Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos específicos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008: 77-78) están centrados no coñecemento dos seguintes contidos:
-As eleccións como instrumentos da democracia
-Visións maioritarias e visións proporcionais
-A participación electoral. Cultura política e participación electoral.
-A análise das eleccións. As dimensións do voto: concentración e fragmentación, competición e competitividade, volatilidade.
-Estabilidade e inestabilidade. Identificación partidista e volatilidade.
-Voto e “cleavages”. A debilitación dos “cleavages” tradicionais ou a debilitación dos novos “cleavages”. “Cleavages” e segmentación.
-Partidos, eleccións e “cleavages”. Os cambios nas condicións da competición partidista. As especificidades dos procesos electorais. As dimensións da competición en Galicia e España.
-A teoría espacial do voto. Converxencia e Diverxencia.
-As lecturas do voto. Voto estratéxico. Voto probabilístico. Voto económico.
-A construción dos espazos políticos. O retorno das dimensións políticas do voto. Eleccións e estratexia política. Preferencias endóxenas e decisión política.
-Mercadotecnia, eleccións e democracia. As dimensións estratéxicas dos procesos electorais. A mercadotecnia como parte da democracia. As campañas contan.
Os contidos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008) abórdanse desde o enfoque formal e material da Ciencia Política. En concreto, o contido do curso correspóndese cos descritores asignados á materia no citado Plan de Estudos:
Tema 1. Representación política e eleccións
Tema 2. O sistema electoral
Tema 3. A participación electoral
Tema 4. Cuestións de comportamento electoral I. Factores a longo prazo: cleavages, a ideoloxía e a identificación de partido
Tema 5. Cuestións de comportamento electoral II. Factores a curto prazo: modelo espacial do voto, voto económico, issue voting e campañas electorais
Tema 6. Indicadores para a análise electoral
Bibliografía básica
-ANDUIZA, E. y BOSCH, A (2004): Comportamiento político y electoral, Barcelona, Ariel
-NOHLEN, D. (2015), Gramática de los sistemas electorales. Una introducción a la ingeniería de la representación, Madrid: Tecnos
Bibliografía complementaria
-ARZHEIMER et al. (eds.) (2016), The SAGE Handbook of Electoral Behaviour, London: SAGE
-BARREIRO, B. (2017), La sociedad que seremos, Madrid: Planeta
-COLOMER, J. (2004): Cómo votamos. Los sistemas electorales del mundo: pasado, presente y futuro, Gedisa, Barcelona.
-COX, G.W. (2003): La coordinación estratégica de los sistemas electorales del mundo, Gedisa, Barcelona.
-CRESPO, I. (dir.) (2002): Las campañas electorales y sus efectos en la decisión de voto, Valencia, Tirant lo Blanch, Vol. I.
-EQUIPO PIEDRAS DE PAPEL (2015), Aragón es nuestro Ohio. Así votan los españoles, Barcelona: Malpaso Ediciones
-LAGO PEÑAS, I. (2005): El voto estratégico en las elecciones generales en España (1977-2000). Efectos y mecanismos causales en la explicación del comportamiento electoral, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
-LIJPHART, A. (1995): Sistemas electorales y sistemas de partidos, Madrid, Centro de Estudios Constitucionales.
-MANIN, B. (1998): Los principios del Gobierno representativo, Madrid, Alianza editorial.
-MARTÍNEZ COMA, F. (2008): ¿Por qué importan las campañas electorales?, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
-POLITIKON (2014), La urna rota. La crisis política e institucional del modelo español, Madrid: Debate
-POLITIKON (2017), El muro invisible. Las dificultades de ser joven en España, Madrid: Debate
-RICO, G. (2010): Líderes políticos, opinión pública y comportamiento electoral en España, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
-VALLÉS, J. y BOSCH, A. (1997): Sistemas electorales y gobierno representativo, Barcelona, Ariel.
Proporcionarase ademáis bibliografía básica e complementaria para cada tema.
Entre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xenéricas ou transversais e as específicas, segundo os coñecementos disciplinares (saber), e os profesionais (saber facer).
1. As competencias xenéricas ou transversais
1.1 Capacidade para o autoaprendizaxe.
1.2 Capacidade de organización, de planificación e de traballo en equipo.
1.3 Capacidade de comunicación oral e escrita.
1.4 Coñecemento de vocabulario e terminoloxía básica dunha materia.
1.5 Comprensión de relacións entre conceptos e variables.
1.6 Coñecemento de autores, bibliografía, documentación.
1.7 Desenvolvemento das destrezas na consecución de información (utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación).
1.8 Resolución de problemas baixo determinadas condicións.
1.9 Desenvolvemento de habilidades ou procedementos estandarizados.
1.10 Avaliación de situacións ou hipóteses.
1.11 Capacidade de síntese ante unha información.
1.12 Capacidade de razoamento crítico.
1.13 Capacidade de tomar decisións.
1.14 A ética de servizo público.
2. As competencias que adquire o estudantado na materia de Análise Electoral, segundo se desprende dos obxectivos establecidos na Memoria do Grao en Ciencia Política e da Administración (USC, 2008), son as seguintes:
2.1 Coñecementos disciplinares (saber):
2.1.1 Posibilitar a comprensión das diversas dimensións dos procesos electorais.
2.1.2 Comprender o comportamento dos actores políticos.
2.1.3 Entender o comportamento cidadán e os valores democráticos.
2.1.4 Comprender os enfoques teóricos explicativos do comportamento electoral.
2.1.5 Comprender os métodos de análises dos procesos electorais.
2.2 Coñecementos profesionais (saber facer):
2.2.1 Capacidade para comprender o valor das eleccións como instrumentos fundamentais das democracias, así como a capacidade dos modelos explicativos da orientación do voto e as posibilidades das enquisas non unicamente para predicir os resultados senón, fundamentalmente, para establecer unha nova relación entre cidadáns e actores políticos
2.2.2 Conseguir que o alumnado adquira os coñecementos e metodoloxías da análise electoral, que alcancen a capacitación necesaria para interpretar os procesos individuais e colectivos asociados á decisión do voto así como procurar que desenvolvan as habilidades para ler estratexicamente unha enquisa de cara ao apoio das decisións dos actores políticos.
2.2.3 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a realización de recensións críticas de textos relacionados coa análise das eleccións políticas.
2.2.4 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a análise de casos relacionados coas eleccións políticas.
En resumo, ao finalizar o curso, o estudantado deberá ser capaz de adquirir as competencias relacionadas cos coñecementos e habilidades propias da materia, de ferramentas de aprendizaxe, e das actitudes específicas.
Escenario 1
Nas clases expositivas, cunha duración de 25 horas, desenvólvese o contido do programa e ofrécese ao estudantado un esquema básico para seguir as explicacións. As clases interactivas constan en total de 10 horas e consistirán na realización de exercicios prácticos. Nas sesións destinadas ás Titorías (2,5 horas) levará a cabo o seguimento da aprendizaxe da materia, consultas persoais, etc.
Escenario 2
As clases expositivas pasan a realizarse en réxime de docencia online asíncrona. As clases interactivas e as titorías serían presenciais.
Escenario 3
Tanto as clases expositivas como interactivas contarían con sesións de docencia virtual asíncrona. Programaríanse actividades complementarias a través das ferramentas do campus virtual e MS Teams para favorecer a participación activa do alumnado.
Escenario 1
O 60 % da cualificación corresponde ao exame final escrito.
O 40 % da cualificación corresponde á avaliación continua das clases interactivas baseada na realización das actividades e traballos obrigatorios estipulados. No caso non de entregalos na data establecida, estos serán correxidos sobre un 50% da nota estipulada.
Escenario 2
Substituirase o exame presencial por unha proba telemática asíncrona. Manterase a forma de avaliación continua das clases interactivas.
Escenario 3
Substituirase o exame presencial por unha proba telemática asíncrona. Manterase a forma de avaliación continua das clases interactivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A asignación que figura no Plan de Estudos (USC, 2008) é a seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
-Clases expositivas: 25 h.
-Clases interactivas: 10 h.
-Titorías: 2,5 h.
TOTAL: 37,5 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
-Estudo individual: 45 h.
-Preparación de traballos e exposicións en grupo: 15 h.
-Realización de traballos individuais: 15 h.
TOTAL: 75 h.
Respecto ao estudo da materia recomendamos, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada tema (Programación de Temas), co obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos.
Por último, o estudantado disporá no CAMPUS VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das Programacións de Temas (clases expositivas) e das Programacións das Clases Interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.
“Plan de continxencia”
Prevese para a adaptación aos escenarios 2 e 3 modificacións específicas nos apartados de “Metodoloxía das Clases” e “Metodoloxía de Avaliación”.
Alba Alonso Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- a.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Salón de Actos |
12:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 1.1 |
13:30-14:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.1 |
10.06.2021 16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | 0.1 |
10.06.2021 17:30-18:30 | Grupo /CLIS_02 | 0.1 |
14.07.2021 12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
14.07.2021 12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |