Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Estudo e análise da linguaxe audiovisual en diversos medios e soportes. Estudo e análise das linguaxes verbal, musical, efectos sonoros, ruído, silencio, planos, montaxe e linguaxe visual. Fundamentos sobre sistemas e procesos de construción e análise dos relatos audiovisuais.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
TEMA 1: ABORDAXE CONCEPTUAL DA LINGUAXE AUDIOVISUAL
O concepto de Linguaxe Audiovisual. Imaxes secuenciais e tipográficas. A imaxe sonora: palabra, música, sons non musicais e silencio.
TEMA 2: O PERSONAXE NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
Antecedentes e definicións. Construción e taxonomías do personaxe na linguaxe audiovisual informativa, persuasiva e de ficción.
TEMA 3: O ESPAZO NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
Configuración e análise do espazo na Historia e no Discurso. Fragmentación do espazo escenográfico e articulación espacial entre planos. Funcións audiovisuais do espazo in e off.
TEMA 4: O TEMPO NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
Configuración e análise do tempo na Historia e no Discurso. A inscripción temporal na Historia e no Discurso: relacións de Orde, Duración e Frecuencia.
TEMA 5: A ACCIÓN NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
A estrutura da acción na linguaxe audiovisual (núcleos e satélites). A acción como función en Vladimir Propp. A acción como factor unitario do relato en Claude Bremond.
TEMA 6: AS FASES DE MATERIALIZACIÓN DA LINGUAXE AUDIOVISUAL
As fases de Preproducción, Produción e Postproducción: creatividade, rutinas profesionais e axentes implicados.
TEMA 7: A PLANIFICACIÓN AUDIOVISUAL
A composición do cadro: escala de planos, iluminación, cor... Angulación de cámara, profundidade de campo, movementos físicos e ópticos. Planificación audiovisual e implicación do espectador.
TEMA 8: EDICIÓN, MONTAXE E POSTPRODUCCIÓN AUDIOVISUAIS
A lóxica da edición en diversos medios e soportes. A coherencia da linguaxe audiovisual por integración, desintegración e reintegración: transicións intrasecuenciales e intersecuenciales.
TEMA 9: A CONTINUIDADE NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
Planificación e montaxe: ritmo, directriz principal, eixe, dirección de pantalla... O raccord audiovisual e fallos de raccord: movemento, posición, son, contido, tempo...
TEMA 10: REFERENTES NO DESEÑO E ELABORACIÓN DA LINGUAXE AUDIOVISUAL
A procura da mellor linguaxe audiovisual: a sencillez. A deliberada ruptura da linealidade e das regras creativas. Autores, estratexias discursivas e obras audiovisuais: análise de casos.
NOTA: Os contidos son idénticos nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
Bibliografía básica:
BLOCK, B. (2008): Narrativa visual. Creación de estructuras visuales para cine, video y medios digitales. Barcelona: Omega.
CANET, F. & PRÓSPER, J. (2009): Narrativa audiovisual. Madrid: Síntesis.
CASTELLÓ, Enrique (2019): “Filmar o traballo”, capítulo de A Foresta e as árbores: para unha historia do cinema en lingua galega. Santiago de Compostela, GEA, pp. 95-115.
— (2004): La producción mediática de la realidad. Laberinto, Madrid.
KATZ (2000): Plano a plano. De la idea a la pantalla. Madrid: Plot.
LEDO, M.; CASTELLÓ, E. (2013): La diversidad cultural a través de la Red: el caso del cine identitario. Comunicar, 2013, vol. 20, no 40.
LÓPEZ, A. M., CASTELLÓ, E. & ARIAS, I. (2015): Las cinematografías minoritarias y minorizadas en la política cultural de la Unión Europea: la alternativa danesa. Fonseca, Journal of Communication, 11, 32-59.
TOLAND, G. (1941): Realism for Citizen Kane. American Cinematographer, 2.
TRANCHE, R.R. (2015): Del papel al plano. El proceso de la creación cinematográfica. Madrid: Alianza.
Bibliografía complementaria:
BURCH, N. (1987): El tragaluz del infinito. Madrid: Cátedra.
CASTELLÓ, E. (2003): «La construcción de un modelo común de interpelación publicitaria en el marco productivo de los relatos audiovisuales: el caso de las Comisiones Fílmicas», en MARTÍNEZ HERMIDA, M. (Ed.): Las Comisiones Fílmicas. Un nuevo dispositivo para la promoción audiovisual, Sevilla, Comunicación Social Ediciones y Publicaciones, pp. 85–102.
— (2004): «Violence in Television Fiction Aimed at the Child–Juvenile Audience: An Alternative Analysis», en la publicación Newsletter on Children, Youth & Media in the World, editada por The UNESCO Clearinghouse on Children, Youth & Media; Nordicom (Göteborg University–Sweden).
DELEUZE, G. (1984): La imagen-movimiento. Barcelona: Paidós.
— (1987): La imagen-tiempo. Barcelona: Paidós.
EGRI, Lajos (1960): The Art of Dramatic Writing. Nueva York: Touchstone [e.o.: 1946].
FERNÁNDEZ DÍEZ, F. y MARTÍNEZ ABADÍA, J. (2000): Manual básico de lenguaje y narrativa audiovisual. Barcelona: Paidós.
GARCÍA MÁRQUEZ, G. (Dir.) (1997): Me alquilo para soñar. Taller de guión de Gabriel García Márquez. Madrid: Ollero & Ramos (Taller de cine).
GENETTE, G. (1970): «Time and Narrative in A la recherche du temps perdu», en HILLIS–MILLER (ed.): Aspects of Narrative, Nueva York, pp. 93–118.
GÈRTRUDIX BARRIO, M. (2003): Música, narración y medios audiovisuales. Madrid: Laberinto (Comunicación, 8).
GOMBRICH, E.H. (1987): La imagen y el ojo. Madrid: Alianza Editorial.
GONZÁLEZ REQUENA, J. (1992): El discurso televisivo. Espectáculo de la posmodernidad. Madrid: Cátedra.
HAYE, R. (2000): La radio del siglo XXI. Nuevas estéticas. Buenos Aires: La Crujía.
KATZ (2000): Rodando. La planificación de las secuencias. Madrid: Plot.
MICHELSON, A. (1984): Kino-Eye: The Writings of Dziga Vertov. Berkeley: University of California Press.
MIRZOEFF, N. (2003): Una introducción a la cultura visual. Paidós: Barcelona.
MUSSICO NOMBELLA, D. (2007): El campo vacío. El lenguaje indirecto en la comunicación audiovisual. Madrid: Cátedra (Signo e Imagen).
PROPP, V. (1992): Morfología del cuento, Madrid, Fundamentos [e.o. (1928): “Morfologija skazki”, en Voprosy poetiki, nº. 12, Leningrado, Gosudarstvennyj Institut Istorii Iskusstva].
ROHMER, E. (1977): L’Organisation de l’espace dans le “Faust” de Murnau, París, UGE (10–18).
TARKOVSKI, A. (1991): Esculpir en el tiempo. Madrid: Rialp.
TRUFFAUT, F. (1966): Le Cinéma selon
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grado de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comuniación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE01 - Capacitar para a dirección artística dunha produción audiovisual
CE02 - Coñecer as técnicas de escritura para os guiones de produtos audiovisuales
CE03 - Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuales
PARTICULARES DA MATERIA
Capacitar aos alumnos na construción de produtos informativos e de ficción. Capacitar aos alumnos na análise da linguaxe audiovisual, atendendo ás características e á relación dos elementos propios da imaxe e do son, ás súas posibilidades combinatorias, expresivas e comunicativas e á correcta codificación e descodificación das estruturas narrativas externas e internas. Análise do discurso audiovisual como un texto que se constrúe a partir de diferentes fases de produción: plan, gravación e edición, preferentemente como produto dunha perspectiva da comunicación audiovisual. Coñecemento e análise diferenciada da linguaxe radiofónica e da linguaxe televisiva e das formas de expresión monologales e dialogales propias de ambos os soportes, tanto na súa dimensión informativa como no que se refire aos relatos de ficción.
NOTA: As competencias a conseguir son as mesmas nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos matriculados non teñen dereito á docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará segundo os contidos do programa que se impartíu no curso 2020-2021.
O alumnado matriculado nesta asignatura non ten dereito a docencia ao estar extinguida a materia.
Só ten dereito a exame, que se realizará en base aos contidos do programa impartidos no curso 2020-2021.
A materia aborda con rigor teórico e metodolóxico fenómenos audiovisuais que forman parte da nosa cotidianidade. Por iso recoméndase un estudo igualmente cotián dos contidos da materia, a efectos de ancorar os conceptos e procesos de forma progresiva, salvando a sima que de modo inxustificado adoita establecerse entre a aprendizaxe teórica e a práctica mediática.
Plan de continxencia
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
a) Metodoloxía da ensinanza: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021. En caso de non ser posible realizar a proba final de forma presencial, realizarase de modo telemático.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
Escenario 3. Peche das instalacións
a) Metodoloxía da ensinanza: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021. A proba final realizarase de xeito telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Enrique Castello Mayo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
21.12.2021 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
21.06.2022 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |