Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ciencia Política I: Actores, é unha materia de primeiro curso de Grao e, como tal, pretende proporcionarlle aos alumnos un coñecemento básico e estrito da nosa disciplina, dos conceptos de poder e lexitimidade, do Estado como organización política, da democracia, dos partidos políticos e dos comportamientos electorais, da comunicación política e da distribución territorial e funcional do poder.
Ademáis, a través da docencia e dos seminarios e titorías, inténtase:
- Familiarizar ao alumno/a cos temas e debates da ciencia política contemporánea.
- Desenvolver a súa capacidade de análise crítica y científica da política.
- Contribuir á súa formación como futuro profesional da ciencia política e transmitirlle os coñecementos e as regras básicas do exercicio da disciplina.
- Reflictir e exemplificar os coñecementos acadados nos movementos políticos e sociais de noso tempo.
- Fomentar a súa autoidentificación como actor político dentro do sistema.
1.- Introducción á Ciencia Política.
2.- As ideoloxías políticas.
3.- A acción colectiva: movementos sociais.
4.- A participación política.
5.- A cultura política.
6.- Comportamento político e electoral.
7.- Élites e líderes.
8.- Grupos de interés e partidos políticos.
9.- Medios e comunicación política.
Almond, G. e outros, Diez textos básicos de Ciencia Política, Barcelona: Ariel, 1992.
Anduiza, E.; Crespo, I e Méndez, M., Metodología de la Ciencia Política, Madrid: CIS, 2009.
Benedicto, J. e Morán, M. L.(comps.), Sociedad y Política. Temas de sociología Política, Alianza, Madrid, 1995.
Caminal, M. (ed.), Manual de ciencia politica, Tecnos, 1999.
Canales Aliende, JM e Sanmartín Pardo, J (eds), Introducción a la Ciencia Politica, Universitas, 2014.
Cric, B., En defensa de la política, Tusquets, 2001.
Del Águila, R. (ed.), Manual de Ciencia Política, Trotta, 1997.
Duverger, M., Introducción a la política, Ariel, 1990.
Diz I., Lois M. e Novo A., Elementos fundamentales de ciencia política, Tórculo, 2004.
Ellul, J., L'illusion politique, Laffont, 1965.
Goodin, R. e Klingemann, H.-D., Nuevo Manual de Ciencia Política (Tomos I y II), Istmo, 2001.
Letamendia, F., Ciencia política alternativa, Fundamentos, 2002.
Pasquino, G. (ed.), Manual de Ciencia Política, Alianza, 1988.
Runciman, W., Ensayos: sociología y política, FCE, 1966.
Savater, F., Política para Amador, Ariel, 1992.
Sodaro, M. J. (ed.), Política y Ciencia Política, Mc Graw Hill, 2006.
Uriarte, E., Introducción a la Ciencia Política, Tecnos, 2002.
Vallés, J. M., Manual de Ciencia Política, Ariel, 2006.
Voegelin, E., La nueva ciencia de la política, Katz, 2006.
NOTA: A bibliografía específica para cada un dos temas do programa, mais ampla e especializada, facilitaráse polo profesor nas explicacións da clase.
As competencias que se precisan para estudar esta materia non exceden ás que o alumno debe ter acadado para ingresar na Universidade. Ao longo do curso, a medida que vaiamos aadiantando na materia, preténdese que o alumno desenvolva as seguintes competencias:
1. Comprensión e asimilación de conceptos e noción básicas da análise política.
2. Adquirir certa familiaridade cos debates clásicos da Ciencia Política.
3. Aplicación dos conceptos e coñecementos á interpretación da actualidade política, e ensaio de exposicións e análises de caso relacionados con diversos temas e escenarios da actualidade política.
A materia impártese en clases teóricas, prácticas e interactivas.
As clases teóricas desenvolveránse seguindo o programa que se detalla arriba, que nos casos específicamente sinalados poden esixir a lectura previa de textos fundamentais da Ciencia Política.
As clases prácticas consistirán na aplicación dos marcos teóricos a análises de caso.
As clases interactivas consistirán en exposicións e debates titorizados polo profesor.
Os criterios de avaliación da materia figuran na Memoria de Grao en Ciencia Política e da Administración. En consecuencia, a cualificación final será resultado da suma das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:
1. Examen final obrigatorio (70%). Dito exame deberá estar aprobado (a metade ou máis da cualificación total do mesmo) para que a nota obtida nel se sume á cualificación obtida nos traballos resultantes das clases interactivas.
2. Asistencia e participación nas Clases Interactivas, e realización dos traballos ou actividades prácticas individuais e en grupo. (30%). O alumnado deberá asistir e entregar o 80% dos traballos solicitados nestas clases para que a cualificación desta parte da materia se sume á cualificación obtida no exame final da materia. A data de entrega establecida para estes traballos non será adiada, salvo causa debidamente xustificada e comunicada aos docentes de xeito oportuno (correo electrónico).
No caso de que o alumno/a deba concorrer á convocatoria extraordinaria por non superar a materia, manterase a nota dos traballos prácticos.
A forma de avaliación será a mesma nas dúas convocatorias previstas na materia, sendo esta cualificación tan só válida para o curso vixente.
En función do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024) a asistencia a clase terá efectos na avaliación, sendo preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames (1.2.c). O alumnado deberá acudir, como mínimo, ao 80% das actividades docentes programadas.
Con anterioridade á realización das probas publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. As persoas repetidoras estarán eximidas deste requisito de asistencia nas clases expositivas, no caso de telo cumprido con anterioridade, mais non da asistencia ás clases interactivas, ás que deberán acudir igualmente (3.6). O peso das avaliacións será o mesmo para este alumnado, e deberán presentarse ao exame final.
No caso do alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia por calquera dos motivos contemplados na normativa da USC o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame/proba final (100% da cualificación).
Para o resto de aspectos pódese consultar o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024), especial atención ao artigo 3 no que se recollen os motivos de non asistencia xustificada.
As ausencias deberán ser comunicadas por correo electrónico aos docentes da materia e xustificadas segundo recolle o regulamento mencionado.
O plaxio nos traballos escritos e a falsificación ou suplantación nas listas de asistencia, terá como consecuencia de maneira automática a anulación das cualificacións correspondentes e o suspenso da materia.
Ademáis das horas de clase, os alumnos deberán dedicar á preparación e estudio da materia un promedio de tres horas semanais, nas que se inclúe a ordenación e estudio dos seus propios apuntes, traballar a materia co apoio dos textos de referencia, e preparar as exposicións e debates esixidos nas clases prácticas e interactivas.
Recoméndase o seguimento da actualidade política á luz das ensinancias teóricas e da bibliografía aconsellada.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
- Non se aceptarán trabajos realizados con inteligencia artificial (IA).
Maria Pereira Lopez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- maria.pereira.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Erika Jaraiz Gulias
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815177
- Correo electrónico
- erika.jaraiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diego Mo Groba
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815156
- Correo electrónico
- diego.mo.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0.1 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.1 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | 0.1 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 0.1 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0.1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0.1 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | 0.1 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | 0.1 |
16.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
16.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |
15.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
15.06.2026 15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |