Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS.
• Coñecer os fundamentos básicos da economía.
• Aplicar a metodoloxía económica como instrumento de análise estratéxica.
• Acadar unha comprensión global das interaccións entre economía e política.
• Entender as interaccións entre os axentes económicos.
• Comprender o funcionamiento dos sistemas económicos, dos procesos produtivos e dos procesos de distribución da renda e riqueza xerada no mesmo.
• Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas económicos.
BLOQUE FORMATIVO.
A materia en cuestión (ECONOMIA POLÍTICA I: Metodoloxía e mercados), é unha asignatura de formación básica conducente á consecución do título de Grao en Ciencia Política e da Administración na que se analiza o sistema económico, o comportamento dos axentes e a organización dos mercados.
ECONOMÍA POLÍTICA I DENTRO DAS ASIGNATURAS DA ÁREA.
A asignatura Economía Política I: Metodoloxía e mercados, constitúe a introducción ó estudo das asignaturas da área de Economía Política e Facenda Pública, presentando a metodoloxía económica e as interaccións que determinan o comportantmento dos axentes nos mercados económicos.
Esta asignatura constitúe o punto de arranque do estudo das asignaturas centradas na formación económica no título de Grao:
• Economía Política II: Intervención pública na economía. (obrigatoria, primaria, 2º curso, 1º semestre)
• Facenda Pública. (obrigatoria, 2º curso, 2º cuadrimestre)
• Elección Pública. (optativa, 3º curso, 2º cuadrimestre).
ECONOMÍA POLÍTICA I DENTRO DO GRAO EN CIENCIA POLÍTICA E DA ADMINISTRACIÓN.
Economía Política I: Metodoloxía e mercados, é a asignatura inicial do bloque das ensinanzas troncais da materia económica, presentando un dobre interese no proceso formativo e para o futuro exercicio profesional:
• Dende un punto de vista formativo o estudo da metodoloxía económica, dos alicerces do sistema económico, e do funcionamento do mercado resulta esencial en calquera grao das ciencias sociais, tanto pola incidencia da economía nas institucións políticas como pola da política nas institucións económicas. Esta aprendizaxe proporciona coñecementos e capacidades precisas para o desenvolvemento posterior da súa formación, tanto na metodoloxía empregada como en habilidades que constitúen os fundamentos necesarios para asignaturas posteriores máis especializadas, de ahí a súa incorporación no primeiro semestre dos estudos do grao.
• De cara ao posterior exercicio profesional, os coñecementos adquiridos nesta materia, así como nas asignaturas posteriores da área económica, resultarán imprescindibles para os graduados.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTES DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENERICAS)
Adquisición de ferramentas para:
• Argumentar lóxicamente.
• Profundizar no coñecemento.
• Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións ós problemas.
• Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCION DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
• Pensamento crítico.
• Comprensión de textos económicos.
• Capacidade para comprender os aspectos económicos dos debates de actualidade.
• Comprensión dos efectos das eleccións adoptadas na economía.
• Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos no ámbito económico.
• Capacidade para identificar información e datos relevantes para empregalos nun informe de carácter económico.
• Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.
I. Introducción
Tema 1. Delimitación conceptual da Economía Política.
1.1. Economía Política: concepto e enfoques alternativos.
1.2. Método na Ciencia Económica.
1.3. Elementos básicos do razoamento económico.
Tema 2. Formas de organización económica.
2.1. Problemas básicos da organización económica.
2.2. Sistema económico de mercado.
2.3. Sistema económico de planificación central.
Tema 3. Introducción á historia do pensamento económico.
3.1. Os precursores (Fisiocracia e Mercantilismo)
3.2. A Escola Clásica e os Neoclásicos.
3.3. A Escola Histórica e a Economía Socialista.
3.4. O Keynesianismo.
3.5. Estado actual da Ciencia Económica.
II. Mercados de bens e servizos.
Tema 4. Prezos e Mercados.
4.1. A demanda e os seus determinantes.
4.2. A oferta e os seus determinantes
4.3. O equilibrio no mercado.
Tema 5. Elasticidade da demanda e da oferta.
5.1. Elasticidade da demanda.
5.2. Elasticidade da oferta.
5.3. Elasticidade, decisión racional e intervención do Estado.
Tema 6. Teoría do consumidor.
6.1. Necesidades económicas e soberanía do consumidor.
6.2. Teoría da Utilidade: A lei da utilidade marxinal decrecente.
6.3. Análise das curvas de indiferencia.
Tema 7. Teoría da empresa.
7.1. A Empresa: natureza e funcións.
7.2. Organización da empresa: tipoloxía de empresas.
7.3. A contabilidade e o financiamento das empresas.
Tema 8. Teoría da produción e dos custos.
8.1. A función de produción e a produtividade
8.2. Rendementos de escala, o tempo e as innovacións tecnolóxicas.
8.3. Custos de produción.
III. Tipoloxía de mercados.
Tema 9. Mercados de competencia perfecta.
9.1. Mercados de competencia perfecta.
9.2. Equilibrio de mercados competitivos a curto e a longo prazo.
9.3. Competitividade e eficiencia económica.
Tema 10. Mercados sen competencia perfecta.
10.1. O monopolio e os seus custos.
10.2. Competencia monopolística.
10.3. Oligopolio e cártel.
Tema 11. Mercados e risco.
11.1. Mercados, incerteza e risco.
11.2. Seguros e outros sistema de protección.
11.3. Mercados e información.
IV. Teoría da distribución.
Tema 12. Rendas e mercados.
12.1. A demanda de factores de producción.
12.2. A oferta de factores de producción.
12.3. Determinación do prezo dos factores de produción.
Tema 13. Factores produtivos e a súa rendibilidade.
13.1. Capital humano, mercado laboral e determinación dos salarios.
13.2. Capital físico, capital financeiro e determinación das súas rendas.
13.3. Os beneficios de explotación.
Tema 14. Aspectos normativos da distribución.
14.1. Rendas e desigualdade.
14.2. Distribución da renda e xustiza social.
Polos problemas derivados do emprego na aprendizaxe de notas tomadas durante as explicacións presenciais deste programa, para unha mellor comprensión e para facilitar o estudio da asignatura, resulta case imprescindible que cada alumno teña á súa disposición algún dos manuais de referencia. A oferta de manuais existente no mercado sobre a materia de Economía Política é moi ampla, sendo doado adaptarse tanto ás necesidades científicas como ás necesidades económicas dos alumnos.
Entre os distintos manuais existentes podemos destacar:
BLANCO, J.M. e AZNAR, J. (2004): Introducción a la economía. Teoría y práctica, McGraw Hill, Madrid, 4ª edición.
CASAS PARDO, J. (1990), Curso de Economía, Imprenta Berguío, Madrid.
CORTÉS MARQUÉS, G. (1998): Principios de Economía Política, Ariel Economía, 4ª edición, Barcelona.
CUADRADO ROURA (2010): Política Económica, McGrawn-Hill, 4ª edición, Madrid.
MANKIW, G. (2004), Principios de economía, McGraw Hill, Madrid, 3ª edición.
MOCHON MORCILLO, F. (2001), Principios de Economía, McGrawn-Hill, Madrid.
PARKIN, M. (2004): Economía, Pearson Addison Wesley, México.
TORRES LÓPEZ, J. (2004): Economía política, Ediciones Pirámide, Madrid.
SAMUELSON, P. A. e NORDHAUS, W. D. (2006), Economía, McGrawn-Hill, Madrid, 18ª edición.
STIGLITZ, J.E. (1998), Microeconomía (II), Ariel, Barcelona.
Outra bibliografía específica complementaria dos distintos epígrafes do programa será proporcionada ós alumnos durante as clases polo profesor.
OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS.
• Coñecer os fundamentos básicos da economía.
• Aplicar a metodoloxía económica como instrumento de análise estratéxica.
• Acadar unha comprensión global das interaccións entre economía e política.
• Entender as interaccións entre os axentes económicos.
• Comprender o funcionamiento dos sistemas económicos, dos procesos produtivos e dos procesos de distribución da renda e riqueza xerada no mesmo.
• Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas económicos.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTES DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENERICAS)
Adquisición de ferramentas para:
• Argumentar lóxicamente.
• Profundizar no coñecemento.
• Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións ós problemas.
• Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCION DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
• Pensamento crítico.
• Comprensión de textos económicos.
• Capacidade para comprender os aspectos económicos dos debates de actualidade.
• Comprensión dos efectos das eleccións adoptadas na economía.
• Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos no ámbito económico.
• Capacidade para identificar información e datos relevantes para empregalos nun informe de carácter económico.
• Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.
Partimos do suposto de que ao comezo do curso poderemos realizar as actividades docentes e discentes sen problema e de forma presencial.
No caso de pasar a un escenario no que se afecte a marcha do curso, e alén das indicacións aquí especificadas, atenderemos ás posibilidades de cada momento para buscar os mecanismos máis axeitados á hora de desenvolver a docencia. Os cambios serán recollidos na guía docente que figura na aula virtual de forma actualizada.
A docencia da materia organízase en catro partes:
1) Clase expositiva: concentran a aprendizaxe teórica e realízanse nun único grupo de docencia. Nelas o profesor mostra os conceptos a desenvolver na asignatura, empregando, no seu caso, material complementario como esquemas, gráficas ou bibliografía de apoio. Ó longo da clase se intercalan aspectos prácticos nos que se presentarán situacións reais ou ficticias para proceder á súa análise mediante o emprego de estatísticas, datos, gráficos, artigos de xornais e revistas, ou páxinas de internet. Baixo a dirección do profesor, o estudantado deberá analizar estes problemas e sacar as súas conclusión na mesma aula, podendo ser preguntados para comproba-lo seu grado de seguemento e comprensión da materia na súa aplicación práctica.
2) Seminarios (clase interactiva): teñen como obxectivo profundizar nalgún aspecto de interese do temario da asignatura. Os estudantes se dividen en grupos de non máis de 50 alumnos, co fin de fomentar a participación e a comprensión dos asuntos analizados. Na elección dos temas a desenvolver primaranse os de máis actualidade dentro do programa. Utilizarase material complementario para que realicen a súa análise. Terán a obriga de realizar un traballo sobre o tema tratado que deberán entregar no prazo fixado polo profesor, quen decidirá se é individual ou en grupo.
3) Titorias en grupos reducidos: nas mesmas realizarase un seguemento individualizado do seguemento e comprensión do estudantado, ao tempo que se explicarán as dúbidas que os alumnos tiveran sobre os contidos explicados na asignatura. Os estudantes dividiranse en grupos máis reducidos (máximo de 5 alumnos), co fin de acadar un maior coñecemento do traballo que veñan realizando. A súa celebración estará supeditada á carga docente do profesor.
4) Tarefas relacionadas co obxecto da asignatura: ó longo do semestre, o profesor poderá fixar a asistencia a conferencias, lecturas de libros, ou calquera outro elemento complementario que considere de interese para o desenvolvemento do curso.
De non podermos impartir a docencia presencial en aulas expositivas e/ou interactivas, a impartirase a traves do campus virtual de forma non presencial, atendendo ás directrices que elaboren dende os órganos competentes.
O profesor subirá materiais nos que constarán os tópicos básicos que o alumnado teña que coñecer para superar a materia, co fin de que o alumnado xestione a súa aprendizaxe nos temas do programa que se desenvolvan, e fixará traballos que deberán realizar no tempo e forma fixados.
A asistencia ás clases é altamente recomendable para facilitar a aprendizaxe do estudantado reducindo os custos que implica, por tratarse dunha materia que non require tanto a súa memorización (chapar) como a súa comprensión (entender).
Aqueles estudantes que opten polo sistema de avaliación continua deberán cubrir un mínimo de asistencia ás aulas (expositivas e interactivas).
Como instrumento de apoio da docencia, manterase unha aula virtual da materia, que será a canle primordial de comunicación entre profesor e alumnado, tanto á hora de realizar avisos, entregar materiais complementarios, ou establecer prácticas, como para recibir os traballos solicitados polo profesor.
No caso de restrinxir as aulas presenciais, recoméndase revisar os materiais dispoñibles na aula virtual de forma regular, e realizar os exercicios en tempo e forma por parte do alumnado, en canto non poderá asistir ás aulas físicamente.
CONSIDERACIONS XERAIS SOBRE A AVALIACION
A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
• A valoración do proceso formativo seguido polo alumno.
• Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
• Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.
ASPECTOS A VALORAR E CRITERIOS DE AVALIACION.
Aspectos a valorar Criterios Instrumento
1) Asistencia Realización das actividades presenciais. Partes de sinaturas.
2) Participación Participación activa na clase.
Participación activa no seminario. Observación e notas do profesor
3) Traballos Estrutura.
Bibliografía empregada.
Orixinalidade.
Presentación Traballos entregados
4) Aprendizaxe Coñecementos teóricos.
Aplicación de coñecementos Exame final
5) Outras Pertinencia e calidade Criterios ad hoc
SISTEMA DE AVALIACIÓN EN 2ª OPORTUNIDADE:
No caso de non resultar favorable a avaliación na convocatoria ordinaria, nas convocatorias extraordinarias (sen actividade presencial) deberán presentar os traballos esixidos para a avaliación ordinaria no prazo fixado polo profesor, que será anunciado no campus virtual.
• Conservaranse para o 50 % das puntuacións dos apartados 1), 2), 3) e 5)
• O exame será ponderado cun 80 % da cualificación total.
• Deberá acadarse un 50 % da puntuación máxima final.
A ponderación de cada item, así como calquera outro condicionante ou requisito para acadar unha avaliación favorable será comunicada en cada caso na guia docente de cada grupo, que estará dispoñible a principio de curso.
En caso de restrinxir a docencia presencial, todo o alumnado será avaliado pola actividade desenvolvida de forma virtual, eliminando a valoración da asistencia, e considerando a participación nas actividades e na aula virtual, os traballos entregados e o resultado dunha proba final non presencial sincrona.
De realizarse a volta á normalidade en tempo para retomar as actividades presenciais, aplicarase un sistema mixto que combine o traballo e esforzo realizado con actividade presencial e o realizado sen actividade presencial.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
ATRIBUCION DE CREDITOS ECTS
Dacordo coas actividades programadas o reparto recomendado das horas de traballo para cada unha delas é o seguinte:
ECONOMÍA POLÍTICA I
6 CRÉDITOS (x25) 150 horas
ACTIVIDADE HORAS PRESENCIAIS. HORAS TRABALLO TOTAL ALUMNO
Clases presenciais 30 30
Estudo personalizado 70 70
Seminarios 10 10
Realización traballos 20 20
Titorías en grupo 2 2
Lecturas libro / materiais 10 10
Outras actividades 6 6
Exame 1 1
Revisión exame 1 1
44 106 150
Ademais da asistencia e participación nas aulas, a asignatura require un esforzo adicional por parte dos alumnos, para revisar conceptos e autoavaliar o seu grado de coñecemento. Por suposto, o número de horas de traballo (non presenciais) resulta meramente orientativo, xa que cada alumno poderá avanzar a un ritmo diferente, así como dividir o seu traballo como estime oportuno para optimizar o seu esforzo.
En especial os alumnos que non asistan a clase deberán realizar un esforzo moi superior para a aprendizaxe dos conceptos, técnicas e instrumentos propios da asignatura, e, de acordo cos criterios fixados na avaliación, estará aceptando unha menor cualificación de partida, polo que resulta moi pouco recomendable.
Total volume de traballo en horas: con asistencia a clase: 150 horas.
En caso de restricción de docencia presencial, o alumnado deberá asumir un custo maior de traballo persoal para compensar a falta de docencia na aula física.
PREREQUISITOS RECOMENDADOS.
No plan de estudos non se establecen prerequisitos legais para a matrícula.
O grado de competencia /destrezas / habilidades necesario para superar esta asignatura debe presupoñerse para calquera alumno que está cursando estudios universitarios.
Requírese capacidade lóxica de razonamento, comprensión léxica e un nivel elemental de matemáticas que debe ter calquera alumno con estudios.
Resulta recomendable o interese pola actualidade (lectura de prensa, seguemento por radio e TV) en canto moitos exemplos e problemas que se presentarán na asignatura serán obtivos da mesma, polo que o coñecemento polo alumno permite unha mellor comprensión dos aspectos presentados.
Actividade a desenvolver polo alumnado.
O longo do seu proceso formativo deberá:
• Asistir a clase, no caso de existir aulas presenciais, e cos requisitos sanitarios e de seguridade fixados polos protocolos vixentes. Lémbrase especialmente a necesidade no cumprimento das medidas de autoprotección.
• Manter ó día o estudo da materia e chegar ó coñecemento teórico dos conceptos básicos.
• Realizar os traballos solicitados polo profesor e entregalos no prazo fixado.
• Revisar regularmente o disposto na Aula Virtual da materia.
• Preparar e tomar parte dos debates organizados na clase, ou na aula virtual.
• Consultar ó profesor as dúbidas que se teñan presencialmente (na propia aula ou no horario de titorías do profesor) ou virtualmente (a través da aula virtual).
• Realizar as actividades complementarias que o profesor considere de interese.
OBSERVACIÓNS COMPLEMENTARIAS (profesor Fco. Sanjiao):
1) A docencia deste grupo desenvolverase en GALEGO.
2) Ó longo do curso, en cada grupo da asignatura, podera manterase aberta unha aula virtual desta asignatura. Aqueles alumnos matriculados nesta asignatura e neste grupo poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
Quen teña dúbidas sobre o seu funcionamento poderá adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta
3) TITORIAS: Despacho do profesor. Facultade de Dereito. Area de Economía Política e Facenda Pública (2º andar)
Horario predeterminado: As titorías terán lugar previa cita, en horario fixado para cada caso, solicitando as titorías nas horas de aulas, ou ben por correo electrónico.
Aténdense igualmente titorías a través de correo electrónico.
No caso de que dende os órganos competentes da USC adopten medidas que afecten ao desenvolvemento da docencia nesta materia, en función do disposto nas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, e fagan necesario unha adaptación na docencia, adaptarase a docencia áos novos escenarios. As medidas concretas serán recollidas de forma específica nas guías docentes que figuran na aula virtual en cada caso.
No caso de impoñerse o escenario 2 (distanciamento), a docencia expositiva será realizada de forma virtual asíncrona, mantendo o carácter presencial da docencia interactiva, cos posibles cambios nos horarios dispostos polo decanato en función das dispoñibilidades do espazo. Neste caso priorizarase a docencia dos aspectos máis acaídos, en función das necesidades en cada caso, fomentando o emprego de espazos virtuais cando sexa posible.
En caso de impoñerse o escenario 3 (peche das instalacións) toda a docencia será impartida de forma virtual trasladándose ao campus virtual, adaptándose as necesidades en materia de docencia e avaliación como se indica nos apartados correspondente
Francisco J. Sanjiao Otero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814669
- Correo electrónico
- fuco.sanjiao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Alberto Turnes Abelenda
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0.1 |
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Galego | Docencia virtual asíncrona |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.1 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | 0.1 |
17:00-18:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Galego | Docencia virtual asíncrona |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Galego | 0.1 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 0.1 |
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Galego | Docencia virtual asíncrona |
15:00-16:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Galego | Docencia virtual asíncrona |
21.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | 2.1 |
21.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | 2.1 |
21.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
21.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
21.01.2021 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | 2.1 |
21.01.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | 2.1 |
21.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | 0.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | 0.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 0.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | 0.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | 0.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 0.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | 0.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | 2.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | 2.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | 2.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | 2.1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |