Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O curso ten como proposito introducir ós estudantes ós conceptos e ó método de análise da economía, e capacitalo para aplicar o razoamento económico no estudo de problemas de asignación de recursos ó nivel dos axentes económicos individuais, dos mercados e da economía no seu conxunto. En liña con este obxectivo xeral, o curso persegue os segunites obxectivos específicos:
1. Que o/a estudante adquira unha perspectiva ampla das cuestións que aborda a economía.
2. Que o/a estudante coñeza os conceptos, modelos e resultados básicos que se empregan en cada unha das diferentes áreas da economía.
3. Que, mediente o emprego de modelos sinxelos, o/a estudante se familiarice coas ferramentas e o método de análise da economía, así como coa súa aplicación á análise do comportamento do consumidor e da empresa, e ó estudo do funcionamento das economías de mercado.
Definición de Economía
Conceptos básicos: escaseza, coste de oportunidade, elección racional, equilibrio, eficiencia
Demanda e oferta
Mercados e intervención pública
Variables e conceptos macroeconómicos
Determinación da renda
Políticas macroeconómicas
Básica:
- Mankiw, N. G. (2021): Principios de Economía, 8ª edición. Cengage Learning.
- Mochón, F. (2009): Economía, Teoría y Política. 6ª edición, McGraw-Hill.
Complementaria:
- Blanco, J. M. e Aznar, J. (2004): Introducción a la Economía, Teoría y Práctica. 4ª edición, McGraw-Hill.
- CORE TEAM (2020): La Economía. Electric Book Works, dispoñible online en https://www.core-econ.org/the-economy/es/
- Krugman, P., Wells, R. e Olney, M. (2022): Fundamentos de Economía. 4ª edición. Reverté.
- Samuelson, P. e Nordhaus, W. (2019), Economía. 19a. edición, McGraw-Hill.
- Stiglitz, J. (2009): Microeconomía. Barcelona, 4ª edición. Ariel.
As competencias da titulación as que contribúe a materia son:
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina
científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT6 - Resolución de problemas.
CT23 – Estimulación intelectual.
As competencias ESPECÍFICAS establecidas para a materia son:
A1 - A escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da produción, equilibrio competitivo,
mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como
funciona a economía.
Esta materia non ten asignada docencia neste curso académico.
O estudantado deberá preparar a materia de xeito autónomo. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
As titorías levaranse a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) e asíncrona (a través do correo electrónico). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades, en xaneiro e xuño.
Ambas as dúas oportunidades serán avaliadas a través dun exame final de contidos que suporá o 100% da cualificación, isto é, unha proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, exercicios numéricos ou comentarios de textos ou novas de prensa. Nesta proba avaliaranse todas as competencias da materia. Esta proba será presencial nas datas oficiais programadas polo centro.
A materia ten asignados 6 créditos ECTS. Cada crédito equivale a 25 horas, co que ten unha carga de traballo autónomo para o alumnado de 150 horas, ao ser unha materia sen dereito a docencia.
Recomendacions previas: Alxebra e Cálculo a nivel de Bacharelato. Destreza no razonamento deductivo e inductivo.
Consultar a bibliografía recomendada e consultar co profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
Diana Fernandez Mendez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
12.01.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Magna |
10.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Magna |