Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | (Si)
O obxectivo da materia é ofrecer unha visión integral das finanzas aplicable ao máis alto nivel de dirección empresarial, e vinculada coa estratexia xeral da empresa e co obxectivo de creación de valor. Buscarase reforzar o coñecemento dos principios das finanzas e a súa aplicación práctica a través do traballo con modelos financeiros, facendo constar a inexistencia de regras máxicas, e todo elo con unha especial atención ao entorno habitual no que se deben de desenvolver os alumnos, caracterizado por pequenas e medianas empresas. Como resultado do uso deste asunto os estudantes deberán:
• Comprender o papel das finanzas e do departamento de finanzas no proceso de creación de valor para a empresa e saber cuantificar a creación de valor na empresa e analizar os seus determinantes.
• Saber como realizar unha análise financeira en profundidade da situación da empresa e as súas perspectivas futuras, tanto individualmente como en relación á competencia.
• Saber como realizar a planificación e orzamento a curto, medio e longo prazo da empresa.
• Realizar modelos de simulación informatizada para resolver problemas financeiros e planificar as consecuencias económicas e financieras das decisións empresariais
O papel das finanzas na empresa, a estratexia e a creación de valor.
A xestión financeira baseada no valor.
O diagnóstico financeiro tradicional.
O diagnóstico financeiro orientado a creación de valor.
A planificación financeira a longo prazo
Valoración de empresas.
A planificación financeira a corto prazo.
O aspecto estratéxico das inversións
Decisións financeiras e estratexia empresarial.
BÁSICA:
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Estrategias de Planificación Financiera Aplicada, Andavira, 2014
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Modelos de Planificación y Valoración de Empresas, Andavira, 2015
COMPLEMENTARIA:
BREALEY, MYERS, ALLEN., Principios de Finanzas Corporativas, 11ª ed., Irwin, McGraw Hil, 2015.
BENNINGA, S., Principles of Finance with Excel, Oxford University Press, 2011
FERNÁNDEZ, P., Valoración de Empresas, Gestión 2000, Barcelona, 2004.
DAMODARAN, A., Applied Corporate Finance, 4ª ed., John Wiley & Sons, Nueva York, 2015.
KOLLER, GOEDHART, WESSELS. (2015): Valuation: Measuring and Managing the Value of Companies, Wiley & Sons, New York, 6ª Ed.
RAPPAPORT, A., La Creación de Valor para el Accionista. Una guía para inversores y directivos, 2ª edición, Ed. Deusto, Bilbao, 1998.
ROJO, A., Valoración de empresas y gestión basada en Valor, Thomson, 2007
Básicas e Xenerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
Transversais
*CT1 - -Análise e síntese
*CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
*CT7 - -Toma de decisións.
*CT8 - -Razoamento crítico
*CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
*CT13 - -Sentido ético
Específicas
*B2 - Diagnóstico da situación e os resultados da empresa, dos fluxos de fondos habidos nun período e da determinación dos custos
D3 - Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
D4 - Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados
Materia optativa de 4,5 créditos, distribuídos en 18 horas de clases expositivas e 18 horas de clases interactivas. Todas as sesións de clase impartiranse en aula de informática, alternando a exposición dos contidos teóricos coa inmediata aplicación dos mesmos.
As sesións dedicadas a clases expositivas teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
Nas mesmas explicaranse os conceptos básicos de cada tema así como as implicacións para a súa implementación práctica. Para facilitar o seguimento das sesións úsanse proxeccións de diapositivas cos contidos fundamentais desenvolvidos en cada clase.
As sesións prácticas ou interactivas están encamiñadas a traballar con modelos financeiros desenrolado para resolver as cuestións tratadas nas sesións expositivas. E necesario o uso de programas de folla de cálculo. Manexarase a versión de Excel máis actual que esté dispoñible na Universidade. Todos os modelos que se van a desenvolver poden utilizarse noutros programas de folla de cálculo distintos a Excel (con todo foron desenvolvidos en Excel). Trátase de poñer en práctica e en valor os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas. Este sistema de traballo permite reforzar as cuestións teóricas dos diferentes temas, previamente abordados nas sesións expositivas, necesarias para levar a cabo a elaboración dos diferentes modelos, así como incidir na aplicabilidade dos devanditos coñecementos teóricos e a destreza do alumno na súa elaboración e manexo.
Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso na que se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondiente, tanto para as sesións expositivas como interactivas.
As tutorías podrán realizarse tanto en modo presencial no despacho do profesor como on line a través da plataforma Teams.
O sistema de avaliación consta de dous elementos.
a) Dúas probas teórico-prácticas (TP) que suporán o 60% da nota final (6 puntos: TP1: 20% e TP2: 40%). Requerirase neste apartado un mínimo de 3 puntos (50% sobre 6) para poder superar a materia.
b) Dúas probas en folla de cálculo (HC) que suporán o 40% da nota final (4 puntos: HC1 10% e HC2: 30%).
As probas TP1 e HC1 realizaranse ao longo do curso e nas sesións de clase, polo que a asistencia e totalmente necesaria. Aqueles alumnos que NON realicen as probas no seu momento porán realizalas ao final do curso na data oficial de examen (xunto con TP2 e HC2). Na segunda convocatoria realizaranse de novo todas as probas.
O sistema de evaluación será o mesmo para todos os alumnos que cursen a materia, (incluidos os alumnos con dispensa de asistencia a clase).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de calificacións.
En canto a avaliación de competencias:
a) nas probas teórico prácticas podrán avaliarse:
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG4, CT1, CT7, CT8, CT13, B2, D3, D4
b) nas probas con folla de cálculo podrán avaliarse:
CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CG4, CT5, CT7, CT9, B2, D3, D4
Total horas traballo presencial na aula: 45
O alumno debería adicar de forma individual o seguiente número de horas para un axeitado aproveitamento da materia:
• Lectura da bibliografía básica recomendada: 25 horas
• Análise dos modelos financeiros utilizados: 20
• Preparación de probas: 25
• Realización de probas (fora de horario de clase): 2 horas
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases presenciais e utilización das titorías. Resulta importante ir fixando os coñecementos a medida que se vaian impartindo debido ao carácter continuo da materia e á estreita relación entre os distintos temas. Desta forma obterase un maior rendemento e proveito dos contidos teóricos e prácticos. Doutra banda, recoméndase aos alumnos que traten de elaborar por si mesmos os modelos explicados na materia o que lle axudará a converter o saber en saber facer.
Dada a importancia que o uso da folla de cálculo ten no desenvolvemento da materia elaborouse unha monografía, Fundamentos de Excel para Finanzas, que se pon a disposición dos alumnos a través do campus virtual.
A bibliografía básica está en castelán, pero un bo coñecemento do inglés permitirá ao alumno acudir a outras fontes, citadas na bibliografía complementaria.
Plan de continxencia:
Metodoloxía da ensinanza:
Todas as actividades docentes realizaranse de forma presencial ou remota (a través de Teams) e con apoio na aula do Campus Virtual, en función do escenario decretado pola USC. Cando a docencia sexa remota realizarase de forma síncrona. Podrase acceder a tutorías a través de Teams, sexa cual sexa o escenario de docencia.
Sistema de avaliación:
Todas as actividades de avaluación realizaranse de forma presencial ou remota (a través do Campus Virtual) en función do escenario decretado pola USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou prebas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Para garantir a identidade das comunicacións, todos os contactos entre o alumnado e o profesorado que se fagan con medios telemáticos deben realizarse mediante o correo electrónico asignado pola USC.
Alfonso Rodriguez Sandias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811607
- Correo electrónico
- alfonso.rodriguez.sandias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade