Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral da materia é o estudo dos Principios e marco xurídico de dereitos e deberes no que se desenvolve a actividade da comunicación audiovisual.
Os resultados da aprendizaxe que se establecen como obxectivos da materia:
* Coñecemento e aplicación da lexislación e normativa sobre xestión dos dereitos de propiedade intelectual a través dos medios dixitais e Internet.
* Coñecemento e aplicación da lexislación civil e mercantil de contratos de autor, produción, interpretación e execución para os servizos audiovisuais.
* Coñecemento e aplicación da normativa de tramitación e relación coas entidades de xestión da produción intelectual.
* Coñecemento e aplicación da lexislación sobre xestión, rexistro e protección de marcas e outros dereitos de propiedade intelectual e industrial para a realización, produción e comercialización de servizos de comunicación audiovisual.
*Coñecemento e aplicación da lexislación que afecta as relacións entre propiedade intelectual e consumidores, por medio do comercio electrónico, a subministración de produtos e contidos dixitais e a responsabilidade dos prestadores de servizos por infraccións de dereitos da propiedade intelectual.
Os contidos esenciais da materia corresponden a tres abordaxes:
-Os dereitos fundamentais implicados na actividade creativa e de produción, cunha especial referencia á protección de datos persoais.
-A lexislación de propiedade intelectual, dereitos de autor, de produción e dereitos afíns relacionados coa comunicación audiovisual.
-Os fundamentos xurídicos internacionais, de Europa, España e Galicia dos distintos sistemas e modelos de servizos da comunicación audiovisual.
Á vista dos exposto, a materia divídese en catro partes. A primeira é instrumental (20% do contido) e as tres restantes conteñen a parte esencial da materia (80 % do contido).
Na primeira, dedicada ao estudo do Dereito como fenómeno social, trátase de familiarizar ao alumno co feito xurídico. Dunha maneira moi sinxela, dúas leccións proporcionan ferramentas de linguaxe e de técnica xurídica básicas para comprender o resto do programa.
O segundo bloque trata dos principios fundamentais dos dereitos e deberes da comunicación, e está dedicado aos dereitos fundamentais e ás liberdades públicas.
A terceira parte presenta o contido esencial da materia: a propiedade intelectual. Nas sete leccións que a compoñen, trátase de achegar ao futuro Graduado en Comunicación audiovisual ao dereito de autor e outros dereitos de propiedade intelectual, para que poida manexar as potencialidades xurídicas da condición de autores de creacións audiovisuais ou de produtores e/ou xestores das mesmas.
Por último, a cuarta e última parte coida, nunha lección, dos sistemas dos medios de comunicación e do réxime xurídico do contido da comunicación.
PROGRAMA DETALLADO
PARTE I. APROXIMACIÓN AO ESTUDO DO DEREITO COMO FENÓMENO SOCIAL.
Lección 1. A EXPERIENCIA XURÍDICA E O ORDENAMENTO XURÍDICO.
O Dereito como instrumento de control social. Dereito e poder. Dereito e Moral. Dereito e Xustiza.
O Estado de Dereito.
Dereito obxectivo e dereito subxectivo.
A norma xurídica. Características e tipos de normas.
A idea de sistema xurídico. O ordenamento como sistema.
Dereito público e Dereito privado.
Dereito estatal, Dereito autonómico, Dereito comunitario e Dereito internacional.
Lección 2. A CREACIÓN, INTERPRETACIÓN E APLICACIÓN DO DEREITO.
A idea de fonte do Dereito. Fontes de Dereito europeo, nacional e autonómico.
Interpretación, aplicación e eficacia das normas xurídicas.
A xurisprudencia.
O poder xudicial. Os Tribunais de Xustiza. Estructura e funcionamento.
O Tribunal Constitucional.
PARTE II. PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS SOBRE OS DEREITOS E DEBERES DA COMUNICACIÓN
Lección 3. OS DEREITOS FUNDAMENTAIS E AS LIBERDADES PÚBLICAS
Os dereitos fundamentais na Constitución: estrutura, función, contido e protección.
A liberdade de información e a liberdade de expresión. A protección constitucional da información: o secreto profesional e a cláusula de conciencia.O dereito de rectificación.
Os seus límites. A tutela civil do dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe. A protección penal: os delitos de calumnias e inxurias. A liberdade ideolóxica. A liberdade relixiosa.
A protección de datos de carácter persoal.
Dereito de autor versus dereitos fundamentais.
Análise xurisprudencial da tutela xudicial dos dereitos fundamentais.
PARTE III - DEREITOS DE AUTOR E OUTROS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL
Lección 4 – PROTECCIÓN DA CRIATIVIDADE: OS BENS INMATERAIS
A protección dos bens inmateriais.
Dereito de autor e marcas. O merchandising.
O deseño industrial e outras categorías.
O mercado único dixital e a intelixencia artificial.
Lección 5 - CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE DEREITO DE AUTOR E OUTROS DEREITOS DA PROPIEDAD INTELECTUAL NA LEI DE PROPIEDAD INTELECTUAL
Dereito de autor: Orixe e características xerais.
Suxeito do dereito de autor: obras en colaboración, colectivas e compostas.
Obxecto do dereito de autor.
Lección 6 - CONTIDO DO DEREITO DE AUTOR
Dereitos morais.
Dereitos patrimoniais: dereitos de explotación e dereitos remuneratorios.
Duración. O dominio público.
Límites.
Lección 7 - TRANSMISIÓN DO DEREITO DE AUTOR
Transmisión mortis causa.
Transmisión ínter vivos: regras xerais. Contratos e licencias.
Contratos na lei de propiedade intelectual.
Lección 8 - AS OBRAS CINEMATOGRÁFICAS E AUDIOVISUAIS NA LEXISLACIÓN DE PROPIEDADE INTELECTUAL
Concepto de obra audiovisual.
Suxeitos.
Especial referencia á contratación na contorna audiovisual.
Dereitos de remuneración.
Especificidades na xestión colectiva de dereitos.
Lección 9. DEREITOS AFÍNS
Artistas intérpretes ou executantes.
Productores de gravacións audiovisuais.
Realizadores de meras fotografías.
Outros suxeitos: Productores de fonogramas. Entidades de radiodifusión. Editores de determinadas producións. Fabricante de bases de datos.
Lección 10. PROTECCIÓN DOS DEREITOS DE AUTOR E AFÍNS
Accións civís e penais.
O Rexistro da Propiedade Intelectual.
Símbolos ou indicacións da reserva de dereitos.
Entidades de xestión dos dereitos de autor. Operadores de xestión independente.
A responsabilidade dos prestadores de servizos da sociedade da información por infraccións de dereitos de propiedade intelectual
PARTE IV. FUNDAMENTOS XURÍDICOS DOS DIFERENTES SISTEMAS E MODELOS DE SERVIZOS DA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
Lección 11. SISTEMAS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E RÉXIME XURÍDICO DO CONTIDO DA COMUNICACIÓN
O réxime xurídico dos medios de comunicación audiovisual.
Aspectos básicos da Lei de Comunicación Audiovisual.
Autorregulación e corregulación: o sector da publicidade.
A protección de consumidores na comunicación audiovisual: especial referencia ao menor como consumidor vulnerable.
Lección 12. A LEI DO CINEMA
Características xerais.
As obras audiovisuais: clases, nacionalidade e calificación.
Os autores: os creadores e outros intervintes.
Produción, distribución e exhibición. A cota de pantalla.
Medidas de fomento.
Réxime sancionador.
Bibliografía básica
Materiais bibliográficos e normativos facilitados pola profesora na aula virtual.
VVAA, Manual de Propiedad Intelectual (coord. BERCOVITZ, R.), Tirant lo Blanch, Valencia, última edición, (dispoñible en ReBUSCa).
OTERO CRESPO, M./ VALIÑO CES, A./ PÉREZ RIVAS, N. (Dirs.), Manual de Conceptos Jurídicos Básicos, Ed. Colex, 2021.
ROGEL VIDE, C., e ESPÍN ALBA, I., Derecho de la Persona, Reus, Madrid, 2018.
ROGEL VIDE, C., e SERRANO GÓMEZ, E., Derecho de Autor, Reus, 2008.
VVAA, La Ley del Cine y el Derecho de Autor, (coord. IGLESIAS REBOLLO, C.), Reus, Madrid, 2008.
Bibliografía complementaria
SAIZ GARCÍA, C., Obras audiovisuales y derechos de autor, Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2002.
VVAA, Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual, (dir. R. BERCOVITZ), ThomsonAranzadi, Cizur Menor (Navarra), última edición.
VVAA, Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual, (dir. J.M. RODRIGUEZ TAPIA), Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), última edición.
VVAA, Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual, (dir. F. PALAU y G. PALAO), Tirant lo Blanch (Valencia), 2017.
VVAA, Propiedad Intelectual en el siglo XXI (coord. ESPÍN ALBA), Reus, Madrid, 2014.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na
definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
2 TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
3 ESPECÍFICAS
CE20 - Coñecer o marco lexislativo no que se desenvolve a industria audiovisual
CE21 - Adquirir a formación necesaria para entender a filosofía e as consecuencias das políticas audiovisuais en Europa
Combínanse as leccións maxistrais e o estudo de casos. Asemade, a aprendizaxe orientada a proxectos.
Ás clases expositivas nas que se introducirá ao estudante nas cuestións básicas da materia, sumaranse as interactivas, nas que se incitará ao estudante nunha reflexión que vaia máis aló das ideas e conceptos percibidos oralmente.
Como complemento, o sistema de titorías garante unha atención máis individualizada. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
A maiores, haberá que sumar o emprego da aula virtual como ferramenta complementaria e de reforzo das clases.
O sistema de avaliación combinará dous criterios: avaliación continua e proba final escrita.
Dese xeito, a nota final da materia será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema:
1º Avaliación continua (Participación nas clases, foros de discusión e tarefas realizadas ao longo do curso): 50%
2º Proba presencial escrita: 50%
Para aprobar a materia é necesario superar as dúas partes da avaliación. En concreto, é preciso obter unha nota mínima de 3 (sobre 5) na proba final escrita e unha nota mínima de 2,5 (sobre 5) na avaliación continua.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, por iso, a nota final do estudante que os cumprimente en NINGÚN CASO será de NON PRESENTADO.
Segunda oportunidade: A forma de avaliación descrita para a convocatoria ordinaria é aplicable tamén para a convocatoria extraordinaria. Así, na segunda oportunidade conservarase a nota da avaliación continua (punto 1º) que non será obxecto de recuperación e o estudante poderá recuperar a nota da proba final escrita.
No caso de concesión de exención de docencia, o alumno terá que realizar o exame final presencial escrito que representará o 100% da súa cualificación. Esas condicións son as mesmas tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Advírtese que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 h
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 15 h
Exame final: 3 h
Total horas de traballo presencial do alumno: 48
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 60 h
Lecturas recomendadas 25 h
Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 5 h
Planificación do seminario. Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 12 h
Total de horas de traballo persoal do alumno: 102 h
- A asistencia ás actividades docentes imponse como o método máis adecuado para o seguimento da materia.
- O alumno debe de preparar a materia polos textos que indique a profesora para cada tema do programa. Non debe, en ningún caso, estudar polos apuntamentos elaborados por outros alumnos (adoitan conter erros conceptuais e un contido insuficiente).
- O tempo de estudo debe de ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimento semanal da materia.
- Baixo ningún concepto débese memorizar contido algún se non se comprendeu previamente.
- Consultar e utilizar a aula virtual.
-Asistir ás titorías.
PLAN DE CONTINXENCIA. CURSO 21-22.
ESCENARIO 1 (NORMALIDADE ADAPTADA)
A docencia desenvolverase de acordo cos parámetros indicados supra no corpo desta programación docente.
En todo caso, débese advertir aos estudantes que, se nos atopamos no inicio da docencia no escenario 1 e, posteriormente, pásase a calquera dos outros dous escenarios, non se permitirá a recuperación de actividades de avaliación continua que non se entregaron en tempo e forma durante o período de normalidade adaptada.
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO)
Corresponderá ao Centro definir as fórmulas de convivencia das dúas modalidades de docencia. No seu momento, cando o Centro determine tales fórmulas, faranse as adaptacións oportunas a esta programación.
En liñas xerais manterase a mesma programación do Escenario 1, aínda que, se as directrices do Centro non contemplan a posibilidade de probas presenciais, o exame final será unha proba telemática escrita, na plataforma MsTeams ou calquera outra que poida ser facilitada pola USC de modo oficial.
Advírtese que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS)
As clases serán impartidas de modo síncrono, no horario ordinario de docencia, na plataforma MsTeams ou calquera outra que poida ser facilitada pola USC de modo oficial.
As titorías serán telemáticas por medio de MSTeams
O estudante deberá dispoñer dos materiais indicados na bibliografía.
Sistema de avaliación:
O sistema de avaliación combinará dous criterios: avaliación continua e proba final escrita.
Dese xeito, a nota final da materia será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema:
1º Avaliación continua (Participación nas clases, foros de discusión e tarefas realizadas ao longo do curso): 50%
2º Proba telemática escrita: 50%
Para aprobar a materia é necesario superar as dúas partes da avaliación. En concreto, é preciso obter unha nota mínima de 3 (sobre 5) na proba telemática final escrita e unha nota mínima de 2,5 (sobre 5) na avaliación continua.
Segunda oportunidade: A forma de avaliación descrita para a convocatoria ordinaria é aplicable tamén para a convocatoria extraordinaria. Así, na segunda oportunidade conservarase a nota da avaliación continua (punto 1º) que non será obxecto de recuperación e o estudante poderá recuperar a nota da proba final telemática escrita.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, por iso, a nota final do estudante que os cumprimente en NINGÚN CASO será de NON PRESENTADO.
Os alumnos que, ao comezo do curso, teñan recoñecida a exención de docencia terán que realizar un exame telemático escrito que representará o 100% da súa cualificación.
Advírtese que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Isabel Espin Alba
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814650
- Correo electrónico
- isabel.espin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
03.06.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
03.06.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
30.06.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |