Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten por obxectivos: 1) fornecer un coñecemento básico da evolución do pensamento político europeo da man dos seus principais autores ata o século XIX; 2) analizar a evolución das principais institucións políticas europeas; 3) desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación oral e escrita do alumno.
1. Ciencia política, teoría política normativa e historia do pensamento político.
2.A revolución maquiaveliana: o Estado moderno e a Ciencia Política: neste tema imos demostrar a inexistencia do Estado durante o Renacemento e a contribución ao pensamento político do seu suposto creador, Nicolás Maquiavelo. 1.1. Introducción: Maquiavelo e a súa época. 1.2. O preceptor de tiranos. 1.3. O Maquiavelo republicano.1.4. O estudioso da política. 1.5. O legado de Maquiavelo.
3.A Monarquía Absoluta: mito e realidadade. Absolutismo e Constitucionalismo. Eiquí estudiaremos as características e a evolución das principais monarquías europeas continentais desde o Renacemiento ata o século XVIII, así como os seus principais teóricos políticos. 1.1. As Novas Monarquías e o modelo deo príncipe cristián. 1.2. O absolutismo e o poder absoluto. 1.3. Erasmo de Rotterdam e Tomás Moro. 1.4. A Monarquía Católica ou Española, o absolutismo frustrado. 1.5. A Monarquía de Francia e o seu tránsito ao absolutismo. Seyssel, os monarcómacos, Bodin e Loyseau.
4.A Revolución Inglesa e a Monarquía Constitucional. O pensamiento político inglés e o Estado. A singularidade do caso inglés merece unha atención especial pola súa influencia na historia da democracia representativa. 1.1. A Monarquía do Renacemento en Inglaterra: os Tudor e o poder absoluto. 1.2. Os Estuardo e o absolutismo: o conflicto rei-reino. 1.3.The rule of Law: Edward Coke, o xuíz rebelde. 1.4. A Guerra civil (1642-1648). Oliver Cromwell e a Commonwealth: república e dictadura puritana (1649-1660). 1.5.Thomas Hobbes e o Estado. 1.6. O final das tentativas absolutistas: a Glorious Revolution (1688) e John Locke. 1.7. Monarquía constitucional, soberanía parlamentaria e goberno de gabinete.
5. A Ilustración e a crise da Monarquía Absoluta. Agora abordaremos a complexidade do pensamento ilustrado e o apoxeo do absolutismo, que en Europa continental preparou o camiño do Estado liberal 1. ¿Qué é a Ilustración? 1.2. O Estado de Policía, última fase do Estado absolutista. 1.3. O pensamento das Luces e o Estado: Montesquieu, Rousseau e Kant.
6. As Revolucións atlánticas e o Estado. Coa Guerra da Independencia Norteamericana abriuse un ciclo revolucionario que alterou as estruturas do mundo occidental. Aquí estudiaremos as revolucións norteamericana e francesa e os súas consecuencias. 1. A Guerra dos Sete Anos e a crise imperial británica. 2. A revolución das Trece Colonias. 3. Os Estados Unidos de América: federalistas-antifederalistas e a Constitución de 1787. 4. A Revolución Francesa: unha revolución política e social. 5. Da Monarquía constitucional ao Imperio. 6. O Estado napoleónico. 7. A crise da Monarquía española e a Constitución de Cádiz
7.A época do Liberalismo. Despois de estudar as revolucións liberais en Inglaterra, Estados Unidos, Francia e como afectaron á Monarquía española, cómpre agora ver como se afianzaron o pensamento e o Estado liberal. 1. O Estado liberal e o Estado-nación. 2. Constant, Tocqueville e John Stuart Mill.
8. Marx e a superación do Estado. A contestación ao Estado liberal e ao capitalismo tivo en Karl Marx ao seu principal figura durante o século XIX. Neste tema abordaremos a súa proposta teórica e os seus logros. 1. O socialismo utópico. 2. O socialismo científico: Marx, Engels e o marxismo.
Os contidos da materia serán os mesmos con independencia das circunstancias (escenarios) nas que se desenvolva a docencia, aínda que a súa organización e distribución no tempo adantaranse ao formato no que se impartan en cada escenario.
Textos de apoio:
-Arteta, Aurelio, García Guitián Elena y Máiz, Ramón (eds.), Teoría política: poder, moral, democracia, Madrid, Alianza Editorial, 2003.
-Barreda, Miguel y Ruiz, Leticia (coords.), Análisis de la Política, Barcelona, Huygens, 2016.
-Gerhard, Dietrich, La Vieja Europa. Factores de continuidad en la historia europea (1000-1800), Madrid, 1991.
-Hampsher-Monk, Iain, Historia del pensamiento político moderno. Barcelona, 1996.
-Herrera, Rafael, Adiós al orden. Una historia sobre la deriva del Estado europeo hasta nuestros días, A Coruña, Espacio Cultura, 2010.
-Mann, Michael, Las fuentes del poder social, Madrid, 1991-1997, t. I-II.
-Mellón, Joan Antón, Ideologías y movimientos políticos contemporáneos, Madrid, Tecnos, 2006.
-Negro, Dalmacio, La tradición liberal y el Estado. Madrid, 1995.
-Truyol y Serra, Antonio, Historia de la Filosofía del Derecho y del Estado, 3 vols., Madrid, Alianza, 1995
-Vallespín, Fernando (ed.), Historia de la teoría política, 6 vols. Madrid, 1990-1995.
Lecturas de pensamento político obrigatorias:
-Maquiavelo, Nicolás, El Príncipe, Ed. Akal; ou a edición en galego, O Príncipe, Universidade de Santiago de Compostela.
-Rotterdam, Erasmo de, Educación del príncipe cristiano, Tecnos.
-Sieyès, E.,"Ensayo sobre los privilegios", en Escritos de la Revolución de 1789, Madrid, Akal, 2020; o en Escritos y discursos de la Revolución, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
-Marx, K. y Engels, F. O Manifesto Comunista, Eds. Xerais, ou edición en castelán de Editorial Crítica.
1. Desenvolvemento da capacidade da análise crítica do alumno a través da interpretación contextual. 2) capacidade para construir un discurso ordenado, claro e preciso, tanto na súa vertinte de expresión oral como escrita, a través dos datos e das prácticas propostas polo profesor. 3) Desenvolvemento da capacidade de análise e síntesis a través da elaboración de resumes das leccións, libros, artículos de prensa, textos, documentais e pilículas relacionadas coa materia. 4) Desenvolvemento da capacidade de argumentación e hábitos de tolerancia a través do debate de temas relacionados có programa. 5) Aprendizaxe do manexo de fontes bibliográficas, de prensa periódica e recursos de internet. 6) Desenvolvemento da comprensión oral e lectora nouotros idiomas que no sexan galego e castelán (preferencia do Inglés).7) Ampliación dos vocabularios e mellora do emprego dos conceptos fundamentais do pensamento político.
Escenario 1 (docencia en condicións de normalidade adaptada)
Clases teóricas ou expositivas: nelas propoñemonos estimular a curiosidade, a reflexión e o espírito crítico do alumno sobre as diferentes teorías e conceptos explicados polo profesor. Así pois, buscamos que o alumno non sexa un receptor pasivo de datos, senón que aprenda a utilizar as informacións do profesor e das lecturas que este lle propoña para construír por si mesmo un discurso ordenado, claro e preciso.
Clases prácticas ou interactivas. Obxectivo: facilitar a asimilación dos contidos das clases teóricas e o desenvolvemento da capacidade de expresión oral y escrita dos alumnos. Nestas clases interactivas, os alumnos analizarán textos, e comentarán capítulos de diversas obras dos grandes pensadores políticos. Así mesmo, proxectaranse e comentaranse varias pilículas ou documentales.
Os alumnos terán que facer diversos comentarios e traballos de manera autónoma. As entregas dos exercicios ou traballos dos estudantes serán anunciadas con anticipación.
Facilitaránse materiais para o aprendizaxe autónomo do estudante (apuntes, artículos ou textos sobre a materia e enlaces a material audiovisual)
O exame non será o único criterio de avaliación. Así o exame representará o 60% da nota definitiva: 6 puntos, pero deberá ser aprobado.
No caso do exame de segunda oportunidade, de non ter presentado ningún exercicio previo, o alumno deberá acadar un 5 para obter o aprobado.
O exame avaliará os coñecementos dos contidos do programa. Poderase incluír na proba un comentario de texto, ademáis de varias preguntas breves sobre conceptos fundamentais e outras preguntas de desenvolvemento e comparación.
2. Participación nas clases interactivas, traballos de recensión e actividades: 4 puntos (40%), 1 punto por actividade.
Traballo presencial na aula: 60 horas (clases de encerado, seminarios e titorías)
Estudo individual y preparación de seminarios e traballos individuais: 90 horas
É imprescindible o seguimento regular da materia impartida e a realización dos traballos recomendados ao alumno en tempo e forma.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2 (docencia en condicións de distanciamento)
Clases expositivas: De acordo có establecido pola Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, a docencia expositiva realizarase en formato virtual asíncrono empregando as ferramentas do Campus Virtual da USC
Clases interactivas: De acordo có establecido pola Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, a docencia interactiva manterá o carácter presencial e os seus contidos e obxectivos serán os previstos no escenario 1
Escenario 3 (docencia en condicións de "peche das instalacións")
Clases expositivas: Terán carácter virtual. Para eventuales actividades síncronas utilizarase a Plataforma MsTeams, mentres que as actividades asíncronas desenvolveranse a través do Campus Virtual.
Clases interactivas: Terán carácter virtual. Para eventuales actividades síncronas utilizarase a Plataforma MsTeams, mentres que as actividades asíncronas desenvolveranse a través do Campus Virutal.
En todos os escenarios, os alumnos terán que facer diversos comentarios e traballos de manera autónoma. As entregas dos exercicios ou traballos dos estudantes serán anunciadas con anticipación.
En todos os escenarios, facilitaránse materiais para o aprendizaxe autónomo do estudante (apuntes, artículos ou textos sobre a materia e enlaces a material audiovisual)
Sistema de Avaliación e aprendizaxe
O exame non será o único criterio de avaliación. Así o exame representará o 60% da nota definitiva: 6 puntos, pero deberá ser aprobado.
No caso do exame de segunda oportunidade, de non ter presentado ningún exercicio previo, o alumno deberá acadar un 5 para obter o aprobado.
O exame avaliará os coñecementos dos contidos do programa. Poderase incluír na proba un comentario de texto, ademáis de varias preguntas breves sobre conceptos fundamentais e outras preguntas de desenvolvemento e comparación.
2. Participación nas clases interactivas, traballos de recensión e exercicos: 4 puntos, 1 punto por actividade (40%).
Entrega de traballos, recensións e exercicios:
Escenarios 2 e 3: nun arquivo en formato PDF na actividade aberta na aula virtual da materia.
Outras observacións
Escenario 1 e 2.
Non terán dereito a exame os alumnos que incumplan as súas obrigas discentes ou non xustifiquen as súas ausencias reiteradas ás aulas (50% das clases teóricas e interactivas). O profesor aplicará a estes efectos o estipulado nos Estatutos da USC e máis a normativa do título de grao.
Escenario 1, 2 e 3
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. As probas serán analizadas polo programa TURNITIN facilitado pola USC
O profesorado publicará a primeira semana de clase unha guía docente detallada na aula virtual para o seguimento da asignatura. É imprescindible que todo o alumnado dispoña dela e teña en conta as súas modificacións diante dos cambios de escenario.
Manuel Maria De Artaza Montero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- manuelm.deartaza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Maiz Suarez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815153
- Correo electrónico
- ramon.maiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Roi Perez Boquete
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- roi.perezboquete [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Castelán | 0.1 |
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | 1.1 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | 1.1 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Castelán | 0.1 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_05 | Galego, Castelán | 1.1 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Castelán | 0.1 |
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | 0.1 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Castelán | 0.1 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_04 | Castelán, Galego | 1.1 |
11.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
11.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | 2.1 |
11.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
11.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | 2.1 |
11.01.2022 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
11.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
11.01.2022 17:00-19:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
22.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
22.06.2022 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
22.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
22.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | 2.1 |
22.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
22.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | 2.1 |
22.06.2022 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |