Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos específicos da materia asignados no Plan de Estudos están centrados no coñecemento dos seguintes contidos: coñecer os fundamentos do Goberno Local desde a Ciencia Política e da Administración. Analizar en perspectiva comparada os modelos do Goberno local e do sistema político-administrativo local español. Coñecemento das políticas públicas locais.
Os contidos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008) abórdanse desde o enfoque formal e material da Ciencia Política e da Administración.
Tema 1: Visións diferentes sobre o goberno local
Tema 2: Problemas e dimensións do goberno local
Tema 3: O goberno local nas relacións intergubernamentais
Tema 4: A xestión dos servizos públicos locais e as políticas públicas locais (benestar, igualdade, mediambiente, desenvolvemento económico…)
Tema 5: A participación cidadá no goberno local
Tema 6: Os sistemas electorais e a formación de goberno nas entidades locais
Tema 7: Os problemas de control en las administracións locais
AA.VV. (1996) Informe Pi i Sunyer sobre Gobierno Local en las Democracias Avanzadas. Barcelona: Fundació Pi i Sunyer.
Alba, C. V., F., Ed. (1997). El sistema político local: un nuevo escenario de gobierno. Madrid, Boletín Oficial del Estado.
Batley y Stoker (1991) Local Government in Europe. Londres: Macmillan.
Blanco y Gomà (coord.) (2002) Gobiernos locales y redes participativas: Barcelona, Ariel.
Borja (1990) Las Grandes Ciudades en la Década de los Noventa. Madrid: Sistema.
Botella (1992) “La Galaxia Local en el Sistema Político Español”, Revista de Estudios Políticos, nº 76.
Brugué et al. (1998) “20 Años de Ayuntamientos Democráticos: El Retorno de la Política Local” en
Fundación Encuentro (ed) Informe España 1997. Madrid: Fundación Encuentro.
Brugué y Gomà (coord.) (1998) Gobiernos Locales y Políticas Públicas. Barcelona: Ariel..
Castells i Borja (2004) Local y Global: la gestión de las ciudades en la era informacional, Madrid: Taurus.
Departament de Ciència Política i Dret Públic (ed) El Govern Local. Barcelona: PPU.
Font (2000) Ciudadanos y decisiones públicas.. Barcelona: Ariel
Magre (1999) L’alcalde a Catalunya. Barcelona: ICPS.
Márquez, G. (2007) Política y Gobierno local. La formación de gobierno en las Entidades locales en España. Madrid: Centro de Estudios Constitucionales y Políticos.
Navarro Yáñez, C. (1999). “Politicas públicas y escala de gobierno: el caso de la política pública de participación ciudadana en los municipios españoles.” Ciudad y Territorio XXXI(121): 537-555.
Stoker (2004) Transforming local governance. From Thatcherism to New Labour. Londres: McMillan.
Subirats, J. (2016) El poder de lo próximo, Madrid, Catarata
Vallès y Brugué (1997) “Los Sistemas de Representación y Gobierno” a AA.VV. Informe Pi i Sunyer sobre el Gobierno Local en Espanya. Barcelona: Fundació Pi i Sunyer
Entre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xenéricas ou transversais; e, as específicas, segundo os coñecementos disciplinares (saber), e os profesionais (saber facer).
1. As competencias xenéricas ou transversais
1.1 Capacidade para o autoaprendizaxe.
1.2 Capacidade de organización, de planificación e de traballo en equipo.
1.3 Capacidade de comunicación oral e escrita.
1.4 Coñecemento de vocabulario e terminoloxía básica dunha materia.
1.5 Comprensión de relacións entre conceptos e variables.
1.6 Coñecemento de autores, bibliografía, documentación.
1.7 Desenvolvemento das destrezas na consecución de información (utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación).
1.8 Resolución de problemas baixo determinadas condicións.
1.9 Desenvolvemento de habilidades ou procedementos estandarizados.
1.10 Avaliación de situacións ou hipóteses.
1.11 Capacidade de síntese ante unha información.
1.12 Capacidade de razoamento crítico.
1.13 Capacidade de tomar decisións.
1.14 A ética de servizo público.
2. As competencias que adquire o estudantado na materia de Goberno Local, segundo se desprende dos obxectivos establecidos na Memoria do Grao en Ciencia Política e da Administración (USC, 2008), son as seguintes:
2.1 Coñecementos disciplinares (saber):
2.1.1 Comprender o marco teórico dos procesos de distribución do poder estatal, o goberno multinivel e os enfoques teóricos sobre o Goberno Local.
2.1.2 Comprender o contexto histórico do Goberno Local, a partir do século XIX, os fundamentos ideolóxicos e os modelos comparados contemporáneos.
2.1.3 Comprender a forma de goberno, e a estrutura, organización e o funcionamento das Administracións locais en España, en particular, das Entidades locais de estatuto constitucional.
2.1.4 Comprender o marco legal da actividade competencial das Entidades locais.
2.1.5 Comprender a xestión administrativa, a formulación de políticas públicas locais, relacións multinivel, a gobernanza, e a dimensión económica do sector público local.
2.2 Coñecementos profesionais (saber facer):
2.2.1 Capacidade para relacionar os contidos básicos da materia, establecidos no temario, cos adquiridos noutras disciplinas que achegan coñecementos transversais.
2.2.2 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a realización de estudos de caso nas Entidades locais.
2.2.3 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a realización de recensións críticas de textos relacionados coas Entidades locais.
2.2.4 Desenvolver habilidades aplicadas dos coñecementos mediante a análise de casos relacionados coas Entidades locais.
En resumo, ao finalizar o curso, o estudantado deberá ser capaz de adquirir as competencias relacionadas cos coñecementos e habilidades propias da materia, de ferramentas de aprendizaxe e das actitudes específicas.
O obxectivo fundamental que persegue esta materia consiste nunha aproximación crítica ao mundo da política local a través da lectura e discusión de textos seleccionados e charlas con actores locais relevantes.
Esta materia impártese con formato de discusión en traballo de lecturas, o que implicará que o alumnado terá que ler previamente os textos que se discutirán na sesión semanal dos venres. A preparación destes textos implicará que o alumnado sexa capaz de resumir os puntos fundamentais de cada unha destas lecturas e de sinalar os temas que convida a discutir cada unha delas.
As sesións interactivas estarán protagonizadas por charlas de interese da man de persoas expertas ou relevantes para o coñecemento do goberno local.
Todas as lecturas estarán dispoñibles no aula virtual.
Os criterios de avaliación da materia están fixados no Plan de Estudos (USC, 2008) son:
-Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
-A avaliación contará cunha parte (75%) de avaliación continúa e o resto dun exame ou traballo final.
As actividades de avaliación continua inclúen presentacións orais das lecturas obrigatorias, debates en clase e presentación de pequenos traballos prácticos. O 25% restante dependerá ben dun exame final, ou ben dun traballo final de curso sobre un caso práctico,
A asignación que figura no Plan de Estudos (USC, 2008) é a seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
-Clases expositivas: 25 h.
-Clases interactivas: 5 h.
-Traballos Tutelados: 3 h.
-Titorías: 4,5 h.
TOTAL: 25 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
-Estudo individual do alumno: 45 h.
-Preparación de traballos e exposicións en grupo: 15 h.
-Realización de traballos individuais: 15 h.
TOTAL: 75 h.
As
Respecto ao estudo da materia recomendamos, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada tema (Programación de Temas), co obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos. Igualmente, estas actividades están orientadas para as clases de recapitulación nas que o estudantado poderá expor as súas dúbidas e suscitar cuestións de interese. En canto á realización dos traballos obrigatorios para as clases expositivas, indícase que deben ser entregados nas datas programadas, ou pola contra terán unha penalización do cincuenta por cento da cualificación establecida ao efecto.
Por último, o estudantado disporá no CAMPUS VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das Programacións de Temas (clases expositivas) e das Programacións das Clases Interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.
De cara aos posibles escenarios na nova normalidade do próximo curso académico 2020-2021, queremos facer constar as seguintes cuestións:
- Contidos: inicialmente non se prevé a modificación dos contidos, que se manterán tanto na previsión do Escenario 2 como do Escenario 3 e que serán axustados segundo a forma de docencia que se concrete en cada unha das devanditas situacións.
- Bibliografía: de producirse un novo confinamento, a bibliografía complementaria será facilitada polos docentes a través da aula Virtual.
- Metodoloxía de ensino: esta será reaxustada no seu momento, segundo a previsión de dispoñibilidade de aulas que estableza a Facultade de Políticas para cada escenario. Aínda que e de maneira xenérica complementaranse no Escenario 2 as clases presenciais coa subida de material que permita tanto o seguimento dos contidos teóricos como prácticos da materia. No Escenario 3 complementarase a realización de clases telemáticas síncronas ou asíncronas, segundo o volume de alumnos matriculados, coa incorporación na aula Virtual de material que permita o seguimento dos contidos teórico-prácticos da materia.
- Sistema de avaliación: de maneira xenérica, tanto no Escenario 2 como no Escenario 3, fomentarase o sistema de avaliación continua que xa está, en realidade, contemplada no Escenario 1 desta materia. En consecuencia, levarase a cabo a entrega periódica de traballos que permitan o seu seguimento. Así mesmo e se as condicións de realización o permiten, valorarase no Escenario 2 a realización dunha proba final exame síncrono/asíncrono.
Marta Irene Lois Gonzalez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815191
- Correo electrónico
- martairene.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ángela Fernández Da Silva
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- angelafernandez.dasilva [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Salón de Actos |
11:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Salón de Actos |
31.05.2021 17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
31.05.2021 17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
15.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
15.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | 0.1 |