinalar que tipos de valores están detrás de cada elección.
COMPORTAMENTO EN CONDICIÓNS DE INCERTEZA.
MERCADOS CON INFORMACIÓN ASIMÉTRICA
MONOPOLIO
COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA E OLIGOPOLIO.
TEORÍA DE XOGOS.
Bibliografía básica:
Pindyck, R, y Rubinfeld, D. (2018), Microeconomía, 9ª edición, Editorial Pearson, Madrid
Bibliografía complementaria:
Perloff, J.M. (2018): 8ª edición, Microeconomía. Ed. Pearson.
Varian, H. R. (2015), Microeconomía Intermedia. Un Enfoque Actual, 9ª edición, Editorial Antoni Bosch, Barcelona.
Core Team (2020): La Economía, https://www.core-econ.org/the-economy/book/es/text/0-3-contents.html
Competencias básicas:
CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio.
CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio.
CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio)
para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 - Poseer y comprender los conocimientos que definen a la Administración y Dirección de Empresas como disciplina científica, incluyendo sus teorías, historia, métodos, técnicas y áreas de aplicación, a un nivel que se apoya en las publicaciones más avanzadas e incluye algunos de los aspectos más relevantes que están en la vanguardia del conocimiento en este campo.
CG2 - Saber elaborar y defender argumentos sobre cuestiones económicas a un nivel general, así como resolver problemas sobre estas cuestiones, haciendo uso de sus conocimientos sobre la realidad empresarial, las teorías, los modelos y los métodos científicos propios.
Competencias específicas de la materia:
A1 - La escasez y la asignación de recursos, el sistema de precios, teoría del consumo y de la producción, equilibrio competitivo, mercados no competitivos, eficiencia económica y teoría del bienestar.
D7 - Entender las instituciones económicas como resultado y aplicación de representaciones teóricas o formales acerca de cómo funciona la economía.
Competencias transversales:
CT1 - -Análisis y síntesis
CT4 - -Gestión de la información.
CT5 - -Conocimientos de tecnología de la información relativos al ámbito de estudio.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisiones.
CT8 - -Razonamiento crítico
Clases de pizarra en grupo grande: Actividades presenciais de tipo expositivo que non requiren unha participación activa dos e das estudiantes.
Clases en grupo reducido: Actividades presenciais que buscan o requiren unha participación activa dos e das estudiantes: seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador, exposición de traballos, etc.
Tutorías en grupo: Actividades presenciais de orientación, dinamización y tutoría do traballo dos e das estudiantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposiciones, búsqueda e selección de material bibliográfico e fontes estadísticas, revisión de prácticas ou problemas ...
O traballo na aula combina as exposiciones teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análisis de casos, xunto coa análisis e discusión de problemas.
A Aula Virtual ofrece material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
O traballo individual do alumno orientase cara a preparación do traballo na aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análisis e discusión de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análisis e expresión oral.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizarán durante o semestre considerando diversos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe.
Todas as competencias sinaladas, á marxe da CT5 avalíanse no exame final.
A avaliación continua avalía as competencias transversais CT5, CT6, CT7, CT8 e as específicas A1 e D7.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro.
b) A realización das actividades e exames propostos durante as sesións expositivas e interactivas da materia. 2/3 da nota deste apartado corresponderán a exames parciais e 1/3 á valoración doutras actividades, tales como asistencia, traballos e intervencións dos alumnos en clases interactivas
A cualificación final terá en conta os requisitos anteriores, coa seguinte valoración:
a) 70% da puntuación total.
b) 30% da puntuación total.
A relacioòn das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e cómo se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará; publicada na aula virtual ao comezo do curso.
A avaliación das actividades contidas no apartado b) terase en conta unicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de maio e a convocatoria de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cunha proba final específica para este caso que suporá o 100% da cualificación.
Seguindo a normativa oficial (DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012), a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas: 31 horas
Clases interactivas: 17 horas
Total 48 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo, individual ou en grupo 40 horas
Elaboración de exercicios 25 horas
Preparación de exames 25 horas
Total 90 Horas
A materia de Microeconomía caracterízase polo seu contido analítico e conceptual, polo que, para o seu dominio, é necesario o manexo de conceptos precisos dentro dun modelo matemático de interrelacións. Non é preciso o dominio de técnicas matemáticas avanzadas, pero si a súa plena comprensión. É frecuente que algúns alumnos atópense con dificultades na comprensión da materia polo grao de abstracción e razoamento lóxico que require. Para solucionar estas dificultades, recoméndase a asistencia ás sesións expositivas e interactivas e un estudo ordenado e sistemático, que leva unha absorción progresiva dos conceptos e técnicas. Deste xeito, é conveniente realizar os maiores esforzos de estudo ao comezo do curso, xa que, desta forma, os problemas poden ser resoltos polo alumno, coa axuda do profesor, nunha fase temperá, posibilitando o avance no coñecemento da microeconomía, que se facilita progresivamente unha vez entendidos os esquemas conceptuais básicos.
Os profesores teñen establecido un horario de titorías para atender calquera cuestión, relacionada coa materia, que se lles expoña aos estudantes.
As titorías poderán realizarse presencialmente ou por vía telemática.
Manuel Angel Vilas Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811539
- Correo electrónico
- manuel.vilas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Diana Fernandez Mendez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
12.01.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
13.06.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |