Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Capacidade de comunicar os resultados do proceso contable a través de estados contables e informes narrativos.
• Comprensión dos factores que explican a elección de políticas contables e o seu efecto sobre os estados financeiros.
• Comprender as relacións existentes entre os diferentes estados contables.
• Comprender os principais aspectos da Contabilidade dos grupos
A comunicación de información empresarial. A regulación da información financeira.
O Balance: obxectivos e características. Compoñentes: Activo, Pasivo e Patrimonio
O Estado de Perdidas e Ganancias: Obxectivos e características.Compoñentes: Ingresos e Gastos. Clasificación de Resultados: Actividades continuadas e actividades descontinuadas.
O Estado de Cambios do Patrimonio: Obxectivos. Ingresos e gastos recoñecidos directamente no Patrimonio neto. O Estado do Ingresos e Gastos Recoñecidas. Estado de cambios no Patrimonio.
O Estado do Fluxo de Efectivo: Obxectivos. O concepto de tesorería. Compoñentes: os fluxos de explotación, investimento e financiamento. Métodos directo e indirecto.
Memoria e outros informes narrativos: Obxectivos e contido principal da Memoria. O Informe de Xestión. O Informe de Auditoría.
Outras informacións: Información por segmentos. Informes intermedios. Informes sociais e medioambientais.
A información consolidada: A obriga de consolidar. Concepto de grupo e outras formas de vinculación. Métodos de consolidación. Os Estados financeiros consolidados.
Básica:
ALVAREZ MELCÓN, S. Y CORONA ROMERO, E (2011): Estados financieros consolidados. Ed. Pirámide
ARCHEL DOMENCH, P Y OTROS (2018):Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Ed.Pirámide.
PALOMARES, J. Y PESET, M.J. (2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide.
RIVERO TORRE, P. (2012): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed. Pirámide.
Complementaria:
CARRASCO GALLEGO, A Y OTROS (2009): Estados Financieros. Teoría y casos prácticos. Ed. Pirámide.
CORONA ROMERO, EL (2014): Análisis de estados financieros individuales y consolidados, UNED
Facilitaranse as referencias nas clases e a través do campus virtual para aqueles temas nos que se considere necesario.
BASICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrito como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina
TRANSVERSALES
CT1 - -Análise e síntese
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT4 - -Xestión da información.
CT8.-- Razonamento crítico
ESPECIFICAS
A6 - Elementos básicos de Contabilidade
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
As sesións expositivas teñen por obxectivo introducir e explicar os conceptos básicos de cada tema do programa
As sesión interactivas dedícanse á resolución de diferentes casos e exercicios, á discusión de solucións doutros exercicios propostos para resolver polo alumnado e ó debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas.
O alumnado terá con tempo previo, o material audiovisual que se use na exposición e os enunciados dos problemas e casos a resolver e a información necesaria para a preparacion das cuestións a discutir dispoñendo así do material necesario para permitir o desenvolvemento axeitado do proceso de aprendizaxe autónomo.
A docencia expositiva e interactiva no caso do escenario 1 (normalidade adaptada) desenvolverase presencialmente nos horarios fixados polo Decanato. As titorías tamén se farán de forma presencial salvo nos casos nos que non sexa posible, que se farán de forma telemática
Esta materia conta con Aula Virtual que se utilizará para facilitar ao alumnado información sobre a materia impartida nas clases expositivas, así como os exercicios e traballos a realizar e tamén como ferramenta de comunicación co profesorado e o resto dos compañeiros e compañeiras. Asimesmo ao comezo do curso na aula virtual o alumnado disporá dunha guía docente na que se tratará mais polo miúdo aspectos relativos á organización das clases, o estudio e a avaliación desa materia. Esta información presentarase o primeiro día de clase.
A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación e consistirá: na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo (probas na aula, entrega de exercicios, búsqueda e análisis de información, debates...). A asistencia a clase non será valorada por si mesma.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso
A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, será obrigatoria e terá un peso de ata 6 puntos na nota final. O alumnado deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,4 puntos.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior.
Esta forma de avaliación será de aplicación nas dúas oportunidades. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para o alumnado de primeira e posteriores matrículas. Porén para aquel alumnado con 3 ou menos materias pendentes a súa cualificación será a maior de o resultado de sumar a nota da avaliación continua do curso anterior á obtida no exame sobre 6 ou ben unicamente a valoración do exame sobre 10.
Aquel alumnado que acredite de forma oficial que lle foi concedida dispensa de asistencia a clase realizará un exame teórico práctico cuxa valoración representará o 100% da cualificación final. Para superar a materia o alumno con dispensa deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nese exame teórico-práctico
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Avaliación de competencias
Avaliación continua: CB1 - CB2 - CB3 - CB4 - CB5 - CG3 -CG4 - CT1 - CT3 -CT4 -CT8.-A6 - D8
Exame final: CB1 - CB2 - CB3 - CB4 - CB5 - CG3 -CG4 - CT1 - CT3 -CT4 -CT8.-A6 - D8
No escenario 1 (normalidade adaptada), tanto a avaliación continua como a proba final serán de carácter presencial.
Traballo presencial na clase:
-Clases de pizarra, en grupo grande 18
-Clases de pizarra, en grupo reducido18
-Tutorias en pequenos grupos ou individualizada 4
-Outras sesións con profesor: Examens e revisión 5
Total de horas de traballo presencial na aula 45
Traballo non presencial
-Estudo autónomo individual e en grupo 35
-Preparación traballo en grupo, elaboración de conclusións, redacción final. 10
-Lecturas recomendadas ou actividades similares 8
-Preparación de exercicios, discusións ou semellantes 12
-Participación nas conferencias, exposicións e outras actividades recomendadas 2,5
Total de horas de traballo persoal do alumno 67,5
Considérase necesario
-A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas, en particular de Contabilidade Financeira.
-A preparación das sesións, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
-A participación na clase e a discusión de dúbidas nas diferentes sesións e nas horas de titoría.
Plan de continxencia: a metodoloxía e a avaliación da materia no caso de darse o escenario 2 (distanciamento) ou 3 (peche das instalacións) será a seguinte:
Metodoloxía:
No escenario 2 (distanciamento) a docencia expositiva e interactiva será unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento. A docencia virtual levarase a cabo a través da plataforma TEAMS e o campus virtual, de forma síncrona e/ou asíncrona nos horarios fixados para a materia polo Decanato. Fora das clases o principal medio de comunicación entre o profesorado e o alumnado serán os diferentes foros abertos na aula virtual da materia. As titorías serán prioritariamente por vía telemática e concertaranse a través do foro habilitado na aula virtual.
No escenario 3(peche das instalacións) toda a docencia será virtual e levarase de forma síncrona e/ou asíncrona a través da plataforma TEAMS e o campus virtual nos horarios fixados polo Decanato. Fora das clases o principal medio de comunicación entre o profesorado e o alumnado serán os diferentes foros abertos na aula virtual da materia. As titorías serán por vía telemática e concertaranse a través do foro habilitado na aula virtual.
Esta materia conta con Aula Virtual que se utilizará para facilitar ao alumnado información sobre a materia impartida nas clases expositivas, así como os exercicios e traballos a realizar e tamén como ferramenta de comunicación co profesorado e o resto dos compañeiros e compañeiras. Asimesmo ao comezo do curso na aula virtual o alumnado disporá dunha guía docente na que se tratará mais polo miúdo aspectos relativos á organización das clases, o estudio e a avaliación desa materia. Esta información presentarase o primeiro día de clase.
Avaliación:
En todos os escenarios a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación e consistirá: na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo (probas na aula, entrega de exercicios, búsqueda e análisis de información, debates...). A asistencia a clase non será valorada por si mesma.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso
A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, será obrigatoria e terá un peso de ata 6 puntos na nota final. O alumno deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,4 puntos.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior.
Esta forma de avaliación será de aplicación nas dúas oportunidades. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para os alumnos de primeira e posteriores matrículas. Porén para aquel alumnado con 3 ou menos materias pendentes a súa cualificación será a maior de o resultado de sumar a nota da avaliación continua do curso anterior á obtida no exame sobre 6 ou ben unicamente a valoración do exame sobre 10.
Aquel alumnado que acredite de forma oficial que lle foi concedida dispensa de asistencia a clase realizará un exame teórico práctico cuxa valoración representará o 100% da cualificación final. Para superar a materia o alumno con dispensa deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nese exame teórico-práctico
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Avaliación de competencias
Avaliación continua: CB1 - CB2 - CB3 - CB4 - CB5 - CG3 -CG4 - CT1 - CT3 -CT4 -CT8.-A6 - D8
Exame final: CB1 - CB2 - CB3 - CB4 - CB5 - CG3 -CG4 - CT1 - CT3 -CT4 -CT8.-A6 - D8
No escenario 2 (distanciamento) a avaliación continua e a proba final serán presenciais ou telemáticas de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento. No caso de ser telemáticas realizaranse utilizando o campus virtual e o programa TEAMS.
No escenario 3 (peche das instalacións) tanto a avaliación continua como a proba final serán telemáticas utilizando o campus virtual e o programa TEAMS.
Maria Del Rosario Vidal Lopo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811613
- Correo electrónico
- mdelrosario.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Noelia Maria Romero Castro
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824478
- Correo electrónico
- noe.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Suarez Fernandez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- ext-11608
- Correo electrónico
- oscar.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Andrea Martinez Salgueiro
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Andrea Martinez Salgueiro
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula A |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula A |
Xoves | |||
11:15-12:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula A |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
18:15-20:15 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula B |
Venres | |||
10:15-11:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula A |
12:45-13:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula B |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula C |
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula C |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula A |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula B |
30.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |