Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O programa da materia pretende ofrecerlle ao estudante unha visión xeral do marketing de forma que adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que os estudantes que cursen esta materia cheguen a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do marketing
- Contido do plan de marketing
- Coñecemento do mercado e a competencia
- Identificación e avaliación dos segmentos e do comportamento de compra.
Tema 1. A función do marketing na empresa
Tema 2. A planificación estratéxica do marketing
Tema 3. Análise do mercado e a competencia
Tema 4. Comportamento do consumidor offline e en liña
Tema 5. Segmentación de mercados
Tema 6. Dirferenciación e posicionamento
Básica:
- Kotler, P.; Armstrong, G. Amador, M.L.; Pineda, L.E (2017). Fundamentos de marketing, 13e, Pearson (e-book)
- Santesmases Mestre, M; Merino M.J.; Sánchez, J.: Pintado T. (2018). Fundamentos de marketing, 2ª ed. Pirámide (e-book)
Complementaria:
- Armstrong, G.; Kotler, P. Merino, M.J.; Pintado, T.; Juan, J.M. (2011). Introducción al marketing, 3ª ed. Pearson.
- González, E. Alén, L. (Cood.) (2005). Casos de dirección de marketing (2005). Ed. Pearson
- Jobber, D.; Fahy, J. (2007). Fundamentos de marketing. Mc Graw Hill.
- Kerin R.A. (2018). Marketing. 13ª ed. Mc Graw Hill (e-book)
- Kotler, P.; Setiwan, I.; Kartajaya, H.; Palma, F. (2019). Marketing 4.0 Ed. LID
- Munuera, J.L.; Rodríguez A.I. (2012). Estrategias de marketing: un enfoque basado en el proceso de dirección". Ed. ESIC.
- Paz, I. (2022). Marketing estratégico o estrategias de marketing. Ed. Delta
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico. Ed. Piramide
- Santesmases, M. (2012). “Marketing. Conceptos y estrategias”. 4ª ed. Ed. Pirámide. (e-book)
- Solomon, M.; Pineda L. (2017). “Comportamiento del Consumidor” 11e. Ed. Pearson.
- Villanueva J.; Del Toro, J.M. (2020). Marketing estratégico. Ed. IESE
Resultados de aprendizaxe:
C12. Comprender a natureza, a contorna das relacións de intercambio, a estratexia e a operativa de márketing da empresa.
HD2. Comunicar oralmente e/o por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD3. Traballar en equipo, colaborando de maneira sinérgica.
CP4. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e/o da súa contorna para tomar decisións no ámbito empresarial.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao estudante nos contidos dos temas que conforman o programa. Empregarase o computador e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. O profesorado poñerá ao dispor do estudantado o material necesario no Campus Virtual da materia.
As sesións interactivas impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro. Nestas clases presenciais tentarase que o estudantado aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos prácticos de empresa, comentaranse/debateranse lecturas de textos e artigos, así como outras cuestións expostas polo profesorado, cobrando especial importancia as actividades en grupo. Tamén se poderá propoñer a realización de traballos para ser expostos en clase.
As titorías para consulta de dúbidas serán presenciais, podendo realizar algunhas de forma virtual a través das diferentes ferramentas e plataformas autorizadas pola USC.
SEN DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia a clase está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nos ensinos de grao e máster.
1)Proba final sobre contidos: 60% da cualificación. A proba de contidos será presencial e incluirá todo o programa e o material exposto nas clases.
2) Actividades nas sesións interactivas: Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases: 40% da cualificación. Tamén se poderán programar probas parciais de contidos. Estas actividades formarán parte da avaliación continua do estudantado.
Para sumar a puntuación da proba final de contidos coa das sesións interactivas será condición necesaria que o alumno alcance unha nota mínima de 3 puntos sobre os 6 na proba final de contidos. Na cualificación final a suma de ambas as puntuacións deberá ser igual ou superior a 5 para superar a materia. Cando o alumno non alcance a puntuación mínima necesaria para aprobar no exame final, será cualificado coa nota obtida unicamente pola participación nas sesións interactivas.
Esta valoración aplicarase nas dúas convocatorias comúns (xuño e xullo) de tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (40%) manterase para a convocatoria de xullo.
Os estudantes que non obteñan ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas clases só poderán obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 6 puntos para superar a materia.
Avaliación de resultados de aprendizaxe:
Avaliación continua:C12, HD2, HD3 e CP4
Exame: C12, HD2 e CP4
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Os estudantes aos que se lles concedeu dispensa de asistencia regulada polo Regulamento de asistencia a clase nos ensinos de grao e máster, serán avaliados mediante unha proba final presencial que supoñerá o 100% da nota para obter polo estudante. Os estudantes nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
De acordo con a Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudantado será distinta de non presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
As clases teóricas complementaranse coa consulta dos libros de texto recomendados polo/a profesor/a, así como coa preparación dos traballos propostos e que serán entregados e expostos polo estudante. As clases prácticas enfocaranse desde a participación e a discusión, polo que a disposición do estudante neste sentido é de gran relevancia nesta materia.
O tempo recomendado para a superación da materia é o seguinte:
- Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 60.
- Horas de traballo autónomo (estudo autónomo e preparación das actividades): 90.
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudo da materia durante o curso, así como das distintas probas de avaliación, implican un total de 150 horas de dedicación por parte do estudante.
Recoméndase que os estudantes traballen sobre a materia ao longo de todo o cuadrimestre e que leven ao día os conceptos teóricos. Deste xeito poderán aplicar con proveito estes coñecementos aos casos prácticos, comentarios de textos e exercicios que se irán propoñendo e resolvendo paralelamente.
Fernando Losada Perez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824420
- Correo electrónico
- fernando.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
25.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
29.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |