Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia, o estudantado será capaz de:
- Comprender o concepto de organización e distinguir os principais tipos organizativos.
- Analizar de xeito crítico a evolución do pensamento directivo e as súas implicacións actuais.
- Interpretar a contorna organizativa e a súa influencia sobre as decisións estratéxicas e estruturais.
- Valorar o papel da cultura empresarial na configuración do comportamento organizativo.
- Recoñecer a importancia da ética e a responsabilidade social na xestión das organizacións.
- Coñecer as funcións crave do proceso directivo e a súa aplicación práctica.
- Relacionar a estratexia empresarial co deseño organizativo e os procesos internos.
- Desenvolver habilidades para a toma de decisións e o exercicio de responsabilidades directivas.
- Argumentar e comunicar de forma efectiva en contextos organizativos.
- Aplicar o pensamento crítico e a iniciativa persoal á resolución de problemas empresariais.
- Concepto e tipos de organización.
- Evolución do pensamento directivo.
- Contorna organizativa.
- Cultura empresarial.
- Ética e responsabilidade social.
- Proceso directivo.
Básica:
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2016). Introducción a la dirección de empresas. Pearson.
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2012). Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.
ROBBINS, S. P.; DECENZO, D. A. (2017). Fundamentos de Administración. Pearson.
Complementaria:
DÍEZ DE CASTRO, J; REDONDO LÓPEZ, C.; BARREIRO FERNÁNDEZ, B.; LÓPEZ CABARCOS, M. A. (2002). Administración de empresas. Dirigir en la sociedad del conocimiento. Pirámide.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2010). Administración de Empresas. Un enfoque interdisciplinar. Paraninfo.
GOMEZ-MEJIA, L.R.; BALKIN, D. B. (2003). Administración. McGraw-Hill.
ROBBINS, Stephen; COULTER, Mary. (2018). Administración (13º edición). Pearson
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
Coñecementos
C4. Comprender os elementos crave para a sustentabilidade social e ambiental da actividade empresarial.
C8. Identificar os procesos básicos do ámbito das operacións, da administración e/ou da dirección da empresa.
C11. Identificar os factores crave que afectan ao comportamento das persoas no traballo e describir as principais intervencións para dirixilas.
Habilidades/Destrezas
HD2. Comunicar oralmente e/ou por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD3. Traballar en equipo, colaborando de maneira sinérxica.
HD6. Organizar e planificar as tarefas considerando os obxectivos e recursos dispoñibles.
Competencias
CP4. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e/ou da súa contorna para tomar decisións no ámbito empresarial.
CP9. Actuar con responsabilidade ética e con respecto polos dereitos e deberes fundamentais, a igualdade de xénero, a diversidade e os valores democráticos.
As sesións dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.
As sesións interactivas basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á análise de casos, comentario de lecturas, debate de cuestións expostas polo profesorado e realización e exposición de traballos (de forma individual ou colaborativa).
Por tanto, as metodoloxías docentes que se empregarán na materia son as seguintes:
• Clases expositivas: clase maxistral.
• Sesións interactivas: estudos de caso, presentación oral na aula, traballo individual ou en grupo e aprendizaxe baseada no traballo por proxectos ou casos prácticos.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro. O profesorado de cada grupo fará un seguimento da participación do estudantado nas sesións.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal do estudantado que poderá incluír, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e elaboración e defensa de traballos individuais ou colaborativos. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o estudantado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
As titorías levaranse a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e sincrónica (a través da plataforma institucional MS Teams) e asincrónica (a través do campus virtual). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudantado: realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos e prácticos, etc.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación acadada fose superior. O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o estudantado de primeira matrícula como para o estudantado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
a) Avaliación continua: resolución e participación activa na análise de casos, debate de lecturas , realización e presentación de traballos individuais e/ou colectivos, cuestionarios e outras actividades vinculadas ás clases interactivas e expositivas. Peso na cualificación final: 30%. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C4, C8, C11, HD2, HD3, HD6, CP4, CP9.
b) Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o estudantado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Peso na cualificación final: 70%. Esta proba será presencial.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C4, C8, C11, HD2, CP4, CP9.
Para poder sumar B e A é necesario que o estudantado obteña como mínimo un 2.8 sobre 7 no exame de contidos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O estudantado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas só poderá obter un máximo de 7 puntos nesta convocatoria.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación. Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación acadada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudantado sexa distinta de NON PRESENTADO.
A dispensa de asistencia a clase está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster. O estudantado que obteña dispensa de asistencia será avaliado mediante un exame final específico que suporá o 100% da nota.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte xeito:
- Horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación na modalidade que se determine: 51 horas.
- Traballo persoal do/da estudante: 99 horas.
Non se requiren coñecementos previos para cursar esta materia.
Para maximizar a aprendizaxe é convinte que o estudantado realice todas as actividades expostas polo profesorado, asista regularmente ás clases teóricas e prácticas e faga uso das titorías.
Recoméndase o acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso.
Maria Bastida Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811676
- Correo electrónico
- maria.bastida [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Gomez Deus
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mariateresa.gomez.deus [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Victor Manuel Sixto Sanjose
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- victor.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Manuel Fernando Picon Garcia
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- fernando.picon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jesyca Maria Salgado Barandela
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- jesyca.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula B |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula B |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula A |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula B |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula A |
Xoves | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula A |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
16.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 09 |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
15.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |