Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia proporciona unha análise das distintas dimensións do sistema político galego actual: a súas institucións (sistema electoral, parlamento e goberno), os actores principais (partidos) e as distintas dimensións do comportamento político da cidadanía (comportamento electoral e cultura política).
Ademais tratarase de maneira especial a evolución e as características do modelo da estrutura territorial do Estado, o sistema autonómico, e o deseño institucional da autonomía galega no mesmo.
Pretendese así mesmo proporcionar un coñecemento dos conceptos básicos da ciencia política aplicables ao estudo dos sistemas políticos.
1. Antecedentes, a ditadura franquista e a transición á democracia en Galicia
2. O sistema político galego no Estado das Autonomías
3. A estrutura institucional da Autonomía Galega
4. Comportamento electoral e sistema de partidos en Galicia
5. Cultura política e participación política en Galicia
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aja, E. (2014). Estado autonómico y reforma federal. Alianza Editorial.
Caamaño, F. e Jove, D. (2025). O autogoberno de Galicia. Fundamentos e institucións. Galaxia.
Crespo, J. e Pastor, G. (2002). Administraciones públicas españolas. McGraw-Hill.
Máiz, R. e Portero, X.A. (1988). As institucións políticas no Estatuto de Autonomía para Galicia. Parlamento de Galicia.
Rivera, J.M., Barreiro, X.L., Jiménez, F., Sánchez, F. e Lagares, N. (2003). Os partidos políticos en Galicia. Xerais.
Sarmiento, X.A. (coord.) (2005). Repensando o autogoberno: Estudos sobre a reforma do estatuto de Galicia. Universidade de Vigo.
Vilas, X. (2000). Gobierno y Administración en la Comunidad Autónoma de Galicia. En: J.L. Paniagua (ed.). Gobierno y Administración en las Comunidades Autónomas (Andalucía, Canarias, Cataluña, Galicia y País Vasco) (pp. 129-168). Tecnos.
Vilas, X., Máiz, R.; Caamaño, F., Domínguez. F. e Rivera. J.M. (1994). O Sistema político galego. As Institucións. Xerais.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ares, C. (2010). La participación de las regiones en el sistema político de la Unión Europea. Tirant lo Blanch.
Barreiro, X.L. (2004). A terra quere pobo. Galaxia.
Barreiro, X.L. (1997). Comarcalización y desarrollo: claves para una reorganización de la Administración local de Galicia. Clave Económica, 3, 51-65.
Beramendi, J. (2007). De provincia a nación: historia do galeguismo político. Xerais.
Beramendi, J. e Núñez, X.M. (1995). O nacionalismo galego. A Nosa Terra.
De Cora, X. (1990). Barreiro contra Barreiro. Xerais.
Diz, I. e Lois, M. (2005). La reconstrucción de la sociedad civil en Galicia: la catástrofe del" Prestige" y el movimiento Nunca Máis. Revista de estudios políticos, 129, 255-280.
Fernández, M.A. (2003). A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984). Edicións Laiovento.
Fernández, C. e Rama, J. (2018). El sistema electoral gallego: reformar, o no reformar, esa es la cuestión. Revista de Derecho Político, 275-302.
Gómez, R. (2020). Votando al Partido Popular de Galicia: análisis de los componentes del voto a la formación en las elecciones autonómicas (1993-2016). RIPS: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas 19(2), 85-106.
Lagares, N., Ortega, C. e Oñate, P. (eds.). (2019). Las elecciones autonómicas de 2015 y 2016. Centro de Investigaciones Sociológicas.
Llera, N. Lagares e J. Montabes (eds.) (2022). Las elecciones autonómicas (2017-2019). Centro de Investigaciones Sociológicas.
Liñera, R. (2014). El Estado de las autonomías en la opinión pública: preferencias, conocimiento y voto. Centro de Investigaciones Sociológicas.
López-López, P.C., Puentes, I. e Rúas, A., J. (2017). La comunicación política en las elecciones gallegas del 25 de septiembre de 2016. Del verbo al bit. Sociedad Latina de Comunicación Social, 1431-1460.
Máiz, R., (1996). Nación de Breogán: oportunidades políticas y estrategias enmarcadoras en el movimiento nacionalista gallego (1886-1996). Revista de Estudios Políticos, 92, 33-75.
Máiz, R., Beramendi, P. e Grau, M. (2002). Veinte años de autonomías en España. Leyes, políticas públicas, instituciones y opinión pública. Centro de Investigaciones Sociológicas,
Márquez, G., (1998). Continuidad y renovación en las elites parlamentarias de Galicia: Cortes Generales y Parlamento territorial (1977-1997). Revista de las Cortes Generales, 45, 83-144.
Pantín, J.M. (2020). ¿Qué hace falta para superar el clientelismo político? La crisis del clientelismo en Galicia (España). Revis
As establecidas na Memoria do Grado de Ciencia Política e da Administración:
Básicas e Xerais
CX1 - Coñecer o ámbito académico
CX2 - Saber aplicar coñecementos de forma profesional
CX3 - Emitir xuízos, elaboración de análise e xuízos
CX4 - Identificar e transmitir ideas, problemas e solucións
CX6 - Que os estudantes desenvolvan habilidades de autoaprendizaxe
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, atopándose a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzados, inclúa tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
T01 - Dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres
T02 - Principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade
T03 - Valores propios dunha cultura de paz e de valores democráticos
Con carácter xeral, o desenvolvemento combina exposicións por parte do profesorado, seminarios e titorías. Fomentarase a asistencia a clase, a participación e a diversificación dos ambientes de aprendizaxe, na medida do posible.
-Clases expositivas: desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.).
-Clases interactivas-seminario: nas clases interactivas realizaranse tres tipos de actividades. A primeira delas, orientada á adquisición de habilidades, consistirá na elaboración de comentarios de textos, así como a súa interpretación. En segundo lugar, realizaranse visionados de documentos audiovisuais. Finalmente, plantexaranse diversas prácticas mediante as que se persegue o reforzo de competencias e o fomento do debate a partir de interpretación do papel dos actores e das institucións no Sistema Político Galego.
-Traballos tutelados, titorías, Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) e outras tarefas autónomas: recomendarase a lectura de artigos, libros ou monografías que complementen ás clases de pizarra e ás interactivas. Igualmente, empregarase a aula virtual. O profesorado porá a disposición do alumnado todo o material utilizado nas clases así como aqueloutro que considera relevante para a materia.
O sistema de avaliación constará de dúas partes. En primeiro lugar, a avaliación continua que se corresponde co traballo relativo ás clases interactivas (30% da nota). En segundo lugar, un exame final da materia que consistirá en responder correctamente ás preguntas seleccionadas do temario (70% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica, como a parte teórica, é dicir, acadando en cada unha das partes cando menos a metade de puntuación. Na segunda oportunidade realizarase un exame final, que se corresponderá coa totalidade da nota (10 puntos).
O profesorado ampliará a información sobre o sistema de avaliación o primeiro día de clase.
En función do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024), a asistencia a clase terá efectos na avaliación, sendo preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames (1.2.c), tanto á primeira como á segunda convocatoria. O alumnado deberá acudir, como mínimo, ao 80% das actividades docentes programadas. Con anterioridade á realización das probas publicarse unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. As persoas repetidoras estarán eximidas deste requisito de asistencia nas clases expositivas, no caso de tela cumprido con anterioridade, mais non nas clases interactivas, ás que deberán acudir igualmente (3.6). O peso das avaliacións é a mesmo e deberán presentarse ao exame final.
No caso do alumnado que lle sexa concedida a dispensa de asistencia por calquera dos motivos contemplados na normativa da USC o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame/proba final (100% da cualificación). Para o resto de aspectos pódese consultar o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024).
Ademáis da asistencia a clase aproximadamente 5 horas de traballo semanal.
Ler moito.
Estar permanentemente atendendo á Guía docente e a aula virtual. O profesorado publicará na aula virtual unha Guía docente para o seguimiento da materia. É imprescindible que todo o alumnado dispoña dela.
O uso de ferramentas de Intelixencia Artificial para a elaboración dos traballos da materia, deberá ser referido, identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso, o uso destas ferramentas de IA poderá substituír ou suplantar as habilidades e coñecementos requeridos e que suporá suspender a materia.
Recórdase que, de acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, aprobada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 15 de Xuño de 2011 e modificada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 5 de Abril de 2017, a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de trabados plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao
público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
A asistencia a clase está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024)
Jose Manuel Rivera Otero
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815159
- Correo electrónico
- josemanuel.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paulo Carlos Lopez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paulocarlos.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paloma Castro Martinez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paloma.castro2 [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0.2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0.2 |
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 0.2 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | 0.2 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0.2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.2 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | 0.2 |
28.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
28.05.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |
06.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
06.07.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |