Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir o coñecemento do proceso de elaboración de políticas e dos actores implicados nel. Tamén é obxectivo da disciplina analizar as consecuencias da intervención política na economía e na sociedade. Tamén se pretende abordar o coñecemento da lóxica de funcionamento interna e externa das organizacións públicas.
Estudo e análise do proceso de desenvolvemento das políticas públicas, especialmente no estudo do proceso de definición de problemas e o seu tratamento analítico, na formulación de políticas e na súa implementación e avaliación. Análise da lóxica de funcionamento dos actores implicados no proceso de elaboración das políticas: políticos, burócratas e grupos de presión. Estudo das dinámicas de poder e conflitos dentro das administracións públicas.
Aguilar, L.F. (1996.). El estudio de las políticas públicas. Miguel Ángel Porrúa.
Aguilar, L. F. (1997). La hechura de las políticas públicas. Miguel Ángel Porrúa.
Aguilar, L. F. (2000) Problemas públicos y agenda de gobierno. Miguel Ángel Porrúa.
Aguilar, L. F. (2000) La implementación de las políticas. Miguel Ángel Porrúa.
Anderson, J. E. (1975). Public Policy-making. Holt Praeger.
Beltrán, M. (1987). El policy analysis como instrumento de valoración de la acción pública. Revista de Estudios Políticos, (56), 65-75.
Birkland, T.A. (2005) An Introduction to the Policy Process. Theories, concepts and models of public policy making. Routledge. https://doi.org/10.4324/9781351023948
Dente, B. (1989). Politiche pubbliche e pubblica amministrazion. Maggioli, Editore.
Dye, T. R. (1972). Understanding Public Policy. Prentice Hall.
Grawitz, M., J. Lecca, J. (1985). Traité de science politique. Les politiques publiques IV. Presses Universitaires de France (PUF).
Gomà, R. e Subirats, J. (1998). Políticas Públicas en España. Ariel.
Harguindéguy, J. B. (2020). Análisis de políticas públicas. Tecnos.
Howlett, M. e Ramesh, M. (1995). Studying Public Policy, Oxford University Press.
Jones, C. O. (1970). An Introduction to the Study of Public Policy. Wadsworth.
Knill, C., e Tosun, J. (2012). Public policy: A new introduction. Palgrave Macmillan.
Lemieux, V. (1995). L'etude des politiques publiques. Les acteurs et leur pouvoir, Presses de L'Université Laval.
Meny, I. e Thoenig, J. C. (1992). Las Políticas Públicas. Ariel.
Muller, P. (1990). Les politiques publiques. Presses Universitaires de France (PUF).
Nagel, S. S. (1984). Public Policy: Goals, Means and Methods. St. Martin´s Press.
Nagel, S. S. (1999). Evaluaciones opuestas de los estudios de políticas. En N. B. Lynn e A. Wildavsky (eds.), Administración Pública. El estado actual de la disciplina (pp. 539-590). Fondo de Cultura Económica.
Nelson, B. J. (2001). Políticas públicas y administración: una visión general. En Robert T. Goodin e Hans-Dieter Klingemann (eds.), Nuevo manual de Ciencia Política, (pp. 750-860). Istmo.
Pallarés, F. (1988). Las políticas públicas: El sistema político en acción. En Revista de Estudios Políticos, (62), pp. 141-162.
Parsons, W. (1995). Public Policy. Edward Elgar.
Subirats, J. (1988). Notas acerca del Estado, la Administración y las políticas públicas. En Revista de Estudios Políticos, (59), pp. 173-197.
Subirats, J. (1992). Análisis de políticas públicas y eficacia de la administración, INAP.
Subirats, J.; Knoepfel, P.; Larrue, C.; Varone, F. (2008). Análisis y gestión de políticas públicas. Ariel.
Tamayo Sáez, M. (1997). El análisis de las políticas públicas. En R. Bañón, e E. Carrillo (comps), La nueva Administración Pública (pp. 281-312), Alianza.
A bibliografía específica será facilitada polo profesor coa presentación e seguimento do temario. Se o alumnado quere bibliografía máis especializada, facilitarase en titorías personalizadas.
Proporcionar as ferramentas esenciais para a analise e definición dos problemas públicos, a toma decisións e o deseño de políticas públicas. Buscase capacitar tamen para a toma de decisións críticas. Comprender o funcionamento de o escenario público. Capacidade de realizar analises deductivos sobre as consecuencias previsibles das distintas políticas públicas. Coñecer, comprender e saber determinar a adecuación das distintas ferramentas de política pública. Desenvolver capacidades de traballo e meditación individual.
• Clases expositivas teóricas e participativas.
• Clases interactivas e participativas.
• Traballos tutelados: traballos individuais e en grupo que afondan nun tema.
• Titorías individuais e grupais.
A nota final consta de tres partes:
1. Exame (70%): demostración dos coñecementos adquiridos*.
2. Traballo individual (15%): proposto polo profesor. O traballo versará sobre contidos de lecturas e/ou a análise dunha política pública sectorial.
3. Participación en seminarios/actividades interactivas (15%): seguimento e aproveitamento das clases e seminarios interactivos, incluíndo a realización das tarefas propostas.
*O exame debe ser aprobado para superar a materia (puntuación mínima: 5 sobre 10).*
No caso de que o alumno/a deba concorrer á convocatoria extraordinaria por non superar a materia, manterase a nota dos traballos prácticos.
A forma de avaliación será a mesma nas dúas convocatorias previstas na materia, sendo esta cualificación tan só válida para o curso vixente.
Asistencia ás clases:
Entre os beneficios da asistencia ás clases están unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias tanto grupais como individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros compañeiros/as e a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa.
Cómpre lembrar que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha universidade de carácter presencial, polo que a asistencia ás clases (tanto expositivas como interactivas) é obrigatoria. Nos casos recollidos pola normativa da facultade, os/as estudantes poderán solicitar a exención oficial de docencia.
O artigo 130 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela establece que:
"En todo caso, a formalización da matrícula supón o dereito de asistencia e participación en todas as actividades formativas establecidas na programación docente e a seren avaliados. Así mesmo, implica o deber de asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente. Con carácter singular e para casos específicos, a xunta de centro poderá conceder a dispensa de asistencia á clase. Nestes casos, se fose necesario, poderá aplicarse un sistema de avaliación diferenciado do criterio xeral."
Os Estatutos tamén dispoñen, no seu artigo 35, que o Estatuto do Estudantado da USC desenvolverá de xeito detallado os dereitos e deberes do alumnado, así como as condicións de estudo na Universidade. En concreto, o artigo 9.2 desta norma recolle entre os deberes do estudantado “Participar de forma activa nas actividades académicas que contribúan a completar a súa formación e cumprir coas obrigas discentes inherentes á súa condición.”
Así mesmo, o artigo 10 establece que:
“O estudantado deberá cumprir coa asistencia ás clases teóricas e prácticas, así como coa realización das actividades formativas propias de cada materia, de acordo co establecido nas guías docentes e nas memorias verificadas.”
Para a xustificación das faltas de asistencia tomarase como referencia o previsto no artigo 3 do Regulamento de Asistencia a Clase nas Ensinanzas Oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela.
En concreto, o artigo 3.4 do citado regulamento establece que:
“Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas na programación docente das materias sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 10 % das horas programadas, agás nos casos de actividades de realización obrigatoria.” Con anterioridade á realización das probas publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse.
O informe do título presenta a seguinte información: traballo persoal do alumno: 100 horas.
O profesor proporcionará o material de estudo ao comezo do curso e durante a presentación do temario. Recoméndase un seguimento periódico das clases expositivas e interactivas, así como a preparación previa á clase dos materiais correspondentes ao tema da xornada, de forma que se facilite a súa comprensión.
ENTREGA DE TRABALLOS: Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
CONTA DE EMAIL: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo @rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL E COMPUTADORES: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. O uso do computador queda restrinxido á actividade académica, ben para a recollida de apuntamentos ou para a realización de tarefas demandas polo profesorado mediante as ferramentas ofimáticas oportunas. O uso indebido do computador pode supor a expulsión do alumno/a do aula.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Miguel Anxo Bastos Boubeta
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815167
- Correo electrónico
- miguelanxo.bastos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diego Mo Groba
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815156
- Correo electrónico
- diego.mo.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.1 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0.2 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | 0.2 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0.2 |
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 0.2 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | 0.2 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
12.01.2026 15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |
29.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
29.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |