Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Fornecer ao alumnado as ferramentas e elementos esenciais que lles faciliten a análise dos problemas públicos, o coñecemento das técnicas e o manexo dos instrumentos da xestión pública.
• Proporcionar unha visión xeral dos distintos marcos teóricos e a metodoloxía de investigación vixentes na xestión pública.
• Analizar os problemas públicos e as alternativas para a súa xestión.
• Comprender os elementos centrais do funcionamento da administración pública.
• Promover a análise crítica no coñecemento dos marcos teóricos e metodolóxicos desde onde se elaboran deseñan e implementan as ferramentas para a xestión dos problemas públicos.
• Desenvolver a capacidade de traballo individual, aprendendo a analizar información, identificar as ideas máis importantes e expresalas sinteticamente de forma oral e escrita.
• Desenvolver a capacidade de traballo en equipo.
1. Os modelos da xestión pública
2. O sector público como actor económico
3. A xestión financeira e orzamentaria
4. A contratación administrativa e a compra pública estratéxica
5. A xestión dos recursos humanos e a dirección pública.
6. A xestión da calidade no ámbito público
7. O marketing dos servizos públicos
8. A planificación estratéxica no ámbito público
9. Ética, valores, equidade e xestión pública
10. Control e avaliación da xestión e rendición de contas
Básica:
Aldeguer, B. y Pastor, D. (2020), Democracia, gobierno y administración pública contemporánea. Madrid: Tecnos.
Flynn N. y Asquer A. (2024), Public Sector Management. Sage.
Parrado, S. (2023), Gestión Pública e Innovación. Valencia: Tirant lo Blanc.
Complementaria:
Aguilar Villanueva, l. F. (2014). «Las dimensiones y los niveles de la gobernanza». Cuadernos de Gobierno y Administración Pública, Vol. 1, nº 1, pp. 11-36.
Albi E, González-Páramo J.M., y Zubiri, I. (2012) Economía Pública I. Barcelona: Ariel.
Arellano, D. (2004). Gestión estratégica para el sector público: del pensamiento estratégico al cambio organizacional. México: Fondo de Cultura Económica.
Arellano, D. (2002). "Nueva Gestión Pública: ¿el meteorito que mató al dinosaurio?". Revista del CLAD Reforma y Democracia. Nº. 23.
Arenilla, M. (2022) La administración digital. Madrid: INAP.
Barzelay. M. (1999), Atravesando la burocracia: una nueva perspectiva de la Administración Pública. México: FCE.
Calvo de Mora, A. Criado F., Periáñez R. (2021) Gestión de la calidad. Madrid: Pirámide.
Criado, J.I. (Ed.) (2016). Nuevas tendencias en la gestión pública. Madrid: INAP.
Criado, J.I. y Guevara, A. (2021) Guía de gobierno abierto para empleadas y empleados públicos. Madrid: Ministerio de Hacienda y Función Pública.
Du Gay, Paul (2012), En elogio de la burocracia: Weber, Organización, Ética. Madrid: Siglo XXI.
Jiménez Asensio, R., Villoria, M., Palomar Olmeda, A. (2009) La Dirección Pública Profesional en España. IVAP-Marcial Pons, 2009.
Jiménez F, Ros-Medina, J.L. y Villoria, M (2022), “Determinantes de la calidad del gobierno”. REIS, 180.
Medrano Perales, M. (coord) (2019) Manual Didáctico de los Presupuestos Generales del Estado. Madrid: Instituto de Estudios Fiscales
Parrado, S. (2015), El análisis de la gestión pública. Valencia: Tirant lo Blanc.
Prats, J. (2005) De la burocracia al management. Del management a la gobernanza. Las transformaciones de las Administraciones Públicas de nuestro tiempo. Madrid: INAP.
Ramió, C. (1999). Teoría de la Organización y Administración Pública. Madrid: Tecnos.
Ramió C. (ed.) (2021), Repensando la administración pública administración digital e innovación pública. Madrid: Instituto Nacional de Administración Pública.
Ramió, C. (2022). Burocracia inteligente: Guía para transformar la Administración pública. Madrid: Catarata
Ramió, C. y Salvador (2024) Gobernanza robusta. Un nuevo modelo de gestión pública. Valencia: Tirant lo Blanc.
Ramírez, Á., y Cruz, C. (Eds.) (2021). Gobernando el futuro: debates actuales sobre gobierno, administración y políticas públicas. Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
Sánchez Morón, M. (2018), Las administraciones españolas. Madrid: Tecnos.
Serrano Sanz, J.M. e Brandés, E. (2020). “Sector Público”. En J.L García Delgado y R. Myro (Dirs.) Lecciones de Economía Española. Cizur Menor: Civitas-Thompson Reuters.
Stewart, J. y S. Ranson, (1996): “La gestión en el ámbito público”, en Brugué , Q. y J. Subirats Lecturas de gestión pública. Madrid: MAP.
Stiglitz, J e Rosengard, K, (2019). Economía del sector público. Barcelona: Antoni Bosch.
Villoria, M. y del Pino, E. (2009), Dirección y gestión de recursos humanos en las Administraciones Públicas. 3ª Ed. Madrid: Tecnos
Villoria, M. y Izquierdo, A. (2020), Ética pública y buen gobierno: Valores e instituciones para tiempos de incertidumbre. 2ª Ed. Madrid: Tecnos.
Ao remate da materia, é de esperar que se adquiran as seguintes competencias:
• Analizar e sintetizar.
• Argumentar loxicamente.
• Avaliar argumentos alleos.
• Establecer o valor científico dos produtos xerados nas investigacións en xestión e políticas públicas.
• Diferenciar os xéneros discursivos propios da xestión e políticas públicas.
• Teorizar e conceptualizar.
• Procurar e xestionar fontes de información.
• Recoller e tratar datos cualitativos e cuantitativos para facelos obxecto de análise.
• Analizar datos con técnicas cualitativas e cuantitativas.
• Utilizar ferramentas informáticas e tecnoloxías da comunicación.
• Comunicar con fluidez oralmente e por escrito.
Así mesmo, como resultado da aprendizaxe desta materia, espérase que o alumnado participante adquira destrezas nas seguintes áreas:
• Manexo de ferramentas que faciliten a análise dos problemas públicos.
• Uso de técnicas da xestión pública.
• Coñecemento dos temas de debate contemporáneos da xestión pública.
• Concienciación da importancia da equidade e ética na xestión pública.
• Coñecemento de marcos teóricos da xestión pública.
• Aplicación de ferramentas de xestión dende os enfoques estratéxico, de calidade e de orientación ao cidadán.
• Análise dos problemas públicos e exploración das alternativas para a súa xestión.
• Análise de información que permita desenvolver proxectos en xestión pública.
• Análise e avaliación dos recursos necesarios para a prestación dun servizo.
• Organización de actividades administrativas.
• Programación dos procesos de cambio organizativo
• Redeseño e implementación de servicios públicos.
• Xestión do e-goberno e introdución de TIC no ámbito público.
A materia articúlase en torno á explicación de cada un dos temas que conforman o programa e á realización de tarefas interactivas que pretenden reforzar os coñecementos e habilidades adquiridos.
Igualmente, intentando simplificar a comprensión da materia impartida, ao longo do curso fornécese información adicional (táboas, cadros, etc.) a través do CAMPUS VIRTUAL como documentación auxiliar de estudio. O mesmo CAMPUS VIRTUAL será utilizado como repositorio de material para sesións interactivas.
Dado o carácter substancialmente práctico que posúen os contidos, a participación do alumnado nas actividades interactivas é determinante para garantir unha boa adquisición de competencias.
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías serán presenciais, mais poden realizarse parcialmente de xeito virtual (ver abaixo). A entrega de actividades interactivas se realizará presencial ou virtualmente segundo se indique e se axustará a datas concretas. Non se aceptarán entregas posteriores.
A proba final (presencial) se realizará nas datas establecidas orixinalmente.
En síntese, a didáctica aplicada se baseará nas seguintes técnicas: lección maxistral/expositiva; debate; resolución de problemas e casos prácticos; realización de traballos ou proxectos individuais/grupais. Pode chegar a aplicarse un método de ensino colaborativo COIL (Collaborative Online International Learning) que se anunciaría previamente.
TITORÍAS
Coa finalidade de despexar calquera dúbida sobre o programa e a materia ou para resolver calquera incidencia relacionada coa avaliación, establécese o seguinte horario de titorías:
Mércores (11-14h) e Xoves (12-15h)
Este horario pode sufrir variacións ao longo do curso, incidencia que se comunicaría anticipadamente (a través do Campus Virtual), así como, de ser o caso, o horario alternativo no que se realizarían as titorías.
As titorías atenderanse nos despachos dos profesores encargados da materia. Dado que os contidos da materia distribuiranse por docente, aconséllase dirixirse ao docente responsable dos contidos correspondentes.
Así mesmo, pódense realizar titorías por vía telemática que serán atendidas no mesmo horario que as titorías presenciais. Pódese solicitar cita vía correo electrónico nos enderezos electrónicos dos docentes: ramon.bouzas [at] usc.gal (ramon[dot]bouzas[at]usc[dot]gal); alfonsoantonio.lopez [at] usc.gal (alfonsoantonio[dot]lopez[at]usc[dot]gal); antonlodeiro.vazquez [at] usc.gal (antonlodeiro[dot]vazquez[at]usc[dot]gal)
En calquera medio de atención, prégase respectar o horario de titorías.
A avaliación tentará estimular a interacción individual-grupal dende o inicio das sesións. O método aplicado combinará os seguintes elementos:
1) Casos prácticos (Interactivas) (40% da nota final): Supón a realización de exercicios -individuais ou grupais- relacionados co desenvolvemento das sesións interactivas. Os docentes indicarán o carácter -individual ou grupal- de cada exercicio práctico. No caso dunha resolución grupal, os grupos (máximo 4 persoas) constituiranse a tal efecto na sesión correspondente. A valoración dos exercicios variará entre o 0,25 e 1 punto. A posibilidade de participar nun COIL (Collaborative Online International Learning) será contemplada como parte deste 30% da avaliación final e, se o caso informarase do peso final desta parte da nota.
2) Proba final (60% da nota final): consiste na realización dunha proba teórica/práctica. A estrutura do contido desta proba e a súa puntuación serán comunicadas con antelación. En todo caso, a proba pode conter preguntas para desenvolver por extenso, preguntas breves e mesmo algún caso práctico ou un análise dun texto. Será necesario alcanzar o 50% da puntuación desta proba para superar a materia.
No caso de non alcanzar un mínimo de 5 puntos no conxunto das probas, entenderase non superada a materia.
A segunda oportunidade terá en conta a nota dos exercicios interactivos, polo que se lembra a necesidade de planificar a tempo a súa realización para poder afrontar a convocatoria extraordinaria en condicións.
A asistencia -e a participación- a clase aconséllase para o seguimento máis eficaz da materia, e será considerada no sistema de avaliación cun incremento de 0,5 puntos na nota final. A ausencia non será penalizada, salvo polo feito de que esta supoña a non participación en tarefas interactivas ou calquera outra que o doceente indique como suxeita a puntuación.
O alumnado que teña concedida exención de asistencia (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster) deberá entregar igualmente as tarefas interactivas nos prazos establecidos para o alumnado restante mediante entrega online (campus virtual ou envío de correo electrónico ao docente). Deberá, igualmente, realizar a proba final que, con carácter xeral, será presencial.
O alumnado que xa estivera matriculado da materia en cursos precedentes estará eximido de asistir, pero deberá entregar as tareafas que o docente solicite dentro da actividade interactiva.
AVISO IMPORTANTE
Sobre plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Respecto do uso de ferramentas de IA xenerativa (DeepSeek, Gemini, ChatGPT...), as tarefas entregadas, se fora o caso, deben indicar que fragmentos / contidos proceden desas ferramentas e porque se usaron para esa actividade. En todo caso, cando proceda, debe indicarse o uso destas ferramentas como fonte para traballos, presentacións ou calquera outra actividade didáctica. Será penalizado un uso destas ferramentas non informado polo alumnado nas súas achegas ao desenvolvemento da matéria restando entre un 50% e un 75% ao valor da contribución correspondente.
Según a memoria do Grao:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases de pizarra 30h
Seminarios 10h
Traballos Tutelados 5h
Titorías 2h
Tarefas relacionadas co obxecto de estudo 3h
TRABALLO PERSOAL
Estudo individual do alumno/a 50h
Preparación de traballos e exposicións en grupo 25h
Realización de traballos individuais 25h
Seguir e realizar todas as actividades propostas durante o curso.
Esta materia ofrecerá contidos e asistencia en lingua inglesa ao alumnado de intercambio que o solicite.
Ramon Angel Bouzas Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815181
- Correo electrónico
- ramon.bouzas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfonso Antonio Lopez Rodriguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- alfonsoantonio.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 1.3 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 1.3 |
25.05.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
29.06.2026 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | 0.2 |