Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Aproximación aos mecanismos de análise da realización audiovisual. Capacitación nas rutinas de posta en escea e realización de produtos audiovisuais informativos, de ficción, documental ou entretemento, para calquera tipo de ventá de difusión e distribución. Coñecemento das necesidades técnicas e recursos humanos dos que dispón o realizador, tanto creativos como operativos, para levar a cabo unha produción audiovisual, en función da súa tipoloxía, soporte e ventá de difusión. Control estético, editorial e organizativo dun produto audiovisual desde a súa xestación ata a súa exhibición.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
A_Contidos teóricos
1. INTRODUCIÓN AOS MEDIOS E FORMATOS DESDE A REALIZACIÓN
Achega aos distintos tipos de produtos audiovisuais vixentes na actualidade desde a perspectiva da realización.
Establecerase unha reflexión crítica sobre contidos, estéticas e ferramentas técnicas empregadas na realización de audiovisuais na actualidade. Amosaranse e discutiranse exemplos cotiáns de películas, series, programas de televisión, publicidade e multimedia verquendo luz sobre o xeito de levalas a cabo e atendendo sempre á capacidade do realizador de resultar determinante, para ben ou para mal, no que chega aos espectadores.
2. MEDIOS TÉCNICOS E HUMANOS AO SERVIZO DA REALIZACIÓN
Procurarase obter unha visión multidisciplinar das decisións que corresponden a directores e realizadores, achegando unha panorámica do traballo en cada unha das facetas que debe supervisar e controlar de xeito directo ou indirecto.
2.1 Deseño de produción aplicado á realización
Primeira análise do formato audiovisual e deseño das ferramentas técnicas e humanas precisas para levalo a cabo.
Necesidades de produción asociadas á realización e calendarización do proceso.
O valor da preprodución para unha realización axeitada
2.2 O guión desde o punto de vista da realización.
Fórmulas de escaletado e guionización de utilidade en cada unha das fases do proceso de creación audiovisual.
A construción do discurso visual desde o papel.
2.3 A imaxe
Na procura da estética do produto
A localización e a planta de rodaxe
Sistemas de cámaras e estándares técnicos da imaxe na actualidade
Propostas de fotografía, decisións ópticas e lumínicas na procura da correcta relación entre a imaxe e a narración. Colorimetría
Estratexias de gravación
2.4 O son
Sistemas de rexistro segundo o tipo de produción. Condicións técnicas e ferramentas
Decisións básicas sobre o son directo e os demais elementos sonoros que construirán o espazo sonoro do audiovisual (dobraxe, efectos, música…)
2.5 A postprodución e a gráfica
Etalonaxe e integración 3D
Liña gráfica e animación
Postprodución e masterización de imaxe e son
3. A LINGUAXE
Procurarase obter unha serie de ferramentas persoais que afiancen no alumno os códigos propios da narrativa audiovisual.
3.1 Valores de plano
Coñecemos a teoría sobre os tamaños de plano, pero como funciona a súa combinatoria? Precisaremos exercitar e automatizar as decisións sobre como encadrar unha acción ou personaxe, que amosar e que non amosar, cara onde establecer as fugas e como combinalas sabendo que camiñamos sempre cara o seguinte plano dentro dun discurso que ten sempre un obxectivo
3.2 A posta en escea
O realizador debe situarse ante a rodaxe cos deberes feitos, disposto a mudar calquera cousa desde a certeza de que sabe como alcanzar o seu obxectivo final. É por iso que estableceremos unha serie de códigos e normas que faciliten o traballo do realizador no set para procurar facelo orgánico.
- Tácticas fundamentais para a coordinación do equipo.
- Técnicas básicas para o traballo con actores e persoal artístico.
- Priorización de obxectivos
3.3 A secuencia
Toda serie, programa ou peza publicitaria admite unha coidada disección secuencial. Reforzarase a construción de secuencias como vía cara a correcta construción do produto audiovisual completo. A intención, a estética, o obxectivo e os elementos en xogo.
3.4 O ritmo
O ritmo interno do plano, o ritmo da montaxe ou da sucesión de imaxes en directo, o pulso narrativo da obra en cada unha das súas partes, desde a respiración do actor á música que acompaña ou dirixe os títulos de crédito finais. Cada obra, igual que cada persoa, ten o seu ritmo. Cada momento ten o seu ritmo. Atopar o ritmo correcto non é só unha cuestión de inspiración, senón tamén de habilidade e coñecemento do oficio.
3.5 O que preciso rodar/o que vou montar/o que se vai ver
Nun sistema de produción cada vez máis aferrado aos tempos, é fundamental que o realizador priorice aqueles elementos que lle van permitir contar a súa obra. A inseguridade, a falta de experiencia e o descoñecemento do medio desembocan nun exceso de materiais inútiles que entorpecen os procesos e dificultan o traballo do equipo. Fronte a esa inexperiencia este curso procura afianzar unha análise crítica dos elementos vitais e das tomas superfluas para narrar unha historia do mellor xeito posible.
3.6 O discurso da obra
A coherencia visual e narrativa está na base dun bo exercicio de realización. Non podemos entender doutro xeito o traballo do realizador. Debemos establecer as claves do que queremos contar, traducilas en poucas palabras e ser quen de alcanzalas en cada un dos nosos planos, secuencias e personaxes.
4. OS FORMATOS
Coñecer e practicar a especificidade do traballo do realizador nos distintos formatos audiovisuais da actualidade resulta fundamental para a formación dun profesional do noso tempo.
4.1 Ficción
Traballo con actores, estratexias de rodaxe e temporalidades
Cinema: Curtametraxes e longametraxes
Series de televisión e series web
4.2 Televisión
Guións e escaletas, da seguridade do papel á construción en directo
Fórmulas de televisión en directo e programas.
O plató vs os formatos de rúa
A sala de realización e a sala de edición
Informativos e magazines
Formatos de actualidade, reportaxes e documentais
Formatos de entretemento e realities
4.3 Publicidade
O realizador na campaña e a relación cos equipos creativos
Spots
Outros materiais comerciais
4.4 Espectáculos en directo
Realización de pantallas
Realización para edición posterior de materiais promocionais
4.5 Formatos multimedia
Vídeos para consumo online (youtuber, bloggers…)
Materiais transmedia para campañas online
5. O HÁBITAT DO REALIZADOR
Coñecer desde a experiencia é unha clave do proceso de realización audiovisual. O valor adquirido do oficio é unha ferramenta imprescindible do traballo do realizador.
A creación non é etérea. Ten nomes e intencións. O realizador debe desenvolverse como creador e para facelo debe analizar a súa obra e a dos demais sabendo que existe unha intención detrás dela. Este epílogo da asignatura procurará achegar ao alumnado as ferramentas máis ou menos secretas de autores coñecidos e descoñecidos, ben a través da súa propia intervención na aula, de xeito presencial ou telemático ou a través da lectura ou visionado dos recursos que nos foron deixando.
Trátase en definitiva de rematar os contidos teóricos da asignatura como corresponde, asentando a certeza de que a realización é un oficio que nace da creatividade, no que cada día supón un novo reto e unha nova aprendizaxe, e no que camiñamos sobre as pisadas doutros profesionais que nos amosan o camiño.
B_Contidos prácticos
1. EXERCICIOS EN GRUPO
Prácticas de realización en plató / Prácticas de rodaxe en exteriores
Semanalmente e de xeito gradual os alumnos deberán executar no plató e en exteriores anexos distintas modalidades de realización nas que apliquen os coñecementos adquiridos na aula.
Atacarase cada un dos exercicios sobre a estrutura dunha pequena produtora de contidos na que os alumnos, en rotación irán asumindo as distintas funcións técnicas e creativas do proceso de produción. Deste xeito afianzarase desde unha simple entrevista, a un programa de investigación con entrevistas en exteriores ou unha secuencia de ficción, servirán para afianzar a dinámica de coordinación como clave para unha cor recta realización.
A evolución preséntase desde o simple ata o máis complexo do xeito que segue.
- Realización de pezas informativas a unha cámara
- Realización multicámara de entrevistas
- Realización de reportaxes a unha cámara
- Realización multicámara de realidade en exteriores
- Realización multicámara de segmento de entretemento en plató
- Realización multicámara de evento en exteriores
- Realización de ficción a unha cámara
- Realización multicámara de ficción
Cada un dos procesos completarase coa posterior edición (nos formatos oportunos) e visionado crítico do material por parte do alumnado e profesor
2. PRÁCTICAS INDIVIDUAIS
Análise de realización en produtos audiovisuais
Saber como se fan as cousas é fundamental para aprender o xeito correcto de facelas. O alumnado deberá escoller distintos produtos ou formatos audiovisuais para verquer sobre eles unha análise crítica que lle permita entender e mesmo emular a realización pola que se optou en cada situación, con capacidade para reproducir o seu deseño e incluso aportar melloras. Por que amosamos no plano o que amosamos, por que decidimos combinar dun xeito determinado distintos puntos de vista, por que medra ou decae o ritmo dunha determinada secuencia.
O alumno fará a súa proposta xustificada de análise e logo da súa aprobación polo profesor iniciará un proceso de investigación e análise no que se procurará o acceso e consulta a materiais que lle poidan resultar de utilidade a si mesmo e aos compañeiros para un visionado expositivo crítico da peza elixida.
Planificación de formato
A maior parte dos proxectos empezan para o realizador nunha chamada de teléfono de menos de cinco minutos e catro datos. Nese momento comeza un exercicio imaxinativo e acelerado, no que o profesional debe combinar oficio e maxín na procura do mellor resultado posible. Logo ten que poñerlle terra, saber convencer de que o xeito correcto de facelo é o que propón. E logo ten que saber cuestionar a súa proposta como o máis ácido dos críticos para que a rodaxe non teña fisuras de ningún tipo e a edición permita resolver calquera imperfección.
O mellor xeito de coñecer este proceso é executalo. Recibir un encargo, debullalo, escribilo e defendelo. Distintos xéneros, distintos orzamentos, distintas creatividades serán recibidas polos alumnos para crear a imaxe de programas, series ou spots publicitarios. Terán que planificar as liñas xerais da realización do proxecto e os elementos necesarios desde o punto de vista técnico para convencer aos seus produtores de que invertir neles paga realmente a pena.
Be a youtuber
Un creador de contidos para Youtube realiza o exercicio, en ocasións diario, de crear contidos audiovisuais dirixidos a un público. Podemos discutir o adecuado ou interesante de moitos deses contidos, pero o exercicio de crear pezas seriadas que deben responder a un formato e deben ser actualizadas cada pouco tempo é un exercicio ideal para practicar o estilo e a autoría.
Os alumnos deberán crear contidos que poidan refrescar periodicamente nun espazo público ou privado de Youtube. Desde sketches de humor a tutoriais de macramé. Cámara de cine ou teléfono móbil. Trátase de ir entendendo no exercicio diario que cada decisión ten un porqué, que o lugar onde se sitúa a cámara é tan pouco casual como o número de planos empregados para contar algo. Procurarase traballar a evolución, a asunción dun risco ou dificultade novos en cada entrega. E gravar moito. E editar tamén moito. As dúas grandes escolas do realizador.
3. PRÁCTICA EN EQUIPO
O gran formato dentro dos exercicios prácticos propostos nesta asignatura consiste na elaboración de contidos completos que respondan a algún dos formatos traballados no curso. Os equipos de alumnos deberán desenvolver un produto audiovisual desde o seu deseño á súa execución e masterización segundo os estándares de broadcast, distribución ou emisión que correspondan.
Manexaremos os distintos cargos no proceso, adecuaremos os tempos e os medios técnicos e humanos ao dispor do equipo e procuraremos poñer en práctica unha proposta que responda a todos os condicionantes dunha produción de resultado profesional. Desde o correcto encadre á edición coidada, cada pequeno elemento traballado de xeito individual ou puntual polo alumno ao longo do curso debe ser aplicado aquí dentro dun equipo que a responsabilidade de cada un debe axudar a engranar o conxunto.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BARROSO, Jaime: Realización Audiovisual, Sintesis, Madrid, 2008
BARROSO, Jaime: Realización en los géneros televisivos, Ed. Síntesis, Madrid, 1996
BORDWELL, David y THOMPSON, Kristin: El Arte Cinematográfico. Paidós, Barcelona.1996.
MILLERSON, Gerald: Técnicas de realización y producción en televisión, Instituto Oficial de Radio Televisión, Madrid, 2001
RABIGER, Michael, and Carmen BIRIS MORILLAS. Dirección de cine y video: técnica y estética. Instituto Oficial de Radio y Televisión, 2001.
RABIGER, Michael, and Daniel JARIOD. Tratado de dirección de documentales. Omega,2007
REISZ, Karel: MILLAR, Gavin: Técnica del montaje cinematográfico. Taurus, Madrid. 1990.
TIRARD, Laurent.: Lecciones de cine. Clases magistrales de grandes directores explicadas por ellos mismos, Paidós, Barcelona, 2003
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BARROSO, Jaime: Técnicas de Realización de reportajes y documentales para televisión, IORTV, Madrid, 1994
BROWN, Blain: Iluminación en cine y televisión, Escuela de Cine y Vídeo, Andoaín, 1994.
COMPARATO, Doc: De la creación al guión, IORTV, 1993
EINSENSTEIN, Sergéi Mijáilovich: Teoría y técnica cinematográficas, Ediciones Rialp, Madrid, 1989
FANDIÑO, Xaime. Introducción á producción publicitaria en medios audiovisuais. Universidade de Vigo, Servicio de Publicacións, 2003
KATZ, Steven D.: Rodando la planificación de secuencias, Ediciones Plot, Madrid, 1999
KATZ, Steven D.: Plano a plano de la idea a la pantalla, Ediciones Plot, Madrid, 1999
LANGFORD, Michael: La fotografía paso a paso, Hermann Blume, Barcelona, 1979
LUMET, Sidney: Así se hacen las películas, Ediciones Rialp, Madrid, 1999
MARTÍNEZ ABADÍA, José y SERRA FLORES, Jordi: Manual Básico de técnica cinematográfica y dirección de fotografía, Paidós Papeles de Comunicación,2006
MCGRATH, Declan: Montaje y postproducción, Océano, Barcelona, 2001
MCKEE, Robert: El guión, Alba, Barcelona, 2013
MURCH, Walter: El momento del parpadeo, Ediciones Rialp, Madrid, 2003
MURCH, W. y ONDATJEE, M.: El arte del montaje, Ediciones Plot, Madrid, 2007
OWENS, Jim: Television Sports Production, Focal Press, Oxford, 2007
PATMOIRE, Chris: Debutar en el cortometraje, Editorial Acanto, Barcelona, 2007
REA, Peter W, and David K Irving. Producción y dirección de cortometrajes en cine y vídeo: Peter W. Rea, David K. Irving. Escuela de cine y vídeo, 2005
SCHAEFER, Dennis: Maestros de la luz, Ediciones Plot, Madrid, 1998
TARKOVSKI, Andrei: Esculpir en el tiempo, Rialp, Madrid, 1986
TRUFFAUT, François: El cine según Hitchcock, Alianza Editorial, Madrid, 2003
UTTERBACK, Andrew: Studio television production and directing, Focal Press, Oxford,2007
XALABARDER, Conrado: El guión musical en el cine, Barcelona 2013
WRIGHT, Steve: Efectos digitales en cine y vídeo. Escuela de Cine y Vídeo, Andoain. 2003.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comuniación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa eespírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas producións audiovisuais
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Gaspar Broullon Pastoriza
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- gaspar.broullon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
29.05.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
03.07.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 8 |